"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Comezou a súa carreira profesional a finais a Segunda Guerra mundial. Reporteiro de diversas publicacións e xornais, en 1951 trasladouse a Toulouse, onde se estableceu como fotógrafo independente. Nese mesmo ano viaxou a España e coñeceu a Salvador Dalí, de quen tomou un retrato coñecido internacionalmente. Fundador do grupo Libre Expresión en 1963, agrupou a diversos admiradores da obra de Otto Steinert e da fotografía subxectiva. Expuxo a súa obra na galería da súa propiedade en Toulouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves, da familia dos diomedeidos, ao que pertencen algúns albatros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas insectívoras americanas, da familia das droseráceas, que presenta unha roseta de follas, de ata 15 cm de diámetro, con valvas ciliadas, cun interior no que atrapa e dixire pequenos invertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado aos pés da Acrópole de Atenas, formou parte dun santuario dedicado a Dióniso Eleutéreo, do que se conservan restos de dous templos. A primitiva construción tiña as bancadas de madeira pero reconstruíuse en pedra no s IV a C e reformouse en tempos de Nerón. A cávea tiña capacidade entre 14.000 e 17.000 espectadores. Consérvanse as bases das estatuas que decoraban a cávea e o inicio da escena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das dioscoreáceas, ao que pertence o ñame.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás dioscoreáceas.

    2. Herbácea da familia das dioscoreáceas.

    3. Familia de liliáceas integrada por herbáceas gabeadoras, de raíces e rizomas tuberosos. Algunhas especies de dioscoreáceas tamén se cultivan, como o ñame. A familia comprende máis de 670 especies, as máis delas de distribución tropical, que en Galicia está representada pola saltasebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Menstruación difícil ou dolorosa. Pode ser primaria, cando se produce como consecuencia de contraccións uterinas severas e anormais que teñen lugar durante o período menstrual, ou secundaria, cando é conscuencia doutra alteración do organismo, como a endometriose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensación de dificultade na respiración asociada a un aumento do esforzo para respirar. Cando é lixeira, redúcese a unha sensación subxectiva, e cando é máis severa, hai sinais obxectivos, como o aumento da frecuencia respiratoria, o aumento da profundidade da inspiración, a dilatación do nariz e a contracción dos músculos accesorios. A dispnea pode deberse a unha alteración da composición do aire que se respira, a causas respiratorias, a causas cardíacas e tamén á alteración do sangue, ou a unha causa neuróxena de orixe psíquica. Pódese clasificar a dispnea en expiratoria, en que a saída de aire é dificultosa a causa dunha contracción dos bronquios pequenos, típica da asma, e en inspiratoria, en que a dificultade se produce no momento de inspirar o aire, xeralmente polas vías aéreas superiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro de cámara compostelán creado en 1960 co fin de divulgar, como o seu propio nome indica “difusión de teatro”. A primeira comisión xestora estivo constituída por Xosé María Paz Sueiro, Manuel Valiño Segade, Xosé Vaamonde Caneda e Agostiño Magán Blanco, quen foi desde ese momento e ata o seu falecemento (1998) o director do grupo. O primeiro espectáculo foi Milagro!, a partir dun texto de Nicolás Nazzari, estreado o 16 de decembro de 1960 no Teatro Principal de Santiago. Nunha primeira etapa, a asociación representou autos sacramentais ao aire libre, como El hospital de los locos (1961), sobre un texto de José Valdivielso; La siega, a partir da obra de Lope de Vega; La gran Casa de Austria (1964), sobre un texto de Agustín Moreto; ou El gran teatro del mundo (1968), a partir do texto homónimo de Calderón de la Barca. Ademais dos autos, na década dos sesenta puxo en escena espectáculos creados a partir de obras de Alfonso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro creado en Madrid en 1970 por un grupo de alumnos da Real Escuela de Arte Dramático, entre os que estaban Juanjo Granda e José Pérez Valtierra. Desenvolveu unha liña de traballo baseada na exploración da farsa e do ritual grotesco, que tanta influencia tiveron nas primeiras pezas da literatura dramática galega dos anos setenta. Entre os seus espectáculos cómpre salientar: Paraphernalia de la olla podrida (1972); Pasodoble (1975), a partir de textos de Miguel Romero Esteo; e Danzón de exequias (1974), sobre un texto de Michael de Ghelderode.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Estudiou en Nova York onde fundou unha orquestra de cámara no ano 1938. Foi director da orquestra da NBC, da Filharmónica de Nova York, da Orquestra Sinfónica de Sydney, da Orquestra Sinfónica de Göteborg e da Orquestra Sinfónica da Radio de Hesse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo e crítico literario ucraíno. Colaborou na revista Contemporanul, na que aplicou o materialismo histórico á teoría e crítica literaria. Os seus Studii critice (Estudios críticos) exerceron grande influencia na literatura romanesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario da Constitución de Cádiz (1812). Coñécese tamén con esta denominación os liberais moderados encabezados por Martínez de la Rosa e o conde de Toreno, que pretendían unha revisión da Constitución de 1812 co fin de instaurar un réxime bicameral. Tiveron unha actuación destacada e dominaron as Cortes no primeiro período do Trienio Constitucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada unha das doce partes nas que se divide unha unidade.

    2. Formato dun libro que resulta de dobrar un prego ata que se forman vintecatro páxinas. O normal é que un volume con estas características mida entre doce e dezanove centímetros de altura, aínda que as táboas de alturas que se empregan na descrición bibliográfica non son sempre as mesmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Despois de estudar litografía na escola de Etienne, en Chantilly, dedicouse ao mundo da fotografía. Realizou os seus primeiros traballos para a revista Excelsior en 1932 e colaborou co escultor Andrei Bigneaux. Dende 1934 exerceu como fotógrafo publicista para a casa Renault en Billancourt, actividade que compaxinou cos seus traballos para a axencia Rapho. Trala Segunda Guerra Mundial colaborou coa revista Life, coa axencia de fotografía Alliance e novamente coa axencia Rapho dende 1946. Dous anos máis tarde especializouse en imaxes da alta sociedade, que publicou na revista Paris Vogue; delas cómpre salientar os retratos de Picasso, Giacometti, Cocteau e Braque. En 1973 rodouse unha película biográfica titulada Le Paris de Robert Doisneau. Influído por Cartier-Bresson e Atget, a súa obra inclúese dentro da corrente live, na que prevalecen as imaxes que mesturan ironía e tenrura, e que reflicten a vida das rúas e das xentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode domear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Torcer unha cousa vencendo a resistencia que fai.

    2. Convencer a alguén pouco a pouco para que desista de facer ou de dicir algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor francés. Cultivou o retrato feminino e a pintura decorativa. Foi conservador do Museé Jacquermart-André (1956) e membro da Académie des Beaux-Arts. En 1913 recibiu o Prix de Rome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción palaciana edificada no monte Esquilino en Roma, polos arquitectos Severo e Céler en época de Nerón, tralo incendio da cidade. Estaba composta por edificios, xardíns, lagos artificiais e bosques, cunha extensión dunhas 50 ha. Foi destruída polos emperadores flavios e por Traxano, que construíu unhas termas sobre as ruínas. As escavacións sacaron á luz unha construción de 300 m de largo, centrada por un vestíbulo en forma de trapecio, cun peristilum nun dos seus lados e cuartos privados de planta octogonal no utro. No interior dos edificios destacaba a decoración ao fresco con grotescos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Catasós (Lalín). Segundo a inscrición dun brasón que alude á familia Montenegro, puido erixirse en 1741. Construíuse con cachotería e perpiaños. Destaca a solaina de tripla arcada pechada con balaústres de estilo barroco. No seu interior conserva un patio con arcos sobre piares. No exterior, destaca outro brasón que fai referencia ás familias Salgado, Varela e Oxea.

    VER O DETALLE DO TERMO