"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1217-1272), fillo de Xoán Sen Terra. Casou con Leonor de Provenza (1236) e deixou o goberno nas mans dos provenzais. Malia os seus intentos, non recuperou as posesións inglesas en territorio francés (1230 e 1242) e, polo Tratado de París (1259), perdeu definitivamente Normandie, Maine, Anjou, Poitou e Turena. O fracaso dos seus proxectos internacionais, nos que seguiu os ditados do papado, os graves problemas financeiros e unha política interna centralista, enfrontárono cos nobres que, dirixidos por Simón de Montfort, se agruparon ao redor do Parlamento (1258). Impuxéronlle as Provisións de Oxford, ás que se sumaron as de Westminster (1259). Malia o apoio de Luís IX de Francia, o malestar popular desembocou na Guerra dos Baróns (1261-1265). Derrotado por S. de Montfort (1265), reuniu o Parlamento e iniciou un programa de reformas. O seu fillo Eduardo (futuro Eduardo I de Inglaterra) venceu a S. de Montfort en Evesham e resolveu o conflito polo Ditum de Kenilworth...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enrique IV de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1039-1056) e rei de Alemaña (1028) e de Italia (1039). Accedeu ao trono de Alemaña en vida do seu pai Conrado II, a quen sucedeu no trono imperial á súa morte. Loitou contra a alta nobreza e asegurou a soberanía xermánica en Bohemia (1041), Hungría e Polonia (1045). Conservou o poder sobre o N de Italia e, a través do marqués de Toscana, destituíu os papas Gregorio VI, Silvestre III e Bieito IX, que loitaban entre si (1046). Designou os papas Clemente II (1046), Dámaso II (1047), León IX (1049) e Víctor II (1055). Ao final do seu goberno enfrontouse cos normandos no S de Italia e coa sublevación do duque da Alta Lorena (1054), mentres os eslavos e os húngaros emprenderon novas campañas (1049-1052 e 1056). Favoreceu a orde de Cluny.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1056-1105), rei de Alemaña (1053) e de Italia (1081). Sucedeu o seu pai Enrique III baixo a rexencia da súa nai, Inés de Poitiers, e dos bispos Annon de Colonia e Adalberto de Bremen. Acadou a maioría de idade no 1066 e esforzouse por reforzar o poder do monarca, ao tempo que favorecía as cidades, sometía á vasalaxe a Polonia e dominaba os saxóns (1075). Enfrontado co Papa Gregorio VII pola cuestión das investiduras, destituíuno no Concilio de Worms (1076), e este respondeu coa súa excomuñón. Rodolfo de Suabia aproveitou as revoltas políticas e relixiosas para rebelarse e o emperador reconciliouse co papa no castelo de Canossa (1077). Excomungado de novo (1085), decidiu nomear un antipapa, Clemente III. Ao morrer Gregorio VII (1085), os papas Víctor III e Urbano II continuaron a súa liña e o emperador foi obrigado a abdicar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Castela e León (1454-1474), fillo de Xoán II de Castela. Dominado polo seu valido Juan Pacheco, marqués de Villena, buscou a alianza con Portugal por medio do casamento con Xoana, irmá do Rei Afonso V. Apoiou os rebeldes cataláns contra Xoán II de Aragón (1458-1479) e a Generalitat de Catalunya ofreceulle o trono en 1462. A súa renuncia   (1463), ante unha posible intervención francesa, pois Luís XI de Francia era aliado do monarca aragonés, provocou a caída do valido e a súa substitución por Beltrán de la Cueva. En 1465 un grupo de nobres rebeldes depúxoo nunha cerimonia burlesca, coñecida como a Farsa de Ávila, e proclamou no seu lugar o seu irmán, o infante Afonso. Non obstante , a prematura morte do infante, obrigou a liga nobiliaria a apoiar a candidatura da súa irmá Isabel. No Pacto dos Toros de Guisando (1468), o monarca proclamou herdeira a Isabel en detrimento da súa filla Xoana, aínda que pouco antes de morrer designou a Xoana como herdeira. Organizou varias campañas contra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1589-1610), primeiro da dinastía Borbón, e de Navarra (1572-1610), príncipe de Bearn, conde de Foix, de Bigorre e de Armagnac, duque de Vendôme e de Albret, fillo de Xoana III de Navarra e de Antonio de Borbón. Xefe do partido hugonote desde 1569, foi proclamado herdeiro ao trono francés en 1584. Durante a Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), enfrontouse aos partidarios de Enrique de Guise e da Liga Católica, aos que finalmente derrotou en Ivry (1590). Aliouse cos príncipes protestantes alemáns, con Isabel I de Inglaterra e con Enrique III de Francia, co que asediou París. En 1593 converteuse ao catolicismo e foi recoñecido como rei. En 1598 asinou a Paz de Vervins coa Coroa de España e, polo Edito de Nantes, declarou o catolicismo como relixión oficial de Francia, aínda que lles asegurou a liberdade de culto aos protestantes. Unha vez instaurada a paz, reorganizou o Estado, consolidou o poder rexio e fomentou o comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1399-1413), fillo de Xoán de Gante, duque de Lancaster. Desterrado polo seu primo Ricardo II (1398), volveu a Inglaterra (1399), capturou o monarca e, despois de facelo abdicar, proclamouse rei coa axuda da Cámara dos Comúns. Sufocou os ataques de Francia (1402), as sublevacións dos nobres (1403) e emprendeu a reconquista de Gales (1409). Nos seus últimos anos deixou o goberno nas mans do consello real, dividido en diversas faccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Landgrave de Turinxia (1227-1247) e conde de Hessen. Acompañou o Emperador Federico II contra o duque de Austria (1236) e o Papa Inocencio IV nomeouno emperador de Alemaña, pero a dieta de Würzburg non o recoñeceu (1246). Derrotou a Conrado IV, fillo de Federico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei consorte de Escocia (1566-1567), duque de Albania e conde de Darnley e de Ross (1565). Casou con María de Escocia en 1565. Participou na conxura para asasinar a D. Rizzio (1566), secretario da raíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1106-1125) e   rei de Alemaña (1099). Coa axuda da Igrexa e da nobreza sublevouse contra o seu pai Enrique IV, a quen obrigou a abdicar (1105). Continuou a política de intervención nos nomeamentos eclesiásticos do seu pai e foi excomungado polo Papa Pascual II (1112), o que provocou unha sublevación dos príncipes saxóns e turinxios que o derrotaron. En 1122 asinou o Concordato de Worms co Papa Calisto II, que puxo fin ao conflito entre a Igrexa e o Imperio Xermánico. Trala súa morte, Alemaña converteuse nunha anarquía feudal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Bordeos e conde de Chambord. Á morte do seu avó Carlos X (1836), proclamárano pretendente ao trono francés. Reclamou a coroa trala caída de Napoleón III (1870) e solicitou o seu recoñecemento por parte da Asemblea; sen embargo, a súa negativa a aceptar as condicións impediu a restauración da monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1413-1422), fillo de Enrique IV. Reprimiu a herexía lolarda (1414) e executou o seu líder, sir John Oldcastle (1417). Continuou a Guerra dos Cen Anos contra os franceses, aos que venceu en Azincourt (1415). En alianza co Emperador Sexismundo, iniciou a conquista de Normandie (1417). Polo Tratado de Troyes (1420) foi considerado rexente e herdeiro de Carlos VI de Francia e concertou o seu matrimonio coa súa filla Catarina de Valois. Os Estados Xerais recoñecérono como rei de Francia e deixou o seu irmán como gobernador de Normandie (1421). Os franceses subleváronse e derrotaron o seu irmán, polo que volveu a Francia nunha terceira campaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1191-1197), rei de de Italia e de Alemaña (1190-1197) e de Sicilia (1195-1197), fillo de Federico I Barbarrubia. Derrotou a Enrique X de Baviera e reconquistou o ducado de Saxonia. Mantivo como refén a Ricardo I de Inglaterra. Casou con Costanza de Sicilia (1186) e adquiriu o dominio sobre os territorios do S de Italia coa oposición de Tancredo, conde de Lecce; pero aínda que estableceu o dominio sobre o reino, non chegou a controlar Nápoles. Estableceu vínculos cos príncipes de Siria e cos musulmáns do N de África. Morreu cando preparaba unha expedición para liberar Terra Santa e conquistar o Imperio de Bizancio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1422-1461 e 1470-1471),   fillo de Enrique IV e de Catarina de Valois. Durante a rexencia dos duques de Gloucester e de Bedford (1422-1435), foi coroado rei de Francia, pero tralo fracaso do Sitio de Orléans (1428-1429) perdeu as súas posesións francesas, agás Calais. Casou con Margarida de Anjou (1445). Na Guerra das Dúas Rosas foi capturado pola Casa de York en Northampton e recoñeceu a Richard, duque de York, como o seu sucesor. Fuxiu a Escocia trala proclamación de Eduardo IV como rei en 1461. Participou na sublevación contra este e foi encarcerado na Torre de Londres (1465). En 1470 foi restablecido nominalmente no poder, pero Eduardo IV volveu vencelo e encerrouno na Torre de Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano-xermánico (1312-1313), conde de Luxemburgo (1288-1313), rei de Alemaña (1308-1313) e de Italia (1309-1313). Sucesor de Alberte I, restableceu a orde en Alemaña e realizou concesións aos cantóns suízos. As súas pretensións expansionistas enfrontárono co Rei Roberto I de Nápoles, polo que organizou a invasión de Italia, con escasos resultados. Morreu no decurso dunha expedición contra Roberto I de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei titular de Alemaña (1220-1235), de Romanos (1220) e de Sicilia (1212), e duque de Suabia (1216), fillo do Emperador Federico II e de Costanza de Aragón. Gobernou o país en representación do seu pai baixo a tutela do arcebispo de Colonia e adquiriu plenos poderes en 1228. Enfrontouse aos nobres co apoio da burguesía urbana e rebelouse contra o seu pai (1234). Apresado no 1235, foi deposto e desterrado a Apulia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra   (1485-1509), primeiro da dinastía Tudor. Exiliado durante a súa mocidade en Francia, accedeu ao trono inglés trala vitoria na Batalla de Bosworth Field (1485), na que venceu a Ricardo III e puxo fin á Guerra das Dúas Rosas. Para afianzar a paz, casou con Isabel de York. Durante o seu reinado enfrontouse ás revoltas de Lambert Simnel (1487) e Perkin Warbeck (1491-1499), e buscou a unión coa monarquía escocesa por medio do matrimonio da súa filla Margarida con Xaime IV de Escocia. Creou o Committee of the Privy Council e o Court of the Star Chamber, instaurou a lexislación inglesa en Irlanda (1494) e realizou unha reforma fiscal que permitiu un maior desenvolvemento do comercio da la con Flandres. En política exterior buscou o achegamento á coroa española por medio do casamento do seu fillo Enrique con Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos, e asinou un tratado con Carlos VIII de Francia (1492).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1509-1547), señor e rei de Irlanda desde 1541, fillo de Enrique VII. O seu pai concertou o seu matrimonio con Catarina de Aragón, filla dos Reis Católicos e viúva do seu irmán Arturo. Durante as dúas primeiras décadas do seu reinado, aconsellado por Thomas Wolsey, favoreceu inicialmente a política do Emperador Carlos V contra Francia, pero despois da Batalla de Pavia (1525) aliouse con Francisco I de Francia. Escribiu Assertio septem sacramentorum adversus Martinum Lutherum, no que denunciou as ideas de Martín Lutero, e recibiu do papa o título de defensor da fe. A falta dun herdeiro home levouno en 1527 a solicitarlle a anulación do seu matrimonio con Catarina de Aragón ao Papa Clemente VII quen, baixo a presión de Carlos I, se negou a concederlle o divorcio. En 1531, aconsellado por   Thomas Cromwell, proclamouse xefe supremo da Igrexa de Inglaterra. Este feito provocou a súa excomuñón da Igrexa romana (1533) e permitiulle o seu matrimonio con Ana Bolena. En...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Saxonia (1142-1178) e de Baviera (1156-1181), fillo de Enrique XI o Soberbio de Saxonia. Perdeu o dereito á herdanza do seu pai, pero o Emperador Conrado III concedeulle o ducado de Saxonia, que gobernou como un Estado independente, á vez que o estendeu cara ao L sobre os territorios dos eslavos. Enfrontouse cos duques Alberte I de Brandenburgo o Oso e Adolfo de Holstein. Fundou, entre outras cidades, Brunswick, e impulsou o crecemento de Hamburgo. Coa cesión do ducado de Baviera polo Emperador Federico I Barbarrubia ampliou os seus territorios e fundou Múnic (1158). Casou con Matilde, filla do Rei Enrique II de Inglaterra (1168). Negoulle a súa axuda na campaña de Italia ao emperador (1176), quen o proscribiu e lle quitou os seus territorios (1180). Malia que houbo unha reconciliación posterior en Erfurt (1181), refuxiouse na corte do seu sogro. Trala marcha do emperador á cruzada, sublevouse para recuperar os seus territorios (1189) e posteriormente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. Doutor en Teoloxía pola Universitat de València, consagrouse sacerdote en 1929. Participou na organización de Acción Católica durante a Segunda República. Ao desencadearse a Guerra Civil estaba en Tui; regresou á súa terra en 1938, cando os sublevados conquistaron Vinaroz, localidade da que foi arcipreste. En 1945 foi nomeado bispo de Solsona, e en 1964 accedeu á diocese de Oviedo. Participou no Concilio Vaticano II. Investido cardeal en 1969, concedéuselle a sé primada de España, o arcebispado de Toledo, do que pasou ao de Madrid en 1971, ano no que foi elixido presidente da Conferencia Episcopal Española. Cesou como presidente do episcopado en 1981 e, ao ano seguinte, presentou a súa renuncia ao arcebispado por razóns de idade. En 1970 ingresou na Real Academia Española. Entre as distincións que recibiu destaca o doutoramento honoris causa pola Universitat Politècnica de València. Dende a súa posición na cúpula da Igrexa española, o cardeal Tarancón, que se caracterizara...

    VER O DETALLE DO TERMO