"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Exiptólogo británico, quinto conde de Carnarvon. Formado na University of Cambridge, descubriu xunto con Howard Carter a tumba intacta do Faraón Tutankamon. Foi o autor de Five Years’Exploration at Thebes (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo escocés. Estudiou os problemas climáticos e meteorolóxicos e definiu o concepto de rexión natural. Escribiu The distribution of rainfall over the land (1901), The great atlas of meteorology (1899) e The mayor natural regions (1905).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Padrón. Trátase dun templo románico da segunda metade do s XII. Ten unha soa nave e unha ábsida que, no exterior, aparece dividida en tres tramos por dúas semicolumnas pegadas. O arco triunfal é semicircular. A portada principal está formada por unha tripla arquivolta e está flanqueada por arcos cegos semicirculares. A espadana é de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento franciscano situado en Padrón. Foi fundado por frei Gonzalo Mariño e frei Pedro de Nemancos en 1396, e estivo baixo a advocación de san Francisco, ata que no s XVI pasou a santo Antonio. En 1701 converteuse en colexio de misioneiros dirixido polos padres franciscanos. Coa desamortización e exclaustración, a administración e o usufruto do convento pasaron ao concello de Padrón e a igrexa ao cabido compostelán. Foi Seminario Menor (1865-1884) da arquidiocese de Santiago de Compostela e en 1890 retornaron os franciscanos, que se trasladaron desde o convento de Louro (Muros) ao Colexio Seráfico ou ao Seminario Menor Franciscano. A igrexa é barroca do s XVIII. Ten planta cruciforme coas cubertas abovedadas. Conserva no interior retablos barrocos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Maxistrado e escritor. Licenciouse en Dereito na Universidad Central de Madrid. Foi presidente do Tribunal de Revisión de Penas en Oviedo durante a Guerra Civil Española e, posteriormente, maxistrado e presidente da Audiencia Provincial da Coruña (1961). Colaborou en diversas publicacións, como El Universal, La Esfera, El Mundo, El Noroeste, La Voz de Galicia e Vida Gallega. Publicou La vieja y memorable Marineda (1951) e Semblanzas del banquillo. Crónicas de Audiencia Pública (1957). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciclo oroxénico iniciado, segundo Stille, no Devónico Superior coa fase bretónica e acabado ao final do Pérmico Superior coa fase pfálzica. As cordilleiras montañosas formadas por esta oroxenia presentan dúas direccións predominantes: a armoricana, de NO a SL (Bretaña, o Macizo Central e o Macizo Galaico) e a chamada varisca, de NL a SO (Os Vosgos e a Selva Negra). A zona occidental da Península Ibérica esta ocupada polo macizo ibérico ou hespérico, de idade herciniana, que describe un grande arco cunha dirección NL en Cantabria ata unha dirección L-SL no O do río Gualdalquivir. Os macizos hercinianos foron erosionados e, nalgún caso, rexuvenecidos pola oroxenia alpina, como os Pireneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Herciniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Nápoles, en Campania, Italia, situada na ladeira do Vesubio, entre Porticio e Torre del Greco, ao SL de Nápoles (54.699 h [2001]). Foi dominada polos romanos desde finais do s IV a C ata o ano 79, cando pola erupción do Vesubio quedou cuberta de cinzas, lava e lodo ata unha altura de 15 m. En 1709 produciuse o achado fortuíto da vila e iniciáronse unha serie de escavacións onde se puxeron ao descuberto numerosas insulae, o foro, o teatro e varios conxuntos termais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Herculanus, derivado de Hercules ‘dedicado ou consagrado a Hércules’. Posiblemente sexa xa desde a antigüidade un exemplo de topónimo (antiga cidade de Herculaneum, en Campania) convertido en antropónimo. Levaron este nome un soldado mártir celebrado o 25 de setembro e o bispo e patrón de Perugia, celebrado o 1 de marzo ou o 7 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e historiador romántico. Publicou A voz do profeta (1836), onde a tensión e a énfase romántica aparecen intelectualizadas. En 1850 apareceu toda a súa obra lírica no volume Poesía. Os seus contos, Lendas e narrativas (1851), e as súas novelas O monge de Cister (1841), O Bobo (1843) e Eurico o presbítero (1844), impulsaron a novela histórica en Portugal. Como historiador destacan História de Portugal (1846-1851) e Portugaliae monumenta historica (1856-1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Perugia. Foi encarcerado, torturado e decapitado polo rei godo Totila durante o asedio de Perugia (549). Na iconografía represéntase con vestiduras episcopais e leva como atributo un coitelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Alençon e de Anjou, quinto fillo de Enrique II de Francia e de Caterina de Medici. Tamén coñecido como Francisco Hércules d’Anjou, converteuse en 1574 en lugartenente xeneral dos exércitos franceses, polo que se enfrontou aos hugonotes nas Guerras de Relixión e aos españois nas Guerras de Flandres.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dereitos, obrigacións e bens que, unha vez morto o titular, poden ser transmitidos a un terceiro, herdeiro ou legatario. Os dereitos e as obrigacións (activas ou pasivas) deben ser persoais. O sucesor recibe o nome de herdeiro ou legatario, dependendo de se a sucesión leva un título universal ou particular. Unha vez declarada a sucesión hai unha chamada ao sucesor, coñecida como delación, en que o herdeiro pode aceptar ou repudiar a herdanza. Desde o momento da morte ata que alguén se fai cargo da herdanza dise que a herdanza está xacente. OBS: Tamén se denomina herdo.

      2. herdanza mutual

        Institución contractual recíproca de herdanza entre os esposos a favor de quen sobreviva.

    1. Aplícase ao que procede do pasado e que se transmite á posteridade.

    2. Fenómeno de transmisión dun conxunto de caracteres conxénitos entre os individuo dunha determinada especie. Cada grupo de seres vivos presenta unhas características moi estables, que son os definidores de grupos, e que tansmite aos descendentes. Dentro dunha especie determinada hai unha variabilidade nos caracteres non específicos susceptible de perpetuarse nos descendentes a través duns mecanismos de transmisión chamados xenes. A herdanza mendeliana explica que cada carácter está controlado por unha parella de factores, e cada factor preconiza un aspecto determinado deste carácter. Se un individuo ten dous factores iguais para un determinado carácter chámase homocigoto ou raza pura, e se os ten diferentes, heterocigoto ou híbrido. Hai que distinguir a herdanza dominante, en que os individuos heterocigotos presentan o aspecto do carácter preconizado por un só factor, e a herdanza intermedia, en que os indiviudos heterocigotos presentan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, escritor e pedagogo alemán. Discípulo de I. Kant e amigo de D. Diderot, J. B. le Rond D’Alembert e dos enciclopedistas, influíu extraordinariamente en J. W. von Goethe e en toda a literatura e ideoloxía alemana. Precursor no campo da crítica literaria, promoveu o Sturm und Drang. Escribiu Über die neuere deutsche Literatur (Sobre a nova literatura alemana, 1767) e Ideen zur Philosophie der Geschichte der Menschheit (Ideas sobre a filosofía da historia da humanidade, 1784-1791).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto francés. Traballou en Nancy na transformación da capela de Notre-Dame-du-Bon-Secours, na capela funeraria dos Leczińsky e na urbanización das prazas Stanislas (1753), da Carrière e da Alliance (1756). En Lunéville fixo os primeiros xardíns franceses de gusto chinés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Militar de profesión, instalouse en Vigo en 1950. Especializouse na realización de acuarelas. As súas obras, fundamentalmente paisaxes, caracterízanse pola perfección do debuxo, pola pincelada solta e ampla e polos contrastes de dous planos de cor. Realizou exposicións en diversas cidades españolas. Recibiu a Medalla de Ouro da Bienal de Pontevedra en 1972 e 1975, a Medalla de Plata do XLII Salón de Otoño de Palma de Mallorca (1983) e o Premio Nacional de Pintura Ejército 1986. A súa filla María Luisa Heredero (Vigo 10.1.1963), coñecida como Mariola Heredero, cultiva tamén a acuarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Participou na Revolución de Asturias (1934) e fuxiu a Francia. Instalouse na Coruña (1935) e colaborou na CNT local. En 1936 fuxiu ata Gijón co sindicato El Despertar Marítimo, enrolouse no Batallón 219 Galicia e militou na Agrupación Confederal Galaica. Despois da Guerra Civil Española traballou pola reorganización da CNT en Galicia. Na década de 1940 foi detido e encarcerado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Chanceler (994) do emperador Odón III e arcebispo de Colonia (999). Fundou a abadía de Deutz e foi canonizado no s XVII. Na iconografía viste roupas arcebispais, co sagrado palio, e leva como atributos unha pomba e a maqueta dunha igrexa ou mosteiro. A súa festividade celébrase o 16 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Cantabria, situado á beira do encoro do Ebro e no límite coa Comunidade Autónoma de Castela-León (1.877 h [2001]). A capital municipal é Espinilla. Destacan os bosques de faias e carballos e os pastos, que favorecen a gandería. O cultivo de cereais e patacas centra a actividade agrícola. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santa María la Mayor de Villacantid, declarada Ben de Interese Cultural (BIC) en 1982, o castelo e a torre medieval de Proaño, declarada BIC en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada en 1642 como corporación relixiosa e laboral dos mestres. En 1647 aprobáronse as primeiras ordenanzas, que se renovaron en 1703 e 1719. Como gremio profesional e de carácter pedagóxico, obtivo o seu recoñecemento en 1668 e, posteriormente, o Real y Supremo Consejo de Castilla renovou as súas ordenanzas. A Hermandad fundada na Corte tiña categoría de cabeceira respecto a outras filiais. A chegada de Carlos III e, sobre todo, a maior puxanza do Colegio Académico de Profesores Maestros del Noble Arte de las Primeras Letras, do que se aprobaron os estatutos en 1780, aconsellaron a disolución da Hermandad, tamén esixida pola política reformista dos gobernadores do despotismo ilustrado. As funcións principais da Hermandad eran a de propoñer os examinadores de mestres, sinalar os requisitos para o exame de sufficientia e de vita et moribus, propoñer os mestres leccionistas para as escolas e regular as axudas e fondos para a enfermidade e xubilación dos mestres.

    VER O DETALLE DO TERMO