"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de hipersensibilidade que manifesta un organismo logo da introdución dunha determinada substancia (antíxeno) que ao ser administrada por primeira vez non produciu reacción ou se o fixo foi moi lixeiramente. A sensibilización pode producirse tanto por inxección intratisular ou intravenosa coma pola penetración a través da mucosa dixestiva ou respiratoria. O mecanismo desencadeante do estado anafiláctico é unha reacción antíxeno-anticorpo producida en íntima conexión coa membrana celular que se caracteriza pola liberación de histamina e outras substancias activas. A asma bronquial, a urticaria, a enfermidade do soro e a febre do feo prodúcense debido a este mecanismo. A reacción pode ser moi grave e producir un shock anafiláctico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repetición da mesma vogal átona final dos versos ao longo dun poema que adoita presentar rimas distintas.
-
-
Termo manexado polos gramáticos gregos na retórica e resucitado polos lingüistas modernos, que designa o feito de que unha parte dunha frase sexa obxecto dunha referencia ulterior dentro da mesma frase ou doutra do mesmo discurso.
-
Repetición do mesmo termo ou grupo de termos ao comezo de dúas ou máis cláusulas sucesivas para reforzar o sentido ou darlle simetría.
-
-
Parte central da misa, nas liturxias orientais, que se corresponde co limiar ou canon da liturxia romana. É a pregaria eucarística pronunciada sobre o pan e o viño, na que se fai presente que Xesucristo fixo a derradeira cea. A máis antiga conservada completa é a Anáfora de Barcelona (s IV). Coñécense preto dun cento, a maioría da época de ouro da patrística (ss IV-VI).
-
Nos ritos orientais, especialmente os non bizantinos, conxunto formado pola anáfora estrita, unhas pregarias precedentes e outras subseguintes (dende a oración da paz ata a bendición despois da comuñón).
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Electroforese na que as partículas migran cara ao ánodo.
-
-
Relativo ou pertencente á anáfora.
-
Dise do termo pronominal empregado para denotar a mesma idea que un nome expresara con anterioridade.
-
-
-
PERSOEIRO
Templo románico tardío ben conservado que consta dunha nave e dunha ábsida rectangular, situado no concello de Friol. O arco triunfal é apuntado, dobrado e de sección rectangular; está sostido por columnas de bases áticas e capiteis vexetais de follas moi estilizadas, cuns trazos estilísticos que reflicten datas avanzadas e influencias de igrexas cistercienses, como Santa María de Oseira e Santa María de Meira. As portas son moi sinxelas, practicamente sen decoración, e os canzorros presentan adornos xeométricos. Foi construída arredor do 1225 ou 1230.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia ou diminución do desexo sexual.
-
-
Capaz de moderar o apetito sexual.
-
Axente ou práctica capaz de moderar o apetito sexual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afectado de anafrodisia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Discontinuidade entre dúas masas de aire de diferente densidade, que se mantén ben marcada ata o chan, na que o aire activo é máis rápido ca o pasivo. Nas anafrontes frías o desprazamento cara arriba do aire quente provoca fortes bategadas.
-
PENÍNSULAS
Península das Islas Canarias, no extremo NL da illa de Tenerife. Formada principalmente por rochas basálticas antigas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das primuláceas ao que pertencen as muraxes.
-
-
Propio da glíptica.
-
Aplícase á superficie decorada con relevos brutos ou bastos.
-
-
-
Ornamento esculpido, trenchado ou tallado en baixorrelevo.
-
-
Traballo en glíptica. Obra tallada de relevo avultado.
-
Pedra labrada toscamente, disposta para a súa labra.
-
-
Sistema fotográfico no que as imaxes producen sensación de relevo. Este fenómeno débese á superposición de dúas imaxes estereoscópicas de cores complementarias -xeralmente azul, verde ou vermella- que se ven unidas, aínda que lixeiramente desprazadas sobre o seu soporte.
-
Forma poética de breve extensión e de carácter lúdico habitual nos círculos surrealistas españois, que xogaba coas posibilidades combinatorias dos mecanismos automáticos da escrita. Consistía na sucesión de catro versos, o primeiro e o segundo compostos por artigo e substantivo, o terceiro leva sempre “la gallina” e o cuarto, de novo, artigo e substantivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello para observar un anáglifo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quen executa traballos de glíptica.
-
-
-
Relativo ou pertencente á anaglíptica, sistema de escritura empregado polos cegos.
-
escritura anaglíptica ESCR
Procedemento de escritura en relevo, empregado polos cegos, consistente en practicar, cun punzón, marcas sobre un papel, xeralmente mantido tenso por un bastidor.
-
impresión anaglíptica /
Técnica de impresión de textos, especialmente para cegos, que consiste en reproducir sobre o papel uns relevos que se corresponden cos caracteres e que poden ser interpretados dactilarmente polo lector.
-
-
Escritura ou impresión en relevo para o uso dos cegos.
-
glíptica.
-
-
CIDADES
Cidade da provincia de Frosinone, na rexión do Lacio, Italia (19.237 h [1991]). Foi sede episcopal dende o s V e residencia papal durante a época medieval. Entre outros monumentos cómpre salientar a catedral, do s XI, reconstruída no XIII, e a casa do concello, do s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arresto do Papa Bonifacio VIII en Anagni, o 7 de setembro de 1303, promovido por Filipe IV de Francia, ameazado de excomuñón polo Papa, e a familia Colonna. O Papa, liberado pola xente de Anagni, morreu ao pouco tempo.