"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa radiofónico retransmitido pola BBC de Londres entre os anos 1947 e 1956 e que se incluíu no denominado Spanish Programme. Presentouno Alexandre Reimúndez, que contou coa colaboración de Plácido Castro, e en Galicia coordinouno Fernández del Riego. Cómpre destacar a participación de numerosos xornalistas galegos no exilio e de escritores galegos, entre outros, R. Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Celso E. Ferreiro, Rafael Dieste e Augusto Assía.
-
-
Relativo ou pertencente a Galitsia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Galitsia.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada en La Habana a partir de xullo de 1956. Subtitulouse “Órgano Oficial y Viril de la Asociación Cívica Juventud de Galicia (...)”. Dirixida por Arsenio Villate, converteuse en voceiro da oposición á directiva do Centro Galego. Ademais das críticas á entidade, incluíu poesías, traballos sobre a historia de Cuba e información sobre temas médicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de 1884. Subtitulouse “Somanario gallego”. Dirixida inicialmente por Rufino Ribera Losada, e logo por Roxelio Lois Estévez, na súa elaboración colaboraron destacados xornalistas da época. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Millán, dos herdeiros de Madrigal e de Roxelio Quintáns. En 1884 organizou uns Xogos Florais e en xuño de 1886 un certame literario-musical co gallo das festas da Peregrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida en Santiago de Compostela en setembro de 1988. Subtitulouse “3º Campeonato do Mundo de Balonmán Junior Masculino”. Dirixida por José L. Otero Feijóo, incluíu información deportiva e turística en diferentes linguas (galego, castelán, inglés e francés).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada por Ediciós do Castro en Santiago de Compostela a partir de 1975. Subtitulouse “Publicación del departamento de Prehistoria y Arqueología. Facultad de Geografía e Historia. Universidad de Santiago de Compostela”. Posteriormente, levou por subtítulo “Departamento de Historia I da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela”. Dirixiuna inicialmente Carlos Alonso del Real. Na edición de 2001, o seu consello de redacción estaba formado por Fernando Acuña, Raquel Casal, José M. Vázquez, Antón A. Rodríguez, Felipe Criado, José C. Bermejo, Marco V. García e Miguel Romaní. Incluíu artigos e traballos de investigación relacionados coa arqueoloxía, a prehistoria, a arquitectura, a historia, a artesanía e a antropoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade xeográfica definida dende o Alto Imperio Romano e integrada polos conventos xurídicos Astur e Bracarense. A orixe do termo está vinculada segundo algúns autores aos galaici, un pobo que habitaría ao N do Douro, e que, a partir das campañas de Décimo Xunio Bruto (137 a C), Craso (96 a C- 94 a C), Perpena (74 a C) e Xulio César (61 a C - 60 a C), se estendería e pasaría a designar a rexión que comprendía todo o NO da Península Ibérica, habitada por un conxunto de pobos dotados de trazos comúns. Ata as campañas de Augusto, no contexto das Guerras Cántabras (29 a C-19 a C), a conquista da Gallaecia non foi definitiva. O gran despregamento militar romano permite supoñer unha dura resistencia dos pobos indíxenas en conxunto, ou dalgúns dos populi en particular. Trala conquista emprendeuse a organización do territorio, que se articulou ao redor de tres novas cidades: Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta (Astorga) e Lucus Augusti (Lugo). No s I produciuse a constitución...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de carácter cultural creada en 1964 por universitarios en Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a cultura galega, e no caso do teatro a creación dramática e a realización teatral. Foi responsable da convocatoria do Concurso Castelao de Teatro Galego en 1964, 1965 e 1966, e doutras iniciativas como a Agrupación Dramática Galega, que dirixía Rodolfo López-Veiga.
-
-
Relativo ou pertencente á ganancia.
-
Aquilo que se gana. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ganancia de carreteiros, entra pola porta e sae polo fumeiro. A ganancia está na compra. A ganancia e a laceira, corren de feira en feira”.
-
Parte do excedente económico co que quedan os propietarios dos medios de produción. Para a escola clásica a ganancia é unha das rendas derivadas da propiedade, mentres que o salario representa a única renda xustificada a partir dunha determinada produción. A maioría dos economistas de tradición clásico-marxista consideraron a ganancia cunha magnitude residual constituída por parte do traballo non pagado, posto que o salario se fixa a un nivel social e histórico de subsistencia. Para a escola neoclásica as diferentes rendas son a contrapartida da contribución produtiva do traballo, mentres que a ganancia sería a contrapartida da contribución produtiva do factor capital.
-
-
-
Aquilo que se gana. Na tradición oral recóllense ditos como: “A ganancia de carreteiros, entra pola porta e sae polo fumeiro. A ganancia está na compra. A ganancia e a laceira, corren de feira en feira”.
-
Parte do excedente económico co que quedan os propietarios dos medios de produción. Para a escola clásica a ganancia é unha das rendas derivadas da propiedade, mentres que o salario representa a única renda xustificada a partir dunha determinada produción. A maioría dos economistas de tradición clásico-marxista consideraron a ganancia cunha magnitude residual constituída por parte do traballo non pagado, posto que o salario se fixa a un nivel social e histórico de subsistencia. Para a escola neoclásica as diferentes rendas son a contrapartida da contribución produtiva do traballo, mentres que a ganancia sería a contrapartida da contribución produtiva do factor capital.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á ganancia.
-
PERSOEIRO
Escritor. Estudiou dereito e filosofía, ingresou no corpo diplomático e foi cónsul en Riga (1898). Colaborador no xornal El Defensor de Granada, publicou Granada la bella (1896), Idearium español (1897), La conquista del reino Maya por el último conquistador español, Pío Cid (1897) e Los trabajos del infatigable creador Pío Cid (1898). Postumamente, editáronse El escultor de su alma (1904), a correspondencia con Miguel de Unamuno recollida en El porvenir de España (1905), Epistolario (1904), Cartas finlandesas (1905), Hombres del Norte (1905) e España filosófica contemporánea y otros trabajos (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Antigo antropónimo prerromano, de orixe descoñecida, que se estendeu a todos os romances hispánicos; segundo algúns investigadores procede da voz vasco-ibera Artz ‘oso’. Moi frecuente na época medieval como nome persoal, subsistiu ao proceso de castelanización ao se converter en apelido, ben coa forma Garcés ou Garciaz. A súa festividade celébrase o 26 ou 29 de setembro.
-
Liñaxe que se estendeu por toda a Península e pasou a América. En Galicia estableceuse en lugares como Nogueira de Ramuín, Sobradelo, Meira, Mondoñedo, Alfoz, Ribadeo, Boimorto, Betanzos ou Monterrei. Entre as moitas variantes de escudos de armas que se recollen para este apelido cómpre salientar: 1) en campo de prata, unha garza de sable, ferida de goles no peito; bordo de azul, con oito aspas de ouro; 2) en campo de azul, unha garza de ouro, en pé, coas ás abertas, mostrando o peito ferido de goles; 3) en campo de prata, unha garza de sable; bordo de goles, co lema “De García arriba nadie diga”, en letras de ouro; 4) en campo de prata, seis pombas pousadas, de azul, picadas e membradas, de ouro; 5) en campo de ouro, unha árbore de sinople e dunha das súas pólas pendura, no flanco destro, unha celada con plumas de azul, goles e sable; sobre a copa da árbore, unha garza ao natural; 6) en campo de azul, unha garza de ouro coas ás abertas e mostrando o peito fendido e ferido; bordo de ouro,...
-
-
PERSOEIRO
Fundador e primeiro abade do mosteiro de Oseira. Mencionase no documento polo que Afonso VII concede o territorio do mosteiro en 1137. Tres anos despois pediu o ingreso do mosteiro na orde de san Bernaldo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Presbítero e escritor. Da súa produción destacan Clamores del Divino Pastor a las ovejas descarriadas, o sea Lecciones de Jesucristo a los pecadores olvidados de su salvación (1861), El Tesoro de los labradores: o sea avisos muy útiles a los mismos para lograr abundantes cosechas y una vida larga y dichosa (1865), La más divina de las obras divinas, o sea, la obra de la Santa Infancia (1873) e a póstuma Hojas sueltas (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz de teatro, cine e dobraxe. Iniciou a súa actividade teatral en Vigo e participou na creación, en 1978, da Sala Carral, onde ademais da exhibición de espectáculos se programaban outras actividades como cursos de formación, conferencias e debates. Logo participou no espectáculo da Compañía Luís Seoane, As criadas (1980, a partir do texto de J. Genet con dirección de Manuel Lourenzo), e entre 1981 e 1986 traballou como actriz e produtora en Portugal, con grupos como o Teatro Universitário do Porto, o Teatro Experimental do Porto e Os Comediantes. De volta a Galicia traballou en espectáculos realizados pola Compañía Mari-Gaila (Acto Cultural, 1982), Centro Dramático Galego (A noite vai coma un río, 1986), O Moucho Clerc (Da Vinci levaba razón, 1987) ou con Teatro da Lúa (Mullieribus, 1988). En 1989 funda, con Gustavo Pernas Cora, Áncora Producións, na que vén traballando como actriz (O galego, a mulata e o negro en 1990, Ladraremos en 1995, Fábula en 1996 e Anatomía dun hipocondríaco...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director. Catedrático de Composición e Formas Musicais no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid dende 1974, ten unha ampla obra sinfónica e abrangue a maioría das formas musicais. Da súa produción destaca Jacara, Hemeroscopium, Celebidachiana, Don Juan, Cántico de “La Pietà”, ademais de numerosos concertos e música de cámara. Membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando dende 1982 e da Academia de las Bellas y Nobles Artes de San Luis de Zaragoza, foi Premio Nacional de Música (1993), Premio Fundación Guerrero de Música Española (1993) e recibiu, entre outros galardóns, a Medalla de Oro al Mérito de Bellas Artes (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e xornalista. Colaborador das publicacións Galicia Humorística, O Tío Marcos da Portela e El Censor, fundou El Escobón y Las Riberas del Mendo. Da súa produción destaca Orballeiras (1887), poemario en galego e castelán.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Diplomático e escritor. Estudiou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou nas publicacións El Globo, Blanco y Negro, La Esfera, El Noroeste e El Diario de Marina. Da súa produción destacan De vita et moribus. Solaces literarios (1913), El regionalismo (1918), La Mariñana (1923), Idearium Regionalista: Esquema sintético de la evolución regionalista ibérica (1924) e Conquista y evangelización de la Nueva Galicia (1932). Foi membro da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1952-1956), foi avogado do Estado desde 1961 e xefe da avogacía do Estado na Coruña desde 1978. De 1971 a 1974 foi tenente alcalde do concello coruñes e, entre 1974-1975, representante de Galicia na Junta Democrática de España. Líder de Esquerda Democrática Galega durante a transición, foi deputado pola Coruña no Congreso na II lexislatura (1982-1986) e no Parlamento galego na I (1981-1985), pola UCD.
VER O DETALLE DO TERMO