"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PERSOEIRO

    Estadista e cardeal italiano. Foi protexido pola familia Colonna. Formouse nos xesuítas e foi secretario dos legados pontificios da Valtellina, Ferrara e Milán. En 1634 nomeárono enviado papal de Francia, país onde desenvolveu a súa carreira política con axuda do cardeal Richelieu, que o introduciu na Corte. Nomeado cardeal (1641) e ministro de Estado, ao morrer Richelieu permaneceu como xefe do Consello Real. Controlou o goberno francés durante a rexencia de Ana de Austria (1643-1651) e converteuse no verdadeiro preceptor de Luís XIV de Francia, quen seguiría a súa política absolutista. Os seus obxectivos centráronse en asegurar o poder absoluto da coroa e a hexemonía europea dos Borbóns fronte aos Austria e, aínda que tivo que abandonar París, conseguiu superar as Revoltas da Fronda (1648-1653) e regresar a Francia. En política exterior puxo fin á guerra con España co Tratado dos Pireneos (1659).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. En Marsella fundou a sociedade secreta Nova Italia (1831) e un xornal homónimo (1832), desde o que se promovía a unidade italiana baixo un sistema republicano. En 1833 fuxiu a Xenebra e en 1834 creou a sociedade secreta Nova Europa, para favorecer os nacionalismos e a fraternidade europea. Expulsado do país, refuxiouse en Londres (1837) onde retomou o labor da Nova Italia. Coa revolución de 1848 en París, marchou a Milán e Roma, onde foi deputado e triunviro da república (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Il Parmigianino, formouse con Il Corregio e en 1524 trasladouse a Roma, onde recibiu influencias de Rafael. Destacou como debuxante e retratista e influíu na escola de Fontainebleau. Pintou os frescos da igrexa de San Giovanni en Parma (1522), Autoritratto allo specchio convesso (1523-1524), Sacra Famiglia (1524) e a Visione di San Girolamo (1526) en Roma, Madonna della rosa en Boloña, Madonna dal collo lungo (1534-1540) en Parma e La cortigiana Antea (1535).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Il Ferratese, traballou en Ferrara ao servizo dos duques de Este e a súa obra caraterizouse por un realismo rigoroso. Pintou Cristo tra i dottori (1524) e Resurrezione di Lazzaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. Coñecido como Il Paganino, traballou en Modena e Nápoles. En Modena realizou a Pietà para a igrexa de San Giovanni (1477-1480) e o Presepe para a cripta da catedral (1480) e en Nápoles fixo a Lamentazione para a igrexa de Santa Ana (1492). Residiu na Corte de Carlos VIII de Francia entre 1495 e 1511, onde proxectou a tumba deste rei en Saint-Denis, e fixo a estatua ecuestre de Luís XII de Francia en Blois (1515).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Meaño. Trátase dun edificio barroco con remodelacións posteriores, onde destacan as garitas defensivas dispostas nos dous extremos da fachada principal. Ten pedras de armas da fachada e no portón de liña neoclásica e coroado cun frontón, que dá acceso ao patio. A planta, que descansa sobre unha cornixa, remata en arco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado do benzimidazol que se presenta en forma de sólido cristalino de cor branca amarelada e que funde a 288,5°C. Ten un espectro antihelmíntico moi amplo e emprégase sobre todo nas infeccións por triquiuroideos, ascárides e oxiuros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sada. Ergueuse en 1893 sobre as ruínas dunha antiga fortaleza medieval destruída polas tropas francesas en 1809. Do edificio, realizado en cantería de granito, sobresaen tres torres cadradas e ameadas de diferentes alturas, separadas entre si por un vestíbulo e unha capela, da que destaca a súa portada románica. O conxunto está rodeado de xardíns e bosque e cercado por altos muros. Orixinalmente , a propiedade pertenceu á familia Pardo Bazán. En 1939 os coruñeses adquirírona e regaláronlla a Francisco Franco baixo subscrición popular, quen a converteu nunha das súas residencias de verán. En 1978 sufriu un incendio que non afectou ao exterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Belesar (Vilalba). A edificación principal ten planta en forma de L, con dúas alturas e cuberta de lousa. A ela únense varias construcións, entre as que destaca a capela. Tamén conserva cruceiro, hórreo e un patio amurallado, así como os escudos de armas barrocos e unha inscrición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Meixide (Palas de Rei). Ten planta rectangular, cunha escalinata exterior de pedra que vai ao primeiro piso e dous balcóns tallados en pedra. As súas chemineas-torreón e o escudo da fachada norte dátanse no s XVIII. Sitúase no Camiño Francés de peregrinación a Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia semellante ao xarope, de cor escura e sabor doce, que queda como residuo da cristalización do azucre de cana ou de remolacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen mente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Barbeito (Vilasantar). Trátase dun edificio de grandes dimensións con planta baixa en forma de escuadro. Conta cun frontón semicircular e un escudo de armas na fachada principal e cun patio labrado na parte posterior. Fronte ao pazo localízase unha capela con espadana e un amplo soportal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mañufe (Gondomar). Datada no s XVIII, a súa planta ten forma de U, e a á S apenas foi desenvolvida. A fachada presenta unha escalinata con dobre rampla, que remata nun patín, e na parte posterior ten solaina corrida en forma de L. Destaca a cheminea rematada con catro pináculos e conta cun brasón coas armas dos Mendoza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Posmarcos (A Pobra do Caramiñal). A construción orixinal está en ruínas, pero conserva en bo estado as paredes e a capela adxunta, que foi restaurada. Construído en cachotaría e cantaría, ten planta rectangular e, ademais da capela, presenta outras dependencias anexas e unha fonte de cantaría nas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Tortoreos (As Neves). De planta rectangular, conta con dous andares e un semisoto realizados en cachotaría con cantaría nos extremos. Na fachada principal presenta os escudos dos Araúxo e Suárez de Puga. Conserva a capela exenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma larval propia dos malacostráceos que provén da larva zoea da que se diferenza pola presenza dunhas curtas patas torácicas, de aspecto sacciforme, detrás dos maxilípedes natatorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos metazoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos metazoos.

    2. Individuo do grupo dos metazoos.

    3. Grupo de animais constituídos por numerosas células interdependentes, especializadas e agrupadas en categorías funcionais (tecidos, órganos e aparatos ou sistemas). Segundo se desenvolvan a partir de dúas ou tres follas embrionarias, divídense en diblásticos e triblásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto químico organofosforado que actúa como insecticida non sistémico. Está autorizado en cultivos leñosos, ornamentais, de algodón e de pataca, e o mecanismo de acción é por inxestión ou contacto. Catalogado de alta toxicidade para as abellas, a súa aplicación está prohibida ou limitada na época de floración dos froitos.

    VER O DETALLE DO TERMO