"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de deformar ou deformarse.

      1. ariación da forma e mesmo da estrutura cristalina dun corpo, producida cando cambian as forzas internas. A causa deste cambio na distribución das forzas internas pode ser a variación da temperatura ou a aplicación de forzas exteriores. Se é pequena, crece proporcionalmente ao esforzo; isto é válido dentro da zona de comportamento elástico do material. Sobrepasado este intervalo de tensións, a deformación convértese en permanente unha vez cesa o esforzo que a orixinou e dise que o material se comporta plasticamente. Se as cargas son máis elevadas prodúcese a rotura do material.

      2. deformación elástica

        Deformación que é proporcional ás tensións internas do corpo e que desaparece cando estas cesan. O esforzo máximo ata o que a deformación é reversible chámase límite elástico. Para a utilización óptima dun material cómpre traballar con valores inferiores ao límite elástico.

      3. deformación plástica

        Deformación dun material sometido a un esforzo, que permanece cando este cesa. Habitualmente ocorre a altas temperaturas. O material adquire nova estrutura e cambia as súas propiedades sen destruírse. Se se aumenta demasiado a intensidade do esforzo, a estrutura faise máis ríxida e rompe.

      4. enerxía de deformación

        Enerxía que hai que ceder a un corpo para que se deforme. Se o material é elástico, a enerxía queda acumulada en forma de enerxía mecánica no material, que se recupera cando desaparece a deformación. Se non é elástico, a enerxía consómese no cambio de estrutura.

    2. Cambio fotográfico que modifica as imaxes co fin de conseguir uns determinados efectos especiais.

    3. Transformación, nun espazo topolóxico, dun conxunto de puntos noutro, na que se poden producir torsións ou contraccións, pero na que non se producen roturas da configuración inicial.

    4. Conxunto de actitudes e hábitos que resultan do exercicio dunha profesión e que se trasladan de maneira abusiva á vida cotiá.

    5. Cambio de forma, posición ou volume dunha rocha, capa ou área da codia terrestre producido por forzas tectónicas. Caracterízase por un elipsoide definido por tres eixes e pola súa orientación. Pode ser homoxénea, se cada partícula se move uniformemente con respecto ás adxacentes, ou heteroxénea, se o movemento non é uniforme. Se se crean planos de ruptura e esvaramento chámase discontinua e dá lugar a fallas, e no caso contrario, continua, e dá lugar a dobramentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de defraudar.

    2. Defraudación cometida contra a propiedade industrial que inclúe as accións de competencia ilícita e a falsa indicación de competencia, falsificación, imitación e usurpación.

    3. Defraudación que priva a outra persoa do que por dereito lle corresponde como propiedade sobre unha produción intelectual. Un tipo desta defraudación é a referida á propiedade literaria. A pena que deriva deste delito implica a perda dos exemplares publicados ilegalmente, que han ser devoltos ao propietario defraudado nos seguintes casos: cando se falsifique o título dunha obra ou se imprima coma se fose editada en España cando xa estaba publicada no estranxeiro; cando se importen obras sen pagar os correspondentes dereitos de alfándega; cando nas obras se imiten os títulos doutras para que sexan confundidas con estas; cando se leven a cabo, en España, reproducións de obras de propiedade particular, publicadas en castelán por primeira vez no estranxeiro; e cando se prexudica a autores estranxeiros con algunha das accións mencionadas, sempre e cando entre España e o país estranxeiro implicado exista reciprocidade.

    4. Defraudación que realiza o suxeito pasivo co fin de cometer unha fraude á Facenda Pública eludindo o pago dos tributos e o cumprimento das demais obrigas tributarias. Supón a vulneración dunha norma administrativa e a diminución de ingresos para a Facenda Pública.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fin da vida dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso de substancias, principalmente alimentos, desde a boca ao estómago. Consta de tres fases: a bucal, na que os alimentos, xa mastigados, pasan á parte posterior da boca empuxados voluntariamente pola lingua cara á farinxe, ao tempo que se eleva a parte inferior da boca e se fixan as mandíbulas; a farínxea, na que o bolo alimenticio vai cara ao esófago de forma rápida; e a esofáxica, na que o alimento vai desde o esófago cara ao cardia de forma pasiva e lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que consiste na falsa segmentación das unidades léxicas que integran unha cadea fónica, de xeito que unha palabra perde algún dos sons que a constitúen. Por exemplo, a forma do galego medieval abodega correspóndese co galego actual a bodega; a forma do portugués orelógio transformouse en relógio; en francés antigo m’amie transformouse en ma amie; e en italiano l’arena transformouse en la rena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de degolar.

    2. Festa que conmemora o martirio ao que san Xoán Bautista foi sometido por orde do tetrarca Herodes Antipas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de degradar ou degradarse.

    2. Substitución dunha comunidade vexetal por outra máis afastada do clímax.

    3. Cesamento do desenvolvemento dun órgano.

    4. Reacción na que un composto se converte noutro máis sinxelo seguindo unha serie de pasos. A miúdo reciben o nome de degradacións as reaccións de diminución do número de átomos de carbono dun composto orgánico.

    5. Alteración das formas de relevo da superficie terrestre debida a procesos de erosión.

    6. Evolución dun solo de xeito desfavorable, xeralmente debida a un incremento na evacuación da fracción fina ou lavado. Isto provoca a acidificación do solo e a conseguinte diminución da fertilidade.

      1. Pena accesoria que se lles impón aos condenados por cometer determinados delitos especiais. Consiste na privación das responsabilidades, os privilexios, as dignidades e os honores vinculados ao cargo que ocupaba ata o momento da condena.

      2. degradación actual/real

        Degradación que se realiza coas solemnidades que están establecidas por dereito ou aquela que vai introducida por unha cerimonia.

      3. degradación canónica

        Degradación que priva a un membro da Igrexa dos seus bens, títulos e privilexios.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de degustar. Na industria alimentaria moderna utilízase para controlar a calidade dos produtos fabricados e para buscar novas combinacións. A degustación faise illando totalmente o degustador de influencias exteriores, mediante cabinas illadas, insonorizadas, con luz constante e sen sombra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de deificar ou deificarse.

    2. Iconografía dunha persoa cos atributos da divindade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de delatar.

    2. Chamamento concreto, nun proceso de adquisición de herdanza, a unha ou varias persoas que poden adquirir esa herdanza e teñen o poder de aceptala ou repudiala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade do proceso de gastrulación da que resultan o ectoderma e o endoderma concéntricos. Ocorre cando a blástula se substitúe por un disco embrionario que, nos mamíferos, corresponde ao blastema embrionario do blastocisto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mutación puntual na que se elimina un ou máis pares de bases na secuencia do ADN.

      2. deleción cromosómica

        Aberración cromosómica que consiste na perda dun fragmento de cromosoma, que se orixina como consecuencia dunha desigualdade no entrecruzamento durante a meiose. Xeralmente é letal para os organismos diploides se a perda de material xenético é considerable. Nos organismos heterocigóticos para unha parella de alelos, ao existir unha deleción prodúcese o fenómeno da pseudodominancia. Tamén se denomina deficiencia cromosómica.

    1. Supresión, por conxectura, dunha sílaba, palabra ou frase dun texto antigo mal conservado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de delegar.

    2. Conxunto de persoas delegadas.

      1. Cargo de delegado.

      2. Circunscrición na que un delegado exerce o seu cargo.

      3. Oficina dun delegado.

      4. Organismo das administracións públicas dependente doutro de rango superior e cun ámbito territorial e funcional xeralmente limitado. En España son delegacións cada un dos organismos que representan a algúns ministerios nas diferentes demarcacións administrativas, como as delegacións provinciais de traballo, facenda, xustiza, etc. Tamén as comunidades autónomas e institucións locais poden establecer delegacións.

      1. Técnica de relación interorgánica que consiste na transferencia a un órgano inferior do exercicio das competencias que se teñen atribuídas. Pódense facer delegacións a outros órganos da mesma administración, aínda que non sexan xerarquicamente dependentes, ou a entidades de dereito público vinculadas ou dependentes das administracións públicas. A delegación pode ser revocada en calquera momento polo órgano que a conferira.

      2. Acto polo que o xuíz ou o tribunal exhortado, que non pode practicar por si mesmo todas ou parte das dilixencias que se lle encomendan, atribúelle a potestade de xurisdición en todo ou en parte a un xuíz inferior e subordinado a el, ben mediante a remisión do exhorto orixinal, ben mediante o envío dun despacho. A persoa delegada non pode ampliar o poder que lle foi conferido, pero si subdelegalo.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe aparecida na Coruña o 2 de xuño de 1990, editada polo Centro de Publicaciones do ministerio do Interior. Subtitulouse “Revista de la Administración General del Estado en la Comunidad Autónoma Gallega” e contou coa colaboración de José María Álvarez, Perfecto Hermida e Begoña Cristeto, entre outros. Dividiuse nas seccións: “Sumario”, “Informes”, “Consejo de Ministros”, “Datos”, “Inversiones” e “Documentos”. Incluíu artigos referentes á economía e aos orzamentos, á xustiza, á alimentación, á educación e á ciencia e outros casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deleitar ou deleitarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obtención de aminas primarias, mediante a reacción entre haluros de alquilo con hexametilentetraminas e a posterior hidrólise dos sales cuaternarios que se forman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e poeta. Licenciado en Dereito pola Universidad de Valladolid, residiu ata os dez anos na súa vila natal e logo en Ourense, Palencia e Valladolid. En 1928 regresou a Córgomo e exerceu como avogado no Barco de Valdeorras, á vez que comezou a colaborar con artigos e poemas no xornal Heraldo Orensano co pseudónimo Corgomófilo. Na Guerra Civil española trasladouse a Valladolid, logo a Portugal e a Francia, para máis tarde chegar á zona republicana española na que permaneceu ata a fin da guerra. En xullo de 1939 exiliouse a Guadalajara (México), onde traballou a prol da cultura galega promovendo diversas iniciativas, como a fundación da revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista ou o Ateneo de Galicia; ademais colaborou nos xornais Galicia, Heraldo de Galicia, Nova Galicia e Opinión Gallega. Tralo seu pasamento, as súas cinsas foron trasladadas a Córgomo o 12 de xullo de 1987. Como poeta deu ao prelo Bebedeira (1934),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Estudiou humanidades no seminario diocesano da súa vila natal e fixo carreira militar na que acadou o grao de capitán do VIIº Rexemento de Navarra na Terceira Guerra Carlista. En 1872 sufriu cadea no castelo de Santo Antón da Coruña e, posteriormente, exiliouse a Francia e Cuba, onde formou parte do consello de redacción da revista Follas Novas, na que inseriu colaboracións en castelán centradas en temas sociais e políticos e en figuras sobranceiras da historia de Galicia. Nesa mesma publicación deu a coñecer a novela A Besta! asinada co pseudónimo Xan de Masma. A obra publicouse por entregas entre o 29 de xaneiro e o 24 de decembro de 1899, a primeira parte, e entre o 7 de xaneiro de 1900 e o 30 de decembro dese mesmo ano, a segunda. Consta de catro partes: dúas pseudoensaísticas, o prólogo e o epílogo, nas que teoriza sobre o naturalismo incorporando postulados de Émile Zola e seus propios sobre o tema; e dúas propiamente narrativas, a primeira composta por catorce...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de deliberar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa delicia.

    VER O DETALLE DO TERMO