"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Exame das partes constituíntes dun todo, separadamente ou en relación a aquel.
-
Exame esmerado e coidadoso dun escrito, discurso, unha teoría ou calquera outro complexo discursivo.
-
Descomposición dunha imaxe nunha serie de puntos mediante un analizador de imaxe que, a través dunha exploración sucesiva e ordenada dos puntos constituíntes da imaxe, transforma a intensidade luminosa de cada un deles nun sinal de amplitude proporcional, chamado sinal de vídeo.
-
Proceso de investigación que consiste tanto na redución dun composto nas súas partes simples, sexa este composto un concepto, unha proposición, un razoamento ou un feito, como na regresión, realizada mediante procesos de razoamento, e dirixida aos fundamentos dunha proposición que se intenta probar ou na procura de estruturas subxacentes ao obxecto de estudio que se propón. Ao longo da historia da filosofía este concepto tivo diferentes acepcións. Aristóteles empregou a expresión “arte analítica” para referirse ao proceso de redución aos principios últimos. Descartes entendeu a análise como o proceso de redución das proposicións complexas e escuras ás máis sinxelas. Kant interpretou a lóxica xeral como unha análise que descompón os elementos formais do entendemento e da razón e a lóxica transcendental como a descomposición ou análise do coñecemento a priori nos seus elementos puros, achegados pola mesma estrutura do entendemento.
-
Estudio dun problema dende o punto de vista da información, descompoñéndoo en unidades máis pequenas, estudiando a estrutura, illando os tratamentos básicos da información e deseñando os algarismos que os realizan. Adóitase dividir en dúas fases consecutivas: funcional e orgánica. A fase da análise funcional é aquela na que se estudia a estrutura lóxica das informacións e dos procesos, sen importar o xeito de resolver o problema cun sistema informático concreto. A fase da análise orgánica consiste no deseño da estrutura de datos nas diferentes memorias dun ordenador e tamén dos algarismos xerais de tratamento, especialmente a niveis de cadea de tarefas.
-
Operación de comprobación realizada polo sistema operativo Windows para comprobar que o disco duro e os periféricos conectados a un ordenador funcionan correctamente.
-
Na tradición gramática escolar, a análise gramatical redúcese esencialmente a dúas operacións: a identificación dos membros dunha frase e da función sintáctica que exercen, e a asignación de cada palabra a unha clase determinada, de entre unhas cantas preestablecidas. Na lingüística moderna, especialmente no estruturalismo dos anos trinta e cincuenta do século XX, o termo designa practicamente calquera operación da lingüística descritiva.
-
Análise de selección de almacéns cando se ten en existencia produtos de diferente natureza. Baséase na importancia relativa do capital inmobilizado en cada unha das clases de artigos que se atopan almacenados.
-
Análise dun gas ou un líquido por medición das lonxitudes de onda de absorción electromagnética máxima, que son únicas para cada elemento.
-
Expresión de termos nunha ecuación de movemento que se realiza por medio de enerxías de cantidades non dimensionais. Nesta análise os termos de magnitude significativa poden identificarse baixo determinadas condicións específicas; sen embargo, os termos de magnitudes insignificantes poden rexeitarse.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en galego aparecida en 1987 en Vigo, e subtitulada como “Revista galega de información económica”. Tiña periodicidade cuatrimestral e estaba dirixida por Alfonso Rivas Fraga. Foi editada por Unipro Editorial, e incluía fundamentalmente información económica.
-
-
Que ou quen realiza análises con carácter profesional.
-
Especialista na análise do contido dun documento, especialmente na confección de resumos e na indexación.
-
-
Especialista nos diferentes aspectos da racionalización do traballo co fin de acadar en cada caso os métodos máis eficientes.
-
Economista especializado na investigación do funcionamento das empresas para deducir conclusións sobre a súa marcha futura.
-
-
Escritor ou redactor de anais. Teñen como predecesores a unha gran parte dos historiadores clásicos (Tito Livio, Tácito). Na Idade Media, o resultado do traballo analístico anónimo e colectivo foi un mosaico de interpolacións, asincronismos e xustaposicións. A función analística quedou vinculada, xeralmente, a institucións civís e eclesiásticas, pero ás veces dependía da política oficial, como é o caso dos Annales Regni Francoforum.
-
Persoa que determina os problemas concretos que debe solucionar unha aplicación, así como as liñas xerais segundo as que se debe desenvolver un programa para cumprir un certo obxectivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Por vía analítica, dun xeito analítico.
-
-
Relativo ou pertencente á análise.
-
-
Dise do razoamento ou da proposición que é produto da análise.
-
filosofía analítica
Designación dun conxunto de tendencias filosóficas heteroxéneas que constitúen -xunto co marxismo e a miúdo fronte a el- un dos grandes bloques do pensamento occidental do s XX. O conxunto das tendencias analíticas coinciden en rexeitar o idealismo e a metafísica para interesarse pola lóxica e pola análise como un método para o estudo da linguaxe. Unha das súas fontes históricas atópase en Inglaterra, nos traballos de B. Russell sobre as linguaxes formalizadas e os de G. E. Moore sobre a linguaxe corrente. Simultaneamente, con E. Mach xorde en Viena un movemento de signo cientifista ( círculo de Viena). Esta tendencia, Empirismo ou Positivismo lóxico, está representada por M. Schlick, R. Carnap, O. Neurath, K. Gödel e J. Schumpeter. Posteriormente, en Oxford, xurdiría un grupo de pensadores que, orientándose no “derradeiro Wittgenstein”, estudiou o uso da linguaxe corrente fuxindo da formalización. Os membros máis influentes deste grupo foron G. Ryle, P. F. Strawson e J. Austin....
-
xuízos analíticos
Segundo aparecen expostos por Kant na súa obra Kritik der reinen vernunft (Crítica da razón pura, 1781), son xuízos nos que o predicado está contido no concepto-suxeito. Así, ‘A é B’ é analítico só se B está contido no concepto de A. Os xuízos analíticos, xa que logo, non aumentan o coñecemento, son exclusivamente aclaratorios.
-
-
Conxunto de análises realizadas co fin de diagnosticar unha enfermidade.
-
Busca das formas elementais do razoamento e da demostración. Segundo Kant, na súa obra Kritik der reinen vernunft (Crítica da razón pura, 1781), é a primeira parte da lóxica xeral que “descompón todas as operacións do entendemento e da razón nos seus elementos e os presenta como principios de calquera apreciación lóxica que faga o noso entendemento”.
-
Termo de clasificación tipolóxica que fai referencia ás linguas do dominio indoeuropeo que foron perdendo a flexión das palabras e foron confiando cada vez máis en palabras auxiliares (preposicións, auxiliares de perífrases verbais, etc) a expresión das relacións sintácticas. Os exemplos máis notorios desta progresión histórica son o da evolución do latín ata as linguas románicas de hoxe en día, e o paso dende o xermánico primitivo ao inglés ou ao escandinavo occidental.
-
Método pedagóxico que se basea na análise global dos obxectos antes de proceder á reconstrución. Na aprendizaxe da lectura, o rapaz debe partir dun conxunto significativo, non dos elementos do código a identificar.
-
Técnica teatral que introduce na acción do drama feitos anteriores que xustifican o desenlace da obra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se designan os dous escritos máis importantes do Organon de Aristóteles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser analizado.
-
-
Que analiza.
-
Nun polarímetro, prisma de Nicol ou outro sistema óptico (turmalina, película polaroide, etc) que recibe a luz que lle envía o polarizador.
-
Aparello que permite facer a análise química cuantitativa dun ou varios dos compoñentes dunha mostra. Resérvaselle o nome de analizadores aos instrumentos que serven para a determinación continua da composición química, que dan directamente os resultados que corresponden a cada momento nunha mostra fluída que circula en fluxo continuo ou discontinuo. Empréganse principalmente na industria para o control e regulación eventual dos procesos continuos de fabricación, pero tamén resultan moi útiles para a análise clínica e en oceanografía. Actualmente aplícanse a mostras moi variadas (gasosas, líquidas ou en solución). O principio de funcionamento destes instrumentos fundaméntase na medida, por medio dun sensor, dalgunha propiedade física ou químico-física da mestura a analizar que sexa función da composición desta, como a condutividade térmica ou eléctrica, a absorción óptica ultravioleta ou infravermella, etc; e na conversión do sinal recibido polo sensor nun sinal eléctrico proporcional que...
-
Instrumento electrónico, en forma de cadro ou reixa, empregado na determinación do filtro de cor correcto cando se realizan copias en cor, a partir dos correspondentes negativos ou diapositivas.
-
Aparello industrial destinado a medir a composición dos fumes ou gases producidos nunha combustión. Pode servir tanto para controlar a marcha dun forno como para estudar o funcionamento dun motor de combustión interna. No primeiro caso, colócase a toma de mostras do aparello antes da cheminea; no segundo, ao remate do tubo de escapes do motor. Adoitan ser de funcionamento automático e continuo, e sinalan os resultados nuns reloxos (aparellos indicadores) ou sobre un gráfico (aparellos rexistradores). Os gases a analizar conteñen principalmente monóxido e dióxido de carbono, vapor de auga, osíxeno sobrante e, eventualmente, trióxido de xofre e hidrocarburos non queimados. O principio de funcionamento do aparello pode ser químico ou físico. Os primeiros son unha versión automatizada do analizador de Orsat, mentres que os segundos poden actuar por medida indirecta da condutividade térmica mediante un catarómetro ou da absorbancia a unha certa lonxitude de onda da rexión do...
-
Persoa encargada de comprobar o correcto funcionamento dunha aplicación ou aparello informático que aínda non foi rematada por completo (en inglés beta tester).
-
Aparello de medida electrónico que ten por finalidade efectuar nun transistor as medidas que permiten obter os parámetros, as características e o comportamento nunhas condicións dadas.
-
Nome dado aos primeiros calculadores analóxicos.
-
Dispositivo empregado para realizar a análise das imaxes a transmitir. Os primeiros analizadores eran mecánicos e constaban dun elemento xiratorio que permitía analizar opticamente as imaxes. Os máis empregados foron o disco de Nipkow, a coroa de lentes e, sobre todo, a roda de espellos de Weiller. Actualmente, os analizadores empregados son totalmente electrónicos e practicamente non teñen inercia. Ademais, baséanse no fenómeno da integración fotoeléctrica e o rendemento da iluminación da escena é moi superior. O primeiro analizador electrónico empregado foi o analizador ou disector de imaxes de Farnsworth. Actualmente só se empregan os analizadores baseados na integración fotoeléctrica, como poden ser o iconoscopio, o orticón e, modernamente, o vidicón e o plumbicón.
-
Absorciómetro portátil que permite determinar a porcentaxe de dióxido de carbono, osíxeno e óxido de carbono que contén unha mostra de gases de combustión. Un modelo máis evolucionado permite tamén a análise de hidrocarburos non saturados, de hidróxeno e de metano.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer a análise dalgunha cousa, no seu conxunto ou por separado.
-
-
Que se semella ou parece a outra cousa.
-
Órganos ou estruturas que presentan analoxía.
-
Nos corpos piroeléctricos, polo que se carga positivamente cando sobe a temperatura e, negativamente, cando baixa.
-
-
Relativo ou pertencente á analoxía, baseado na analoxía.
-
termo análogo
Termo que ten a mesma relación con outro, idéntico á relación que ten un terceiro cun cuarto.
-
-
Solos que, malia seren diferentes nas súas propiedades, son capaces de soster aproximadamente un mesmo tipo de vexetación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divertimento orixinario da comarca de Ribas do Sil, entre Lugo e Ourense, que consiste en tocar cunha buxaina a un dos participantes ou pión que se coloca, á súa vez, no centro dun círculo, que previamente se debuxara no chan. Este mesmo xogador fai de pandote, recibindo todos os golpes dos demais participantes. Cando unha das buxainas non acerta, ou sexa, fai gorita, o xogador que errou pasa a ocupar o lugar do pión.
-
-
Relación de semellanza entre cousas diversas, relación entre dúas ou máis cousas que teñen algunha cousa en común.
-
Semellanza entre diferentes culturas baseadas nunha evolución converxente e independente; os paralelos entre as sociedades complexas en lugares distantes do mundo, en períodos nos que as conexións culturais entre elas son nulas, deben explicarse como o resultado dun desenvolvemento análogo.
-
Semellanza funcional entre órganos de estrutura e de orixe filoxenética distintas, como por exemplo, as ás dunha bolboreta, as dunha ave e as dun morcego, os ollos dun cefalópodo e os dun vertebrado ou as espiñas da xesta e as da silva.
-
Método de aplicación da lei por medio da que unha norma que regula un caso determinado se fai extensiva a casos non previstos pero análogos ou semellantes con identidade de razón. Fundaméntase no principio de que a feitos iguais lle corresponde igual regulación. A súa aplicación, malia contribuír a completar o sistema de normas legais, pode introducir arbitrariedade.
-
En sentido estricto, correlación entre cada un dos termos de dúas ou máis ordes. Aristóteles aplicou a analoxía á análise do ser para explicar as diferentes acepcións deste termo, tese que foi desenvolvida pola Escolástica (analoxía do ente). Os termos análogos poden ter significacións diferentes, pero non completamente distintos, porque entre os seus diversos sentidos hai unha relación de semellanza que pode ser simbólica ou real. Faise sempre a atribución de calidades a Deus, por analoxía co home. Na época moderna o concepto de analoxía ocupou un posto menos central que nas tendencias escolásticas, onde aspiraba a resolver un problema capital da Teoloxía: a relación entre Deus e as criaturas, sendo eliminada sobre todo das tendencias fenomenolóxicas e funcionalistas. De todos os xeitos, Stuart Mill pon de relevo a analoxía como nome dun xeito de razoamento e Mach como unha relación entre sistemas de conceptos homólogos.
-
Similitude entre o número e a forma das ecuacións diferenciais de dous sistemas físicos.
-
Para os gramáticos gregos, tipo de paradigma de flexión ao que pertencía unha palabra. Actualmente, a analoxía designa o proceso histórico que fai que certas palabras pasen dun paradigma a outro (xeralmente máis regular), é dicir, que cambiou de analoxía. O proceso prodúcese constantemente e é moi fácil observar se nos fixamos nas formas que non se consideran correctas: o plural *lápises no canto de lapis, o participio *abrido no lugar de aberto, etc. Como as formas irregulares dunha lingua son ou ben os préstamos recentes ou ben as formas máis antigas, o cambio analóxico tende a eliminar os arcaísmos. Unha lingua con demasiadas irregularidades faría obviamente excesivas demandas da memoria dos falantes, xa que logo o cambio analóxico está considerado como un dos mellores axentes de estabilización das linguas.
-
Fórmulas de resolución de triángulos esféricos, empregadas máis xeralmente para comprobar os resultados achados por outros métodos, como os conxuntos de Bessel. Distínguense as fórmulas atopadas por Neper (1614) e as de Delambre e Gauss (1808), que relacionan os ángulos dun triángulo esférico cos lados opostos.
-
Transposición ao pasado da observación das culturas actuais co fin de comprender as relacións de comportamento que subxacen á produción do rexistro arqueolóxico. Esta metodoloxía do coñecemento arqueolóxico inclúese na etnoarqueoloxía.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á analoxía.
-
Fundado ou baseado na analoxía.
-
-
Dise dun sistema de comunicación no que a información que transporta está representada por un valor que pode variar de xeito continuo; é o caso dunha parte das liñas telefónicas.
-
Aplícase á información presentada de xeito secuencial e continuo.
-
Relativo aos sistemas de transmisión ou tratamento da información que utilizan modelos baseados na analoxía. Son exemplos disto o cálculo e as calculadoras que utilizan como fundamento a substitución de propiedades reais do obxecto de cálculo por propiedades semellantes ou análogas dos elementos da calculadora ( calculadora analóxica).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Razoamento ou argumentación por analoxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entre os gregos e latinos, gramático que sostiña que unha lingua se fai primordialmente de procesos regulares. Os analoxistas opúñanse aos anomalistas, que defendían que unha lingua está feita de irregularidades e de coincidencias fortuítas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia ou diminución de sensibilidade para a dor.
-
-
Relativo ou pertencente á analxesia.
-
Medicamento que diminúe ou suprime a dor. Só con finalidades prácticas, os analxésicos poden clasificarse en tres grandes grupos: os que actúan en cadros de dor visceral (metadona, morfina, pentazocina e petidina); os analxésicos menores (ácido acetilsalicílico, acetilsalicilato de lisina, aloxiprina, benorilato, diflunisal, salsalato, nefopam, paracetamol e derivados opiáceos menores como a codeína, o dextropropoxifeno e a tilidina); e os indicados nos cadros de dor cólica renal ou biliar (derivados do ácido salicílico, derivados dos opiáceos menores, administrados por vía oral, e tamén o acetilsalicilato de lisina, o diclofenaco, a noramidopirina metesulfonato e a petidina, por vía parenteral).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Insensibilidade total diante da dor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Nixeria (17.675 km2; 3.094.783 h [1995]). A súa capital é Awka.
-
-
Termo empregado por Platón para designar o recordo que ten a alma do mundo das ideas, segundo a súa teoría sobre a reminiscencia.
-
Proceso que consiste na lembranza de ideas, persoas ou sucesos a partir dalgún estímulo.
-
Nome que recibe un dos instrumentos incluídos no método interpretativo do actor de Konstantin Stanislavski.
-
Indagación dos antecedentes propios e familiares, fisiolóxicos, patolóxicos, etc, dun paciente con vistas á diagnose.
-
Retorno á memoria das ideas dos obxectos esquecidos.
-
No Cristianismo, acto de culto no que os crentes, recordando e dando grazas por unha acción histórica de Deus, suplican a súa actualización. En sentido estricto, a anamnese é a oración da misa que normalmente vai despois da consagración, na que se fai lembranza do Señor e dos misterios da súa vida.
-