"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
CAPITAIS
Capital do ken homónimo, situada na illa de Kyūshū, Xapón (303.784 h [1997]). É un centro relixioso sintoísta. Destaca como porto de pesca na desembocadura do río Ōyodo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ken da illa de Kyūshū, Xapón (7.735 km2; 1.170.007 h [2000]). A súa capital é Miyazaki.
-
GALICIA
Relixioso e escritor. Foi profesor e colaborador dos xornais El Heraldo de Vivero e La Voz de Ortigueira. Das súas obras cómpre salientar Sinopsis morfológica latina (1954), Desahogos del alma (1971), En verso y en prosa: segunda parte de Desahogos del alma (1982) e La mujer en la Biblia: estudo exegético femenino, propio y exclusivo para mujeres (1984). Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
2mocada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de jazz estadounidense fundado en 1951, composto por John Lewis (piano e director), Milt Jackson (vibráfono), Percy Heath (baixo) e Kenny Clarke (batería) a quen substituíu Connie Kay en 1955. O seu estilo vinculouse co bop, moi de moda na época. Disolveuse en 1974, pero retomou a actividade en 1980.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Coruxo (Vigo). Fundouna Antonio Costas, sobre o seu morgado, na segunda metade do s XVII. A fábrica orixinal foi alterada e o acueduto do que dispuña quedou partido pola estrada, aínda que nel se conserva inscrita a data de 1770. No terreo consérvase unha fonte cunha figura humana de dúas caras, unha que sorrí e outra que chora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción do s XIV situada en Mañufe (Gondomar). Construído en cantaría, ten planta rectangular e dous pisos, cuberta a tres augas e dúas chemineas de pedra. Ao longo das fachadas presenta varios ocos lisos e rectangulares. Na fachada N destaca o escudo coas armas dos Suárez, Deza e Corres. O conxunto completábase cunha capela dedicada a san Brais e un pequeno hórreo. Restaurouse en 1973.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hospital e ermida situada en Monforte de Lemos. A primeira nova documental coñecida refírese a un documento de 1592 escrito na sala De profundis do desaparecido convento franciscano de Santo Antonio de Padua. Trátase dun templo de orixe medieval pero con numerosas reformas posteriores. Conta con muros de cachotaría, un pórtico sustentado por piares cuadrangulares e un retablo dedicado a san Lázaro. Só se conserva o templo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Madrid a partir do 27 de agosto de 1936. Cesou en febreiro de 1939. Subtitulouse “Hoja semanal de la Alianza de Intelectuales Antifascistas para la defensa de la cultura” e tivo unha periodicidade semanal, aínda que dous números foron mensuais. Apareceron como responsables da publicación María Teresa León, José Bergamín, Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, Antonio Luna, Arturo Souto e Vicente Salas ata outubro de 1936, en que desapareceu toda referencia. Tratouse da revista literaria republicana de vida máis longa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao vehículo que ten unha soa praza.
-
GALICIA
Cantante. Formou en 1987 o grupo Cómplices co seu marido, Teo Cardalda. Da súa discografía destacan Manzanas (1988), Ángeles desangelados (1989), La danza de la ciudad (1990), Cousas de Meigas (1999) ou Grandes Éxitos en directo (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que vive solto no monte.
-
Que vive como un animal, no monte e illado da xente.
-
Que é pouco sociable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tributo que desde a Idade Media pagaban os gandeiros de Castela polo usufruto dos bosques, montes e prados dos dominios da propiedade ou xurisdición do rei. A partir de 1343, a fusión de todos os montazgos locais co servizo de gandos deu lugar a un novo tributo, chamado de servizo y montazgo, que foi suprimido a comezos do s XVII coa creación do servicio de millones.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Codeseda (A Estrada). Ten planta en forma de U e atópase rodeada dun muro de cantaría, que conta con dous miradores: un deles, situado nunha das esquinas, ten forma semicircular e a el accédese por medio dunha escaleira; o outro construíuse amodo de bastión. Ten un escudo na fachada lateral e posúe un cruceiro e unha capela baixo a advocación de san Brais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Pantaleón das Viñas (Paderne). Amosa unha gran sinxeleza e severidade nas formas e na decoración; o escudo da fachada representa o único motivo ornamental do conxunto. Sobre un dos laterais da fachada érguese un torreón e ten un patio interior cunha escalinata de pedra e un balcón sostido por piares e ménsulas de pedra.
-
GALICIA
Historiador. Centrou os seus estudos na Antigüidade e interesouse especialmente pola Historia da Filosofía Antiga, a Historia das Relixións e o mundo oriental clásico. Publicou Sobre la ciencia española (1931), Alejandro Magno (1944) e Diego Gelmírez: Historia de una fama (1965). Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e recibiu a medalla de ouro da Universidad Complutense de Madrid (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e astrónomo. Catedrático de Física do Ateneo de Madrid, participou nos traballos da Comisión Central da carta xeográfica de España e foi comisario no estranxeiro para estudar os adiantos aplicables á Mariña española. Traduciu o Tratado de Astronomía de Heschel e rectificou a posición de moitas das estrelas contidas no catálogo da Sociedade Astronómica de Londres (1842).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Cabanelas (O Carballiño). De planta irregular, próxima á forma de U, presenta dúas fachadas e conta con dous patios, un no lateral e outro na parte posterior. Nunha das ás álzase unha torre de planta cadrada. Destaca a cheminea de tres corpos.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de El Salvador (1.447 km2; 170.861 h [estim 1997]). A súa capital é San Francisco Gotera (20.497 h [1992]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político hondureño. Presidente en 1827, foi presidente das Provincias Unidas de Centroamérica (1829, 1830 e 1835). A secesión de Guatemala (1839-1940) obrigouno a exiliarse. En 1842 volveu a Costa Rica, pero foi fusilado durante unha revolta.
VER O DETALLE DO TERMO