"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

  • Fenómeno relixioso máxico-místico ligado á actividade do xamán, único protagonista de todas as manifestacións desta forma relixiosa. É unha técnica da éxtase, que, segundo a mentalidade primitiva, permite entrar en comunicación directa con potencias superiores e, mesmo nalgúns casos, identificarse con elas e encamiñar a súa acción sobrenatural en favor dos individuos e da comunidade que teñen necesidade dela. É propio dos pobos da Asia setentrional e central, aínda que existen fenómenos análogos entre os amerindios e os esquimós, e nalgunhas comunidades da Asia meridional, de Australia e de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento doutrinal e relixioso, difundido nos s XVII e XVIII nos Países Baixos, Francia, Alemaña e Italia que marcou a espiritualidade católica coetánea e posterior. As ideas de C. Jansen están expostas no Augustinus. Sobre a base da teoloxía agostiña, propugnaba un rigorismo moral radical e combatía duramente o molinismo. Perseguidos en Francia, refuxiáronse nos Países Baixos onde crearon unha igrexa cismática (1723).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría segundo a que a percepción do espazo e do mundo exterior a través dos sentidos non é innata senón que é adquirida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema astronómico, sostido por Ptolomeo, que considera que a Terra está situada no centro do Universo, con todos os astros xirando arredor dela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estudo dos fenómenos relativos ás propiedades magnéticas da Terra. Desde o s XIX, con Gauss, sóubose que a Terra se comporta como unha gran dínamo e que a parte máis interna, de natureza metálica, se transformou nun grande imán pola indución das correntes eléctricas existentes nas zonas periféricas. Na Terra existen dous campos magnéticos diferentes, un interno permanente e un externo moi variable. As variacións dos polos magnéticos ao longo da historia da Terra proporcionan datos moi importantes para o estudo da evolución do planeta, sendo estudados polo paleomagnetismo.

    2. magnetismo terrestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tropismo en que o factor estimulante é a gravidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Elemento das linguas xermánicas transmitido a outro idioma. Cómpre distinguir entre os xermanismos antigos, impostos cando tivo lugar o afundimento do Imperio Romano de Occidente, e os modernos, en particular os préstamos do alemán e do inglés (anglicismo).

    2. Palabra de orixe xermánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia da arte abstracta que afirma que a obra de arte ten que ser formada polo espírito antes da súa execución, sen recibir ningunha influencia dos elementos formais da natureza nin da sensibilidade. Esta afirmación, que fai da intelixencia a fonte suprema da creación, é un dos principios fundamentais propostos por T. van Doesburg (1930) e por Max Bill (1931), creadores da arte concreta, e que se pode relacionar coa doutrina da psicoloxía da forma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema moral e de goberno propio dos xesuítas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dimensión considerablemente superior á normal dunha célula, dun orgánulo celular, dun individuo ou dunha determinada variedade ou raza.

    2. Trastorno que é debido a unha excesiva produción pola hipófise da hormona do crecemento desde a infancia, que provoca un crecemento esaxerado dos ósos longos e tamén dos tecidos brandos e das vísceras do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seita islámica xurdida con motivo da sucesión do terceiro califa do Islam, ao ser destituído ‘Alī ibn Abī Ṭ ālib por Mu’āwiyya I. Malia que nun principio se presentou como un partido proárabe que defendeu o carácter hereditario do califato fronte aos omeias, axiña se manifestaron as diferenzas con respecto da ortodoxia sunnita, a escala política e relixiosa. Defenden que a dirección espiritual da comunidade lle corresponde exclusivamente ao califa ‘Alī e aos seus descendentes e dado que aquel foi perseguido polo poder temporal, o xiísmo introduciu a noción de paixón e a valoración do sufrimento como medio de salvación, elementos descoñecidos no Islam ortodoxo. Ademais, os xiítas discrepan da versión oficial do Alcorán, que acusan de ter suprimido diversas pasaxes relativas a ‘Alī e cren que a única autoridade cualificada para fixar a interpretación da lei é a dos seus imáns. No que respecta ao culto, practican a peregrinación ás tumbas dos primeiros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pseudohermafroditismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión nacional dos xaponeses, denominada shinto (camiño dos deuses) en oposición á butsudbō (camiño de Buda). Hai un xintoísmo primitivo que se diferenza de moitas outras formas influídas polo confucianismo, o taoísmo e o budismo. Relixión basicamente animista ou politeísta, non ten fundador, escrituras, nin dogmas, pero si unha rica mitoloxía e un culto importante. A noción central é a pureza ritual e física, non moral. Ser impuro é o pecado (tsumi), que pode ser voluntario ou involuntario. O pecador ou contaminado recupera a pureza a través de diferentes ritos, como o harae (exorcismo), o misogi (ablución con auga e sal), o imi (tipo de profilaxe do pecado que consiste nunha abstinencia) e outros. Os documentos máis antigos, o Kojiki (Arquivos de cousas antigas) e o Nihongi (Anais de Xapón), tratan da historia mítica de Xapón a partir da data lendaria da fundación do imperio (660 a C), onde teñen un papel relevante os kami ou deuses, así como os heroes Izanagi e Izanami, a deusa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma relixiosa da India, centrada no culto a Xiva, que constituíu unha das correntes espirituais máis importantes do brahmanismo. Inspirada no vixnuísmo, afastouse del (ss V-VI) e dividiuse en numerosas escolas que admiten desde un pluralismo real ata un non-dualismo (advaita) estrito, como o de Śankara. As máis importantes son a escola de Kashmir (Trika ou Pratyabhijna), a de Karnataka e Andhra Pradesh (ViraSivaísmo), o Śaiva Siddhanta dos támiles e o Śilvādvaita de Sri Kantha. Estendeuse tamén a Sri Lanka, a Xava e a Camboxa. A súa tradición foi recollida nos āgama.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente espiritual, ideolóxica e práctica, dos ss XIII e XIV dos que se acolleron á obra de Joachim de Fiore ou á interpretación que fixeron os espirituais franciscanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principios que ditaminaron as reformas eclesiásticas do Emperador Xosé II. Trátase dunha variedade do regalismo, exposta con disposicións prácticas no edito de tolerancia de 1781. Propugnaba a liberdade de consciencia e o dereito do estado a intervir nos asuntos eclesiásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixión dos xudeus, fundada por Abrahám e fundamentada na alianza entre Iavé e os patriarcas. Enfrontada ao naturalismo politeísta dos pobos veciños, o pobo de Israel propuxo un monoteísmo estrito. A alianza entre Iavé e o pobo de Israel establecía a protección do primeiro sobre o pobo, que a cambio lle ofrecía a propia imposición dun sinal (circuncisión) e o sometemento a unha lei, a Tora que, explicada no Pentateuco, constituíuse como un código que recollía os principais textos do xudaísmo. Ademais da Tora e dos outros libros do Antigo Testamento aceptados polo xudaísmo, transmitíronse un conxunto de tradicións xurídicas coñecidas como Miš, como complementarias. Tanto esta coma os comentarios rabínicos posteriores (Guemará), constituíron o Talmud. As principais festividades xudías son o sabbath, a Pesa ḥ (Pascua), o Sabu’ot (Pentecoste) ou o Sukkõt (festa dos Tabernáculos)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente doutrinal que sostiña a necesidade para todo cristián de observar a lei mosaica.

    VER O DETALLE DO TERMO