"Arán" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 317.

  • Provincia de Madagascar (150.023 km2; 2.671.150 h [1993]). A súa capital é Fianarantsoa (99.005 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, que ten por obxecto facer fronte ás situacións de crise nas entidades de depósito. Ao seu patrimonio contribúen o Banco de España e a banca privada co fin de garantirlles aos depositarios e contacorrentistas o importe, ata unha determinada cantidade, dos depósitos constituídos nos establecementos dos bancos adheridos ao sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano autónomo estatal dependente do ministerio de Traballo e Asuntos Sociais que ten como finalidade asegurarlle ao traballador o pagamento, en caso de insolvencia do empresario, de certas cantidades que acredita en concepto de salarios ou de indemnización derivados do contrato de traballo extinguido. Nútrese das cotizacións obrigatorias dos empresarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fondo estrutural comunitario que se creou para o financiamento da Política Agraria Común (PAC). Ten dúas seccións: a Sección Garantía, que financia os gastos comunitarios orixinados pola política de prezos e mercados agrícolas; e a Sección Orientación, que administra os fondos destinados a políticas estruturais e ten por obxecto a consolidación e evolución das estruturas agrarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Ourense (1769-1775). Doutor en Teoloxía pola Universidad de Salamanca, onde foi catedrático de Filosofía. Foi autor da Oración fúnebre en las solemnes exequias que la Universidad de Oviedo consagró el día 27 de noviembre de 1764 a la inmortal memoria de Fray Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. arento.

    2. ara de madeira suxeita á cabeza do rodicio que xira sobre a pedra fixa, que se utiliza para detectar os puntos nos que esta non está a nivel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación fluvial de carga que se emprega en América do Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabalo ou asno semental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa ou cousa que ofrece garantía sobre algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Seguridade que se dá para a realización ou o cumprimento de algo.

    2. Cousa ou persoa que garante algo.

      1. Seguro de bo funcionamento, durante un tempo determinado, dalgunha cousa que se mercou, ou dalgún dos seus compoñentes, que se teñen que substituír ou reparar no caso de estar defectuosos ou avariados.

      2. Documento que garante o bo funcionamento ou estado de algo.

    3. Contrato accesorio doutro principal que ten por finalidade asegurarlle ao acredor o cumprimento dunha obriga. Existen dúas clases de contrato de garantía: o persoal, ou contrato de fianza, no que un terceiro queda obrigado a cumprir a obriga principal, no caso de que non o faga o debedor; e o real, mediante o que se asegura a realización do crédito a través da asignación dun ben ou dun dereito. Segundo afecte ao valor ou á cousa distínguese entre contrato de peñor, hipoteca e anticrese.

    4. Conxunto de medios que se poñen para asegurar o exercicio dos dereitos recoñecidos pola Constitución. O sistema de garantías constitúe un freo aos abusos de poder.

    5. Programa educativo específico, implantado coa Lei de Ordenación Xeral do Sistema Educativo (LOXSE, 1990), que se lle oferta ao alumnado que non acada os obxectivos da educación secundaria obrigatoria, co fin de lle proporcionar unha formación básica e profesional que lle permita incorporarse á vida activa ou proseguir os estudios nas distintas ensinanzas reguladas por esta lei e, especialmente, na formación profesional específica de grao medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar garantía de algo.

    2. Ser garantía de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Paullinia cupana, Fam das sapindáceas]

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos guaranís, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo guaraní.

    3. Pobo amerindio que no momento do descubrimento de América ocupaba a costa atlántica, e que, polo interior, se estendía ata os ríos Paraná, Uruguay e Paraguay. Dedicábanse á caza e á recolección. Organizábanse ao redor de familias extensas, que se consideraban descendentes dun antepasado común, e tiñan un xefe que se ocupaba de dirixilos na guerra e de arbitrar as familias cando tiñan conflitos entre elas. As familias extensas agrupábanse en aldeas, que eran as maiores unidades sociais. No s XVI foron sometidos pola monarquía hispánica ao réxime da encomenda, ou ben ao de reducións, que os xesuítas instalaron en Paraguay, S de Brasil e no N de Arxentina.

    4. Lingua do phylum amerindio da rama ecuatorial da familia tupí-guaraní falada polos guaranís de Paraguay, aínda que tamén se fala en zonas de Bolivia, Brasil e Arxentina. Ten recoñecemento oficial compartido co castelán en Paraguay. Dos seus trazos lingüísticos destacan a existencia de vocais nasais, que se sinalan na escrita con diéreses; o acento recae xeralmente na sílaba final; non fai distinción de xénero pero si de número (plural en -kuera); e os verbos non existen como raíz senón que se inician cun trazo de unión, que é o que esixe a presencia dun pronome persoal suxeito. Escríbese con caracteres latinos e algúns signos diacríticos.

    5. Unidade monetaria principal do Paraguay (G 1 ), dividida en 100 céntimos.

    6. Literatura cultivada en guaraní. En Paraguay, onde a política evanxelizadora dos antigos xesuítas e as súas reducións foron máis patentes, o proceso de alfabetización da poboación modificou a estrutura das literaturas orais. Dos libros publicados durante a colonización destacan Dicionario guaraní (1624), Vocabulario de la lengua guaraní (1624) e Tesoro de la lengua guaraní (1639).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Mamede de Ribadulla (Vedra). Ten planta en forma de L. No corpo principal atópase a porta de arco de medio punto enmarcado por pilastras rematadas en bólas. O escudo alude aos Abraldes, Galos, Feixoo, Moscoso, Caamaño, Soutomaior e Varela. Do seu alzado destacan tres chemineas. Conserva a capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Estudiou dereito, xornalismo e filosofía e letras. Exerceu como director do diario Pueblo e do Diario Montañés, e da revista Geografía Universal. No eido televisivo foi director dos telexornais de TVE-2, xefe do gabinete de prensa de TVE e xefe da secretaría xeral de informativos de TVE. Ademais, foi correspondente de TVE e RNE en Portugal. Escribiu Caerá Allende?, Evasión, La bomba (1982) e El ocaso del general. Obtivo o Premio Larra de Periodismo (1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce hilaridade.

    2. Óxido nitroso que se emprega como anestésico e que se caracteriza polo feito de provocar hilaridade antes de insensibilizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte do departamento de Ancash, Perú, situado na cordilleira dos Andes. Cos seus 6.746 m de altitude constitúe o teito do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Mahārā ṣ h ṭ ra, India, situada ao L de Kolhapur, á beira do río Krishna (214.835 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO