"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PERSOEIRO

    Químico e farmacéutico. Descubriu o bromo en 1826 ao illalo da auga do mar e demostrou a súa afinidade co cloro e o iodo. Foi profesor en Montpellier, na Sorbonne e no Collège de France.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo, historiador, avogado e taquígrafo. Licenciado en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universitat de Barcelona. Estudiou o retorromano e os cantos populares da Engadina; publicou Orígenes históricos de Cataluña (1897) e unha ortografía catalá (1884) que tivo moita aceptación. Colaborou na creación do sistema Garriga de taquigrafía. Presidiu a Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona, de 1893 a 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e xornalista. Publicou Dolores (1889), conxunto de poemas elexíacos escritos á morte da súa muller nos que se refire á súa crise persoal, ao amor e á dor. É o autor da escolma poética Horizontes (1897).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico, escritor e pintor. En 1892 participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid coa obra Parodia de la campana de Huesca, obra realizada en Sevilla na que os personaxes se representan por animais vivos e mortos. No primeiro terzo do s XX abandonou a súa andaina pitórica, que iniciara da man de Xosé Arpa, para dedicarse ao mundo literario e ao xornalismo. É autor da comedia Estranxeiro na súa terra, da que se publicaron cinco escenas en Bos Aires no Almanaque Gallego para 1915, e do monólogo A noite de San Xoán, estreado en 1917 no Teatro Jofre de Ferrol. Así mesmo, parece que foi tamén o autor dun monólogo estreado en Ferrol en 1912 co gallo da visita dos Reis de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta romanesa. Campioa de Europa de salto de altura en 1958 e 1962, e campioa olímpica en Roma 1960 e Toquio 1964.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Rusia, ao N de Moscova (136.000 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica e actriz francesa. Dirixiu principalmente comedias, Sac de noeuds (Saco de nós, 1985) con Isabelle Huppert, e algún filme fantástico como Ma vie est un enfer (A miña vida é un inferno, 1991), coa participación de Daniel Auteil. A película Gazon maudit (Herba maldita, 1994) foi un dos maiores éxitos do cine francés nese ano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Formouse no humanismo renacentista, introducindo o Petrarquismo en Hungría cos seus poemas amorosos, reflexo dos seus numerosos desenganos. Escribiu tamén poesía relixiosa e patriótica, que tivo unha enorme difusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grava empregada para o asentamento das travesas que soportan os raís, que distribúe uniformemente a carga sobre o terreo, impedindo os desprazamentos laterais da vía. Para formar unha base sólida, elástica e permeable, o balastro ten que ser de boa calidade, duro e de formas regulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Árbore de grandes dimensións, de follas sempre verdes que pode acadar os 30 m de altura, orixinaria de Trinidade e de América do Sur. A súa madeira, moi resistente, emprégase para a fabricación de travesas e na construción. Os seus froitos son comestibles. Desta árbore aprovéitase sobre todo o látex, chamado tamén balata.

    2. Goma que se extrae do látex da balata. É forte e resistente á auga. Foi empregada na fabricación de illantes eléctricos, tecidos impermeables, revestimentos de cables, etc. Sinteticamente consiste no isómero trans do poliisopreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Hungría, flanqueado ao N polos montes Bakony. Cunha superficie de 690 km2 e 14 km de largura media, é o lago máis grande da Europa central. O seu aproveitamento económico baséase na pesca e nos balnearios das montañas que o rodean, que o converteron nun centro de veraneo, especialmente para os habitantes de Budapest.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo arqueolóxico húngaro recoñecido pola presenza de vasos con decoración acanalada e enterramentos con posturas xenuflexas acompañados con machados de combate e adornos de cobre. Forma parte dun complexo cultural calcolítico maior que, xunto con outros grupos centroeuropeos, precede á cultura de Baden.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito de paredes coriáceas, rematado distalmente por un cálice persistente e co interior dividido mediante finas películas, en cavidades que conteñen numerosas sementes prismáticas. Un exemplo deste tipo de froito é a granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Varanda do pasamáns que descansa sobre balaústres.

    2. Serie de balaústres, unidos nos seus extremos por elementos continuos, que forman unha varanda ou antepeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena columna torneada e decorada con molduras de barro cocido, de pedra, etc, que serve para construír varandas de balcón, peitorís, escaleiras e corredores, termando deles ou decorándoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • De forma súbita ou moi rápida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Portas decoradas con relevos e inscricións de bronce alusivas ás campañas reais, que pechaban o pazo do Rei Salmanassar III de Asiria, en Imgur-Enlil (actual Balawat, ao L de Mosul, Iraq), preto de Nimrud. Foron descubertas en 1878 e constitúen un documento fundamental (iconográfico e textual) para coñecer os exércitos asirios do s IX a C. Consérvanse no British Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de rubí, dunha cor vermella pálida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impacto producido por un disparo de bala.

    2. Ferida causada por bala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castilla-La Mancha, drenado polo río Balazote (2.203 h [1996]). Basea a súa economía na agricultura cerealista e na gandería ovina. No Museo Arqueológico Nacional de Madrid consérvase a bicha de Balazote, escultura ibérica en pedra atopada a finais do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO