"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Foi creado en 1988 pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Dotado economicamente con 1.000.000 de pesetas e convocado con carácter anual, podían acceder a el tan só textos teatrais inéditos. O premio incluía a publicación e, de ser o caso, a representación da obra premiada. Nas sete edicións que tivo resultaron gañadores do Premio: Roberto Salgueiro con O arce do xardín (1988); Euloxio R. Ruibal por Azos de esguello (1989); Agustín Magán por Os rebertes (1990); Roberto Vidal Bolaño con Saxo tenor (1991); Xosé Cid Cabido e Andrés Vila con Copenhague (1992) e Manuel Riveiro Loureiro por O prazo. Convocouse por última vez en 1994, debido a unha reestruturación na política de premios da Consellería de Cultura, pola que se decidiu outorgar un único galardón, o Premio das Letras e das Artes de Galicia, no que se recoñece o labor de toda unha traxectoria vital dedicada á cultura galega. En xaneiro de 1999 o Instituto Galego das Artes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico castelán. Dominico, predicador e reformador da súa orde. Foi confesor da Raíña Catalina de Lancáster, muller de Enrique III, e aio do infante Xoán. Defendeu os dereitos do infante para converterse en Xoán II de Castela, quen lle ofreceu o priorado do convento de Scala Coeli. A súa festa celébrase o 19 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político arxentino. Na loita pola independencia do seu país presidiu (1813) a Asemblea Constituínte. En 1815 fíxose cargo da dirección do goberno, pero foi derrocado ao cabo de tres meses. Máis tarde foi embaixador nos EE UU (1823); interveu na loita contra o Brasil (1826-1827) e foi Ministro de Guerra (1828-1829), e novamente embaixador nos EE UU (1838-1852).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Pertence á escola castelá de herdanza neoplasticista. Traballou con F. Sáenz de Oiza e Manuel Sierra na execución do Poblado de Entrevías (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista arxentino, neto de Carlos María de Alvear. Membro da Unión Cívica Radical (1890), participou nas revolucións de 1890, 1893 e 1905. Substituíu a Yrigoyen na presidencia (1922-1928) e seguiu unha política máis moderada. Dende o derrocamento de Yrigoyen (1931), exerceu o liderato do Partido Radical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabra que aleitou a Zeus neno no monte Ida, en Creta. Mentres xogaba con ela, Zeus tronzoulle unha das cornas, que lle ofreceu o deus ás ninfas, prometéndolles que a iría enchendo con todo aquilo que elas desexaran. É unha das orixes míticas da corna da abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mancar(se) tanto unha persoa coma un animal no espiñazo, no lombo ou nos cadrís.

    2. Cansar(se) ata a extenuación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das partes saíntes de forma prismática que coroan a parte superior das murallas a intervalos regulares, e destinadas á protección dos que a defenden. No caso de serviren para abeiro da artillería, os ocos que quedan entre ameas denomínanse canoneiras e os panos de lenzo de muro entre canoneiras, merlóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correa para suxeitar o coiro que leva o mazo do maial no extremo do mango ao que vai unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer meas de la.

    2. Xunguir nunha xunta dúas reses de diferente dono.

    3. Prestar mutuamente unha res para xunguir e traballar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de ameazar.

    2. Anunciar a alguén por medio da palabra ou xesto a intención de lle facer dano ou infundirlle temor, preocupación, etc.

    3. O que supón un perigo para algo.

    4. Indicio ou sinal a través do que se augura a inminencia dun perigo ou dalgunha cousa considerada negativa.

    5. Delito consistente en intimidar a alguén co anuncio de causar un mal (a el, á súa familia, persoa, honra ou propiedade) sexa para acadar un determinado obxectivo, sexa como unha expresión de rancor ou de ira. Segundo a quen se dirixa a ameaza (Xefe do estado, autoridades, etc), o alcance ou non do propósito e o momento e a forma da intimidación, a penalidade é máis ou menos severa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expresa ou constitúe unha ameaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou provoca unha ameaza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a entender a alguén a intención de lle facer mal.

    2. Poñer en perigo algo ou alguén.

    3. Anunciar a alguén un perigo, un castigo, etc, se fai isto ou aquilo.

    4. Dar mostras de estar a piques de suceder unha cousa negativa, desagradable, perigosa.

      1. Iniciar un xogador un movemento de ataque coa finalidade de desorientar o adversario.

      2. No xogo do xadrez, situar unha peza ou peón en posición de matar a unha peza ou peón do contrincante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falta de fluxo menstrual. Fenómeno fisiolóxico que se presenta antes da pubertade, durante o embarazo e boa parte do período de lactación, e despois da menopausia. Considérase patolóxica cando ten lugar pasados os dezaoito anos e mantense máis alá de dous ciclos menstruais.

    2. Amenorrea que se produce como consecuencia de disfunción ou de tumores hipofisarios.

    3. Amenorrea de orixe psicoxénica ambiental ou tumoral.

    4. Amenorrea producida por unha disfunción da médula, das cápsulas suprarrenais ou da tiroide.

    5. Amenorrea ocasionada por unha disxenesia, castración, disfunción ou enfermidades ováricas.

    6. Amenorrea por causa de infeccións, trastornos da nutrición, anemia, etc.

    7. Amenorrea motivada pola ausencia, hipoplasia ou destrución do endometrio.

    8. Amenorrea que resulta dunha aplasia da vaxina ou da imperforación do hime.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Semellante a un amento ou que ten carácter de amento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ruso. Emigrou a París e dirixiu unha revista de oposición. O esencial da súa obra constitúeno novelas sobre a intelligencija rusa de fins do s XIX e sobre problemas como o da prostitución: Marja Susjevna (1904).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor de orixe rusa. No 1937 trasládase aos EE UU, onde alterna a tarefa de director de orquestra coa de compositor de música para cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido no Ferrol no ano 1887, que cesou a súa edición en pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO