"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

    1. Relativo ou pertencente ao Avesta ou á súa lingua.

    2. Lingua iraniana oriental que pertence ao grupo indo-iraniano da familia indoeuropea. Coñécese por ser a lingua do Avesta, o libro sagrado do profeta Zaratustra, no que se distinguen dúas partes. A máis antiga contén os Ghatas (cantos), mostra dun estadio de lingua máis primitivo, que probablemente recolla a realidade lingüística do s VIII a C. A outra parte do Avesta, máis extensa, amosa unha forma de lingua máis recente, na que se pode ver unha simplificación gradual e unha variación nas formas gramaticais. Cando se escribiu o Avesta (ss IV-VI), o avéstico era xa unha lingua morta coñecida só pola tradición oral relixiosa. Existe unha paráfrase deste libro máis tardía en phelevi ao que se asocia a lingua zendo, termo que, ás veces, se usa incorrectamente como sinónimo de avéstico.

    3. Alfabeto iraniano, derivado do arameo, no que está escrito o Avesta. Data aproximadamente do s III d C e ten 48 letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave corredora duns 2 m de altura, a máis grande das especies vivas. Ten a cabeza pequena e pelada, cos ollos grandes e o bico ancho e aplanado de forma triangular. As ás e o tronco, que é moi voluminoso, están recubertos de plumas dunha cor grisalla nas femias e negra nos machos, mentres que as remeiras e as temoeiras son brancas. As ás son de dimensións reducidas e sérvenlles para aguantar o equilibrio mentres corren. Teñen as patas moi longas, rematadas en dous dedos; o interno está máis desenvolvido e remata nunha unlla. Viven en grupos nas sabanas e nos desertos de África e do suroeste de Asia, onde se alimentan principalmente de herbas, pequenos vertebrados e insectos. Foron obxecto dunha caza abusiva a causa das súas plumas, moi apreciadas como ornamento. Teñen sido domesticadas e criadas para a comercialización da súa carne con destino á alimentación humana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano, poeta e xeógrafo. Considerado natural da actual Ribadavia. Consérvanse varias obras súas: Descriptio Orbis Terrae, tamén chamada De situ Orbis, e Epigrammata varia, que inclúe Syrenum Allegoria, Falviano Myroncico, Epigramma, Ad Amicos de Agro e Epigramma. A máis coñecida é a Ora maritima, poema do que só se conserva o primeiro libro, dedicado a Iberia, que constitúe unha fonte de primeira orde para o coñecemento xeográfico da Gallaecia na Antigüidade, principalmente do seu poboamento, xa que sitúa no noroeste da Península os pobos dos saefes e dos dragani. No libro descríbese a costa mediterránea da Península Ibérica e o litoral atlántico dende as Columnas de Hércules (estreito de Xibraltar) ata as Illas Británicas. Avieno recorreu á descrición do litoral da Península Ibérica dun autor anónimo de Massalia (Marsella) de finais do s VI a C, que destaca o pouco coñecemento que ten do interior da Iberia e da súa costa atlántica,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesora mercantil e socióloga. Publicou, en colaboración co seu marido, Justo de la Cueva Alonso, os traballos: Las familias de la provincia de Pontevedra (1974) e La comarca de la ría de Arosa. Sus familias (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme producido en Dinamarca en 1987 e dirixido por Gabriel Alex. Trátase dunha adaptación dun relato de Isak Dinesen, interpretada polos actores Stephane Audran, Jean-Philippe Lafont, Gudmar Vivesson e Jarl Kulle, entre outros. Unha muller chega a unha vila danesa fuxindo da violencia da Comuna de París. Atopa traballo de cociñeira nunha casa de estrita moral luterana. Alí o ambiente de austeridade e rixidez vai afogando á protagonista, ata que un billete de lotería lle dá a posibilidade de liberarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filme producido en Dinamarca en 1987 e dirixido por Gabriel Alex. Trátase dunha adaptación dun relato de Isak Dinesen, interpretada polos actores Stephane Audran, Jean-Philippe Lafont, Gudmar Vivesson e Jarl Kulle, entre outros. Unha muller chega a unha vila danesa fuxindo da violencia da Comuna de París. Atopa traballo de cociñeira nunha casa de estrita moral luterana. Alí o ambiente de austeridade e rixidez vai afogando á protagonista, ata que un billete de lotería lle dá a posibilidade de liberarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Test aplicado aos bebes e aos nenos en idade preescolar. Explora a motricidade, a linguaxe e o comportamento psicosocial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta da escola galego-castelá que, a xulgar pola súa relación con Alfonso Álvarez de Villasandino e a transmisión dos seus textos no Cancionero de Baena, desenvolveu a súa actividade poética entre a segunda metade do s XIV e a primeira do s XV. Baixo o seu nome (que nas rúbricas aparece identificado como “bachiller [e] maestro en artes de Salamanca”) recóllense no mencionado cancioneiro seis composicións pertencentes ao xénero da pregunta dirixidas a Villasandino. Cinco deses poemas están en castelán, mentres que noutro emprega aínda a antiga lingua poética da Península. Este texto “Sennor Alfonso Alvarez, que Deus vos mantenna”, copiado nos folios 32v-33r da compilación baenense, desenvolve, como é habitual na súa produción caractrerizada pola temática moral e doutrinal, o tema do ubi sunt, centrado na procura da franqueza ausente nos reinos peninsulares: “Dizede-me, sennor, hu se foi franqueza, / que ja non paresçe nos renos de Espanna”. Desde o punto de vista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Mondoñedo. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Balesta, Baesteiro e Balesteiro. As súas armas levan, en campo de prata, unha bésta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Constitución de Baiona

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio deportivo vigués inaugurado o 30 de decembro de 1928. Construído pola Sociedade Anónima Stadium de Balaídos, é o escenario dos partidos que o Real Club Celta de Vigo disputa como local dende esa data. En 1945 o R. C. Celta adquiriuno por 950.000 pesetas. En 1946 cedeullo ao concello de Vigo. O estadio de Balaídos foi sede do Campionato do Mundo de fútbol de 1982; por isto, realizáronse obras de remodelación que permitiron a creación, baixo unha das bancadas (Río), de dúas pistas polideportivas e outras instalacións (canchas de squash, ximnasio, vestiarios, parque de bombeiros, etc). Nas proximidades do estadio construíronse pistas de atletismo en substitución das eliminadas no interior do recinto. Ademais, Balaídos ten sido escenario de varios encontros internacionais da selección española contra Portugal, Suecia, Brasil, etc. Nas súas instalacións acolle tamén os museos do Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi profesor das universidades de Barcelona (1946-1978) e Harvard (1949-1951), e director do Instituto de Química Orgánica Aplicada do CSIC (1971-1985). Entre as súas contribucións científicas máis importantes destacan o descubrimento e o inicio da investigación da química percloroorgánica; o descubrimento da lei lineal (que relaciona o espectro ultravioleta coa estrutura dos derivados bencénicos); o descubrimento dos radicais libres inertes; os primeiros exemplos do efecto inverso (novo proceso cinético na química dos radicais libres) e o descubrimento do intercambio espin-carga. En 1982 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido galego Besteiro.

    2. Liñaxe orixinaria de Castela, que se espallou por todo o territorio español. En Galicia exerceron señorío xurisdicional no couto de Saiar (Caldas de Reis), na casa-torre de Laíño e no lugar de Tarrío (Dodro). Os López Ballesteros, da casa da Golpelleira, preto de Vilagarcía de Arousa, posuíron capela propia na igrexa parroquial onde abundan os brasóns desta estirpe. Emparentaron, así mesmo, cos señores do pazo de Bergondo e espalláronse por terras mexicanas. A rama galega leva como armas: en campo de ouro, cinco paos (ou béstas) de sinople, dereitos e postos en faixa, e cinco flores de lis de goles, colocadas catro en faixa na parte superior dos espacios que deixan entre si os paos e unha en punta. Outra variante trae escudo partido: na primeira partición, de goles, un brazo de sable vestido e non armado, cunha espada denuda de prata, coa gornición de ouro na man, movente do flanco sinistro, e na punta tres cabezas de mouros do revés, coroadas e con turbantes, chorreando sangue;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Catedrático das universidades de Sevilla e de Madrid. A súa obra de síntese principal é Historia de España y su influencia en la Historia Universal (1918-1941) e Cristóbal Colón: génesis del descubrimiento de América (1945). Así mesmo, dirixiu a Historia de América y de los pueblos americanos (1945).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador americanista. Catedrático da Universitat de València (1940-1950), pasou despois á cátedra de Historia de América Precolombina de Madrid, onde creou o Seminario de Estudios Americanistas e fundou a Revista española de Antropología Americanista (1961). É autor de numerosas obras científicas e de divulgación, entre as que salientan Historia del mundo antiguo (1941), Historia de la cultura (1946), Historia de América (1947), Historia universal (1946), Historia de España (1960), La idea colonial de Ponce de León (1961) e Sencilla historia de Chinchero (1971). Así mesmo, algúns traballos seus como Francisco Pizarro (1940) e España en los mares (1943), contribuíron a alimentar a retórica imperial do primeiro franquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Desenvolveu a súa actividade profesional no mundo editorial galego e colaborou en diversas revistas e publicacións periódicas. Deuse a coñecer como escritor co relato “A raia de xiz”, incluído no volume colectivo Contos eróticos eles (1990). En 1993 publicou a novela Talego, coa que obtivo o V Premio García Barros de novela. No ámbito da literatura infantil é autor de Os gordibolas. A historia (1996) e Os gordibolas. A néboa escura (1996), ambos os dous con ilustracións de Carmen Muruve. Tamén son súas as obras O coelliño branco (1998) Os tres porquiños (1998) O traxe novo do rei (2000) O frautista de Hamelín (2002) e As pescadoras (2017). Dende maio de 2016 é o presidente da Asociación Galega de Editores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xogador de golf. Gañou a copa do mundo por equipos (1976 e 1977), o Open Británico (1979, 1984 e 1988), o Masters de Augusta (1980 e 1983), o Masters Británico (1991), o Perrier, o Open de España e a Ryder Cup (todos estes en 1995). En 1989 concedéuselle o Premio Príncipe de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. En 1892 participou na Exposición Nacional de Bellas Artes de Madrid co Retrato da señora Dª M.S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e pedagogo. Foi médico na Escola Nacional de xordomudos e de cegos. Dedicoulle especial atención ao ensino de cegos e xordomudos e publicou, entre outras obras: Revista de la enseñanza de los sordomudos y de los ciegos (1827), Manual de sordomudos (1836), Curso elemental de instrución de sordomudos (1845) e Curso elemental de instrución de ciegos (1847).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luís López Ballesteros.

    VER O DETALLE DO TERMO