"Galle" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 217.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Bos Aires a partir de 1889. Dirixida por Manuel Lema, amosou unha fonda preocupación pola situación social, política e económica de Galicia. Publicou unha posible “Constitución Rexional para o futuro Estado de Galicia” e chegou a defender a necesidade da confrontación violenta para acadar os dereitos nacionais que Galicia non conseguía polas vías legais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de febreiro de 1896. Non cesou antes de maio de 1943. Apareceu cos subtítulos “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio”, “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales del Magisterio de 1ª Enseñanza y organizador del 3º Certamen Pedagógico Español”, a partir de 1897, e “Revista de primera enseñanza”. Continuou coa numeración do seu predecesor, El Noticiario, e foi dirixido polo seu propietario, Xosé López Pérez. Tras o seu falecemento (1896), o seu fillo Bernardino López S. Cobián fíxose cargo do xornal que, despois da Guerra Civil Española, foi administrado por Eladio Portela Gómez. Editado nos obradoiros da Viúva e Fillos de Carragal, saíu todos os luns mantendo o mesmo tipo de contido ca os seus predecesores (doutrinais e disposicións lexislativas). A partir de agosto de 1897 convocou un Certame Pedagóxico e saíu os días 4, 11, 18 e 25 de cada mes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e deportista. Como deportista, foi o primeiro xogador galego en debutar coa selección española de balonmán e presidiu o R. C. Celta de Vigo (1991-1995). Recibiu a Medalla de Bronce al Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Considerado un dos principais autores teatrais da posguerra en España, interrompeu a súa formación académica por mor da Guerra Civil Española e decidiu marchar a Madrid. Alí, como escritor autodidacta forzado polas circunstancias, cultivou inicialmente a poesía e a narración curta, que compaxinaba coas súas frecuentes visitas á biblioteca do Ateneo madrileño. Inserido na liña do realismo social, formou parte do grupo de autores que durante a década de 1960 deron un novo pulo ao teatro español, co obxectivo de conseguir coas súas obras unha sociedade máis solidaria. A súa obra dramática, popular e chea de elementos propios do sainete, tentaba cimentarse no máis profundo do ser humano solidario e social, onde se reflectiran os problemas dos emigrantes, da pobreza, da industrialización e as consecuencias dos males da sociedade española da posguerra. Da súa produción teatral, da que moitas son pezas breves de carácter cómico, con intercalación de escenas musicais e coreografías,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bos Aires a partir de 22 de decembro de 1945. Dirixida por Rodolfo Prada e Valeriano Saco, estivo promovida polo Centro Ourensán e o Centro Pontevedrés desta cidade. Baixo a premisa de contribuír á elevación moral, intelectual e económica do colectivo galego, contou coa participación de destacados membros da política e da cultura galega no exilio. Incluíu recensións e listados coas novidades literarias en Galicia. Foi continuadora de El Orensano, órgano oficial do Centro Ourensán e Pontevedrés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado na Coruña en outubro de 1929. Na súa formación converxeron dúas tendencias, o republicanismo tradicional de Santiago Casares Quiroga e o nacionalismo galego de Antón Villar Ponte. O manifesto fundacional afirmaba que non era un partido nacionalista, xa que o referente nacional era España, e entre os seus obxectivos estaba a intención de transformar o Estado español en república federal, a separación de poderes entre Igrexa, estado e exército, e a consecución dun réxime de autonomía para Galicia. Destacou a súa promoción e engrandecemento de Galicia. A súa militancia baseouse nas clases medias e pequenos burgueses, e estruturouse de forma piramidal como un partido de comités. No Pacto de Lestrobe (16.3.1930) fixaron, xunto con Alianza Republicana, a constitución da Federación Republicana Gallega (FRG), co obxectivo de instaurar a república e conseguir a autonomía de Galicia, polo que quedaban definidos como un partido republicano-autonomista. Presentáronse aos comicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Bos Aires a partir do 2 de xaneiro de 1962. Apareceu co lema “Todo por la libertad y la democracia”, baixo a dirección de Cándido A. González. Foi o órgano de expresión da Unión Federal Gallega Democrática, orientada a acadar a unión das colectividades galegas na defensa da democracia, a república e a autonomía galega fronte a Franco e o comunismo. Incluíronse textos de Castelao, Vicente Risco, Suárez Picallo e Ben-Cho-Shey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, tradutor e poeta. Profesor na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela e colaborador de Dorna e O Correo Galego, publicou a tradución de Con Pólvora e magnolias (1994), ao castelán, de X. L. Méndez Ferrín, e Corazón da escuridade (1997) de J. Conrad, e recuperou o manuscrito Las tinieblas de Occidente, de Vicente Risco, para o que realizou unha edición especial (1990). Como poeta publicou Depósito de espantos (1994), unha obra con trazos irónicos na que o autor recorre a continuos xogos de palabras, e Letras vencidas (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 3 de febreiro de 1888. Cesou o 11 de xuño de 1891. Subtitulado “Diario de intereses materiales” e “Diario de Santiago”, o seu fundador e director foi Enrique Labarta Pose. De carácter rexionalista moderado, foi defensor da política de U. Montero Ríos. Con motivo do 25 de xullo de 1888 publicou un suplemento de gran valor literario en que colaboraron os escritores máis destacados da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Santiago de Compostela a partir do 3 de xaneiro de 1927. Non cesou antes do 1 de agosto de 1931. Dirixido por Xoán Xesús González, funcionou como voceiro do Partido Socialista e incluíu colaboracións literarias de D. García-Sabell e M. Portela Valladares, recensións literarias e artigos de Florentino L. Cuevillas, A. Villar Ponte ou R. Otero Pedrayo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1933 a partir da Federación Agraria que xurdira o ano anterior no antigo concello de Valadares. Declarouse antiforista, progresista, de esquerdas, antiburgués e anticaciquil, e o seu programa tivo un marcado influxo galeguista. Limitaba o seu ámbito de actuación a Galicia e segundo as súas listas de afiliados, acadou unha importante implantación, especialmente entre os labregos da provincia de Pontevedra. Apoiou o proxecto da Autonomía de Galicia pero, despois do fracaso das eleccións de 1933, desapareceu como partido político para desenvolver un papel sindical. En 1936 decidiu apoiar o programa do Partido Galeguista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 30 de marzo de 1891. Cesou o 15 de xaneiro de 1892. Subtitulada “Boletín-revista. Órgano oficial de la Asociación Regionalista”, editouse quincenalmente baixo a dirección de Alfredo Brañas e promovido por esta sociedade. A publicación xurdiu co gallo dos Xogos Florais de Tui, celebrados en xuño de 1891, momento en que se fundou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por M. Murguía. De carácter literario, incluíu recensións e artigos xornalísticos en que manifestaba un grande interese polo rexionalismo catalán como modelo a seguir en Galicia. Pode considerarse como unha das publicacións máis destacadas da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir de 1912. Cesou ese mesmo ano (nº72). Subtitulada “Revista Semanal Ilustrada: Órgano de los Intereses Gallegos en La Habana”, estivo dirixida por Xosé Baqueiras. De periodicidade semanal, ofreceu información de carácter xeral sobre acontecementos relacionados con Galicia e coas actividades desenvolvidas polo Centro Galego e o seu centro de saúde La Benéfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadernos editados en Vigo a partir de 1928 e dirixidos polo marqués de Quintanar, Xavier Ozores Pedrosa e Xosé Cao Moure, propietario da editorial PPKO, encargada de publicar cada un dos volumes. O seu último caderno foi probablemente o nº7, editado en 1932. Como publicación de excelente calidade, incluía fotografías dos pazos máis importantes de Galicia, ademais dos artigos en que se explicaban as súas características e os escudos das casas propietarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Foi a Italia (1736-1739), onde realizou o Mercure attachant ses talonnières, para presentarse á Acadèmie (1744). Por encargo de Luís XV fíxolle unha réplica, que, xunto con Vénus qui ordonne un message à Mercure (1748), foi enviada a Federico II. Traballou tamén para madame de Pompadour (1750-1758), para quen realizou Madame de Pompadour en amitié (1753). Foi o autor do monumento funerario de Mauricio de Saxonia (1753-1776) e do monumento a Luís XV, en Reims (1756-1765).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1885. Subtitulouse “Periódico Regional”. Fundado e dirixido por Francisco Salgado López, imprimiuse nos seus propios obradoiros tipográficos. Incluíu abundante correspondencia dos lectores, unha sección local, un apartado bibliográfico e algunhas poesías, así como folletíns de autores galegos e estranxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Pontevedra a partir do 27 de agosto de 1894. Cesou en xaneiro de 1900. Subtitulado “Periódico dedicado a la primera enseñanza”, o seu propietario e director foi R. Tovar Méndez. Incluíu disposicións lexislativas sobre educación e artigos pedagóxicos. Editouse nos obradoiros de Xosé Eiras e logo nos da viúva de Antúnez, en Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Vigo a partir de xuño de 1997. Subtitulouse “Periódico mensual independiente de información general”. Dirixido por Alberto Alonso Gallego e coordinado por Víctor de las Heras, centra a maior parte dos seus contidos na cidade de Vigo e nos concellos da mancomunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Vigo a partir do 27 de xaneiro de 1924. Cesou o 17 de xuño de 1979 (nº 20.661). Fundado por Manuel Portela Valladares, o seu primeiro director foi Ramón Fernández Mato, quen cesou en 1927, cando pasou á dirección o seu fundador. Naceu por iniciativa da Liga de Defensores de Vigo, un grupo liberal que estaba ligado ao seu fundador. A propia Liga adquiriu os obradoiros de La Concordia, para editar os dous xornais. Distínguense dúas etapas na publicación. Durante a primeira, desde a súa fundación ata xullo de 1936, moveuse por distintas tendencias, desde o anticaciquismo ata os posicionamentos liberais achegados ao PSOE, o nacionalismo e o galeguismo próximo á Xeración Nós. Naqueles anos mantivo loitas co conservador Faro de Vigo e co liberal-galeguista Galicia. O xornal acadou gran prestixio popular, baseado na óptica política e cultural desde a que abordou os cambios sociais e do galeguismo, así como polo seu interese na galeguización do ensino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera cousa que se estraga.

    VER O DETALLE DO TERMO