"Icía" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 672.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal fundado por Vicente M. Cociña e Tiburcio Faraldo na Coruña en 1843. Francisco Arza imprimiuno ata a súa desaparición en abril de 1844. Subtitulado “Periódico político, literario e industrial”, contiña crónicas de Galicia, correspondencia, poesías, extractos das Cortes e artigos políticos que apoiaban o partido moderado. Entre os seus colaboradores destacan B. Vicetto, X. Domínguez Izquierdo, Xosé M. Posada e D. Díaz de Robles. Ocasionalmente, incluía cantigas populares e algúns poemas en galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado en xullo de 1985 trala decisión tomada pola executiva de Centristas de Ourense (o partido orixinario) de consolidar o seu proxecto político en toda Galicia. A aparición desta formación política debeuse á crise interna de Coalición Galega (CG), desatada pola designación de Víctor Moro como candidato á presidencia da Xunta e polo abandono da vida política de Euloxio Gómez Franqueira. Logo de acadar importantes éxitos no ámbito municipal e obter representación na Deputación de Ourense, o partido disolveuse nos anos noventa despois da decisión de Victorino Núñez de incorporar a todos os seus membros no Partido Popular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CESATEL.
-
VER O DETALLE DO TERMO
CESGA.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cicatriz ou á cicatrización.
-
GALICIA
Poetisa. Realizou estudios en Madrid e publicou En esta oscura marcha (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do S de Anatolia, na costa situada entre a serra do Tauro e o Mar Mediterráneo. É unha chaira fértil, chave de paso do altiplano de Anatolia aos grandes vales mesopotámicos e do Levante, polo porto do centro do Tauro, coñecido como as portas de Cilicia ou a porta de Ferro. Está situada entre os iller de Içel e Adana, en Turquía. A abertura cara a Siria e Mesopotamia favoreceu unha rápida expansión das novidades económicas neolíticas. A rexión costeira foi invadida durante o Eneolítico por grupos de inmigrantes chegados desde Occidente. No s XVI a C a rexión oriental estaba ocupada polo Reino de Kizzuwatna, que asinou un tratado cos hititas, co que se converteu nun protectorado que mantivo certa independencia. Incluída dentro da órbita asiria no s IX a C, foi anexionada por Sargón II. Os cimerios invadiron a rexión, que caeu baixo o dominio persa, e Ciro o Grande incorporouna ao seu Imperio, na satrapía de Capadocia. A presenza de colonias...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xornadas de cine promovidas polo Cineclub do Carballiño a partir de 1984 e que se organizan anualmente. A súa orixe foi o interese da dirección xeral de Cultura da Xunta de Galicia por aproveitar o labor que estaba a desenvolver este cineclub coa Semana de Cine. Nelas participaron un gran número de profesionais do sector: actores, directores, produtores, distribuidores, etc. Tamén se proxectaron gran cantidade de películas, curtametraxes, documentais e outras producións relacionadas co mundo da cinematografía.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación subtitulada “Diario político de la mañana” que saíu na Coruña a finais de 1800. Dividíase nos apartados “Sección Oficial”, “Sección Editorial”, “Actualidades”, “Noticias de Galicia” e “Variedades”.
VER O DETALLE DO TERMO -
DIARIOS
Diario de tendencia política que se editou dende 1855 ata 1856 na cidade da Coruña co subtítulo de “Eco político de sus cuatro provincias”. Benito Vicetto dirixiu esta publicación, que foi unha das impulsoras do rexionalismo galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Desexo moi grande dalgunha cousa.
-
Desexo de ter ou gozar os bens alleos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ter cobiza de algo ou alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter profesional que comezou a publicarse en outubro de 1990 na cidade da Coruña. Subtitulado “Órgano informativo de los agentes comerciales coruñeses”, ofrecía documentos propios do sector cunha elaboración coidada, estaba ilustrada con fotografías. Dirixiuna Ezequiel Pérez, e coordinouna I. Martínez Murás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín Informativo que saíu en decembro de 1976 en Vigo. Editouse co gallo da celebración do I Congreso Nacional deste sector, polo que todos os artigos estaban relacionados co acto. Colaboraron nela, entre outros, Carlos García Castro, Miguel Font, Antonio Velloso e Mario Gaviria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución colexial creada en 1973 pola segregación do antigo Colegio de Arquitectos de León, Asturias y Galicia. A asemblea constituínte celebrouse en Santiago de Compostela en outubro de 1973. Ao abeiro do colexio, naceu a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (1975). Estrutúrase en dous niveis: un órgano xeral ou central situado na Casa da Conga, en Santiago de Compostela, e as delegacións da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo. A dirección do colexio corresponde á Xunta de Goberno, formada polo decano presidente, o tesoureiro contador, o secretario, catro vocais e os presidentes das distintas delegacións. Pola súa banda, as delegacións contan cunha xunta directiva integrada por un presidente, un tesoureiro e un secretario. O colexio ten como funcións atender os aspectos profesionais dos colexiados, así como a problemática social, cultural, económica e urbanística galega. Para velar pola deontoloxía profesional e para impoñer as correccións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das himenoquetáceas ao que pertence a especie C. perennis. Produce cogomelos de ata 7 cm de diámetro que emerxen directamente do chan, baixo bidueiros e piñeiros. Caracterízanse por ter un chapeu arredondado coa parte central afundida, cun tacto semellante ao veludo. Posúe unha carne moi dura e de cor parda con bandas concéntricas máis escuras, cun pé central e curto, e co himenio formado por tubos rematados en poros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en galego que saíu no outono de 1996 en Santiago de Compostela, editada pola Área de Comunicación da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal. Dirixida por Roberto Ledo, contaba con Pablo Santiago na súa redacción. Os seus colaboradores pertencían ás xerencias das Fundacións para o Desenvolvemento Comarcal. De carácter socioeconómico, acollía temas relacionados co desenvolvemento ou coa potenciación dun determinado territorio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos comicios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato galego xurdido na década dos setenta para diminuír o peso que as confrarías de pescadores, con vocación vertical, tiñan no sector dos traballadores do mar. Agrupa o conxunto de traballadores de baixura, altura, marisqueo e acuicultura, ademais de pequenos armadores. A súa primeira asemblea, que se celebrou na Illa de Arousa en xaneiro de 1975 como culminación de anteriores asembleas de portos, aprobou a Plataforma reivindicativa dos traballadores do mar de pesca de altura e litoral. Neste documento, que serviu de programa provisional, propúñase a explotación racional dos recursos do mar, solicitábanse medidas de seguridade no posto de traballo, un salario mínimo (que naquel momento se establecía en 25.000 pesetas con independencia da participación na pesca capturada), unha xornada de oito horas e outras medidas sociais, e esixíase a supresión da lexislación militar na pesca. Nos primeiros anos foron os seus responsables Manuel Pillado, Begoña Palacio, Tito Ucha e Romualdo...