"Ise" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo checo. Aprendeu fotografía en 1898 no estudo de Antonin Matas. Realizou parte da súa formación en Múnic, da man de G. H. Emmerich e Hans Spurl, entre os anos 1901 e 1903. Ao seu regreso a Praga, en 1910, instalou un estudo propio, onde se especializou en retratos de escritores e artistas. As súas composicións alegóricas están influídas polo modernismo e o simbolismo, e nelas mestura elementos do cubismo, do construtivismo e certo neoclasicismo. Pertence ao grupo de fotógrafos adscritos ao pictorialismo que utilizaban as gomas bicromatadas. A maior parte delas corresponden ao período 1900-1935 e cómpre salientar os nus femininos. Membro da Union Creative Artist, foi un dos fotógrafos máis destacados do movemento europeo da Bauhaus e influíu na obra doutros creadores checos, como Josef Sudek e Jaromir Funke. Publicou, xunto con Augustin Skarda, o libro Prague’s Coutyards and Backyards (1911). Conseguiu a Medalla de Bronce da Internationale Austellung für Photographie und...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor flamengo. Membro da Segunda Escola de Fointainebleau, foi pintor de Maria de Medici e pintor de cámara de Enrique IV. Realizou unha obra de características manieristas. Entre as súas obras destaca a decoración do Château de Fointainebleau.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marie-Françoise Marchand.
-
PERSOEIRO
Pintora, filla de Antoine Duparc. Discípula de Van Loo, especializouse na realización de retratos realistas. Cómpre destacar a súa obra A muller que calceta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Perda da cutícula ou da epiderme dun animal, que lle permite continuar co seu crecemento (como no caso dos artrópodos) e coa renovación da pel (como no caso dos anfibios e réptiles).
-
CIDADES
Cidade do land de Turinxia, Alemaña, situada á beira do río Nesse (45.900 h [1991]). As principais actividades económicas están relacionadas coa industria, principalmente co sector téxtil, a elaboración de madeira, cervexa e zapatos. Foi fundada ao redor do 1070 sobre a antiga Isenacum. Pertenceu aos landgraves de Turinxia (1150) e á casa de Wettin (1440). Incorporouse á rama ernestina da dinastía de Wettin (1485), que se converteron en duques de Saxonia-Weimar-Eisenach (1741). Foi a residencia dos electores de Saxonia e dos duques de Eisenach. Do seu patrimonio cultural destacan as igrexas de San Nicolao e San Xurxo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político norteamericano. Durante a Segunda Guerra Mundial dirixiu o desembarco aliado no N de África (1942), a campaña de Tunisia, os desembarcos de Sicilia e Italia (1943), Normandie (1944) e as operacións que levaron ao final da guerra. Foi xefe do Estado Maior do Exército (1945) e comandante supremo das forzas da OTAN en Europa (1950-1952). Candidato polo Republican Party, en 1952 asumiu a presidencia dos EE UU, cargo para o que foi reelixido en 1956. Ocupou o cargo ata 1961. Encargoulle a política exterior a John Foster Dulles e en 1957 formulou a doutrina Eisenhower, que prevía a intervención norteamericana no Oriente Medio. Publicou as súas memorias da guerra en Crusade in Europe (Cruzada en Europa, 1948).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do land de Branderburg, Alemaña, situada ao SL de Berlín, á beira do canal Oder-Spree (50.900 h [1990]). A base da súa economía é a industria, principalmente o sector siderúrxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto estadounidense. Estudiou arquitectura na Cornell University e ampliou estudios nas universidades de Columbia e Cambrigde, onde se doutorou en Filosofía. Entre 1960 e 1967 traballou con Michael Graves e, aínda que proxectou diversas vivendas, ata 1980 centrou o seu traballo no estudo teórico da arquitectura e no ensino. Foi profesor, entre outras, nas universidades de Yale, Princenton, Cambrigde, Harvard e Ohio. En 1980 estableceu un estudo de arquitectura en Nova York con Jaquelin Robertson que en 1987 pasou a denominarse Eisenman Architects. Entre as súas obras destacan o proxecto Romeo e Xulieta, galardoado co León de Ouro da Bienal de Venecia (1985); o Wexner Center da Ohio State University (1983-1989), polo que recibiu o Premio de Honor do American Institute of Architectes; o edificio Koizumi Sangyo de Toquio (1988-1990), premiado co Premio Nacional do American Institute of Architectes en 1991; a sede da Nunotani Corporation de Toquio (1990-1992); a Max Reinhardt Haus de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comerciante e fotógrafo alemán. Comezou a súa andaina no campo da fotografía como afeccionado. As súas primeiras imaxes, tomadas en Berlín, foron publicadas no Weltspiegel. Comezou como reporteiro gráfico en 1927 e realizou diversos traballos sobre Thomas Mann e a concesión do Premio Nobel. Destacan tamén os seus retratos do ser humano, en especial as imaxes de Marlene Dietrich e George Bernard Shaw. En 1936 trasladouse aos EE UU, onde traballou nas revistas Life Harper’s Bazaar e Vogue. Cubriu a invasión de Abisinia por parte do exército italiano con máis de 3.500 negativos e alí conseguiu a súa famosa imaxe dos Pés de soldado etíope. Publicou The Eye of Eisenstaedt (O ollo de Eisenstaedt, 1969), Witness to nature (O testemuño para a natureza, 1971), Panoptikum (1973) e Eisenstaedt’s Album (O álbum de Eisenstaedt, 1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Criterio de irredutibilidade de polinomios. Establece que, dado un anel principal A (como é o caso do anel dos enteiros M), un polinomio con coeficientes en A, g(x)=anxn+an-1xn-1+...+a0, para o que existe un primeiro de A, p, tal que p divide a1,...an-1, pero non divide an, e p2 non divide a0, é un polinomio irredutible sobre o corpo das fraccións de A.
-
PERSOEIRO
Matemático. Investigou a teoría dos números, as funcións elípticas e os determinantes. Descubriu o criterio de irredutibilidade que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sergej Mikhajlovič Ejzenštejn.
-
-
Relativo ou pertencente a Eivissa, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Eivissa.
-
-
PERSOEIRO
Director cinematográfico soviético. En 1923 realizou o seu primeiro filme, Stačtka (A folga), no que se inician as directrices básicas da súa obra, que desenvolveu, sobre todo, nas películas Bronenosets Potemkin (O acoirazado Potemkin, 1925) e Oktjabr’ (Outubro, 1927). Fixo unha viaxe por Europa, e foi tamén a Hollywood e México, onde realizou Que viva México! (1931). Na URSS continuou, posteriormente, o seu labor de teórico e realizou Aleksandr Nevskij (1938) e Ivan Groznij (Iván o Terrible, 1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto dos métodos eléctricos de análise química. Baséanse na medida do valor dalgunha ou dalgunhas magnitudes eléctricas que están relacionadas coa concentración da substancia problema. As magnitudes eléctricas que se miden son, basicamente, a diferenza de potencial entre os electrodos, a resistividade ou a súa inversa, que é a condutividade, e a intensidade, que corresponden á potenciometría, á condutimetría e á amperimetría, respectivamente. Noutros métodos, como a polarografía ou a voltamperometría, establécese a curva intensidade-voltaxe, e noutros, como a cronoamperimetría ou a cronopotenciometría, as características das curvas intensidade-tempo ou voltaxe-tempo, respectivamente. Un método analítico diferente é a coulombimetría, co que se mide a cantidade total de electricidade que se fai circular pola célula de electrólise. Na electrogravimetría non se mide ningunha magnitude eléctrica senón que se pesa a substancia sólida que se depositou por redución ou oxidación electroquímica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de separación iónica que aproveita a propiedade que teñen determinadas membranas de permitirlles o paso aos ións dun signo determinado, mentres que llelo impiden aos ións de signo contrario. A aplicación máis importante deste fenómeno é a desalinización de auga salobre. Os aparatos de electrodiálise constan dun conxunto de células, que se compoñen dun gran número de membranas que son, alternativamente, selectivas de anións e selectivas de catións, separadas por unhas pezas de forma especial. Nun dos estremos está o ánodo e no outro, o cátodo. A auga que se quere tratar introdúcese no espazo entre as membranas. O campo eléctrico producido provoca o desprazamento dos ións; así, os anións, ao se moveren cara ao ánodo, atravesan as membranas selectivas de anións, mentres que os catións fan o proceso contrario, ao se moveren cara ao cátodo. Nunha célula de electrodiálise, que se desexa manter en correcto funcionamento, a salinidade non se pode reducir en máis dun 50%, aproximadamente....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fenómenos que teñen lugar no seo dunha solución electrolítica ou dun electrólito fundido ao pasar por el unha corrente eléctrica de forma continuada, de xeito que os seus ións ceden ou captan electróns nos electrodos. En 1800 W. Nicholson e A. Carlisle realizaron as primeiras experiencias de electrólise ao facer pasar corrente por unha solución de auga acidulada co que obtiveron hidróxeno e osíxeno. En 1807, H. Davy obtivo o sodio e o potasio mentres traballaba con sales fundidos. En 1833, M. Faraday estableceu as leis cuantitativas da electrólise que fixan as relacións existentes entre a intensidade da corrente que atravesa un medio determinado e a cantidade de substancia depositada no electrodo. Efectúase unha electrólise cando se aplica unha tensión continua entre os electrodos da célula electroquímica. Cando a diferenza de potencial é superior ao potencial de redución, ou de oxidación, do electrólito, prodúcese unha redución catódica e unha oxidación anódica. As aplicacións...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eliseu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome hebreo composto de El (apócope de Elohim ‘Deus’) e o verbo ish’ ‘salvar, axudar’, isto é, ‘Deus é salvador’. Introduciuse na lingua a través do grego ἐ λισα ῐ ος e o latín eclesiástico Elisaeus. Presenta a variante Eliseo e o hipocorístico Cholo. Eliseu foi un profeta bíblico (s IX a C) discípulo e sucesor de Elías. A súa festividade celébrase o 14 de xuño.