"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

  • Aplícase ao caso que indica ‘en compañía de’, tanto en sentido flexional como no de pura función sintáctica. Nalgunhas linguas, como o finlandés, ten unha forma especial; pola contra, noutras confúndese con outros casos (no grego co dativo e no latín co ablativo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo constituído baixo os auspicios da ONU no ano 1959. Ten por misión o establecemento de recomendacións técnicas e de tarifas para regular as comunicacións telegráficas e telefónicas a escala mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que establece unha comparación ou que compara.

    2. Aplícase ao grao de significación do adxectivo que compara a calidade expresada por el coa mesma calidade noutro individuo ou noutra cousa (

    3. Conxunción que introduce a cláusula que encerra o segundo termo da comparación. En galego son conxuncións comparativas que, ca, como, coma e do que. A cláusula que contén o primeiro termo da comparación pode levar un elemento intensificador, como máis, menos, peor, tan, etc (

    4. Publicidade que enfronta o produto anunciado a un da competencia, coa indicación das virtudes polas que é superior. A promoción deses produtos deberá seguir a lexislación establecida ao respecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sente ou que tende a sentir compaixón.

    2. Que expresa compaixón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao termo ou ao conxunto de termos cos que, nun discurso, o orador interpela a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á competición.

    2. Que pode resistir a competencia con outros.

    3. Aplícase á persoa que tende a competir cos demais nas actividades que realiza e ao seu xeito de actuar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que completa ou serve para completar.

    2. Conxunción que introduce unha cláusula intercalada en función de suxeito, complemento directo ou atributo. As conxuncións completivas son que e se (

    3. Cláusula que exerce a función sintáctica de suxeito ou complemento (directo, indirecto ou circunstancial), introducida por que ou se (

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos elementos que serven para formar palabras.

    2. Relativo á composición literaria ou artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase a quen mostra comprensión cara aos demais.

    2. Que manifesta sentimentos ou actitudes en disposición de comprender a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que comprime.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que compele.

    2. Relativo ou pertencente á compulsión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comunicación.

    2. Que se comunica facilmente a outros.

    3. Inclinado a comunicarse con outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao conato.

    2. Aplícase á forma verbal que expresa a idea de esforzo que require a acción. Así, o latín ademais da forma parire (‘parir’), ten a forma conativa partiture (‘ter dores de parto’).

    3. Termo empregado por K. Bühler para designar a función da linguaxe presente nas mensaxes que teñen como finalidade chamar a atención do receptor a través dunha apelación, dunha orde, dunha recomendación ou dunha prohibición, ou para modificar a súa conduta. Tamén se coñece co nome de función apelativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á concepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á concesión.

      1. Que expresa unha oposición ou unha restrición.

      2. conxunción concesiva

        Conxunción que introduce a cláusula que indica unha oposición á acción que se vai levar a cabo, pero que non impide a súa realización. En galego son conxuncións concesivas así e anque, pero tamén se distinguen locucións concesivas (ou conxuncións concesivas complexas) que desempeñan a mesma función; entre elas, malia que, aínda que, mesmo que.

      3. subxuntivo concesivo

        En certas linguas, como o latín, subxuntivo usado nunha proposición subordinada para darlle valor de concesiva e que se usa para conceder algo ao receptor ou supor algo: ne sit sane summum malum dolor, malum certe est ‘aínda que a dor non sexa o mal supremo, certamente é un mal’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que concita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que comporta unha conclusión, especialmente aplicado ao argumento que se emprega nun debate ou nun razoamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca concreción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á condutividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para conectar.

    2. Aplícase a todos aqueles elementos lingüísticos que funcionan como nexos (conxuncións, preposicións, pronomes relativos, etc).

    3. En lóxica formal, partículas que relacionan unhas proposicións con outras e fan posible o cálculo proposicional. Entre as consideradas principais, están as cinco binarias que relacionan dúas proposicións p, q. Comprenden a conxunción “e” (p = q, lese p e q), a disxunción “ou” (p > q, lese p ou q), a condicional “se...entón” (p D q, lese se p, entón q), a bicondicional “se e só se (p C q, lese p se e só se q) e a disxunción exclusiva “ou...ou” (p F q, lese ou p ou q).

    4. Parte media e estéril da antera que conecta as dúas tecas, no medio da que se acostuma inserir o filamento do estame.

    5. Parte do sistema nervioso de moitos invertebrados que une os diferentes ganglios dunha mesma cadea ganglionar.

    6. Tecido conxuntivo.

    VER O DETALLE DO TERMO