"Muni" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

  • Museo municipal situado no antigo edificio das Escola Graduadas de Ponteareas, sede do Centro Cultural Isidoro Bugallal. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos están dedicados á historia de Ponteareas e da súa comarca. Dedica tamén un espazo á festa do Corpus Christi e á lembranza de Gabino Bugallal Araújo e Fermín Bouza Brey, ademais de mostrar unha coleccción de obras de artistas locais. Desde 1998 conta co Centro de Recuperación de Cultura Popular, dedicado á recuperación do patrimonio cultural popular e instalado, desde 2001, no castelo de Sobroso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado no antigo convento de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Inaugurado en 1963, a súa colección acolle restos arqueolóxicos, obxectos e roupa litúrxica, mobiliario e pinturas e esculturas galegas, doadas, na maioría dos casos, polas familias dos seus autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Marín e inaugurado en 1992, a partir da doazón realizada polo artista Manuel Torres. A súa colección abarca desde a pintura de paisaxes, bodegóns ou retratos, ata debuxos, gravados, tinta ou esculturas. Organiza tamén exposicións temporais e diversos actos culturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo municipal de Vigo situado no pazo de Castrelos e inaugurado en 1937. A súa colección abrangue achados arqueolóxicos que van do Paleolítico ata a romanización, mobiliario e decoracion da época de construción do edificio, unha exposición permanente de pintura europea dos ss XVII-XVIII doada por Policarpo Sanz e unha importante mostra plástica de autores galegos do s XX, como Castelao, Colmeiro, Silveiro Rivas, Acisclo Manzano, Laxeiro e Urbano Lugrís. Ademais, conta cunha sala dedicada ao castro de Vigo e outra sobre a romanización da comarca. Pertence ao Consello Galego de Museos. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de titularidade municipal situado en Lalín. Dedicado ao sacerdote e astrónomo Ramón María Aller Ulloa, os seus fondos están formados polo conxunto dos seus documentos, fotografías, instrumentos e libros. Acolle tamén unha colección de obras de Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Organiza a Bienal Laxeiro, exposicións temporais e outras actividades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello que pertence á comarca da Fonsagrada, situado no L da provincia de Lugo e da Comunidade Autónoma de Galicia ( 43° 07’ 10’’ latitude N e 6° 53’ lonxitude O). Limita ao N, S e L con Asturias e ao O co concello da Fonsagrada (comarca da Fonsagrada). Abrangue unha superficie de 72,3 km 2 , cunha poboación de 222 h (2007), distribuídos nas parroquias de Barcela, Marentes, Negueira, Ouviaño, Río de Porto e San Pedro de Ernes. A súa capital é o núcleo de Negueira localizado a 94 km da capital provincial. Algunhas das parroquias teñen entidades en territorio asturiano, que contan, así mesmo, coa advocación parroquial correspondente. Depende do partido xudicial da Fonsagrada.
    Xeografía física
    O relevo caracterízase por ser moi accidentado, con elevados cumios de máis de 1.000 m, e pola presenza do estreito val do Navia onde se construíu o encoro de Salime na década de 1960. O substrato xeolóxico, de lousas e xistos, foi rexuvenecido pola oroxenia alpina,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1973 a partir dun grupo escindido do Partit Socialista Unificat de Catalunya (PSUC). Defendía para o Estado español unha república democrática e federal. Despois de numerosos cambios, incorporouse ao PCE-PSUC (1989). Das súas publicacións destaca Política Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor, pai de José Ortega y Gasset. Militou no Partido Conservador e foi deputado polo distrito de Bande (1879-1881). Foi director e propietario de El Imparcial e máis tarde promotor do diario El Sol, conducido intelectualmente polo seu fillo. Cultivou a novela, o teatro e as narracións de viaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parque de 22.000 m2 situado no concello de Vigo, en que se inclúen o pazo de Castrelos, rodeado de xardíns, o Museo Municipal Quiñones de León e un auditorio ao aire libre. O recinto está atravesado polo río Lagares e posúe árbores autóctonas como freixos, bidueiros e amieiros, e foráneas como araucarias e castiñeiros da India. Tamén hai piñeiros, salgueiros, magnolios e eucaliptos, entre outras moitas especies. Foi declarado BIC, xunto co pazo de Castrelos, en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación política francesa que naceu en 1920 a partir da escisión producida no congreso de Tours da Section Française de l’Internationale Ouvrière (SFIO). Entre 1934 e 1938 formou parte da Fronte Popular. Durante a ocupación nazi de Francia participou activamente na Resistencia, pero a partir de 1947 quedou novamente illado. En 1972 o XX congreso elixiu como secretario xeral a Georges Marchais, que sucedeu a Waldek Rochet e dirixiu o partido cara ao eurocomunismo, para volver despois á ortodoxia marxista--leninista. O triunfo do Parti Socialiste en 1981 deulle ao PCF catro ministerios no novo goberno de maioría socialista, colaboración que rematou en 1984. A desaparición dos réximes do leste entre 1989 e 1990 non pareceu afectarlle xa que no XXVII congreso (1990) se reformou na liña da ortodoxia comunista. A secretaría xeral ocúpaa Marie-George-Buffet. Posteriormente volveu ter ministros no goberno. Das súas publicacións destaca o diario parisiense L’Humanité.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1920 como consecuencia das loitas obreiras en Shangai e dos círculos de estudos comunistas de París. En 1921 celebrou o seu I congreso nunha escola francesa de Shangai coa asistencia dos doce fundadores, entre eles Mao Zedong, e representantes da Terceira Internacional. A partir de 1949 chegou ao poder e quedou como único partido legal. Coa Revolución Cultural algúns destacados dirixentes foron acusados de revisionismo e depurados, como Liu Shaoji en 1968, ou desapareceron en circunstancias pouco claras, como Lin Biao en 1971. Despois da morte de Mao Zedong (1976), Hua Guofeng mandou prender os catro máximos dirixentes da á esquerda do partido (Banda dos Catro) e foi nomeado presidente. En 1977 rehabilitáronse moitos membros do partido depurados durante a Revolución Cultural, entre eles Deng Xiaoping, quen axiña se converteu no home forte do réxime. En 1981 Hu Yaobang sucedeu na presidencia a Hua Guofeng, acentuouse a “desmaoización” e a crítica da Revolución,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política que tiña como nome orixinal Kommunističeskaya Partija Soveckogo Sojuza (KPSS). Ten a súa orixe na Unión para a Loita pola Emancipación da Clase Obreira, fundada por Lenin en Peterburgo en 1895 e que en 1898 se transformou no Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR). O programa e estratexia que Lenin impuxo no POSDR provocou a división entre bolxeviques e menxeviques. Despois de asumir todos os poderes debido á Revolución Rusa, o sector bolxevique do POSDR adoptou o nome de Partido Comunista de Rusia (marzo de 1918), que en 1952 cambiou polo de Partido Comunista da Unión Soviética. Un dos seus primeiros obxectivos foi a transformación da Revolución Rusa en revolución mundial, e con este fin, en marzo de 1919, constituíuse a Terceira Internacional ou Komintern. O ascenso dos réximes autoritarios obrigaron ao abandono desta política e á adopción da política do “comunismo nun só país”, sustentada por Stalin, secretario xeral do partido desde 1922. Despois da morte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político orixinado dunha primeira escisión do PSOE en 1920 e dunha segunda de 1921, de onde xurdiu o Partido Comunista Obrero Español (PCOE), que tivo na publicación Guerra social o seu voceiro e a A. García Quejido, M. Núñez de Arenas, Daniel Anguiano, Virginia González e F. Perezagua Pérez como dirixentes. Aquel mesmo ano a Terceira Internacional celebrou unha conferencia de fusión entre o PCE e o PCOE que deu lugar ao PCE. M. Primo de Rivera prohibiu o partido en 1923 e o PCE pasou unha época de clandestinidade que favoreceu a súa desarticulación. O III congreso houbo de reunirse en París (1929) pero o cambio máis importante produciuse no IV congreso (1932), cando asumiu a dirección José Díaz Ramos, Isidora Ibárruri Gómez (a Pasionaria), Vicente Uribe Galdeano, Pedro Checa e Antonio Mije García, entre outros, e consagrou a submisión do PCE á política de Stalin. A súa presenza no goberno republicano durante a Guerra Civil Española foi moi importante e posteriormente participou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en París, entre 1968 e 1969, como partido nacional e autónomo do Partido Comunista de España (PCE). Loitou contra os intentos centralizadores do PCE e contribuíu á unidade da oposición galega contra o Franquismo. Tamén participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia (1975), na consolidación da Táboa Democrática Galega (1976) e na redacción do Estatuto de Galicia. Foi un partido importante na oposición galega, sobre todo en sectores industriais como Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela e nas catro capitais de provincia. A súa evolución viuse afectada pola crise interna no PCE, ata converterse en Esquerda Unida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política creada en 1985 dentro do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Despois do cambio de postura do BNG en 1986, que permitiu a súa participación no Parlamento Autonómico, produciuse a escisión de 13 membros do comité central, liderados por Mariano Abalo e X. Carballo. Este grupo foi expulsado do BNG en 1987 por apoiar a candidatura de Herri Batasuna (HB) nas eleccións ao Parlamento Europeo. Nese mesmo ano achegou posicións con HB e constituíu, xunto con Galicia Ceibe e outros grupos radicais, a Frente Popular Galega (FPG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político creado en 1976 pola unión dos grupos Lucha de Clases, Larga Marcha hacia la Revolución Socialista e Organización Comunista Información Obrera. En 1977 ingresou no Partido del Trabajo de España (PTE).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político creado en abril de 1921 polos delegados non conformes cos resultados do congreso extraordinario do PSOE contrarios á afiliación dos socialistas á Terceira Internacional. En novembro de 1921 fundiuse co Partido Comunista Español para dar lugar ao Partido Comunista de España (PCE). A partir de 1970, o grupo prosoviético, escindido do PCE, adoptou o mesmo nome. En 1986 reingresou no PCE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización constituída en Portugal en 1921 a partir dun grupo de anarcosindicalistas. O seu primeiro secretario xeral foi José Carlos Rates. Tras o golpe militar fascista de 1926 sumiuse nunha grave crise e durante o réxime ditatorial tivo que pasar á clandestinidade, pero liderou as loitas obreiras e campesiñas. En 1961 foi elixido secretario xeral do partido Álvaro Barreirinhas Cunhal. Tras a Revolução dos Cravos de 25 de abril de 1974, o PCP volveu á legalidade e participou nos gobernos provisionais ata o golpe de 25 de novembro de 1975. O VIII congreso do PCP, celebrado en novembro de 1976, concentrouse na defensa da reforma agraria e as outras conquistas da Revolução. En 1987 deixou de ter representación parlamentaria. En 1992 foi elixido secretario xeral do partido Carlos Alberto do Vale Gomes Carvalhas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano que se creou en 1921, a raíz do congreso de Livorno, por Antonio Gramsci, Amadeo Bordiga e Palmiro Togliatti, da á disidente da extrema esquerda do Partito Socialista Italiano. Disolto en 1926 polo fascismo, organizouse clandestinamente e tivo moita importancia na resistencia italiana durante a Segunda Guerra Mundial. Rematada a guerra e ata 1947 formou parte do goberno de coalición xunto con outros cinco partidos antifascistas. A partir de 1956, P. Togliatti preconizou a teoría do policentrismo entre os diferentes partidos comunistas. Despois da súa morte (1964), o partido foi dirixido por Luigi Longo (1964-1972) e Enrico Berlinguer (1972-1984), que impulsou a adaptación ao eurocomunismo e se esforzou pola realización do compromesso storico, programa que planeaba a participación dos comunistas no goberno cos demócrata-cristiáns, que sempre foi rexeitado polo Partito Democrazia Cristiana. Achille Occhetto, máis próximo á socialdemocracia ca os seus predecesores,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento fundado en Francia en 1943 que, con referencia ao personalismo comunitario de Emmanuel Mounier, busca a formación global do home en cada momento da súa evolución, a través da crítica das súas opcións fundamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO