"NOT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 284.

  • Persoa que fai a composición tipográfica cun monotipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Máquina inventada en 1887 polo estadounidense Tolbert Lanston, que fai as composicións gráficas por tipos soltos, en oposición ao linotipo, que o fía por liñas. O teclado e a fundidora desta máquina son independentes e están relacionadas mediante unha bobina de papel.

    2. Embarcación de regata ou de cruceiro, que forma parte dunha serie de embarcacións de características determinadas, todas iguais. Polo feito de ser idénticas, o resultado dunha regata non depende máis ca das calidades dos seus tripulantes e dos materiais de que está feita. Entre os monotipos máis coñecidos destacan: optimist, cadete, moth, europa, vaurien, finn, snipe e dragón.

    3. Xénero que presenta unha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos monotocardios.

    2. Molusco da antiga orde dos monotocardios.

    3. Antiga orde de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios, de cuncha xeralmente en espiral, que, por redución dos órganos do lado dereito, posúen unicamente unha branquia, unha aurícula e un nefridio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de monotongar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reducir un ditongo a unha soa vogal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ogal que resulta da monotongación dun ditongo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de monótono.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten sempre o mesmo ton pouco variado.

      2. Que cansa pola súa uniformidade e pola repetición das mesmas cousas.

      1. Relativo á aplicación entre dous conxuntos ordenados que crecen ou decrecen. A estrita monotonía refírese ao caso de estrito crecemento ou decrecemento.

      2. Aplícase a unha sucesión de números ou de funcións que crecen ou decrecen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que só ten un orificio para eliminar as excrecións.

      1. Relativo ou pertencente aos monotremas.

      2. Mamífero da orde dos monotremas.

      3. Orde de mamíferos prototerios que comprende a familia dos ornitorrinquídeos (ornitorrinco) e a familia dos taquiglósidos (equidna). Presentan un bico córneo e unha cloaca por onde expulsan os ovos dos que nacen as crías, que lamben o leite que se desprende das glándulas mamarias, que carecen de pezón. Os machos teñen os testículos intraabdominais. Tanto o tubo dixestivo como as vías uroxenitais rematan nunha cloaca.Viven en Australia e nas illas próximas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un só pelo ou flaxelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos monotrisios.

    2. Insecto da suborde dos monotrisios.

    3. Suborde moi heteroxénea de insectos lepidópteros pouco evolucionados. As súas femias presentan un só orificio terminal (cloacal), que realiza as funcións de excreción, copulación e posta dos ovos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao tipo de alotropía no que hai unha forma cristalina, ou un cristal, que está nun estado metastable con respecto a calquera outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telescopio de 2,56 m de diámetro, construído coa colaboración de catro países -Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia- e situado a 2.382 m de altitude, en Roque de los Muchachos, na illa de Las Palmas (Canarias).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal ou marca escrita que se pon sobre algunha cousa para distinguila.

      1. Indicación que se pon nun documento como aclaración, explicación ou comentario para advertir o lector que consulte a anotación correspondente que, encabezada por un signo idéntico, atopará á marxe, ao pé da páxina ou á fin da obra ou de cada unha das súas divisións.

      2. nota marxinal

        Nota escrita ou impresa nas marxes laterais dun libro.

    2. Breve comunicación escrita.

    3. Anotación esquemática daquilo que se le, escoita ou observa.

      1. Cualificación que se dá por un exame ou avaliación.

      2. Cualificación alta nun examen ou avaliación.

    4. Factura global ou detallada de gastos.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘observa ben’, que se emprega para encabezar observacións ou explicacións referidas a un escrito. OBS: Represéntase coa abreviatura N.B.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de notable.

    2. Persoa ou cousa notable.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é susceptible de ser notado.

    2. Que ou quen atrae a atención polo seu interese, pola súa calidade ou magnitude ou pola súa rareza.

    3. Cualificación nun examen ou nunha proba inferior ao sobresaliente e superior ao ben.

    4. Asemblea de Francia durante o Antigo Réxime que estaba formada polos membros máis representativos de cada un dos tres estamentos. Era convocada polo rei nos momentos de crise con carácter consultivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes osteíctios, da familia dos notacántidos, que presentan o corpo angüiliforme, comprimido ou cilíndrico, a aleta caudal moi pequena e a aleta dorsal formada por espiñas duras e independentes. Teñen unha cola rematada en punta e a liña lateral pouco marcada. Viven en fondos profundos entre 2.000 e 2.500 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos notacántidos.

    2. Peixe da familia dos notacántidos.

    3. Familia de peixes, da orde dos notacantiformes, que presentan o corpo angüiliforme e a boca disposta en posición ínfera. Carecen de aleta dorsal ou é rudimentaria e no seu lugar presentan unha serie de espiñas. A esta familia pertencen os xéneros Notacanthus e Polyacanthonotus.

    VER O DETALLE DO TERMO