"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • PERSOEIRO

    Físico canadense. Participou na Segunda Guerra Mundial como radiotelegrafista; cando esta rematou, no 1945, iniciou os seus estudios de física e matemáticas na Universidade da Columbia Británica, que logo continuou na Universidade de Toronto. No 1950 trasladouse a Ontario, onde traballou no laboratorio Chalk River e na Universidade McMaster de Hamilton sobre a difusión dos neutróns polos núcleos dos átomos. Perfeccionou a espectroscopia de neutróns, empregada no estudo de toda clase de materiais, polo que compartiu, no 1994, o Premio Nobel de Física con Clifford G. Shull.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Santander, Colombia, nos contrafortes da Sierra Oriental (508.240 h [1997]). É unha das principais cidades do país, de economía baseada no comercio e na industria, e que está situada á beira de importantes vías de comunicación (autoestradas e ferrocarrís). Posúe aeoporto. É tamén un centro de ensino superior, sede da Universidad Industrial de Santander, fundada en 1947, e da Corporación Universitaria Autónoma de Bucaramanga, fundada en 1955. Miguel de Trujillo e Andrés Páez de Sotomayor fundaron a cidade no 1622.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • s XVIII que se dedicaba á salgadura de peixe. De ideoloxía liberal, dirixiu os levantamentos liberais de 1840, 1843 e 1846 na cidade de Vigo, feito que o levou a desempeñar distintos cargos políticos. De 1840 a 1841 foi alcalde de Vigo, deputado provincial e, en 1843, presidente da Xunta de Goberno de Vigo e vogal da Xunta Superior de Galicia. Como pintor asumiu as propostas do romanticismo aproximándose á temática de escenas de xénero do gusto decimonónico en Cataláns xogando aos naipes ou As concheiras de Bayona; tamén realizou retratos, como o de Méndez Núñez ou Aurelio Aguirre. Participou en diversas exposicións rexionais e foi profesor da Escola de Artes e Oficios de Ferrol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. A comezos dos anos vinte, adheriuse ao foco agrario católico de Mondoñedo. Colaborou na revista Acción social e publicou, entre outras obras, La iglesia en América: organización, vida externa y situación jurídica de la iglesia americana frente al estado (1922), El suicidio a través de la doctrina evolucionista: esbozo jurídico-social (1925) e Mujer y patria: bocetos sociales (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Comunidade Autónoma de Castela e León, situado na comarca de El Páramo, ao SO da cidade de León (1.999 h [1996]). As principais actividades económicas son as agropecuarias; entre elas destacan o cultivo dos cereais (fundamentalmente trigo e forraxes) e a cría dos gandos bovino e ovino. Os elementos máis salientables da súa paisaxe son os seus numerosos muíños de vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. A súa dedicación á fotografía comezou no ano 1924 de forma autodidacta. Anos máis tarde pasou varios invernos en Santiago onde aprendeu co fotógrafo Ksado. Ao longo da súa vida, sempre na Costa da Morte, foi retratando as súas paisaxes así como o xeito de vivir dun pobo e todos os aspectos relacionados coas súas actividades laborais e sociais. Na súa obra reflectiu os traballos do mar e do campo, as actividades manuais dos carpinteiros, toneleiros, palilleiras, a actividade nas feiras e nas oficinas, a vida nas escolas; tamén as procesións e peregrinacións, os velorios, as festas e romarías, o teatro, os faladoiros e o deporte. O seu estilo baséase na sinxeleza de medios. Interesouse polo cine e proxectou películas polas vilas da área de Corcubión dende o ano 1927. Publicou fotografías en diversos xornais e revistas como ABC, Ahora, Céltiga, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, La Noche, España y América, Finisterre, Stampa, Vida Gallega, Hijos de Mugía e Alborada (estas dúas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista e político. Oficial da Mariña Mercante, obtivo a licenciatura en Ciencias Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, un Master in Arts en Economía na Universidade de Essex e o doutorado na Universidade de Cambridge. Foi profesor das universidades de Sevilla e Santiago de Compostela, onde exerceu como catedrático de Teoría Económica en 1983, e na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. Militante do Partido Socialista Obrero Español (PSOE), foi elixido deputado pola Coruña na terceira lexislatura (1982-1986), actuando como portavoz de asuntos económicos do grupo parlamentario socialista. Entre 1985 e 1988 foi ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. En 1990 foi elixido secretario de política institucional do Comité Executivo do PSOE. En 1997, cando se presentou como candidato á presidencia da Xunta de Galicia, foi elixido deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento galego. Entre outras obras publicou La crisis de la economía marxista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Polígrafo. En 1752 ingresou na Compañía de Xesús. En 1767 marchou a Italia a consecuencia do decreto de expulsión da orde asinado polo Rei Carlos III. En Roma publicou un catálogo de incunables hispánicos, estudios e diversas obras en defensa da colonización castelá de América.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Fillo de Xoaquina Enríquez e Xosé Cabanillas, pasou en Cambados a súa infancia, frecuentando ao longo de tres anos a escola pública; logo, co obxectivo de ingresar no Seminario, seguiu estudios de latín na parroquia de Corvillón e en 1889 ingresou no Seminario de San Martiño Pinario onde residiu ata 1893; alí adquiriu interese pola lectura, formándose academicamente en latín e filosofía. Con 17 anos desempeñou funcións burocráticas na súa vila natal, primeiramente na notaría de Pedro Sánchez e máis tarde no Concello ao longo de dez anos, exercendo como oficial de contabilidade. En 1899 casou con Eudosia Álvarez, empezou a colaborar na prensa local e mesmo participou na fundación de distintas publicacións, como El Cometa ou El Umia. En 1910 emigrou a Cuba, posiblemente polas presións ás que estaba sometido polo seu republicanismo e anticaciquismo. En La Habana exerceu como contable de comercio e administrador do Teatro Nacional, propiedade do Centro Gallego,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Telegrama transmitido por cable submarino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe militar carlista. Comezou a carreira eclesiástica pero deixouna ao ter lugar o levantamento carlista (1833). Non aceptou o Convenio de Bergara (1839). Retirouse a Francia (1840) e máis tarde a Inglaterra, onde finou. Non quixo intervir na Terceira Guerra Carlista, rexeitando a oferta do pretendente Carlos VII. En 1875 recoñeceu a Afonso XII como rei lexítimo de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Profesor titular da facultade de Medicina da Universidad Complutense de Madrid e director do Instituto para Enfermidades do Sistema Nervioso Central do Centro de Investigación en Neurociencias Básicas e Clínicas da Coruña. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, en Xapón obtivo o doutorado en Ciencias Médicas e as especialidades de psiquiatría e psicoxeriatría. Deseñou o Osaka University Computerized Electronic Maze System e foi o coordinador da European Dementia Network. Publicou máis de 300 artigos científicos e editou libros sobre psiquiatría, neurociencias, demencia senil e a enfermidade de Alzheimer. Obtivo o Premio da Academia de Ciencias Médicas de Tohoku.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de textos dramáticos e outros materiais de carácter teatral que iniciou a súa andaina no ano 1978 co nome de Cuadernos da Escola Dramática Galega. Foi promovida por Francisco Pillado e Manuel Lourenzo como complemento ás actividades educativas da Escola Dramática Galega. Non obstante , perviviu moito máis alá no tempo, chegando ata o ano 1994 con cento cinco números publicados. Entre os obxectivos marcados polos seus fundadores estaba o de facilitar o acceso a textos moi importantes do teatro galego e do teatro universal ao crecente número de persoas interesadas na práctica teatral, ademais de promover a aparición e publicación de textos teatrais breves que, ata o momento, eran moi escasos na literatura galega. Esta publicación, que recibiu a axuda económica de Caixa Galicia, tivo o gran mérito de dar ao prelo importantes obras tanto de autores galegos coma estranxeiros, conseguindo así que saísen á luz obras fundamentais do teatro universal en galego e que se editasen...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de san Xurxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra do Xistral, na parroquia homónima do concello do Valadouro. O seu cumio acada os 1.056 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada no Cadramón (O Valadouro). De estilo románico, foi construída no s XI e restaurada recentemente. Conserva pinturas murais no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía teatral promovida por Armando Cotarelo Valledor. Formouse en Santiago de Compostela en 1922, integrada por alumnos da Universidade. Estreou, entre outras, tres obras de Cotarelo (Trebón, Sinxebra e Lubicán), quen participou tamén como director e escenógrafo, contando coa colaboración de Camilo Díaz ou Tito Vázquez. Participaron como actores: Fermín Bouza-Brey, José G. Posada Curros, Pilar Cotarelo, Àngela Deulofeu, Margarida Deulofeu, Felipe Díaz Ortega, Matilde Docampo, María Luísa Fernández, Luis Feijó, Mercedes García Aller, Manuel López Noguerol, Secundino Lugrís, Ramón Martínez López ou Germán Prieto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Estudiou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e colaborou en numerosas publicacións e revistas. Escribiu, entre outros: El triunfo de los derrotados (1959), Es la vida (1961) e Los solitarios (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifestación da poesía visual que deriva o seu nome dos Calligrammes (1918) de Guillaume Apollinaire. Resulta do cruzamento nun mesmo plano de dúas mensaxes de natureza diferente, unha figurativa e outra lingüística, de xeito que a disposición tipográfica do texto compón formas alusivas ao obxecto ou tema poetizado. Tenta facer coincidir o que se ve co que se le, isto é, achegar as palabras ás cousas que representan. Os seus antecedentes remóntanse á cultura grega, a certos poemas figurativos de Teócrito e de Simias de Rodas, amais dos carmina figurata de Rabano Mauro (s IX), as composicións de J. Cellier e F. Rabelais (s XVI), as de J. Helwig e J. R. Karst (s XVII) ou os emblemas renacentistas e barrocos. No primeiro terzo do s XX xurdiu como resultado da influencia da pintura cubista, do futurismo e do ideograma, da man de Apollinaire que foi, como creador do termo, o primeiro en tentar realizar con clara intencionalidade estética a síntese artística da música, da pintura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta asturiano. Estudiou filosofía, matemáticas e medicina. Nas súas primeiras composicións, recollidas en Ternezas y flores (1840), seguiu as tendencias románticas; posteriormente, en Ayes del alma (1842) e Fábulas (1842) xa presenta as características que defendeu na súa Poética (1883), unha poesía dramatizada, con argumento e contido filosófico e cunha linguaxe coloquial. Ademais publicou Doloras (1846) e Filosofía de las leyes (1846), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO