"Sión" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

  • Obra de Pascual Madoz publicada en Madrid entre 1845 e 1850 e agrupada en dezaseis volumes. Contén datos sobre as entidades de poboación de España e as súas características xeográficas, onde se recollen aspectos sociais, demográficos e económicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de difundir ou de difundirse.

    2. Calidade de difuso.

    3. Proceso de cambio cultural mediante o que diferentes elementos dunha cultura pasan a outra. É difícil de determinar a diferenza entre difusión e aculturación. Con todo, a primeira caracterízase por un contacto cultural feble e unilateral, e por unha comunicación unicamente de características, máis do que complexos, culturais. Os primeiros estudios sobre a difusión foron os de A. Humboldt, que intentou probar a orixe asiática do calendario mesoamericano. Algúns antropólogos consideraron que se podía explicar a xénese das culturas só con este proceso. O xeógrafo Ratzel propuxo o concepto da difusión no eido da xeografía cultural.

    4. Transporte de materia producido polo movemento molecular ao azar (difusión molecular). Dáse en todos os estados da materia, aínda que o proceso é moito máis lento en sólidos ca en líquidos ou gases (difusión gaseosa). O resultado final é sempre o transporte de materia dun lugar onde a concentración é máis elevada a outro onde non o é tanto, ata chegar a unha igualdade de concentracións. Entre as clases de difusión non molecular está a difusión turbulenta, que se dá nun fluído onde hai mestura por convección térmica; a difusión térmica, producida cando unha fase sen gradiente de concentración se somete a un gradiente de temperatura; a difusión de neutróns, consistente no paso de neutróns a través da materia, e a autodifusión, difusión que se dá como resultado do movemento ao azar nunha única substancia pura.

      1. Alteración da distribución especial dunha radiación que se propaga en múltiples direccións, despois de ser reflectida nunha superficie ou de atravesar un medio determinado.

      2. difusión da radiación electromagnética

        Proceso no que a radiación electromagnética se desvía polas partículas que constitúen a materia que atravesa dita radiación.

    5. Na extracción do azucre, etapa na que se deixa a remolacha en contacto con auga quente a fin de disolver a sacarosa. Lévase a cabo nuns depósitos chamados difusores, e o xarope obtido ten unha concentración aproximada dun 12%.

    6. Número total de exemplares do mesmo número distribuídos por calquera publicación impresa, ben sexa xornal ou revista. A difusión pode ser pagada -que se refire á cifra total de exemplares vendidos, incluíndo esta as subscricións, as vendas ao número e as vendas en bloque- ou gratuíta -cifra total de exemplares enviados gratuitamente polo editor a un destinatario identificado-.

    7. Na fabricación de dispositivos electrónicos, proceso consistente na deposición dun determinado número de átomos de impurezas na superficie da oblea, seguida dun quentamento do material a fin de que os átomos se difundan no substrato semicondutor.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría que explica a orixe das características que conforman as culturas, en calquera dos seus aspectos, a partir da propagación destas características desde un centro difusor. Na súa forma extrema, presupón a existencia duns poucos centros difusores da cultura e oponse, polo tanto, á idea de paralelismo cultural que sostén que as diferentes culturas chegarían a producir resultados semellantes, aínda que de forma independente. Desenvolveuse a principios do s XX en Europa. Os seus defensores máis destacados foron os ingleses G. E. Smith e W. J. Perry, os alemáns W. Schmidt e F. Graebner e o estadounidense C. Wissler. As ideas difusionistas levaron a definición de áreas e círculos culturais. Aínda que se admiten fenómenos de difusión cultural, a maioría dos antropólogos rexéitano como teoría xeral da xénese das culturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao difusionismo.

    2. Partidario do difusionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dun discurso que se desvía do asunto principal para tratar doutro tema relacionado ou suxerido por este.

      1. Máxima desviación angular dun astro con relación a un plano de referencia, xeralmente, o plano meridiano do lugar de observación. No movemento das estrelas circumpolares hai dúas posicións nas que a súa separación respecto a este polo é máxima en acimut: a digresión oriental, cara ao leste, e a digresión occidental, cara ao oeste.

      2. Elongación máxima dun planeta.

    2. Figura retórica de pensamento que consiste na detención ou ruptura do fío argumental dun discurso para tratar temas secundarios ou complementarios máis ou menos relacionados con el. Os modos máis empregados de digresión son a introdución de comparacións, anécdotas, lembranzas, exemplos e as presentacións de espacios, personaxes ou vestiarios; na narrativa as evocacións, as prolepses da historia, as analepses, a intercalación de novos relatos na trama principal e, en xeral, toda intervención do narrador. Entre as súas funcións, destacan a de complicar a acción, crear unha pausa na acción principal, presentar os antecedentes dun personaxe ou documentar o tempo histórico e costumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tamaño dun corpo. OBS: Emprégase normalmente en plural.

    2. Número enteiro asignado a un espazo para indicar en qué forma se estende e cál é o grao de independencia das direccións que se conteñen nel. Deste xeito, o punto é de dimensión 0; a recta, de dimensión 1; o plano, de dimensión 2 (longo e ancho); e o espazo ordinario, de dimensión 3 (longo, ancho e alto).

    3. Número n de vectores linealmente independentes que forman unha base dun espazo vectorial E.

    4. Medida dos compases.

    5. Alcance ou consecuencias que pode chegar a ter un feito ou acontecemento.

    6. Modo de se presentar ou de ver algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de dimensionar.

    2. Que posúe unha dimensión determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á dimensión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de dimensionar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Determinar as dimensións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de dimitir.

    2. Renuncia dun cargo político ou de confianza. Para que sexa efectiva debe ser aceptada polo superior que o nomeou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta a dimisión dun cargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de discutir.

      2. Situación na que dúas ou máis persoas están a discutir.

    1. Procedemento para a investigación de mercados, que consiste na reunión dun grupo de persoas ás que se lles solicita a súa opinión sobre determinados aspectos relacionados co produto ou servizo que un anunciante pretende comercializar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de carácter republicano editado en Celanova entre os anos 1895 e 1896. Foi o substituto de El Correo de Celanova, publicado no período 1893-1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario conservador editado en Betanzos no ano 1909. Coa súa saída á rúa tentaba aproveitarse da loita política que existía no distrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desacordo entre dúas ou máis persoas por non coincidiren nas súas ideas ou opinións.

    2. Disputa provocada pola diferenza de opinións entre as persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de dispersar ou dispersarse.

    2. Condición de disperso.

    3. Desviación dun conxunto de valores respecto dun valor central, xeralmente o valor medio. Mídese mediante a desviación media, a desviación típica e a variación.

    4. Proceso mediante o que ten lugar un cambio nas constantes físicas, ou mesmo da natureza, dunha onda ou dun feixe de partículas que atravesan un medio, a causa da interacción coas partículas deste. Denomínase tamén así a difusión á que se somete a onda ou o feixe de partículas en cuestión, como consecuencia deste proceso.

    5. Fenómeno consistente no feito de que unha parte do fluxo magnético dunha máquina eléctrica, como por exemplo un transformador, se desvía do circuíto magnético, xeralmente de ferro, e se pecha a través do aire, co que se reduce o fluxo útil.

    6. ariación do índice de refracción dunha substancia ao cambiar a frecuencia da luz incidente.

    7. Sistema heteroxéneo formado por dúas ou máis fases, en que a fase dispersa está en suspensión no medio da fase dispersante, que pode ser un líquido, un sólido ou un gas.

    8. Forma de poboación que corresponde ao hábitat disperso.

    9. Distribución, arredor do obxectivo de tiro, dos impactos producidos polos proxectís disparados por unha peza de artillería, sen variar os datos da puntería e coa mesma carga de proxección. Esta distribución segue a lei de Gauss ou lei normal. A dispersión de tiro prodúcese principalmente polas irregularidades na rotación do proxectil debidas a desprazamentos do centro de gravidade e polas pequenas diferencias nas cargas de proxección.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de distender ou distenderse.

    2. Terceiro e último momento da articulación dun son no que os órganos se relaxan e pasan a unha posición de repouso relativo, se segue unha pausa; ou á posición típica da primeira fase intensiva do son seguinte.

    3. Elemento que se incorpora a un contexto serio ou formal para conseguir un efecto humorístico. O seu obxectivo é suavizar a tensión emocional dunha obra literaria ou incidir na súa condición seria ou tráxica, por contraste. Entre os recursos máis habituais cóntanse a introdución dun personaxe, dun acontecemento inesperado ou dun discurso que altera a seriedade da trama.

    4. Fase de descanso das forzas tectónicas no proceso oroxénico. Os dobramentos formados na fase precedente consolídanse e chegan a producirse fracturas (fallas normais).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lesión que se produce nalgunha parte do corpo como resultado dunha torsión.

      1. Deformación dunha imaxe (por imperfeccións do sistema óptico utilizado), do son, dunha vibración ou dun sinal eléctrico, a causa das imperfeccións do aparato reprodutor ou amplificador, ou ben nunha transmisión. Xeralmente, a distorsión modifica a forma da onda; segundo os efectos producidos recibe diversos nomes, como distorsión de amplitude, distorsión harmónica e distorsión de cruceiro. En fotografía, prodúcese mediante o emprego de certos obxectivos como o ollo-de-peixe ou pode crearse a propósito para realizar efectos especiais.

      2. distorsión de amplitude

        Distorsión producida cando os diferentes compoñentes de frecuencia do sinal son amplificados ou atenuados de forma desigual.

      3. distorsión harmónica

        Distorsión que se produce cando, ao amplificar un sinal, se lle unen harmónicos de orde superior. A calidade dun amplificador de alta fidelidade depende da distorsión harmónica total.

    2. Deformación ou alteración na reprodución ou exposición duns feitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Producir unha distorsión en algo.

    2. Deformar o sentido orixinal de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO