"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Geo Milev, os seus primeiros poemas manifestan influencias do simbolismo. Posteriormente evolucionou cara ao futurismo e expresionismo. Na súa obra apocalíptica, baseada no levantamento popular de 1923, combina o patriotismo cunha ideoloxía de esquerda. Da súa produción destaca Septemvri (1925).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Cultiva a pintura, a escultura e a obra gráfica buscando un punto de equilibrio entre o realismo e a abstracción. A partir de 1969 inverteu as figuras dos seus cadros. Participou na Documenta de Kassel (1972 e 1982) e en 1980 representou, con A. Kiefer, o pavillón alemán na Bienal de Venecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Segundo faraón da IV dinastía. Ordenou construír a Gran Pirámide que leva o seu nome en Al- Ǧ iza. Considerada como unha das sete marabillas do mundo, consta de tres galerías que conducen a tres cámaras funerarias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Hildesheim 28.2.1784 - Múnic 27.1.1864) Arquitecto alemán. Formouse en Berlín con F. Gilly e despois en París. En Múnic, onde realizou un plano urbanístico, construíu a Glyptothek (1815-1820), a Alte Pinakothek (1826-1836) e os Propileos, e, cerca de Ratisbona, o Walhalla (1830-1842), seguindo esquemas clásicos. Fixo os planos do Gosu-darstbiennij Ermitaxe de San Petersburgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kuckädel, Lusacia 1699 - Berlín 1753) Arquitecto alemán. Realizou obras rococós, aínda que recibiu a influencia do clasicismo de A. Palladio e do estilo de Versailles. Federico II de Prusia nomeouno arquitecto da corte. Fixo o palacio Sans-Souci en Postdam (1745-1747), inspirado no Grand Trianon, e a Ópera de Berlín (1741-1743).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Berna 1841 - 1917) Médico e cirurxián suízo. Estudiou en Berna, París, Berlín e Londres. Foi o iniciador das tiroidectomías (extirpación da tiroide) e de novos métodos para tratar luxacións, hernias e hemorraxias internas. Traballou tamén sobre alteracións endócrinas e caquexia estrumipriva. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1909 polo seu traballo sobre a glándula tiroides.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s XIV) Recompilador bizantino. Atribuíronselle, erroneamente, as obras De Officis, tratado sobre as dignidades e cerimonias da corte, e Patria Constantinopoleos, descrición de Constantinopla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Múnic 1946 - Friburgo 1995) Biólogo alemán. Doutor pola Universidade de Friburgo (1974), estudiou o control xenético da síntese dos anticorpos, que abriron as portas á consecución de anticorpos clonais contra calquera antíxeno. Por estas investigacións recibiu en 1984 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, xunto con K. Jerne e C. Milstein.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Trícala, Tessalia 1879 - Atenas 1936) Militar e político grego. Participou nas Guerras Balcánicas, na Primeira Guerra Mundial e en 1920 trasladouse a Constantinopla. En 1922 contribuíu a que o Rei Constantino I abdicase no seu fillo Xurxo II. Foi deputado, ministro da Guerra e do Interior. En 1926 deu un golpe de estado que derrocou ao xeneral Pangalos. En 1935 arrebatoulle o poder a Tsaldaris, obtivo da Asemblea o regreso do Rei Xurxo II e foi rexente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Ust’-Kamenogorsk 1870 - Jekaterinodar, actual Krasnodar 1918) Xeneral ruso. Foi comandante supremo do exército ruso durante a Primeira Guerra Mundial e intentou o golpe de estado de agosto de 1917. Durante a guerra civil que sucedeu á Revolución de Outubro, dirixiu o exército branco do S de Rusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Berdicêv 1857 - Bishopsburne, Kent 1924) Escritor ucraíno. Coñecido como Joseph Conrad, a súa primeira novela titulouse Almayer’s Folly (1895). A súa visión do home é próxima á de Dostojevski, nihilista na concepción amoral da vida. Da súa extensa obra novelística e narrativa cómpre destacar An Outcast of the Islands (1896), The Nigger of the Narcissus (1898), Lord Jim (1900), Heart of darkness (1902), unha das obras máis coñecidas e na que se baseou Francis Ford Coppola para a súa película Apocalypse Now; Typhoon (1903), Nostromo (1904) e The Secret Agent (1906). Escribiu tamén memorias e comentarios críticos e ensaísticos. En galego publicouse a tradución de A liña de sombra (2000).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Ellwangen, Baden-Württemberg 1945) Lingüista alemán. Estudiou romanística nas universidades de Göttingen, Montpellier e Tübingen. Dedicou unha longa serie de traballos ao occitano, especialmente de sociolingüística e historia da lingua (Versuche zur Kodifizierung des Okzitanischen, 1974; Das Okzitanische, 1981; Entfremdung, Selbsbefreiung und Norm, 1982).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Liegnitz, Baixa Saxonia 1823 - Berlín 1891) Matemático. Profesor na Universidade de Berlín, estudiou as funcións elípticas e fixo progresar a teoría dos números. Importante tamén pola súa filosofía das matemáticas, inventou a función delta de Kronecker, utilizada para simplificar fórmulas e facer que sexan máis concisas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Cracovia 1900 - Varsovia 1962) Escritor polaco. Iniciador do realismo socialista en Polonia, escribiu Kordiam i cham (Kordiam e o vilán, 1932), Sidla (A rede, 1937), e o drama Przygoda z Vaterlandem (Aventuras en Vaterland, 1962).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Los Angeles 1912 - Connecticut 3.10.1996) Historiador da arte estadounidense. Profesor da Yale University (1938-1983), especializouse en arquitectura moderna española. Publicou, entre outras obras, Arquitectura de los siglos XVII e XVIII, na colección Ars Hispaniae, Art and Architecture in Spain and Portugal and their American Dominions, 1500-1800 (1959), con Martín S. Soria, Studies in Classic Maya Iconography (1962) e Building the Escorial (1982).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Cajkin, Černihiv 1938) Enxeñeiro e político ucraíno. Foi director xeral de Yuzhmash (1986-1992), a empresa de construción de foguetes máis grande do mundo. En outubro de 1992, foi nomeado primeiro ministro pero dimitiu un ano máis tarde. En 1993 foi nomeado presidente da Unión Ucraína de Industriais e Empresarios e ao ano seguinte foi profesor na Universidade de Dnipropetrov’ske e membro da Academia de Enxeñería de Ucraína. Foi elixido presidente nas eleccións de 1994, e reelixido nas de 1999.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. A súa obra, con puntos de contacto coas escolas nórdica e italiana, pode derivar do caravaggismo. Potenciou o valor dos volumes a través da coordinación da cor e das formas, e deu unidade ás composicións ao conectar os volumes retallados e o seu contorno a través da luz. A súa produción redúcese a temas relixiosos, dos que destaca L’adoration des bergers e Madelaine, e naturalistas profanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: Organización Europea para a Investigación Nuclear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica galega fundada polo profesor Isidro Parga Pondal en 1940 e que se dedica ao coñecemento xeolóxico de Galicia e ao Hercínico Peninsular Ibérico. Realizáronse multitude de traballos, como publicacións de cartografía xeolóxica. En 1979 trasladouse o fondo documental, a hemeroteca e a biblioteca desde Laxe á nova sede do laboratorio na fábrica de Sargadelos (A Coruña).
-
-
Relativo ou pertencente ás lactariáceas.
-
Fungo basidiomiceto da familia das lactariáceas.
-
Familia de fungos basidiomicetos, da orde dos agaricais, que presentan dous tipos de hifas, unhas finas e outras máis grosas e esporas espinulosas.
-