"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. En Italia recibiu a influencia de A. Palladio. Introduciu a arquitectura neoclásica en Berlín. Entre as súas obras destacan o teatro de Charlottenburg e a porta de Brandenburgo de Berlín (1788 -1791).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena suízo. Iniciou a súa actividade en 1962 como axudante de dirección de Hanns Eisler no Berliner Ensemble, compañía na que coincidiu con Manfred Karge, con quen realizou diversos proxectos. En 1969 asumiu a dirección da Volksbühne de Berlín Leste, onde desenvolveu a súa carreira de director con traballos a partir de Ostrovski, Shakespeare, Schiller, Ibsen, Goethe ou Heiner Müller, que continuou na Schauspielhaus de Bochum, entre 1980 e 1985. Desde finais da década de 1980 viaxou por toda Europa dirixindo espectáculos baseados en autores clásicos como Eurípides, Shakespeare ou Strindberg e continuando as escenificacións de textos de Müller. Está considerado como un dos máis importantes directores de escena europeos da segunda metade do s XX, cun estilo no que a sobriedade se combina cun uso moi axeitado de todos os elementos de significación, desde a palabra á iluminación, e cunha permanente indagación arredor das convencións e das tradicións escénicas establecidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta inglés. Crese que é o autor do poema inglés The Vision of William concerning Piers the Plowman, coñecido como Piers Plowman que, con algunhas pasaxes satíricas, é sobre todo un testemuño de fe do autor. Tamén está considerado o mellor poema da Idade Media inglesa anterior a Chaucer.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. En 1964 foi director da Cinémathèque Française, que fundou, xunto con G. Franju e P. A. Harlé, en 1936. Está considerado o mellor e máis famoso arquivista de filmes. Recuperou numerosas obras mestras perdidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e físico estadounidense. Investigou a ionización dos gases e a emisión de electróns polos metais puros e no baleiro perfecto. Inventou a sonda que leva o seu nome, o pliotrón, o tiratrón, o soprete de hidróxeno e ideou o método de sembrar as nubes con ioduro potásico para provocar a chuvia. O seu máximo logro foi o desenvolvemento da teoría das películas monomoleculares na superficie dos sólidos e dos líquidos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1932) polos seus avances na química das superficies.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos langos.
-
Individuo do pobo lango.
-
Pobo de África oriental, de etnia nilótida, que habita ao N do lago Kioga, Sudán. Practican a gandería nómade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de lánguido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
lagosta.
-
PUNTA
Punta situada entre as puntas do Salto e Antas, na parroquia de Pastoriza (Arteixo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia situada na parroquia de San Martiño de Duio, preto da enseada do Sardiñeiro (Fisterra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta situada na parroquia de San Martiño de Duio, preto da enseada do Sardiñeiro (Fisterra).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ou a quen non lle gusta traballar e sempre está desocupada.
-
Persoa alta e forte, pero con medidas desproporcionadas.
-
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘nugallán’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘vagabundo’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘bonito’.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Asturias, situado na conca hulleira do Nalón (45.731 h [2001]). Os núcleos máis importantes son Sama e La Felguera. É un importante centro mineiro e siderúrxico, que iniciou a explotación da reserva hulleira no s XVIII. Na actualidade a súa explotación é pouco rendible, aínda que se mantén como centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘nugalla’.
-
REXIÓNS
Rexión do SL de Occitania. Limita ao N con Lyon, ao L con Delfinado e Provenza, ao S con Catalunya, ao SO con Foix, ao O con Guyenne e Gascoña, e ao NO con Auvernia, e esténdese desde o macizo de Corbières, ao SO, ata o Ródano, ao L, e desde o Mar Mediterráneo ata o Macizo Central. Climaticamente é un país de transición entre o Mediterráneo e Aquitania (características atlánticas), con predominio de clima mediterráneo. Os ríos principais son o Aude, o Orb, o Hérault, o Vidourle, o Ariège, o Garonne, o Gard (afluente do Ródano) e o Ródano. A poboación habita principalmente na chaira, onde desde o s XVIII predomina o monocultivo da viña, que favoreceu a riqueza pública que se manifestou nun aumento demográfico. Non obstante , sofre un atraso económico en todos os aspectos: a economía das montañas vai desaparecendo e a industria é case inexistente, a pesar do intento de converter, grazas á irrigación da chaira, Languedoc nunha rexión de horta. O turismo é tamén unha fonte de ingresos. O estado...
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia, que engloba os departamentos de Aude, Hérault, Gard, Losera e Pireneos Orientais (27.376 km2; 2.295.648 h [1999]). A capital é Montpellier.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Languedoc, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Languedoc.
-
ariedade do occitano meridional. Partindo del, como forma equidistante das diversas falas occitanas, Loïs Alibèrt tentou fixar o occitano moderno. Comprende diversos dialectos, o meridional (central, tolosano, foixenco, donesanenco, narbonés), o setentrional (roergat, gavaldanés, orlhargués), o occidental (axenés, carcinol, albixés) e o oriental (besierenco, montpelierino, cevenol). Os trazos máis característicos son o mantemento dos grupos latinos ca e ga (cantar, gaug, gal), dos ditongos e tritongos (paire, buou), do -l- intervocálico, tanto se procede de -l- como de -ll- latinos (pala, salar, galina) e do morfema de plural -s (pòrtas, flors).
-
-