"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

    1. Marca de certa profundidade que deixa a roda do carro ou doutro medio de transporte nun camiño.

    2. Abertura que se fai nun valo ou muro dunha leira para dar paso aos animais, persoas e carros.

    3. Vasilla para transportar viño nos carros.

    4. Parte dunha calzada, delimitada xeralmente por unha banda lonxitudinal no chan, destinada á circulación de vehículos nun determinado sentido.

    5. Cada unha das dúas barras de aceiro laminado dispostas en paralelo e unidas rixidamente que constitúen unha vía férrea.

    6. iga ou calquera outro elemento ríxido polo que circula, suspendido, un vehículo ou un aparato móbil, como un monocarril ou o carro dun guindastre, ou que serve, entre outros, de guía para o desprazamento dunha peza.

    7. Guía de metal que ten por obxecto facilitar unha manobra, desprazar un motón, unha vela ou un pao. Segundo o elemento en que se sitúen, poden distinguirse varios tipos: carril de escobén, carril do pao ou da botavara, carril da escota, carril da burda ou carril da articulación da botavara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da beira meridional da ría de Vigo, no litoral da parroquia de Alcabre, concello de Vigo, situada ao O da punta Madornilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe estendida por Galicia que trae como armas, en campo de sinople, cinco montes de ouro, postos en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e dramaturgo. Emigrado ao Río de la Plata, traballou como linotipista e xornalista en Montevideo. Alí comezou a súa obra vinculado ás correntes ácratas. Foi un dos inspiradores da editorial Mar, onde se publicou, en 1937, a súa tradución ao castelán de Os dous de sempre, de Castelao. Nos anos cincuenta trasladouse a Arxentina, onde continuou a súa militancia na Federación Libertaria Argentina e a súa actividade como escritor, da que cómpre subliñar a obra Argentina, hora cero, prohibida polo goberno militar do xeneral Onganía. En 1942 obtivo o Premio da Sociedad de Autores Teatrales del Uruguay pola comedia Estoy sola y te espero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello da beira meridional da ría de Arousa, integrado no de Vilagarcía de Arousa dende decembro de 1912, daquela co nome de concello de Arousa. Durante o Antigo Réxime, a vila do Carril constituía unha xurisdición baixo o señorío do arcebispo de Santiago. Coa promulgación da Constitución de 1812 estableceuse o concello do Carril, integrado no partido xudicial de Padrón e na provincia de Galicia. Os períodos de vixencia deste concello prolongáronse entre 1812 e 1814 e entre 1820 e 1823; as dúas derrogacións da Constitución en 1814 e 1823 supuxeron a supresión do concello e a rehabilitación da antiga administración señorial. Restaurado definitivamente o municipalismo, en 1836 estableceuse un novo concello de Carril, que integraba as parroquias de Bamio, O Carril e Cea, e Couto de Loenza, adscrito ao partido xudicial de Cambados. Despois da anexión de 1912, as parroquias do Carril e Bamio solicitaron a súa segregación para constituír un concello independente, petición que foi desestimada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo estartelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiño estreito destinado ao paso do carro que se utiliza como servizo para as leiras.

    2. Abertura nun muro ou nun valado dunha leira destinada ao paso de carros ou animais.

    3. Pegada que deixa a roda do carro nun camiño.

    4. Cinta que suxeita un sombreiro ou un casco e que vai atada por debaixo do queixo ou no pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballador que participou entre 1927 e os anos sesenta na construción dos carrís do ferrocarril que uniu Zamora coa Coruña, sobre todo no treito que enlazaba Puebla de Sanabria e Ourense. A obra, de 453 km de vía, con 51 estacións e apeadeiros, 19 viadutos de grandes dimensións e 164 túneles que sumaban un total de 72 km, empregou a máis de 15.000 obreiros nas épocas de maior actividade. Para os traballos realizados nas terras altas de San Mamede, Queixa, Invernadoiro ou as Frieiras, empregáronse entre cinco e seis mil persoas: labregos da comarca, portugueses de Vinhais, canteiros de Paradanta e capataces e mineiros andaluces. Durante a República (1931-1936), cando se deron as condicións favorables para o asociacionismo obreiro, xurdiron numerosas “sociedades de oficios varios” afiliadas á UGT ou á CNT en lugares como Laza, Portocamba, Correchouso, A Gudiña, Vilar de Barrio, Monterrei e Prado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. carrileira.

    2. Polea do tear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Sigüenza (1436-1446), arcebispo de Toledo (1446-1482) e membro do Consello Real de Enrique IV de Castela. Desde 1468 apoiou a Isabel a Católica e favoreceu o seu matrimonio con Fernando de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, duque de Montemar. Participou na Guerra de Sucesión loitando no bando borbónico. En 1733 capitaneou a conquista de Nápoles e Sicilia, e derrotou as forzas imperiais en Bitonto, polo que Filipe V lle otorgou o título de duque de Montemar e de Bitonto (1734). De volta a Castela foi nomeado secretario de Guerra (1737-1741). En 1741 marchou a Italia para participar na Guerra de Sucesión contra Austria, pero un desacordo no plan de campaña relegouno do mando e foi, de novo, enviado a España e desterrado temporalmente da corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Navarra e gobernador de Galicia. Primeiro conde e marqués de Caracena e primeiro conde de Pinto. Formou parte do Consello de Estado e foi lugartenente de València (1605-1615). Como consecuencia do decreto do 22 de setembro de 1609, tivo lugar a expulsión dos moriscos de València, e el mesmo se ocupou de dirixir as operacións de embarque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz teatral e cinematográfica. Coñecida co sobrenome de Mary Carrillo, comezou no teatro, concretamente nas compañías de Hortensia Gelabert e Josefina Díaz. Exiliouse en México nada máis comezar a Guerra Civil española, onde rodou Don Juan (1937), a súa primeira aparición na gran pantalla. Aínda que a maior parte dos seus papeis son secundarios, protagonizou os filmes Marianela (1940), Fiebre (1943) e El pisito (1958). Outras das súas aparicións destacadas tiveron lugar en El crimen de Cuenca (1979) e La Colmena (1982). En 1995 decidiu retirarse da escena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Wenceslao Carrillo. Elixido secretario xeral das Juventudes Socialistas Unificadas en 1934, participou no levantamento revolucionario de Asturias. Como consecuencia deste acto, tivo que permanecer no cárcere ata a amnistía de febreiro de 1936. Ese mesmo ano ingresou no Partido Comunista Español (PCE) e foi conselleiro de Orde Pública da Junta de Defensa de Madrid. Exiliado en 1939, impulsou o cambio de orientación do PCE cara á reconciliación nacional (1956) e no VI Congreso do Partido en 1960 asumiu a súa secretaría xeral. Desde este cargo, promoveu a independencia do PCE respecto á URSS e foi un dos creadores, xunto con Enrico Berlinguer, do eurocomunismo, definido como unha concepción estratéxica autónoma nacida dunha experiencia propia e dunha realidade concreta. Esta ideoloxía converteuse no único modelo revolucionario posible nos países capitalistas desenvolvidos, onde o parlamentarismo e o pluralismo político eran unha realidade e as liberdades e os dereitos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1655-1677), coñecido como Pedro VIII. Foi auditor do Tribunal da Rota, presidente da Real Chancillería de Valladolid e, desde 1649, bispo de Salamanca. Durante o seu arcebispado foi nomeado gobernador político e militar do Reino de Galicia. Mandou construír unha capela na que se colocou unha imaxe do Santo Cristo de Burgos e elaborou un proxecto para a creación dun seminario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. A súa obra, publicada postumamente en 1611, contén sonetos, cancións e églogas. Da súa produción destacan, sobre todo, a Fábula de Acis y Galatea e o Libro de la erudición poética, primeiro manifesto do culteranismo, onde expuxo a necesidade de crear unha linguaxe poética, culta e hermética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi deputado na Federación Centroamericana (1838-1842), fiscal (1830) e presidente da Corte Suprema de Xustiza. En 1835 converteuse en presidente de Costa Rica e situou a capital do país de forma definitiva en San José. En 1838 deu un golpe de estado e separou Costa Rica da Federación Centroamericana. En 1841, logo de derrogar a Constitución de 1825, ditou a Lei de Bases e Garantías, pola que se nomeaba ditador vitalicio. Deposto en 1842, exiliouse en El Salvador, onde se dedicou á explotación mineira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Estudiou na Escuela de Pintura, Escultura y Grabado La Esmeralda e en 1953 viaxou a París onde ingresou na Academia da Grande Chaumiere. Participou na Exposición de Artistas Estranxeiros en Francia de 1955, e en 1966 na mostra Confrontación 66, que deu lugar ao nacemento do grupo Generación de la Ruptura. Foi a introdutora en México do informalismo abstracto. Expuxo en México, España, EE UU, Xapón, Colombia e Cuba. Entre as súas obras destacan Abstracto (1957) e Principio y fin (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ingresou nas Xuventudes Socialistas e ocupou diversos cargos directivos na Unión General de Trabajadores (UGT). Durante a República (1931-1936) foi deputado, e en plena Guerra Civil traballou na subsecretaría de Gobernación e interveu no Consejo Nacional de Defensa (marzo de 1939). Acabada a guerra exiliouse en Londres.

    VER O DETALLE DO TERMO