"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de normas ortográficas e morfolóxicas que rexen a norma escrita do galego. O modelo lingüístico que propoñen está baseado na lingua viva, ten como referente as distintas variantes dialectais para conseguir unha variante supradialectal, conxuga a tradición escrita e harmonízaa coas demais linguas romances, en especial co portugués. O texto foi aprobado nunha sesión conxunta da Real Academia Galega e do Instituto da Lingua Galega o 3 de xullo de 1982. Foi revisado, actualizado e ampliado coa aprobación do Consello Científico do Instituto da Lingua Galega o 11 de novembro de 1994 e da Real Academia Galega, en sesión extraordinaria, o 25 de febreiro de 1995. O 12 de xullo de 2003, en sesión plenaria, a Real Academia Galega aprobou unha nova revisión e ampliación do texto normativo, na busca da concordia lingüística con outras propostas normativas.
-
ILLAS
Illa do Océano Pacífico, situada a 1.400 km da costa nororiental de Australia (19.058 km2; 217.000 h [estim 2001]). Constitúe, coas súas dependencias (illas Loyauté e Chesterfield) un territorio francés de ultramar. A capital é Nouméa. É unha illa montañosa, con costas altas e rodeadas de escollos coralinos. A poboación melanesia vive dos cultivos, namentres que os europeos controlan as plantacións de café e os recursos mineiros. O níquel é a riqueza principal da illa, que representa o 97% das exportacións. Descuberta por James Cook (1774), que lle deu o nome, foi o británico Paddon o que comezou a colonización (1843), e finalmente, Febvrier Despointes (1853) tomou posesión en nome de Napoleón III de Francia. Dependente de Tahiti desde 1853, acadou a autonomía en 1860. A guerra de exterminio levada a cabo polos franceses na capital e a rebelión de 1878, reproducida en 1917, motivada polo abuso dos gandeiros sobre os agricultores aborixes, produciron o despoboamento...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación que naceu en 1983 baixo o influxo do proceso de constitución dos Movementos de Renovación Pedagóxica (MRP). A partir dunha iniciativa do Movemento Cooperativo de Escola Popular Galega (MCEPG), diversos colectivos de ensinantes debateron a conveniencia de crear unha asociación pedagóxica que refundira desde as perspectivas de construción dunha escola pública, galega e democrática, o mellor das experiencias e achegas nacidas no conxunto do movemento galego de renovación pedagóxica, e abrira novas perspectivas para a renovación e galeguización educativa. Así procedeuse, en xuño de 1983, á celebración en Santiago de Compostela da asemblea fundacional da Nova Escola Galega. Apoiaron, entre outros, esta creación os colectivos MCEPG, Albe, Avantar, Escola Aberta, Xilbarbeira, Lubricán, Escola Dramática Galega e Preescolar na Casa. Ademais dos representantes do MCEPG, Mercedes Suárez e Antón Costa, profesores como Antón Rozas, Manolo Fernández, Marilar Aleixandre, Antón Lamapereira,...
-
PERSOEIRO
Artista plástico. Iniciou a súa andaina artística co ceramista conceptual Setsuko Nagasawa e axiña comezou a facer unha obra baseada en instalacións, happenings e estruturas, en que incorporou os materiais pobres e a fotografía. Foi pioneiro das instalacións e da arte máis experimental en Galicia, con achegas á pop art e á reinterpretación do ready made de Marcel Duchamp. Da súa obra destaca Fume (1991), Céspede artificial (1996) e a instalación Un e outro (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Participou na Revolución de 1905. A súa obra máis importante foi a novela histórica Cusima (1932-1935). Recibiu o Premio Stalin (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estado do SL de Australia (801.600 km2; 6.371.745 h [2001]). A capital é Sydney. A costa oriental percórrea a Great Dividing Range, ata o estado de Victoria. O clima é morno, máis caloroso e seco ao O. É o estado máis poboado de Australia, cunha forte concentración na costa, onde se atopa a capital e outras cidades importantes, como Newcastle e Wollongong. É unha importante rexión gandeira, que concentra as dúas quintas partes do gando ovino e unha cuarta parte do bovino do país. Ten grandes reservas de carbón en Newcastle, Lithgow, Cessnock, e depósitos de ouro, cinc, prata e chumbo. Ademais conta con importantes industrias siderúrxicas, petroquímicas, químicas, aeronáuticas e alimentarias.
-
GALICIA
Médico. Catedrático de Obstreticia e Xinecoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, foi médico interno no hospital de maternidade de Barcelona. Das súas obras destacan a súa tese doutoral, Biología de la vagina (1935) e El uso terapéutico de las gonadotrofinas en obstetricia y ginecología.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Foi secretario e presidente da Xunta Provincial carlista de Ourense, onde fundou os xornais La Voz del País e La Lealtad, de escasa duración. Publicou tamén algúns contos, dos que destacan Una venganza, El verdugo de sí mismo e Infortunio y caridad, e artigos como “La Orden del Temple y Clemente V” (1880) e “Ilustres mendigos” (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e matemático ucraíno. Na obra Procedementos para a medida dos gastos e os seus resultados nunha economía socialista para determinar a eficacia das novas técnicas (1958) introduciu elementos como a escaseza e a eficacia para seleccionar os investimentos que hai que realizar.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Cronista oficial da súa vila natal, fixo carreira eclesiástica en Mondoñedo antes de marchar a Madrid. De volta en Viveiro, colaborou en diversos xornais e foi director de El Eco de Vivero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dominicano. Exerceu cargos en conventos en Filipinas e foi arcebispo de Manila (1890-1902), onde tomou parte na rendición do arquipélago ante os estadounidenses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ingresou na Compañía de Xesús, da que posteriormente saíu por problemas de saúde. Como poeta afastouse do costumismo e do modernismo imperante, e as súas características artísticas foron as dun romanticismo tardío pero posuidor dunha gran propensión lírica. Asumiu unha gran variedade de formas métricas e cultivou versos de diferentes medidas, como heptasílabos, hendecasílabos ou alexandrinos. Publicou algúns traballos líricos baixo o pseudónimo de Ma-Nu-Gon en O Tío Marcos da Portela, dos que destacan “Alborada”, “Os amores da terriña” e “Aurora dun puro amor”. Tamén tirou do prelo Salaios. Versos gallegos (1895), cunha clara influencia de Follas Novas de Rosalía de Castro; Efusivas (1908), escrita en castelán; e a monografía La poesía popular gallega (1894), premiada en Pontevedra en 1892. Foi membro da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Naturalizado colombiano, formouse en Boston (1939-1940), en Barcelona e en diversas capitais europeas. Chegou a Colombia en 1946 e foi decano da Escuela de Bellas Artes de Bogotá e da de Barranquilla. Influído polo expresionismo abstracto, evolucionou cara a un decorativismo colorista. Da súa obra destaca Cóndores y Mojarras (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Arqueólogo de profesión, ocupou diversos cargos políticos e diplomáticos de importancia. As súas obras baséanse en temas históricos, e delas destacan Mihnea-vodă cel Rău (1857), Doamna Chiajna (1860) e Pseudo-Kinegheticos (Falso tratado sobre a caza, 1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
Oficina de Socorros e Traballo das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina no Próximo OrienteVER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional creado pola Organización das Nacións Unidas en 1949 coa finalidade de axudar os refuxiados vítimas do conflito árabe-israelí de 1948. Con sede en ’Ammān e Gaza, estendeu a súa acción a Xordania, Líbano, Siria e aos territorios ocupados de Cisxordania e Gaza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aleksandr Ivanovič Kandyba.
-
PERSOEIRO
Político. Foi ministro de Mariña (1847), e escribiu De la Administración Pública con relación a España (1843), que se considera a primera obra española de ciencia da administración, e un dos piares do dereito administrativo español. Publicou tamén Sobre modificar la Constitución (1823) e Manual de economía política (1870). Pertenceu á Real Academia de la Historia e á Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Xavier de Oliveira.
-
-
Propiedade que presentan o ópalo e algunhas outras substancias que se caracterizan por ter un aspecto leitoso e ás veces iridiscente. As substancias opalescentes teñen dúas fases de diferente índice de refracción que se dispersan unha na outra.
-
Opalescencia que presenta un gas mentres pasa ao estado líquido a causa da temperatura crítica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o aspecto ou a aparencia de ópalo, coa cor e as irisacións propias del.