"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Construción situada en Vilalonga (Sanxenxo). Ten planta en forma de U e capela con dúas alturas. A capela é dunha soa nave, tellado a dúas augas e portada cun arco de medio punto e frontón cun ollo de boi. A fachada leste conta con tres balcóns de pedra con varanda de ferro forxado. Entre as ventás hai un escudo coas armas dos Figueroa e os Sequeiros. Destaca unha cheminea prismática de granito rematada por catro pináculos. Pertenceu ao casal e couto do Rebel, propiedade de Sueiro Gómez de Soutomaior, mariscal de Castela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista, conde de Pardo-Bazán, fillo de Miguel Pardo Bazán e pai de Emilia Pardo Bazán. Membro do Partido Progresista, foi alcalde da Coruña (1854) e deputado nas Cortes pola Coruña (1854-1856 e 1869-1871). Fundou o xornal Revista de Galicia (1850), en que publicou diversos traballos sobre a propiedade rural galega. Escribiu Memoria sobre la necesidad de establecer escuelas de Agricultura en Galicia (1862).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade outorgada o 13.6.1871 como título pontificio polo Papa Pío IX a Xosé Pardo-Bazán e Mosquera . Foi autorizado o 3 de febreiro do ano seguinte polo Rei Amadeo I. En 1908, o Rei Afonso XIII concedeu á súa filla, Emilia Pardo Bazán, o título de condesa co seu apelido, e con carácter hereditario, mais esta solicitou outro condado por ser a posuidora do título pontificio co mesmo nome. O rei accedeu e outorgoulle o condado de Torre de Cela o 1.5.1916. O II conde de Torre de Cela foi o seu fillo Xaime Quiroga e Pardo-Bazán , mais a última en posuír o título pontificio de Pardo-Bazán foi a súa nai. En 1976, Xosé Carlos Colmeiro Laforet, solicitou o condado de Torre de Cela que en 1980 cambiou o seu nome pola antiga denominación de Pardo-Bazán. Leva como armas, escudo partido: primeira partición, en campo de azul, copón de ouro con sete cruces gregas de ouro; segunda partición, axadrezado de prata e sable, con bordura para esta partición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou na corte para o infante Luís, para Carlos III e para Carlos IV. O seu estilo partiu dun estilo rococó en que frecuentemente introduce referencias do barroco tardío, neoclásicas e prerrománticas. Cultivou tamén a ilustración. Da súa obra destaca La comida de Carlos III, Baile de máscaras (1767) e La jura del príncipe Fernando (1791). Decorou a capela de San Juan Bautista na igrexa de Santa María la Blanca de Viana (1786-1787).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Engràcia Pareto i Homs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Foi secretario xeral do Consejo de Economía Nacional e manifestou unha posición antiliberal nas súas publicacións sobre a economía española. Escribiu El movimiento de precios en España (1943), Factores del desarrollo económico español (1957) e Renta nacional, inversión y consumo en España (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sesións celebradas, de xaneiro de 1919 e xaneiro de 1920, entre os representantes das potencias vitoriosas, e os seus asociados, e as vencidas na Primeira Guerra Mundial. Principalmente, aceptáronse os Catorce Puntos de Wilson, dos que se materializou a creación da Sociedade de Nacións e acordáronse os tratados de Versailles con Alemaña, Saint-Germain-en-Laye con Austria, Trianon con Hungría, Neuilly con Bulgaria e Sévres co Imperio Otomán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 12 de abril de 1229, en París, entre Branca de Castela, como rexente de Francia, e Ramón VII de Tolosa. Este tivo que cederlle a Francia dous terzos do seu patrimonio, principalmente o ducado de Narbona e o vizcondado de Carcassonne, e comprometeuse a peregrinar a Terra Santa, a combater a herexía albixense e a ceder en matrimonio a súa filla Xoana a Afonso de Poitiers, irmán de Luís IX de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pedrouzos (Melide). O seu cumio acada os 776 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano creado polos antigos militantes do Partito Popolare Italiano durante a resistencia antifascista. Co triunfo e a maioría absoluta en 1948, gobernou baixo a presidencia primeiro de Alcide de Gasperi e despois doutros democratacristiáns ata 1962, e realizou unha importante reforma agraria que puxo fin ao latifundismo. Baixo a inspiración de Amintore Fanfani iniciou daquela a apertura á sinistra, que durou ata a crise económica da década de 1970, en que formou gobernos minoritarios. Durante estes anos ocupou tamén a presidencia da república, agás no período do presidente socialdemócrata Giuseppe Saragat. A partir de 1976 a súa forza baixou e viuse obrigada a compartir o poder cos partidos laicos. En 1978 perdeu a presidencia da república, que recuperou en 1985 con Francesco Cossiga, e en 1981 a do goberno, que recuperou brevemente entre 1982 e 1983 con A. Fanfani e, a partir de 1987, con Amintore Fanfani, Giovanni Goria, Ciriaco de Mita e Giulio Andreotti....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Elviña (A Coruña). Ten planta irregular debido ás diferentes épocas de construción: na zona da fachada principal ten forma de L e na parte posterior de U. Construíuse en cantaría de granito e cachotaría recebada. No muro que rodea o recinto localízase a porta e conserva un escudo de armas do s XVIII. Pertenceu aos Blanco de Andrade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Oza (A Coruña). Ten planta rectangular e realizouse con cantaría de granito. A cuberta é a tres augas. Conserva a muralla e un escudo de armas do s XVIII que alude aos Cotón, Castro e Pardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Ecuador e de Perú, afluente do Marañón (600 km). Nace na confluencia do Patata co Chambo, nos Andes ecuatorianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Ecuador (29.774 km2; 61.412 h [2001]). A súa capital é Puyo (20.067 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicomedes-Pastor Díaz Corvelle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio literario de novela convocado polo concello de Viveiro na memoria do político e escritor Nicomedes-Pastor Díaz Corvelle. Cunha periocidade bianual, nas súas diferentes edicións recibiron este galardón Clara Cristela Rodríguez (1992), Javier Lorenzo Oroza (1994), Lola González Roel (1996), Hixinio Puentes Novo (1998) e Francisco Antonio Vidal Blanco (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Freixeiro (Vigo). Ten planta rectangular, con dous andares, cun corpo central e dúas torres nos extremos. Está construído en cantaría e cachotaría encalada nalgunhas zonas. No corpo central destacan as ventás rematadas en frontón triangular. A torre da esquerda é do s XVI e entregouna como dote Pedro Madruga á súa filla cando casou cun nobre portugués que o axudou nas Guerras Irmandiñas. Reformouno frei Antonio de Soutomaior entre 1623 e 1638, e posteriormente, no s XVIII, remodelárono nalgunhas zonas, entre outras, a decoración heráldica da fachada principal en estilo barroco. En 1815 Xoán Nepomuceno Ozores, conde de Priegue, remodelou a fachada posterior, cun amplo corpo central e dous laterais máis estreitos, a fachada oeste e os xardíns. A última reforma foi en 1939. Foi declarado BIC en 1955.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mabegondo (Abegondo). Ten planta rectangular e cuberta a catro augas. Está realizado en cachotaría con cantaría nos vans. Na fachada destacan dous escudos de armas. Nas súas proximidades sitúase unha capela que forma escuadra co pazo e que se comunica con este polo interior. É de reducidas dimensións e conta con espadana. O pazo e a capela están rodeados por unha muralla realizada en cachotaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Coñecida como Chus Pato, publicou os seus primeiros poemas na revista Escrita (1984). Colaboradora habitual de Andaina, Dorna, Festa da palabra silenciada, Luzes de Galiza, Ólisbos e Revista das letras, foi membro da editora-cooperativa Letras de Cal, da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Club de Galicia, ademais de fundadora das Redes Escarlata, coas que colaborou en Xuro que nunca volverei pasar fame (2003). Na súa obra analiza problemas sociais, aborda o culturalismo clasicista e incorpora elementos feministas, nunha novidosa combinación de imaxes realistas e surrealistas. Autora de numerosos libros de poemas aínda inéditos, da súa obra destacan Urania (1991), Heloísa (1994), en que se modifica a imaxe tradicional dos mitos clásicos; Fascinio (1995), Nínive (1996, Premio Losada Diéguez 1997), A ponte das poldras (1996) e m-Talá (2000)....

    VER O DETALLE DO TERMO