"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, drenado polo río Piedras (11.435 h [1996]). A súa economía baséase principalmente na produción agrícola e pesqueira. Existen pequenas plantacións de cereais, viña, oliveiras e árbores froiteiras. A industria está relacionada coa conserva do peixe e con pequenas canteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicarse dúas ou máis persoas mediante o intercambio de cartas de forma habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade da Bética, situada entre Algeciras e Xibraltar. Aínda que a súa orixe se atribúe aos fenicios, no 171 a C pasou a ser colonia romana con estatuto de dereito latino. Desenvolveuse a partir do s I a C a causa do seu porto comercial e as súas fábricas de garum. Foi abandonada en época árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Utensilio de pel, plástico ou calquera outro material flexible, provista no seu interior de compartimentos para gardar billetes, moedas, tarxetas ou documentación.

    2. Bolsa de cartón, coiro, plástico ou doutro material, con tapa e xeralmente con asa, que serve para levar libros, cadernos, papeis ou obxectos semellantes.

      1. Cargo e funcións dun ministro.

      2. ministro sen carteira

        Persoa que forma parte do goberno coa categoría de ministro, pero que non ten ao seu cargo ningún ministerio.

      1. Conxunto de valores e outros efectos comerciais que forman parte do activo dunha empresa ou dun banco.

      2. Conxunto de contratas ou pólizas de seguros e de operacións de reaseguramento.

      3. carteira de pedidos

        Conxunto dos encargos pendentes de cumprimento como mercadorías, produtos ou servicios que os clientes demandan das entidades comerciais ou industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medida de capacidade para áridos que equivale a 1/4 de ferrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ladrón que se dedica a roubar carteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que distribúe as cartas ou os paquetes enviados por correo.

    2. Persoa que bota as cartas para adiviñar o futuro ou con outra finalidade supersticiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de papel, plástico, tea ou calquera outro material manuscrita ou impresa con imaxes e textos publicitarios, que se fixa en lugares públicos para anunciar algunha cousa. Polo seu carácter de comunicación de masas ten que responder a unhas condicións de simplicidade, forza suxestiva e orixinalidade que o fagan atractivo ao público e comprensible de xeito fácil e rápido. O colorido ten unha grande importancia, está composto dun número limitado de tintas planas que o fan máis ou menos visible na distancia segundo os tons empregados e a súa distribución dentro da composición.
      Orixe e evolución do cartel
      O cartel ten uns precedentes históricos moi antigos, que se remontan a Exipto, Mesopotamia, Grecia e Roma. Tamén poden considerarse como precedentes as mostras que durante séculos se colocaban á entrada das tendas como reclamo. Non obstante , o cartel como tal apareceu gracias á invención da xilografía e, sobre todo, da imprenta en 1450. Francia foi o país onde antes...

    2. Cada unha das pezas laterais dalgúns zocos e zapatos, unidas por unha costura sobre as que descansa o contraforte.

    3. Convención pactada entre países belixerantes co fin de regular, durante a guerra, certas relacións, como as comunicacións postais e telegráficas, o trato e o intercambio de prisioneiros, o comercio entre os seus súbditos, etc.

      1. Cada unha das pezas da rede que se unen entre si ou con outras pezas e que forman parte de diversas artes de pesca.

      2. cartel de casea/do xeito

        Cartel que consta de tres a sete pezas, cada un delas, á súa vez, composta de 26 a 30 brazas e de 8 a 10 de altura. Cada cartel leva nos seus catro lados unha banda de fío de cánabo, con mallas nas cadenetas e nas cabezas.

      3. cartel da chincha

        Anaco de rede que cando funciona en conxunto toma forma de bolsa, semellante a un cope.

      4. cartel da man

        Anaco de rede da arte do xeito que ten arredor de dúas brazas de ancho e que está unido por matafións ao corpo da arte.

      5. cartel da rapeta

        Cartel que leva pandullos e forma o centro do aparello. Ten arredor de 16 brazas de longo e 8 de altura.

      6. cartel da rapetiña/sacadiña

        Cartel con dúas brazas e medio de alto e catro de longo, e que posúe chumbos e cortizas.

      7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acordo limitado entre diversas empresas co fin de evitar ou reducir a competencia mutua, conservando a independencia técnica, económica e financeira. O seu obxectivo principal é conseguir unha posición monopolística no mercado. Segundo a natureza do acordo, os cárteles pódense clasificar en diversos grupos: de prezo de compra e venda, nos que as empresas se comprometen a seguir unha determinada política de prezos; de condicións de compra e venda, nos que as empresas fixan tamén outras condicións, como as de pagamento, formas de contrato, etc; de produción, nos que se asigna a cada empresa un programa de produción que pode comprender tanto o tipo de produto fabricado como o mesmo volume de produción; e de distribución de mercados, ben para determinadas zonas xeográficas ou motivado por outras características. Os cárteles apareceron en Alemaña ao final do s XIX. Houbo unha coincidencia, case xeral, na consideración do cártel como unha organización contraria...

    2. Agrupación de persoas con finalidades ilícitas, normalmente traficantes de droga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista cultural quincenal que apareceu en decembro de 1945 en Vigo. Pódese considerar como a continuación dunha publicación que saíra en 1937 baixo o mesmo título. Subtitulouse “Revista de la vida gallega”. Dirixiuna Xulio Sigüenza e colaboraron nela Victoriano Taibo, Ánxel Fole e Xosé Outeiriño Blanco. Entre os contidos aparecían fotografías de Cameselle e Pacheco, artigos sobre música, xeografía, pintura e cine, e seccións dedicadas aos ecos de sociedade, ás estreas de cine e teatro ou ás actividades dos galegos no estranxeiro, como a estrea en París de Divinas palabras de Valle-Inclán ou as exposicións de Laxeiro en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Vigo en marzo de 1963. Foi subtitulada “Órgano de expresión del SEU de la ETPI de Vigo”. Trátase dunha revista en castelán que dirixían e na que colaboraban os estudiantes das escolas técnicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico que apareceu entre xullo e agosto de 1811 en Santiago de Compostela e cesou en 1812. De tendencia liberal, foi prohibido polo Santo Oficio despois da Restauración de 1814. Figuraban, como impresor, Manuel Rey e, como redactor, Camiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza ornamental en forma de folla de papel ou cartón de bordos enroscados e que ten unha superficie plana para acoller unha inscrición.

    2. Peza que, fixada nunha parede, serve de soporte a un balcón, unha cornixa, unha estatua, ás chumaceiras dunha árbore de transmisión ou a outro elemento dunha construción.

    3. Cinta ou casco que serve para suxeitar o liño á roca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Panel onde se colocan carteis de espectáculos.

    2. Sección dun xornal, dunha revista ou doutra publicación destinada a anunciar os espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de facer carteis publicitarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Debuxante publicitario especializado na creación de carteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da Terra de Celanova, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Castrelo de Miño (comarca do Ribeiro), Toén e Barbadás (comarca de Ourense), ao L co da Merca, ao S cos de Gomesende, Ramirás e Celanova (Terra de Celanova), e ao O co da Arnoia (O Ribeiro). Abrangue unha superficie de 94,3 km 2 , cunha poboación de 3.487 h (2007), distribuídos nas parroquias de Anfeoz, Cartelle, Couxil, Espiñoso, As Marabillas, O Mundil, Penela, Sabucedo de Montes, San Tomé, Sande, As Seixadas e Vilar de Vacas. A capital municipal, o lugar de Outomuro, na parroquia do Mundil, está a 42° 13’ 20’’ de latitude N e 8° 1’ de lonxitude O, 133 km aoSL de Santiago de Compostela e 28 km ao SO de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial de Celanova e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O territorio do concello de Cartelle está influído polo dominio climático oceánico continental. Situado nun espazo de media...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido que procede dun antropotopónimo formado a partir do xenitivo do nome de posesor Caritellus, derivado de Caritus e este, a súa vez, da voz común carus ‘querido, ben amado’. Documéntase no s XIII: “Pelagio Cartelle” (doc ano 1230 en Emilio Duro Peña Catálogo de los documentos privados en pergamino del Archivo de la Catedral de Orense (888-1554), 1973, p 44).

    VER O DETALLE DO TERMO