"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lobios. Na súa orixe estivo en Aceredo, na parroquia de Manín. Non obstante , a causa da construción dun encoro, foi trasladada ata o lugar de Compostela, na mesma parroquia. Puido ser mandada facer polo abade Manuel de la Llana cara a 1764, en estilo barroco. Ten planta de cruz latina e presenta unha torre de planta cadrada na fachada, que forma un pórtico sostido por dúas columnas. Cómpre destacar o retablo, con escultura en relevo, e o sagrario con diversas imaxes de santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada na serra de Santa Eufemia (Lobios). Nela apareceu unha estela circular do s X, que procedía da necrópole altomedieval do Campelo. Está decorada con figuras xeométricas que poden representar o sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é estéril ou non dá froito.

    2. Aplícase á femia que deixou de concibir unha vez sen ser estéril, especialmente cando se refire á femia do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fene baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Maniños (Fene). Ten planta rectangular e tivo capela da que só se conserva un escudo que lucía dos Bermúdez de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de operacións destinadas a cambiar o movemento dunha máquina ou dun medio de locomoción.

      2. Conxunto de movementos para posicionar unha embarcación por medio do temón e das velas ou hélices.

      3. Conxunto de operacións destinadas a cambiar o movemento dunha aeronave, provocadas pola acción do piloto sobre os elementos de mando. Clasifícanse en manobras normais de voo, que poden ser básicas (despegue, aterraxe, cambios de altura ou xiros) ou avanzadas, e manobras acrobáticas.

      4. Conxunto de operacións que consisten nunha serie de movementos efectuados por un vehículo automóbil como consecuencia da acción do piloto ou condutor sobre os mandos do vehículo.

      5. Conxunto de operacións que teñen lugar nas estacións para facer trens ou desfacelos, encaixar vagóns ou desencaixalos, cambialos de lugar ou orde, ou ben para cambiar de locomotora ou de vía.

      6. Conxunto de cambios que se efectúan no estado dos sinais, as agullas ou diversos dispositivos, co fin de que os trens sigan un itinerario determinado.

    1. Serie ordenada de movementos que realizan un corpo de tropas ou unha escuadra como exercicio e, con frecuencia, simulando un combate. OBS: Emprégase normalmente en plural.

    2. Conxunto de accións que se fan para acadar un fin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor muscular posterior á realización dun exercicio físico violento ou prolongado. Débese a unha rotura celular dentro do músculo, e prodúcese a liberación de ións sodio e potasio, que son irritantes para este. OBS: Adoita escribirse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición literaria en lingua dravídica malayalam, que imita o estilo e a temática relixiosa e tradicional sánscrita. Dos textos escritos nesta modalidade destacan o Rāmāyan.a (o máis antigo, do s XIII), un canto de Krixna de Ceressuri Nambūri (s XV) e unha crónica de Kerala (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser manipulado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de manipular.

    2. Conxunto de operacións que se poden facer coas mans sen necesidade de efectuar desprazamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen manipula.

      1. Aquilo que serve para manipular.

      2. Aparato manual que establece modificacións nun circuíto, como conectalo ou desconectalo, e que se emprega en tracción eléctrica para controlar a marcha dos vehículos. OBS: Tamén se denomina controlador de marcha ou combinador de marcha.

      3. Aparato constituído por dous brazos articulados que permite manexar a distancia substancias radioactivas. Emprégase, especialmente, nunha celda quente.

    2. Persoa que se dedica á distribución e venda de produtos alimentarios frescos sen envasar, ou ben á elaboración, á manipulación e ao envase non mecánico ou sen esterilización posterior destes produtos, ou á preparación culinaria de alimentos destinados ao consumo directo. Os aspirantes teñen que pasar un examen no que se ten que demostrar coñecementos básicos sobre alimentación e hixiene.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Operar coas mans ou con outro instrumento sobre algunha cousa.

    2. Manexar diferentes substancias para mesturalas e investigar con elas.

    3. Obrar sobre algunha cousa con medios ou intencións fraudulentas.

    4. Exercer un dominio abusivo sobre alguén para facelo pensar ou actuar dunha determinada maneira.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Insignia primitiva dos soldados romanos que consistía nun puñado de herbas atadas a un pau e, posteriormente, nun estandarte cunha man aberta.

      2. Subdivisión da lexión romana, constituída por dúas das sesenta centurias das que formaban unha lexión; o número dos seus compoñentes oscilaba entre 50 e 120 e tiña dous centurións.

    1. Insignia ou ornamento litúrxico que portaban o subdiácono, o diácono e o celebrante no antebrazo esquerdo, durante a celebración da misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de India situado entre os estados de Assam e Myanmar (22.356 km2; 2.388.634 h [2001]). A súa capital é Imphāl. É unha rexión montañosa, húmida e cuberta de bosques, que fan que a explotación forestal sexa importante. A poboación concéntrase á beira do lago Logtak, onde está a capital. Cultívase arroz, cana de azucre e tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Doutrina fundada por Mani no s III, baseada na distinción dualista do universo entre o principio do ben, identificado co Pai eterno xudeu-cristián e co espiritual, e o do mal, identificado con Ahrimān ou Satanás e co material. Estableceu unha teoría da salvación en tres fases: a inicial, na que os dous principios permanecían separados; a do tempo medio ou presente, en que se atopaban; e a do tempo final, en que se volvían separar, de xeito que o mundo sairía das tebras e as almas poderían volver á súa orixe: o Paraíso. Como institución, posuía un canon de libros sacros, integrados por sete libros atribuídos a Mani e outros feitos en Turfan, Exipto e Alxeria. A doutrina estendeuse por Persia, India, Tibet, China, Turkestán, Italia, N de África e parte da Península Ibérica. A súa influencia quedou patente en diversas sectas medievais, como a dos paulicianos ou os cátaros.

      2. Secta dos maniqueos.

    1. Actitude derivada da convicción de que todas as cousas están divididas en dúas partes, unha completamente boa e aceptable, e outra mala e reprobable.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao maniqueísmo ou aos seus seguidores.

      2. Seguidor do maniqueísmo.

    1. Que ou quen aprecia as cousas segundo os principios absolutos do ben e do mal, sen matices e sen un estadio intermedio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Murchar unha planta.

    2. Podrecer unha froita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do cacahuete que se atopa no interior dunha cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO