"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario convocado en 1991 polo concello de Arteixo que rende homenaxe á figura de Manuel Murguía e fomenta a escrita do conto literario en galego. Concédese no mes de maio, coincidindo coas datas do nacemento e bautizo do escritor en Arteixo (días 17 e 18). Os relatos premiados publicáronse en edicións preparadas e prologadas por Henrique Rabuñal como Relatos (1995), Airadas de palabras (1998) e Tecendo panos (2000). Recibiron o premio autores como Xavier Alcalá e Afonso Álvarez Cáccamo. Paralelamente hai unha versión infantil e xuvenil do certame en que resultaron premiados Tania Vázquez (1997), Lucía Rial Riveiro (1998) e o colectivo Brincadeira (1999).
-
PERSOEIRO
Escritor e político suízo. Partidario da Reforma, as súas obras literarias son sátiras burlescas de espírito popular. Da súa produción destacan Vom Papst und seiner Priesterschaft (Sobre o Papa e o seu pontificado, 1523), Ablasskrämer (Vendedor de indulxencias, 1525) e Elsli Tragdenknaben (1529).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Atalaia. Loitou a favor de Carlos III, que o nomeou vicerrei de Sardeña (1713-1717).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do hebreo Immanu’el ‘Deus connosco’ a través do grego e latín como Emmanuel. Presenta as variantes Manoel/Manoela e os hipocorísticos Manolo, Maíño, Manecho, Manel, Mané, Lolo, Lete e Manola, Manoliña, Noliña e Lela. A súa festividade celébrase o 1 de xaneiro.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Xava (O Bolo). O seu cumio acada os 1.074 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Manuel I de Portugal.
-
-
Relativo ou pertencente ao manuelino.
-
Estilo arquitectónico que se desenvolveu en Portugal na segunda metade do s XV e principios do s XVI, durante o reinado de Manuel I de Portugal. Trátase dun estilo basicamente ornamental en que, baixo unha base gótico-flamíxera, se engadiron elementos renacentistas de influencia oriental e abundantes motivos decorativos de tipo náutico e heráldico. Os monumentos máis representativos son o mosteiro de Santa Maria da Vitória de Batalha, obra de Mateus Fernandes, João de Castilho e o francés Boytac; o mosteiro dos Jerónimos de Belém, obra tamén de Boytac e João de Castilho; a igrexa do mosteiro de Tomar, de Diego Arruda; e a Torre de Belém de Francisco Arruda.
-
-
-
-
Produto que resulta dun traballo manual.
-
Fábrica ou establecemento industrial.
-
Proceso de fabricación de bens.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fabricar unha cousa coas mans ou con axuda de maquinaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á manufactura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Holding financeiro de EE UU que se constituíu en Nova York, como resultado da fusión da Manufacturers Trust Company, creada en 1905 e o Hanover Bank, sucesor do Phoenix Bank, creado en 1812. O grupo desenvolveu sobre todo actividades bancarias, pero tamén todo tipo de actividades financeiras como leasing, crédito hipotecario ou factoring.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Gondomar baixo a advocación de san Vicente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Miñor en Mañufe (Gondomar). Trátase dunha ponte de tres vans feita en cantería con arcos de medio punto e tallamares triangulares que se sitúa no antigo camiño a Santiago de Compostela por Tomiño.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Gondomar. É unha obra barroca do s XVIII que conta cunha planta en cruz latina con ábsida rectangular e na súa fachada, flanqueada por pilastras nos extremos e rematadas en dúas volutas, presenta unha fornela situada no eixe onde se garda a figura de san Vicente. O conxunto está coroado por unha torre de base cadrada cun van e catro arcos de medio punto, que remata nun tambor e unha cúpula.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe. Coñecido como Mekhithar, en 1701 fundou un mosteiro en Constantinopla, que trasladou dous anos despois ao Peloponeso. Ao caer ese territorio baixo o dominio turco, refuxiouse cos seus monxes en Venecia.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Nova Zelanda, situada nun istmo que separa Waitemata de Manukau Harbour, sobre unha ampla plataforma no mar de Tasmania (281.607 h [2001]). Está integrada na área de Auckland (19 km ao NO), posúe producións de queixo, manteiga e la, e industrias de aluminio, plásticos, fibras sintéticas e maquinaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liberación dun escravo ou dun servo. Segundo o dereito clásico consistía, xuridicamante, na renuncia por parte do patrón (dominus) á potestade (manus) que tiña sobre o seu escravo. En Grecia rexistráronse formas de manumisións relixiosas, como a consagración dos escravos a unha divindade, e civís. En Roma, o dereito civil distinguía tres tipos de manumisión: a manumissio vindita, que constituía unha reivindicación da liberdade fronte a un maxistrado, a manumissio censu, que se acompañaba coa inscrición do escravo como cidadán nas listas censuais, e a manumissio testamento, que proclamaba a súa liberdade nun testamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que quedou ceibe mediante a manumisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen dá a liberdade a un escravo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar liberdade aos escravos, servos ou presos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido urónico de seis átomos de carbono, que deriva da manosa por oxidación do grupo alcohólico primario. É un epímero do ácido D-glucurónico e do galacturónico. Atópase no ácido alxínico, xunto co ácido L-gulurónico.