"Bié" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 200.

  • GALICIA

    Relixioso agostiño. Tomou o hábito en Valladolid en 1826. Escribiu, entre outras obras, Cuaderno de instruciones arreglado conforme al Ritual del P. Méntrida, Manual de la Orden (1854), Observaciones meteorológicas y curiosidades astronómicas, Modelo práctico de enseñar a los indios en las escuelas, Aniterias de los indios ilocanos, su falsedad e impugnación e Díptica de los religiosos párrocos y sus obras realizadas en beneficio del pueblo de Narvacán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director de La Voz de Galicia desde o 5 de xuño de 2000. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, iniciou a súa andaina profesional no mundo da prensa, a radio e a televisión hai máis de vinte e cinco anos. Traballou nas redaccións dos periódicos Informaciones, Ferrol Diario, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia e foi director de Antena 3 Radio Coruña (1983) e director xeral desta emisora (1989-1992). Dirixiu Radio Voz (1993-1995) e fundou Deporte Campión (1995) -o primeiro xornal deportivo diario-, ademais da revista Camino. Director territorial de Antena 3TV Galicia (1995-1999) -desde o que puxo en marcha o primeiro informativo diario desta cadea en Galicia-, creou, dirixiu e presentou diversos programas de televisión na TVG e Antena 3TV, como Fronte a fronte, De Viva Voz e Galicia a Fondo. Colaborador do programa La hora cero, de José Luis Balbín,...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cor vermella que presenta o horizonte cando sae ou se pon o sol.

      2. Nubes que o sol tinxe de cor vermella cando nace ou cando se pon.

    1. Cor vermella da cara, especialmente das meixelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Desde 1901 dedicouse a traballos mercantís e ao xornalismo. Fundou o semanario Ecos de Ourense e foi un dos impulsores do Círculo Católico de Obreros de Orense e un dos fundadores do Monte de Piedad e Caja de Ahorros de Orense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre os concellos de Lalín, Silleda e Forcarei. O seu cumio acada os 1.014 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e naturalista suízo. Estudou nas plantas os efectos da luz e observou a produción de osíxeno e dióxido de carbono. Escribiu Diss. de polygamia (1765), Ditionnaire des fôrets et bois (1790-1815) e Physiologie végétale (1800).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de Lingua e Literatura de ensino secundario e doutor en Filosofía e Letras, é profesor de didáctica da lingua e da literatura na Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación céntranse na formación do profesorado de lingua e literatura, na sociolingüística e didáctica da lingua en Galicia, nos fenómenos de contacto lingüístico entre o galego e o castelán e na avaliación da competencia bilingüe do alumnado. Coordinou e colaborou nas obras Didáctica da lingua en situacións de contacto lingüístico (1994), A lingua e a literatura. Algúns aspectos didácticos (2001) e A literatura na educación secundaria (2005), e publicou A lingua como feito social (1996), Proxecto de diversificación curricular. Ámbito lingüístico-social (1997) e, en colaboración, Lingua galega e literatura. A sociolingüística (2000) e Manifestacións de contacto lingüístico en Galicia. Avaliación da competencia do alumnado (en prensa, 2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (s XVIII) Escultor. Formouse no obradoiro de Miguel de Romay e viaxou, con Filipe de Castro, a Portugal e Sevilla. As súas obras caracterízanse polos pregos crebados e polas cabezas angulosas. Instalouse en Santiago de Compostela e traballou no retablo maior de San Martiño Pinario (1733), para o que realizou as imaxes de San Martiño, San Xosé, Santiago Matamouros e San Millán de la Cogolla. Realizou tamén as imaxes dos retablos laterais da Virxe e de San Bieito. Foi autor da imaxinaría do retablo maior de Santa María do Camiño e as imaxes de San Xoán Bautista, da igrexa dos xesuítas, e dúas de Santo Antón Abade, da igrexa de San Bartolomeu de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pirata. Foi contrabandista nas rías galegas e dirixiu o motín do bergantín brasileiro Defensor de Pedro, do que era segundo contramestre, e que rebautizou co nome de Burla Negra. Entre o 19 de febreiro e o 8 de abril de 1828 apreixou 4 barcos ingleses, 1 americano e 1 portugués. Tras dirixirse a Pontevedra e A Coruña para vender o botín, embarrancou na praia gaditana de Santa María. Detido en Xibraltar, foi xulgado por autoridades británicas e aforcado por pirataría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor cubista francés. Estivo influído por M. Denis, P. Sérusier e G. Braque. A partir de 1930 realizou decoracións murais e creou un taller de pintura monumental. Das súas obras destacan Le char d’ Apollon (1935) e Assiette de fruits au journal (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado nos montes de León (2.782 h [2001]). Ademais da industria química, a agricultura, a gandaría e a extracción de antracita son a base da súa economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arqueólogo, gravador e teórico da arte, conde de Caylus. Gran viaxeiro, foi coleccionista de obras de arte antiga. Publicou, entre outras obras, Recueil d’antiquités (1752-1757) e Nouveaux sujets de peinture et sculpture (1755), onde se identificaba coa arte galante de Antoine Wateau ou François Boucher.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Coñecido como Daniel Vierge, foi discípulo de Madrazo e Haes en Madrid, e protexido de Charles Yriarte en París (1869). Traballou no xornal Le Monde Ilustré (1870-1872) e en 1871 foi o cronista gráfico da revolta da Comuna de París. Realizou debuxos para libros de Victor Hugo, os irmáns Goncourt ou José María de Heredia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anacoreta e escritor. Escribiu El Epitameron, De monachorum poenitentia, Vida de San Frutuoso e Epístola sobre Exeria. A súa festividade celébrase o 25 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e historiador. Foi soldado voluntario ata que decidiu abandonar o corpo en 1850. Introduciuse nos círculos literarios provincialistas a través das súas colaboracións sobre historia galega na prensa, como en El Recreo Compostelano (1842-1843), Crónica de Occidente, El Diario e Revista Galaica. Foi director de El Clamor de Galicia (1854-1856). Influído por Walter Scott, a súa obra agrúpase en 50 volumes e divídese en novelas históricas, cabaleirescas, sociais ou costumistas, como El caballero verde (1844), Los hidalgos de Monforte (1851), en que conta o enfrontamento entre o conde de Lemos e os irmandiños, mandados polo mariscal Pardo de Cela; Magdalena (1861) e El cazador de fantasmas (1877). Tamén escribiu Los reyes suevos de Galicia (1860), La baronesa de Frije (1874) e Historia de Galicia (1865-1873), unha obra dividida en sete tomos, onde amosa a súa faceta como historiador...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da comarca do Bierzo, na provincia de León, Castela e León, situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago (3.647 h [2001]). Localizado na confluencia dos ríos Burbia e Valcarce, ao pé da serra dos Ancares, é o principal centro urbano do Bierzo Occidental. Capital histórica da comarca, a súa preponderancia minguou en beneficio de Ponferrada. Foi capital da provincia homónima entre 1821 e 1823. Na súa orixe, vinculada á peregrinación xacobea, foi unha poboación de francos establecidos alí por Afonso VI (1100), a carón dun cenobio de monxes cluniacenses fundado en 1070. O esplendor do culto xacobeo converteuna nun núcleo urbano dinámico no s XII, no que a metade da poboación era estranxeira. Esta importancia aumentou cando o Papa Calisto III (1455-1458) concedeu aos peregrinos enfermos ou impedidos, que pasaran pola porta do perdón da igrexa de Santiago, as mesmas indulxencias que se outorgan na basílica compostelá. Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Santiago,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga demarcación territorial de España que integraba territorios das comarcas do Bierzo, Laciana e Valdeorras, con capital en Villafranca del Bierzo. Dividiuse en catro partidos: O Barco de Valdeorras, Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo. Permaneceu vixente entre outubro de 1821, cando as Cortes aprobaron a nova planta provincial, e xullo de 1823, cando penetraron no Bierzo as tropas dos Cen Mil Fillos de San Luís para restaurar o Antigo Réxime. A reorganización provincial de 1833 non recuperou esta demarcación e desde entón o seu territorio quedou diluído entre as provincias de Ourense (partido do Barco de Valdeorras) e León (partidos de Ponferrada, Toreno e Villafranca del Bierzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arbusto caducifolio, dioico, de ata 10 m de altura, con ramas alongadas, flexibles, de cor amarela e densamente pubescentes cando son novas. As follas son alternas, con pecíolo curto, linear-lanceoladas e beiras irregulares e lixeiramente dentadas ou enroladas sobre a cara inferior do limbo. Son de cor verde escura un pouco brillante no anverso e prateada no reverso debido á presenza de abundante pubescencia. As estípulas son pequenas, linear-lanceoladas de cor verde clara, longamente acuminadas e lixeiramente dentadas. As flores son unisexuais dispostas en amentos subsésiles e densos e aparecen antes que as follas. O froito é unha cápsula sésil cuberta de pilosidade. Florece a comezos da primavera en terreos húmidos e na beira de cursos de auga, preferentemente en altitudes menores, entre o nivel do mar e os 500 m. Distribúese por Europa central e setentrional, Siberia e Asia temperada. Presenta unha lonxevidade superior aos 30 anos. Emprégase fundamentalmente como produtora de vimbio.

    2. Lugar onde abunda esta planta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escritor. Realizou debuxos e paisaxes e os carteis promocionais dos Camiños de Santiago do Ano Santo Compostelán de 1993 e 1999. Cronista oficial de Monterroso, escribiu Os Xeitos Doxe (1977), Monterroso, pasado y presente (1987) e Pazos y señoríos da provincia de Lugo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO