"Bol" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 626.
-
DIARIOS
Diario que apareceu en Ferrol en setembro de 1868. En realidade este xornal era El Brigantino pero na época da revolución de setembro de 1898 cambiou o título para chamarse Boletín de la Revolución. Unha posible cronoloxía desta publicación, segundo algúns investigadores, sería: a primeira etapa con El Brigantino, que saíu en Ferrol en 1866, a segunda co Boletín de la Revolución no ano 1868 e unha terceira etapa a finais do ano 1868 titulándose Boletín Oficial de la Junta Revolucionaria de Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na vila luguesa de Meira en 1910. Dirixida por Antonio Suárez, os seus contidos prioritarios eran de carácter agrícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que publicou a “Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía” na cidade do Bos Aires. A publicación apareceu probablemente en 1923 pero o primeiro número que se coñece é o número 2, de xaneiro de 1924; o último número é o do 18 de abril de 1934. Na súa coordinación tivo un papel moi importante o poeta muxián Gervasio Paz Lestón, que se converteu en presidente da entidade en maio de 1930. Os contidos eran claramente literarios, incluíanse poemas do propio Gervasio Paz Lestón, de Victorino Abente Lago, Lois Castro Pena, Gonzalo López Abente, do Marqués de Figueroa e doutros escritores. Tamén apareceron contos en galego coa sinatura de Ramón Otero Pedrayo e de Avelino Rodríguez Elías. Reproduciuse por entregas a novela curta Buserana, de Gonzalo López Abente, e unha peza teatral de Leandro Carré Alvarellos. O boletín publicou artigos en galego de Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e de Vicente Risco, entre outros moitos intelectuais galegos. Igualmente, publicáronse artigos...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación en castelán que apareceu a finais de 1967 na Coruña. A dirección e redacción estaba a cargo do doutor Alonso Fernández. A periodicidade era irregular. Foi editada pola Sociedad Española de Psiquiatría da Facultad de Medicina-Cátedra de Psiquiatría da Ciudad Universitaria de Madrid. Tratábase dunha revista profesional na que os temas principais eran as actas da xunta xeral ordinaria, conferencias, datos informativos, relatorios, xornadas, congresos, reunións, etc.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación trimestral aparecida no ano 1921 en Bos Aires. Contaba coas colaboracións de José Leiras, Alfredo Baltar, Segundo Pampillón e José Domínguez, entre outros. Inclúe novas referidas aos galegos na emigración, á propia Sociedade e artigos varios relacionados con Porriño e o seu contorno. Aínda que se editaba en castelán, recóllense algunhas contribucións en galego, concretamente unha poesía de Celso Emilio Ferreiro (nº206/209-abril 1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe que apareceu no ano 1904 en Negreira. Estaba subtitulada como “Órgano de la Sociedad y de la Cámara Agrícola Negreiresa”. Tiña periodicidade mensual.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que saíu na cidade de Santiago en 1935, probablemente relacionado con outro boletín que apareceu no ano 1942 baixo o título de Boletín Diocesano de Acción Católica.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu á luz en Santiago de Compostela en marzo de 1904. Foi dirixida inicialmente por Claudio Contreras Valiñas, na súa etapa de estudante de Dereito. Os seus contidos estaban dirixidos aos estudiantes da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
A Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor foi fundada en Bos Aires o 5 de xaneiro de 1905. O boletín naceu con periodicidade mensual no mes de outubro de 1909 e existiu ata o seu número 307, correspondente a abril de 1935. O seu primeiro director foi V. Micuci e desde 1917 sería o presidente da Comisión de Propaganda o que tería esa responsabilidade. O contido habitual da publicación eran as noticias do Val Miñor e as viaxes e novidades da asociación, principalmente, aínda que tamén tiñan cabida nas súas páxinas artigos dedicados á pedagoxía e á educación, así como a efemérides de Galicia. A presenza do castelán era maioritaria e a literatura estaba pouco representada, cando aparecía era case sempre en castelán. Entre os colaboradores galegos destacan: Basilio Álvarez, Curros Enríquez, Julio Camba, Lustres Rivas, Roberto Blanco Torres, Armando Cotarelo, Manuel Murguía, Antón Villar Ponte, Correa Calderón, quen presentaron artigos en prosa; Guerra Junqueiro, Francisca Herrera, Barcia Caballero,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na vila de Celanova a finais de 1942. Foi editada polo Comité de Unión Nacional. Tivo unha curta vida, pois cesou a comezos do ano 1943. Trátase dun boletín que foi publicado clandestinamente na prisión de San Rosendo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual que apareceu en Santiago o 1 de xaneiro de 1929. Saía durante o curso académico. Unha das súas seccións dedicábase a traballos doutrinais e outra a información relacionada coa vida universitaria. En 1933 (números 17-18) publicáronse dous tomos en honor do profesor Rodríguez Cadarso. Pódense atopar artigos, traballos e teses de doutoramento en portugués, galego, italiano, etc. Nalgúns números apareceron informacións sobre as últimas publicacións da Universidade de Santiago. No ano 1941 saíron números monográficos das diferentes facultades, Farmacia-Ciencias, Medicina, Dereito, Historia, etc. Neste boletín están publicadas as teses de doutoramento de importantes investigadores das letras como a de Xosé Filgueira Valverde “La Cantiga CIII: Noción del Tiempo y Gozo Eterno en la Narrativa Medieval” (ano 1936 número de xaneiro-marzo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida en Santiago de Compostela en 1856. Foi editada polo impresor Juan Rey Romero, o mesmo que levaba as edicións da Universidade de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en 1888 na cidade da Coruña. Cesou tralo número 800 que correspondía a agosto-setembro de 1969. Debaixo do título da portada aparecía o texto “Centro de primera Enseñanza. Fundado en 1888”. Dende decembro de 1966 figuraba como director Eduardo R. Losada. A revista, de tendencia católico-conservadora, era de periodicidade mensual e, ás veces, bimestral. Dende 1958 esta revista estivo dedicada sobre todo á beneficencia e o tema principal das publicacións era a recollida de doazóns. Case todos os exemplares levaban un artigo amodo de editorial no que en moitas ocasións se introducían apuntamentos de carácter político, como as críticas contra os apóstatas e contra os países de réxime comunista.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación periódica editada entre o 21 de xullo de 1895 ata o 31 de octubre. Saía quincenalmente os días 15 e 30 de cada mes. Foi dirixida por Emilio Tapia e editábase en Mondoñedo, na imprenta Mancebo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que apareceu na cidade de Lugo no ano 1918. Cesou no número 63.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en xaneiro de 1919 na vila coruñesa de Ortigueira. Cesou no ano seguinte, en outubro de 1920. Este boletín, de tendencia agrarista, serviu como voceiro do sindicalismo católico, foi substituído en outubro do ano 20 por Acción Agraria. Esta última publicación ten como data de cese o ano 1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín bisemanal que se publicou en Porriño (Pontevedra) dende febreiro de 1927 ata xuño ou xullo de 1928 (número 14). O seu director foi Xosé Mosquera Nocelo e a publicación, de carácter técnico, servía de voceiro de MARUCOGA. A tiraxe difundíase probablemente entre os núcleos abastecedores de gando, que eran os sindicatos católicos de gran parte de Galicia, especialmente da zona norte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que se publicaba en Santiago de Compostela a finais do século XIX (1899), e desapareceu no ano 1900. Figuraba como director J. Eleizegui López e como redactores, Darío Álvarez Limeses, Abelardo Ollo Fajardo e Domingo Máiz Eleizegui. Era o órgano de expresión do Hospital Clínico de Santiago, e os contidos que presentaba eran artigos médicos, traballos, investigacións, etc. Como dato anecdótico cómpre subliñar que a última páxina de todos os boletíns, incluídos os da Revista Médica Gallega, presentaban a publicidade dun establecemento compostelán “Varela, Relojería, Óptica, Electricidad e Intrumentos de Cirugía, Rúa del Villar, Santiago de Compostela”. Este boletín foi substituído, arredor do 1900, pola Revista Médica Gallega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín de tendencia liberal aparecido por primeira vez na Coruña en 1838; cesou a finais de 1841. Ten dúas épocas, na primeira o editor era Iguereta. Saía dúas veces á semana e publicaba noticias do país e estranxeiras. A segunda época iniciouse o 1 de xaneiro de 1842 para rematar a finais de decembro de 1843. Nesta etapa tiña periodicidade diaria (días laborais), contiña noticias políticas, disposicións legais, movemento mercantil, asuntos locais, sucesos nacionais e internacionais, decretos, ordes e circulares máis sobresaíntes do Goberno, extracto das sesións de Cortes, noticias populares e artigos curiosos e instrutivos. Probablemente figuraba tamén como redactor Sebastián Iguereta.