"Cid" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 848.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fenol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido antranquinoncarboxílico substituído cunha cadea lateral de glicósido, colorante natural. Extráese dos corpos desecados das cochinillas femias e é o principal constituínte do carmín. Aplícase na fotografía en cor e como pigmento.
-
GALICIA
Escritor. Foi membro fundador da Academia Literaria de Santiago de Compostela e colaborou na prensa galega da época como La Aurora de Galicia e El Idólatra de Galicia. Publicou, entre outras obras: El sensualismo considerado en sus relaciones ideológicas, morales y políticas (1842), Observaciones sobre el drama titulado “Fernán Pérez Curruchao y el arzobispo Don Suero” (1842) e Observaciones sobre la doctrina de Macarel relativa a la libertad de cultos (1843).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tradutor e xornalista. Formado en Glasgow e Londres, foi locutor da BBC, nas seccións española e galego-portuguesa, e profesor de inglés de ensino medio. Foi correspondente en Londres dos xornais Jornal de Noticias, El Pueblo Gallego e Informaciones e colaborador de Céltiga, La Noche, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Ser. En 1931 participou na asemblea de constitución do Partido Galeguista e foi membro do Consello Permanente. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía; ademais promoveu, xunto con Álvaro de Las Casas, a fundación da Asociación de Escritores Galegos (1936). Da súa produción destaca La saudade y el arte en los pueblos célticos (1928), a tradución dos folk-dramas, en colaboración cos irmáns Villar Ponte, Catuxa de Houlihan e O país da saudade (1935), de William Butler Yeats, o estudo “Un tema de Galicia: la saudade y la poesía” (1950) e o libro de traducións...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Universalidade da Igrexa Católica, que constitúe unha das catro notas coas que, xa nas manifestacións de fe máis primitivas, se autodefinía a Igrexa.
-
Calidade de católico.
-
Identificación cos principios da doutrina católica.
-
Conxunto dos que practican a relixión católica.
-
-
-
Calidade de cáustico.
-
Maldade no que se di ou no que se escribe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cecidio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hipertrofia de tecidos vexetais inducida por axentes físicos ou químicos diversos, producidos xeralmente por parasitos. Reciben distintos nomes dependendo de que os parasitos sexan animais (zoocecidios), plantas (fitocecidios), fungos (micocecidios), insectos (entomececidios), ácaros (acarocecidios), nematodos (nematocecidios), bacterias (bacteriocecidios), etc. A súa existencia débese non só
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hipertrofia de tecidos vexetais inducida por axentes físicos ou químicos diversos, producidos xeralmente por parasitos. Reciben distintos nomes dependendo de que os parasitos sexan animais (zoocecidios), plantas (fitocecidios), fungos (micocecidios), insectos (entomececidios), ácaros (acarocecidios), nematodos (nematocecidios), bacterias (bacteriocecidios), etc. A súa existencia débese non só á presenza do parasito, senón tamén aos metabolitos ou ás substancias químicas que este segrega. Estas substancias, de estrutura similar á das hormonas vexetais do crecemento, son capaces de iniciar, estimular e dirixir o desenvolvemento das células vexetais en direccións distintas ás propias. As que se producen nos carballos reciben o nome de bugallos ou cocas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación do cecidio.
-
-
Relativo ou pertencente á familia dos cecidómidos.
-
Insecto da familia dos cecidómidos.
-
Familia de dípteros nematóceros que comprende individuos de pequenas dimensións (de 1 a 5 mm) coa cabeza reducida, globular e lixeiramente aplanada. O aparato bucal é zugador. A familia comprende unhas 6.000 especies, moitas delas produtoras de cecidios.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos cefalodíscidos.
-
Pterobranquio da orde dos cefalodíscidos.
-
Orde de hemicordados, da clase dos pterobranquios, que comprende individuos mariños, coloniais, hermafroditas ou de reprodución asexual. Teñen o corpo dividido en protosoma, mesosoma e metasoma, e caracterízanse pola presenza dun disco adhesivo metasomático. Destaca o xénero Cephalodiscus.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao centro e a occidente, de forma conxunta.
-
-
Relativo ou pertencente aos cerambícidos.
-
Insecto da familia dos cerambícidos.
-
Familia de coleópteros forestais que comprende escarabellos de dimensións medianas ou grandes, co corpo alongado e estreito, e de coloración variable. Presentan un par de antenas moi longas e unhas mandíbulas fortes coas que roen a madeira. Son xilófagos e, en xeral, de costumes diurnos. A familia comprende unhas 20.000 especies representadas en todo o mundo. Pertencen a esta familia os xéneros: Aromia, Cerambyx, Clytus, Hylotrupes, Lamia, Monochamus, Prionus e Saperda. Tamén reciben o nome de lonxicornios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido Cercedo.
-
-
Relativo ou pertencente aos cercopitécidos.
-
Mamífero da familia dos cercopitécidos.
-
Familia de primates catarríneos integrada por individuos de dimensións variables, arborícolas, rubideiros ou camiñantes. En xeral, os membros anteriores e posteriores acadan igual lonxitude; o rabo, non prénsil e máis ou menos desenvolvido, pode faltar nalgún xénero. O pelo é de coloración verdosa ou gris acastañada. Ten calosidades isquiáticas sen pelo e normalmente de cor vermella viva. Son omnívoros, pero aliméntanse principalmente de vexetais, e gregarios, pois viven en grupos familiares polígamos. Esténdense dende Xibraltar a todas as rexións temperadas, subtropicais e tropicais de África e Asia. Pertence a este familia o mandril.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido carboxílico cunha ou máis funcións cetónicas. As súas propiedades varían en relación coa distancia relativa das súas funcións osixenadas. Así, os α-cetoácidos presentan as reaccións dos grupos carboxilo e carbonilo, e os β-cetoácidos teñen un comportamento análogo ás 1,3-dicetonas e son moi inestables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles da familia dos escíndidos ao que pertencen os escánceres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido bastante forte, obtido por sulfonación da ciclohexilamina. Os seus sales, especialmente o sódico e o cálcico, empréganse como edulcorantes non nutritivos.
-
-
Forma castelá correspondente ao apelido galego Cide.
-
Liñaxe procedente de Guede, en Allariz. Espallouse por Zamora, Huesca e Toledo. Unha rama pasou a Portugal e outra a Chile. As súas armas levan, en campo de sinople, unha banda de ouro cargada dunha cotiza de goles. Outra variante trae, en campo de ouro, unha torre parda, de sable, ameada, cun brazo armado saíndo pola porta cunha espada núa na man. Os da casa de Guede, Barbadás e Ourense ostentan como armas, en campo de ouro, unha banda de goles. Algúns de Galicia empregan, en campo de sinople, unha banda de goles perfilada de ouro, e outros, en campo de ouro, unha torre de sable, e saíndo da súa porta, un brazo armado da súa cor empuñando unha espada de prata. Os de Chile utilizan un escudo cortado: a primeira partición, en campo de azul, con cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; a segunda partición, en campo de ouro, cunha barra de sinople. Os de Portugal usan, en campo de azul, cinco vieiras de ouro, postas en aspa.
-