"Dal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 544.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino que provén do xentilicio latino Dalmatius ‘dálmata, natural da Dalmacia’, rexión do Adriático oriental poboada polos ilirios. No santoral figuran, entre outros, un santo mártir bispo de Pavia (s IV), celebrado o 15 de decembro, e un arquimandrita de Constantinopla, celebrado o 3 de agosto.
-
PERSOEIRO
Bispo compostelán (1094-1095). Monxe da abadía francesa de Cluny, foi destinado á Península Ibérica no 1090, onde participou nas loitas contra os mouros e na toma de Lisboa antes de acceder á mitra compostelá. Nomeado bispo de Compostela polo Papa Urbano II, durante o seu bispado tentou consolidar a reforma gregoriana, participou no Concilio de Clermont (1095), onde solicitou a independencia da igrexa compostelá da sé metropolitana de Braga e a constitución dunha nova sé episcopal en Santiago de Compostela, logo da extinción da sé iriense. Deste xeito, Compostela viuse eximida da xurisdición metropolitana de Braga.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(350? - 440) Arquimandrita de Constantinopla en tempos de Teodosio o Grande. Combateu a herexía de Nestorio e durante o Concilio de Éfeso apoiou a causa de Cirilo de Alexandría. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.
-
PERSOEIRO
Bispo e mártir italiano. De familia pagá, converteuse ao cristianismo e predicou na Galia. Foi nomeado bispo de Pavia e morreu martirizado no 304 baixo Maximiano. A súa festividade celébrase o 15 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Dalmacia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Dalmacia.
-
Lingua románica xa extinguida, que se falou entre o Quarnero e Butua (Budva), na costa oriental do Adriático (aproximadamente na provincia romana de Dalmacia).
Evolución histórica
Falouse fundamentalmente nunha serie de vilas costeiras e insulares diseminadas por un amplo territorio (Veglia, en croata Krk; Ossero - Osor, Arbe - Rab, Zara - Zadar, Traù - Trogir, Spalato - Split, Ragusa - Dubrovnik, Cattaro - Kotor; hai poucos datos sobre Budua - Budva, Antìvari - Bar e Dulcigno - Ulcinj) e hoxe pertencentes na súa maioría a Croacia. Nelas o dálmata foise extinguindo en diferentes momentos, segundo as datas da eslavización e da dominación véneta, procesos que determinaron igualmente as diferencias considerables existentes entre os principais dialectos. Se na illa de Veglia o dálmata conseguiu sobrevivir nas clases populares ata finais do s XIX, en Ragusa acabou reducido ao ámbito da aristocracia ata extinguirse a finais do s XV, a causa da croatización definitiva... -
-
Relativo ou pertencente á raza dálmata.
-
raza dálmata
Raza de cans de talle mediano, cunha altura que non sobrepasa case nunca os 60 cm. Teñen o corpo esvelto, as orellas non moi grandes e caídas, e o pelame curto de cor branca con manchas circulares negras ou marróns distribuídas uniformemente por todo o corpo. Son animais de garda e defensa.
-
-
-
-
Túnica de cor branca adornada con púrpura, dotada de mangas anchas e curtas, que usaban os romanos a imitación dos dálmatas.
-
estidura eclesiástica aberta polos lados, que cobre todo o corpo, por diante e por detrás, e leva nos brazos unha especie de mangas anchas e abertas, que poñen os diáconos por riba da alba nas celebracións litúrxicas.
-
Túnica aberta polos costados que levaban antigamente os guerreiros e os reis de armas, e que tamén usaban os maceiros e os heraldos.
-
-
PERSOEIRO
Pedagogo e editor. Publicou numerosas obras didácticas escolares que tiveron gran difusión (especialmente un método de lectura e outro de aritmética, ademais dunha Enciclopedia cíclico-pedagógica). Foi o promotor da editorial Dalmau Carles Pla SA que, en 1931, publicou a Biblioteca Pedagògica Catalana para o ensino do catalán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Editor. Militou na Unió Catalanista, da que foi secretario xeral, e no Estat Català. Foi subdirector e fundador do semanario Nosaltres Sols (1931-1934). Tamén fundou Edicións Mediterrània (1935), Editorial Dalmau i Jover (1945) e Rafael Dalmau, Editor (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pedagogo e filólogo. Utilizou os pseudónimos Llibertadà e Poli Glot. En 1918 fundou o Liceu Dalmau, de ensino medio e técnico. En 1940 transformouno no Institut Belpost de ensino a distancia. Foi membro da Akademio de Esperanto como representante da lingua catalana. Fundou e dirixiu a revista Clarisme. Creou o método de taquigrafía internacional que leva o seu nome. Publicou novelas e ensaios filolóxicos, como Seny i atzar, Una altra mena d’amor, Polèmica, Sinceritat, Poliglotisme passiu (1936) e Aclariments lingüístics (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Marchante, pintor e restaurador. Instalado en Barcelona (1884), foi discípulo de Joan Brull (1896) e frecuentou Els Quatre Gats, onde realizou unha exposición individual. Fundou unha galería de arte en 1906 e foi director artístico da sala de arte da Llibreria Catalònia (1933-1936). Presentou a aqueles artistas que achegaban unha nova visión da arte e as grandes figuras internacionais. En 1917 publicou a revista 391, voceira do dadaísmo. Entre as mostras que promoveu destacan a Exposición de Arte Abstracto e a Exposición de Arte Moderno Nacional y Extranjero, ambas de 1929. Impulsou a Associació d’Artistes Independents (1936) e redactou o seu manifesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Por encargo de Afonso V de Aragón viaxou a Castela (1428) e a Flandres (1431-1436), onde coñeceu a pintura flamenga. Trasladouse a Barcelona (1443-1460), onde contratou algúns retablos. Consérvanse dúas obras documentadas: o retablo dos Consellers (Conselleiros, 1445), obra que presidía a capela da casa da cidade de Barcelona e considerada unha das primeiras obras do estilo hispanoflamengo, e a táboa central do retablo de Sant Baldiri (1448) da igrexa parroquial de Sant Boi de Llobregat.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (5.450 km2; 359.753 h [1988]). A capital é Daloa.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento homónimo, Costa de Marfil, na marxe esquerda do río Sassandra (121.842 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo de Jean-Baptiste Carpeaux, foi expatriado, despois da Comuna, a Londres, onde realizou terrecottes de estilo naturalista inspirados na vida dos traballadores, como Muller espida lendo (1878). Regresou a Francia en 1879 e o seu estilo fíxose académico. Executou encargos oficiais como Triomphe de la République (O triunfo da República, 1879-1899) e o Monument à Eugène Delacroix (Monumento a Eugène Delacroix, 1890). Consérvanse bosquexos do inacabado Monumento ao traballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino escoto fundado no s VI, na costa occidental de Escocia. Deu orixe ao reino de Alba e, máis tarde, ao de Escocia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de masa atómica que corresponde a 1/12 da masa dun átomo do isótopo 12C. Equivale a 1,66057×10-27kg.
-
PERSOEIRO
Químico e físico inglés. Autodidacta, exerceu como mestre en diversas escolas. En 1793 instalouse en Manchester, onde continuou co seu labor docente e investigador. Dedicouse á meteoroloxía e publicou Meteorological Observations and Essays (Observacións e ensaios meteorolóxicos, 1793). En 1794 deu a coñecer por primeira vez o daltonismo. En 1803 publicou a lei sobre as presións parciais e pouco tempo despois descubriu, independentemente de Gay-Lussac, que todos os gases posúen o mesmo coeficiente de dilatación. A teoría atómica de Dalton, exposta en 1808 na obra New System of Chemical Philosophy (Novo sistema de filosofía química, 1808-1827), deu unha base científica e experimental ás especulacións dos atomistas gregos. Foi membro da Royal Society, elixido en 1822, e da Académie des Sciences de París, a partir de 1830.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lei das presións parciais que establece que a presión dunha mestura de gases perfectos, é a suma das presións que farían os gases compoñentes se cada un deles ocupase todo o volume da mestura á mesma temperatura.
-
Lei ponderal da química que establece que cando dous elementos se combinan para formar máis dun composto, as cantidades dun deses elementos que se combina cunha cantidade fixa do outro están nunha relación de números enteiros simples. Tamén se coñece como lei das proporcións múltiples.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de introducir o ensino individualizado na escola. Helen Parkhurst, discípula de M. Montessori, iniciou este método en 1904 e realizou as súas experiencias ata 1915. O plan desenvolveuse enteiramente na High School de Dalton (Massachussetts), localidade que lle deu nome e, dende alí, estendeuse a outros países. Este plan baseábase en tres principios pedagóxicos: liberdade do alumno para escoller e organizar o seu propio traballo, xa que cada un deles organiza as súas unidades didácticas; fomentar as relacións sociais mediante a cooperación, inspirada en Dewey; e aumentar a independencia e individualidade do alumno para manifestarse tal como é, e interpretar o mundo baixo o seu punto de vista. Segundo o plan de traballo, este organizábase en fraccións, é dicir, cada alumno debía dominar unha fracción do programa para pasar á seguinte, empregando nese obxectivo todo o tempo que lle fose necesario segundo o seu ritmo de aprendizaxe. As tarefas organizábanse en seis laboratorios (lingua,...