"Ibi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 264.

  • PERSOEIRO

    Faraón de Exipto (380-363 a C). Primeiro faraón da dinastía XXX, enfrontouse con éxito ao persa Artaxerxes II, quen intentou invadir o Baixo Exipto para recuperar a zona que perdera á morte de Darío II de Persia (404 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Faraón de Exipto (360-343 a C). Terceiro e derradeiro faraón da dinastía XXX, en 350 a C enfrontouse con éxito a Artaxerxes III, pero en 343 a C foi derrotado polo soberano persa, quen ocupou Exipto e fundou a dinastía XXXI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do il de Mardin, en Anatolia suroriental, Turquía, situada á beira da fronteira con Siria. Tivo unha escola de teoloxía que se fundou cara a o ano 300 onde floreceu, entre outros, o poeta santo Efrén. En 363, ao caer a cidade nas mans dos persas, a escola trasladouse a Edessa pero volveu en 489. Converteuse no centro espiritual do nestorianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.393.000 h [2000]). É un porto fluvial, no río Obi, e un importante nó ferroviario de Siberia, que xurdiu en 1893 coa construción do transiberiano. Centro científico, cultural e industrial, destaca a metalúrxica, as construcións mecánicas, a industria lixeira e a alimentaria. Ata 1925 denominouse Novonikolajevsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (178.200 km2; 2.748.600 [estim 1999]). A capital é Novosibirsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso situado no concello de Samos e que se estende en dirección L-SO polas parroquias de Gundriz, San Cristovo de Lóuzara e San Xoán de Lóuzara. A súa maxima elevación é o cumio Oribio, que acada os 1.443 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ostensible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que condiciona o seu desenvolvemento ao feito de dispor dunha concentración normal de osíxeno disolto na auga. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político republicano formado por E. Castelar en 1876 como Partido Demócrata e que adoptou a denominación de Demócrata Posibilista en 1879 para se diferenciar dos progresistas demócratas de Cristino Martos. Centrou o seu programa unicamente na consecución do sufraxio universal e na participación electoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de pasible.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de perceptible.

    2. Grao de audibilidade dun son nunhas condicións acústicas dadas. Segundo este parámetro, os sons dunha lingua poden clasificarse nunha escala que vai desde o máis ao menos perceptible. As vogais son máis perceptibles ca as consoantes. Dentro das vogais, os sons abertos son máis perceptibles ca os pechados. Entre as consoantes, son máis perceptibles as sonoras ca as xordas, e as consoantes vibrantes, laterais e nasais máis ca as propiamente fricativas, e estas, á súa vez, máis perceptibles ca as oclusivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Captar unha cousa por medio dos sentidos ou da intelixencia, recibindo impresións sensibles e ordenándoas en unidades de sentido segundo formas ou estruturas determinadas.

    2. Rexistrar unha máquina de alta precisión unha determinada cousa.

      1. Adquirir o dereito a algunha percepción ou retribución por razón de actividades profesionais, servizos ou outros títulos.

      2. Cobrar unha cantidade de diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de perfectible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de plausible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador grego. Despois da vitoria dos romanos en Pidna (168 a C), foi deportado a Roma, onde permaneceu durante sete anos. Na capital fixo unha profunda amizade con Escipión, a quen posiblemente acompañou nas súas expedicións a Cartago e Hispania. Consérvase a terza parte da súa obra historiográfica (Historias), que constaba de corenta libros e na que quixo recoller os feitos ocorridos en Roma desde os anos 264-222 ata o 144 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de posible.

    2. Cousa posible.

    3. Capacidade de ser posible algo.

    4. Carácter, estado ou condición do que é posible. As acepcións fundamentais da categoría de posibilidade son, dunha banda, a posibilidade lóxica ou modalidade do xuízo, que significa a calidade de todo xuízo que non sexa contraditorio, en contraposición á necesidade lóxica; doutra banda, a posibilidade real ou física significa a capacidade ou aptitude dunha cousa para existir de feito e realmente. O sentido da distinción entre ambos tipos de posibilidade é patente non só no coñecido argumento ontolóxico, senón tamén na distinción leibniziana entre os posibles e os composibles. Intimamente unida ao concepto de potencia, a categoría de posibilidade foi obxecto, na escolástica, de diversas distincións, como a posibilidade absoluta ou intrínseca (secundum se), e a posibilidade relativa ou extrínseca (in ordine ad potentiam activam).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Teoría que se ocupa das posibilidades que o contorno natural, relevo, ríos, mares, vexetación, clima, lle ofrece ao home, e que este, en certa maneira, pode dispor del ao seu servizo. Oponse ao determinismo.

    2. Forma de oportunismo político dun partido ou dun particular que, conservando a fe nos propios principios ideolóxicos, está disposto a ceder nalgúns puntos do propio programa e a pactar con outros partidos ou correntes, a cambio de obter obxectivos parciais e inmediatos ou de manterse no poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao posibilismo ou aos posibilistas.

    2. Partidario do posibilismo.

    3. Membro do Partido Demócrata Posibilista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer posible.

    VER O DETALLE DO TERMO