"Muni" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 199.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de ordenamento integral do territorio que ten como obxectivo, no solo urbano, a regulación detallada do uso dos terreos e da edificación. Establece un modelo de ordenamento da estrutura xeral e orgánica do territorio, que consiste na fixación dos distintos usos do solo mediante a zonificación e os sistemas xerais. As determinacións básicas son: a clasificación e a cualificación do solo; a definición detallada dos sistemas xerais; a ordenación do solo urbano; a determinación precisa das operacións de renovación que deben realizarse, ademais dos programas e medidas concretas que se pretenden levar a cabo; a ordenación do solo urbanizable, fixando os programas de desenvolvemento a curto e medio prazo por medio de actuacións públicas e privadas; e o ordenamento do solo non urbanizable, establecendo medidas para a conservación dos espazos naturais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio anual de comunicación que concede a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública a través da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, desde 1985, co fin de promocionar todo o que contribúa a profundar na realidade galega e recompensar o labor dos profesionais, institucións e empresas da comunicación que traballen neste sentido. Desde 1990 os premios divídense nos campos de comunicación en medios informativos, en medios impresos, en xornalismo gráfico, en medios radiofónicos, en televisión e á mellor empresa ou institución de comunicación, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inmunidade a unha enfermidade xa padecida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Municipal Quiñones de León.
-
PUBLICACIÓNS
Serie de cadernos monográficos editados en Vigo a partir de 1978. Incluían información sobre diversos santuarios e castros de diferentes concellos galegos, notas sobre escavacións e prospeccións arqueolóxicas, e localizacións de petroglifos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Telecomunicación feita a través de ondas radioeléctricas mediante a radiotécnica. Forman parte dela a radiotelegrafía, a radiotelefonía, a radiodifusión ou a televisión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telecomunicación que se realiza mediante o emprego da radio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estadio municipal de fútbol situado na Coruña e inaugurado o 28 de outubro de 1944, aínda que a inauguración oficial foi no encontro España-Portugal do 6 de maio de 1945. Proxectado polo arquitecto Santiago Rey Pedreira en 1939, é o escenario dos partidos que o Real Club Deportivo de La Coruña disputa como local. O terreo adquiriuno o concello por 300.000 pesetas e a construción do complexo deportivo para a práctica de fútbol, hóckey e atletismo, superou os cinco millóns de pesetas. Destaca polo monumentalismo ilustrado, cun deseño típico da arquitectura monumentalista alemá de entreguerras. Cunha capacidade para 34.600 espectadores, foi escenario de varios encontros internacionais da selección española e nas súas instalacións acolle tamén o museo do Real Club Deportivo da Coruña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo nome de Mbini.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo poético formado por Alberto Avendaño, Antón Reixa, Manuel M. Romón, Facurro Sesto e Camilo Valdeorras en Vigo (1975), ao que se uniu nun principio Alfonso Pexegueiro. Influenciados polo dadaísmo, o surrealismo e a pop-art, practicaron a escrita automática en galego e buscaron a provocación en cada unha das súas propostas. Publicaron de forma conxunta o primeiro libro en 1978, titulado Silabario da Turbina, ao que seguiron Fóra as vosas sucias mans de Manoel Antonio (1979) e, na serie “Tres tristes tigres” (1979), As ladillas do travesti, de A. Reixa; Facer pulgarcitos tres, de A. Avendaño; e Galletas kokoschka non, de M. Romón. Baixo o selo de Rompente tamén saíron á luz dous volumes significativos da poesía galega, Con pólvora e magnolias (1976), de Méndez Ferrín, e Seraogna (1976), de Alfonso Pexegueiro. En 1983 presentaron o seu último proxecto en común, A dama que fala, acompañado dun espectáculo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epíteto (asceta do clan dos śākya’) dado a Buda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Artefacto explosivo que, lanzado desde un avión de ataque ou mediante mísiles de cruceiro subcónicos, cae desde baixa altura ao abrirse a carcasa que os contén, espallándose sobre un obxectivo. As submunicións máis pesadas autodiríxense e caen con paracaídas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade monástica e ecuménica fundada en 1942 en Taizé (Borgoña) por Roger Schutz. Integrou irmáns de diversas igrexas cristiás, sobre todo protestantes, tamén algúns católicos, procedentes dunha quincena de países. A ela adheríronse, especialmente, as xuventudes dos países de Europa do Leste. Non aceptan donativos e as súas herdanzas persoais son doadas aos máis pobres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Lugo. Construíuse baixo a iniciativa de Buenaventura Miguel Pla en 1844, seguindo o modelo do Teatro Principal de Santiago de Compostela. Demoleuse en 1892.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da enxeñaría que trata da transmisión de información a distancia. Claude Shannon, enxeñeiro estadounidense, foi o primeiro en tratar matematicamente os problemas das telecomunicacións, e ao resolver en 1948 os problemas básicos da comunicación, sentou tamén as bases da Teoría da Información. Esta teoría non se interesa polo aspecto semántico da información, senón por aspectos como a cantidade de información contida nunha serie de mensaxes e os requirimentos para transmitilos. Shannon estudou o problema de enviar unha mensaxe desde a fonte de información ao seu destino a través dun medio afectado por ruído. Esta mensaxe, ben pode ser voz (sinal analóxico), ou ben unha ringleira de caracteres (sinal dixital). Os sistemas de telecomunicación modernos normalmente dixitalizan a información antes de transmitila. Unha característica importante da mensaxe é a cantidade de información que contén, medida en bits, diferentes dos “bits” ou “binits” (binary digits, díxitos binarios) empregados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corte de xustiza das Comunidades Europeas con sede en Luxemburgo. A súa misión consiste na aplicación e a recta interpretación dos tratados fundacionais e das normas legais das comunidades. Está formado por 15 xuíces e 9 avogados xerais, nomeados para un período de 6 anos de común acordo polos estados membros. Os xuíces designan entre eles ao presidente e están asistidos polos avogados xerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tribunal con xurisdición en toda España creado en 1940 e suprimido en 1963, ao ser creado o Tribunal de Orden Público. Para erradicar tanto a masonaría como o comunismo, impuña penas durísimas de privación de liberdade e confiscaba os bens dos condenados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1932 en Madrid pola fusión da Unión Telegráfica Internacional e a Unión Radiotelegráfica Internacional, creadas en 1865 e en 1906, respectivamente. Depende da ONU desde 1947. Ten a súa sede central en Xenebra, e inclúe un comité permanente, o International Frequency Registration Board (IFRB), encargado de asignar as frecuencias para as estacións. As normas técnicas son revisadas cada catro anos polo Comité Consultivo Internacional das Radiocomunicacións (CCIR) e polo Comité Consultivo Internacional Telegráfico e Telefónico (CCITT).
-
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma de España, constituída polas provincias de Alacant, Castelló de La Plana e València (22.826 km2; 4.152.776 h [2001]). Limita ao N con Catalunya e Aragón, ao O con Aragón e Castela-A Mancha, ao S con Murcia e ao L co Mar Mediterráneo. A súa capital é València.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo da Comunitat Valenciana divídese en dous sectores: as serras do interior e as chairas costeiras. O primeiro sector caracterízase polos accidentes montañosos, integrados no Sistema Ibérico e nas serras Subbéticas. Destacan as serras do Maestrat, Espadà, Martés e o macizo do Caroig. A maior altitude acádase en Penyagolosa (1.813 m). O segundo sector é unha chaira litoral composta por praias suaves, baixas, areosas e con lagoas litorais ou albufeiras, algunhas delas desecadas. Climaticamente, os invernos son relativamente suaves, con poucas chuvias, con máximos en outono e primavera e forte seca estival. No verán, a influencia do anticiclón dos...