"RCA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 608.

    1. Que sucede aproximadamente cada 24 h.

    2. Aplícase ao ritmo biolóxico que ten un ciclo aproximado de vinte e catro horas, como a secreción de ACTH, os movementos de crecemento das plantas ou o ciclo de sono/actividade dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes da familia das onagráceas ao que pertence a herba dos encantos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves da familia dos accipítridos ao que pertence a aguia albela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á rexión mariña situada por debaixo da infralitoral, a partir dos 30-40 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Rusia situada entre o Mar Negro, o val do río Kuban’ e o Gran Cáucaso. Comprende as Repúblicas dos Karachas e dos Cherkeses, a República de Adiguesia e a República dos Kabardíns e dos Balkares. De terras negras moi fértiles, a súa economía baséase principalmente na agricultura. Malia que foi conquistada polos romanos (s I a C), a súa influencia foi moi feble. No s V conquistárona os persas, e no s XVI, Timor-Lang (Tamerlán). A parte oriental quedou baixo o dominio de Crimea ata 1774, ano no que a soberanía pasou a Rusia, que obtivo o dominio total en 1825. Despois de duras campañas, Rusia conquistou a rexión occidental en 1864.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos circasianos ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo circasiano.

    3. Pobo caucásico que antigamente poboaba a Circasia. Convertidos ao Islam dende o s XVII, mantiveron enfrontamentos contra a dominación rusa ata o seu sometemento no 1864. Coa perda de boa parte do seu territorio, parte da poboación emigrou a outros lugares do Imperio Otomano (as actuais Turquía e Siria). Os circasianos están repartidos entre as repúblicas federadas rusas dos Kabardíns e dos Balkares (circasianos orientais ou kabardíns), de Adiguesia (circasianos occidentais ou adiguesos) e dos Karachas e dos Cherkeses, e nos estados de Turquía e Siria. Practican a agricultura e a gandería, e destacan na confección de tecidos de la. Viven agrupados en poboados (psukho), organizados en tribos compostas de familias patriarcais e sometidos a unha estrutura de goberno complexa e estratificada, que ten como cabeza suprema o valí. A escravitude mantívose ata épocas recentes e son maioritariamente musulmáns.

    4. Antiga lingua caucásica falada polo pobo circasiano que, desde a dispersión dos seus integrantes, foi perdendo unidade ata converterse en tres linguas relativamente diferenciadas: o adigueo, o cherkés e o kabardino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Vigo o 12 de marzo de 1891 co nome de Centro de Instrución Mercantil. En 1904 tomou a denominación de Círculo Mercantil e Industrial; en 1951, a de Círculo Recreativo Mercantil e Industrial e en 1965, a de Círculo Cultural Mercantil e Industrial de Vigo. O seu primeiro presidente foi José A. Priegue e, dende 1996, ocupa a presidencia Manuel Vila Ruibal. Naceu como unha asociación que reunía os comerciantes da época. Os seus fins son a promoción de actividades culturais, recreativas e deportivas para os seus socios, sen ánimo de lucro. Agás un período no que se situou no desaparecido Teatro Rosalía Castro, dende o seu nacemento tivo a sede na rúa do Príncipe, inaugurada polos reis Afonso XIII e Victoria Uxía o 28 de setembro de 1927. Nestas instalacións están as oficinas, o salón rexio, a cafetería, a sala de xogos e billar, o ximnasio e a biblioteca, a primeira que se informatizou en Galicia e que conta con 30.000 volumes, ademais de revistas, xornais e servicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución cultural fundada en Santiago de Compostela en 1894 baixo a presidencia de Acisclo Sainz Díez. Os seus fins son culturais e recreativos. A súa sede conta, entre outras instalacións, cunha biblioteca, un salón de xogos e unha sala de televisión. Está presidido por Pablo Nine Oubiño e pertence á Federación Gallega de Círculos y Casinos Culturales.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador italiano. Coñecido co nome de Sabellico, ensinou retórica en Udine (1473-1483) e Venecia, onde dirixiu a biblioteca pública. Influído por Flavio Biondo, escribiu entre outras obras: Rerum Venetarum ab urbe condita ad Marcum Barbadicum Venetarium principem libri XXXIII (Historia de Venecia dende a fundación da cidade ata ao príncipe veneciano Marco Barbadico, 1487).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Territorio dotado dunha serie de similitudes e afinidades que o singularizan, xa sexan as relacións de veciñanza establecidas entre os lugares que o forman, unhas certas condicións naturais ou a persistencia de demarcacións históricas.
      Desenvolvemento teórico: concreción e definición
      Malia a común e abundante utilización do termo, non existe un consenso xeral sobre a súa definición nin carácter. Téndese a equiparar a unha “microrrexión” na que coinciden diversas variables na paisaxe e nas relacións humanas que a dotan de singularidade. Tamén se utiliza como un ámbito funcional de carácter supramunicipal para a prestación dun determinado servicio. É, polo tanto, unha escala territorial intermedia entre as unidades locais de base, parroquias e municipios, e o nivel rexional. En Galicia, teóricos da ordenación territorial propugnaron historicamente, dende diversas posicións ideolóxicas, unha organización territorial en comarcas. Contribúen á tradición comarcal dous...

    2. Categoría de comarcas contemplada na Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996), definida en función dunha gran cidade que experimentou un proceso de crecemento e expansión da urbanización por todo o territorio, que derivou na formación dun continuo urbano. A súa densidade demográfica é elevada e as relacións económicas e funcionais no seu interior moi intensas. A principal finalidade da institución comarcal é a coordinación de actuacións administrativas sobre o territorio metropolitano, fundamentalmente nos aspectos referidos á rede de transportes, os medioambientais e de xestión do solo. Segundo o Mapa Comarcal de Galicia (aprobado en 1997), son metropolitanas as comarcas da Coruña e de Vigo.

    3. Categoría máis simple de comarcas contemplada na Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996), caracterizada por unha economía cun gran peso das actividades agropecuarias e cun hábitat maioritariamente rural.

    4. Categoría de comarcas contemplada na Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996), caracterizada pola superposición do sistema urbano e rural, na que predominan as actividades económicas non agrarias. Ademais, nun plano morfolóxico distínguese por unha elevada intensidade na ocupación do solo e un policentrismo urbano, de xeito que varias vilas ou pequenas cidades integran unha rede de relacións intracomarcais. Segundo o Mapa Comarcal de Galicia (aprobado en 1997), son rururbanas as comarcas do Baixo Miño, do Barbanza, de Bergantiños, do Eume, do Morrazo e do Salnés.

    5. Categoría de comarcas contemplada na Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996), definida como aquela que se desenvolve ao redor dunha gran cidade pero na que a intensidade da urbanización non permite falar de aglomeración metropolitana. Segundo o Mapa Comarcal de Galicia (aprobado en 1997), son urbanas as comarcas da Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra e Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico semanal da comarca de Ribadeo. Publicouse por primeira vez en outubro de 1919 co título de La Comarca. Nesta primeira andaina, na que se subtitulaba “Semanario popular independiente”, F. Lanza Álvarez foi o seu fundador e director. Entre os seus colaboradores figuraban Antonio Otero, C. Barcia Trillés, A. Suárez Coto e Barreiro Pico. Publicáronse traballos de Dámaso Alonso e M. Leiras Pulpeiro, e o director desenvolveu varias campañas relacionadas con temas de interese para a comarca, ao tempo que loitaba contra o caciquismo nas seccións “Charamuscas” ou “Del guiñol ribadense” baixo pseudónimos como El Montañés ou Un Labrador Gallego. Inseriu tamén natalicios, enlaces matrimoniais, necrolóxicas, proxectos urbanísticos, bandos, festividades das localidades veciñas, etc. No ano 1929 Ramón F. De Soto fíxose cargo da dirección. No grupo de colaboradores incluíanse D. Gamallo Fierros, J. Ameijede Martínez, I. Asensio Amor e E. Gutiérrez Fernández. A partir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego que comezou a editarse na comarca do Morrazo no ano 1996, primeiro como quincenario e a partir do ano 2001 mensualmente. Pertenceu inicialmente ao grupo de comunicación Filmagal, ata que en maio de 2001 pasou a mans da empresa La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixida por Antón Xil Alcántara e coordinada por Carlos Fuentes, conta cun consello de redacción formado por Iria Santaclara, Raquel Rey e Afonso Fernández. Contén información de carácter xeral que abrangue os concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Marín. Insire unha sección dedicada a cada concello e, ademais, os apartados “Opinión”, “Deportes”, “Cultura”, “Servicio Galego de Colocación” e “Breves”. Inclúe tamén reportaxes de actualidade e diversos especiais dedicados ao mundo do motor, do fogar e da construción, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de orientación radical editado en Chantada en decembro de 1912. O veterinario M. Losada Castro foi un dos responsables desta publicación, patrocinada polo bando liberal, que se dedicaba principalmente aos artigos de divulgación do propio veterinario, xunto con noticias relacionadas co agro. Introduciu poemas de Curros Enríquez, Pepe Mollete e de Vilardemonte. Ademais, contou coa colaboración de M. Cabo e Fray Ruibarbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal mensual dirixido por Ángel Torre Iglesias que comezou a editar en febreiro de 1999 a empresa Breamo Comunicación S L. Cunha tiraxe de tres mil exemplares, ten como ámbito de influencia os concellos de Ferrol, Narón, Neda, Fene, Ares, Mugardos, Cabanas, A Capela, Pontedeume, Miño, As Pontes de García Rodríguez, Monfero e Vilarmaior. Conta coa colaboración de Xavier Alcalá, Xoán Rubia, Silvia Nieto Matamoros e Eugenio Pena, entre outros. Especializada en información local e comarcal, aborda a actualidade das comarcas de Ferrolterra e do Eume, e presta especial atención ás cuestións de índole social e política. Consta dunha serie de seccións dedicadas a cada un dos concellos, acompañadas dun apartado cultural e dunha sección deportiva que informa sobre os clubs de base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Proceso de división dun espazo determinado en unidades menores de carácter homoxéneo e diferenciado do conxunto, denominadas comarcas.
    A comarcalización como instrumento de ordenación territorial
    Pódense individualizar tantos tipos de comarcalizacións como de comarcas: naturais, xeográficas, funcionais, etc. Cada unha delas faise cuns obxectivos e cuns métodos determinados, non contraditorios entre si malia que non sexan coincidentes. Existen comarcalizacións realizadas desde unha perspectiva natural que dividen o territorio segundo afinidades como o clima ou as formas de relevo, entre outras; comarcalizacións xeográficas que teñen en conta a uniformidade paisaxística resultante da interacción humana co medio natural, etc. Desde o punto de vista académico, téndese a cuestionar os intentos de implementar unha delimitación estable dos espacios comarcais. Os sucesivos paradigmas científicos favoreceron diferentes conceptualizacións do feito comarcal. Así mesmo, todo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á comarca.

    2. Natural ou habitante da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego que saíu no outono de 1996 en Santiago de Compostela, editada pola Área de Comunicación da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal. Dirixida por Roberto Ledo, contaba con Pablo Santiago na súa redacción. Os seus colaboradores pertencían ás xerencias das Fundacións para o Desenvolvemento Comarcal. De carácter socioeconómico, acollía temas relacionados co desenvolvemento ou coa potenciación dun determinado territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego que comezou a editarse no Carballiño no ano 1998. Pertenceu inicialmente ao grupo de comunicación Filmagal, ata que en maio de 2001 pasou á mans da empresa La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixida por Antón Xil Alcántara, contén información de carácter xeral que abrangue os concellos da comarca do Carballiño e o Ribeiro como Carballiño, Cea, Boborás, Beariz, Piñor, Punxín, O Irixo, Leiro, Cenlle, Arnoia, Cortegada, Beade, Melón, Carballeda de Avia, Avión, San Amaro, Maside, Castrelo de Miño e Ribadavia. Dedica unha sección a cada concello e insire os apartados “Deportes”, “Servicio Galego de Colocación” e “Breves”. Inclúe reportaxes de actualidade e diversos especiais dedicados ao mundo da decoración, do fogar, do motor e da construción, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ente de dereito público, creado en 1988, que ten como funcións xerais velar pola protección dos investidores, pola transparencia dos mercados de valores e pola correcta formación dos prezos dos mesmos.

    VER O DETALLE DO TERMO