"RL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1468.
-
IGREXAS
Igrexa mozárabe do s X situada na provincia de Soria. Capela cuberta por unha bóveda de canón, a nave é case cadrada. Dunha columna situada no centro da nave parten oito arcos cara ao muro como se fosen as follas dunha palmeira.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno arquipélago granítico situado fronte ás costas portuguesas e integrado por máis de medio cento de illas e illotes. Atópase entre 10 e 18 km ao NO do cabo Carvoeiro (Peniche), e distínguense en tres grupos: o das Berlengas, as máis próximas ao continente, integrado pola Berlenga Grande e as illas que a rodean: Serro da Velha, Maldito, Soldado, Fortaleza, etc; as Estelas, 1,7 km ao O da Berlenga, formadas polos illotes: Estela, Estalão, Manuel Jorge, Parados, Todo o Peixe e Medas; por último: as Farilhões, case 7 km ao NO da Berlenga Grande, na que destacan a Farilhão Grande, a Farilhão do Norleste, a Farilhão dos Olhos, a Farilhão da Cova e o Rabo de Asno. A única illa habitada do conxunto é a Berlenga Grande, onde existe unha pequena aldea de pescadores, ademais do farol, atendido polo servizo de faroleiros. Dende 1981 constitúen unha reserva natural (Decreto Lei nº 264/81 do 3 de setembro), tanto por ser lugar de cría de diferentes aves mariñas (como a pardela cinsenta, o corvo...
-
PERSOEIRO
Cabaleiro alemán, xefe dunha banda armada. Loitou no exército de Alberte V de Baviera e no partido do duque Ulrico de Würtemberg. Foi un dos últimos representantes do espírito de independencia feudal. En 1525 participou nunha revolta de campesiños. Escribiu as súas memorias tituladas Lebensbeschreibung (Biografía, 1731), nas que Goethe baseou o seu drama Götz von Berlichingen (1773).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa automobilística francesa fundada en Lyon (1894) por Marius Berliet. Desde 1967 quedou estreitamente vencellada á empresa Citroën. Na súa orixe fabricaba automóbiles e camións, pero desde 1939 dedicouse só a camións. En 1975 foi integrada na Renault e en 1980 desapareceu a marca.
-
CAPITAIS
Capital de Alemaña e do land homónimo, situada nunha chaira nas beiras do río Spree (891 km2; 3.425.759 h [1998]). A cidade, nacida nunha pequena illa formada polo río Spree, estendeuse axiña pola chaira circundante. O Gran Berlín (Gross Berlin) foi construído pola anexión de numerosas aglomeracións da área urbana. Antes da Segunda Guerra Mundial producírase unha disposición do hábitat urbano en forma concéntrica: o núcleo orixinario central ía quedando despoboado e nos seus arredores foise formando un cinto comercial, con almacéns e oficinas. As destrucións ocasionadas pola Segunda Guerra Mundial e a posterior división de Berlín levaron á creación de dúas cidades practicamente novas: o Berlín Occidental e o Berlín Oriental. O Berlín Occidental foi reconstruído segundo o trazado das rúas antigas, mentres que o Berlín Oriental se fixo segundo un plano de conxunto. Orixinariamente, na cidade había dúas comunidades, Kölln e Berlín, que se mantiveron separadas ata 1710....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo sector occidental da cidade de Berlín que constituíu un land da República Federal de Alemaña entre 1949 e 1990. Abranguía unha superficie de 480 km2 e estendíase polos tres sectores da cidade ocupados ao remate da Segunda Guerra Mundial polos exércitos francés, británico e estadounidense. A Constitución do primeiro de outubro de 1950 estableceu unha cámara dos deputados e un senado, que exercía as funcións executivas. O goberno de ocupación interaliado continuou exercecendo a súa xurisdición nas materias de seguridade e nas relacións de Berlín coas autoridades estranxeiras. No ano 1990 o Berlín Occidental fusionouse co Berlín Oriental, co fin de constituír o novo Berlín reunificado e converterse en capital de Alemaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo sector oriental da cidade de Berlín que constituíu un bezirk da República Democrática Alemana, da que foi a capital ata 1990. Abranguía unha superficie de 403 km2, estendéndose sobre o territorio ocupado polo exército soviético ao remate da Segunda Guerra Mundial. Era a única cidade da RDA onde a participación do sector terciario na distribución do emprego e na produción era superior ao do sector secundario. Nela tiñan a sede todos os ministerios, todas as embaixadas e a maioría das institucións estatais. A constitución de 1949 considerou a Berlín como capital da RDA, pero ata o 13 de outubro de 1966 o Berlín Oriental non foi incorporado formalmente á RDA. No ano 1990 os dous sectores de Berlín fusionáronse para constituír o novo Berlín reunificado e converterse en capital de Alemaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia política reunida en Berlín do 15 de novembro de 1884 ao 26 de febreiro de 1885 co obxecto de solucionar os conflitos xurdidos entre as grandes potencias no reparto de África. Chamada oficialmente Conferencia da África Occidental, participaron delegados das principais potencias europeas e dos EEUU. A conferencia dirimiu os conflitos territoriais, garantiu a liberdade de navegación polos grandes ríos africanos como o Níxer e o Congo, recoñeceu a existencia do estado libre do Congo baixo a soberanía de Leopoldo II de Bélxica, e fixou as novas normas do imperialismo colonial que establecían a necesidade de ocupación efectiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia política reunida en Berlín do 13 de xuño ao 13 de xullo de 1878, presidida por Bismarck e convocada, baixo a presión de Inglaterra e Austria-Hungría, para revisar a paz de San Estéfano, pola que Rusia eliminaba a Turquía dos Balcáns. Rusia aceptou a división da Gran Bulgaria en dous sectores: a rexión norte como principado autónomo e a rexión sur como provincia otomana (Rumelia Oriental), dirixida por un gobernador cristián; recoñeceu tamén a independencia de Romanía, Serbia e Montenegro. Inglaterra recuperou Chipre, Austria-Hungría acadou a administración de Bosnia-Herzegovina e Rusia conservou Kars, Ardahan e Batumi.
-
PERSOEIRO
Nome co que é coñecido o compositor norteamericano de orixe rusa Israel Balin. Entre as súas obras, de temática popular pero de grande habilidade musical, hai moitas cancións, comedias musicais e composicións para obras de teatro e filmes como O sombreiro de copa (Top hat, 1935) e White Christmas (Nadais brancos, 1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo, escritor e diplomático británico de orixe letona. Educouse en Oxford, onde se licenciou en Filosofía. No 1942 nomeárono primeiro secretario da embaixada do seu país en Washington. Foi profesor de Teoría Política e Social na Universidade de Oxford e de Humanidades na City University de Nova York; ademais foi profesor invitado nas universidades de Harvard, Bryn Mawr College, Chicago e Princeton. Está considerado como o filósofo máis importante dentro do pensamento liberal, ademais de ser un escritor cunha visión marcadamente humanista. Nas súas obras atacou o Determinismo, fundamentalmente marxista, e defendeu que a historia non podía nin debía tentar ser obxectiva. A súa filosofía política é empírica, pluralista e liberal, na mesma liña que Emile Durkheim. Entre as súas obras cómpre salientar: Karl Marx (Carlos Marx, a súa vida e o seu contorno, 1939), Two concepts of liberty (Dous conceptos da liberdade, 1954), unha referencia clásica e esencial en todo debate...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Barreira fortificada que cercou o sector occidental da cidade de Berlín desde 1961 a 1989. Foi construído na noite do 12 ao 13 de agosto de 1961 polas autoridades da República Democrática Alemana, coa intención de impedir o constante trasvase de cidadáns cara ao sector occidental. Cun perímetro de 45 km e unha altura de 4 m converteuse no símbolo da división entre as dúas Alemañas durante a Guerra Fría. A demolición deste muro da Vergoña, como támen era coñecido, comezou o 9 de novembro de 1989 froito dun movemento popular espontáneo protagonizado por cidadáns do Berlín Oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pacto asinado entre Austria e Prusia o 28 de xullo de 1742 no transcurso da Guerra de Sucesión de Austria, que asegurou a Federico II de Prusia a rexión da Silesia, agás o condado de Glatz e algúns distritos do SL.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 2 de maio de 1939 entre Italia e Alemaña, tamén chamado Pacto de Aceiro. Ademais de constituír un medio de presión política contra Francia, fixo pública a identificación entre o fascismo italiano e o nacionalsocialismo alemán fronte ás outras potencias.
-
-
-
Coche de cabalos pechado con catro rodas e, xeralmente, con dous asentos, aínda que tamén pode ter catro.
-
Automóbil de turismo, pechado, con catro ou seis asentos e catro portas.
-
-
Nas dilixencias, carruaxes e outros vehículos de viaxeiros, departamento pechado que vai diante e que só ten unha fileira de asentos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía teatral fundada en Berlín Este, na antiga República Democrática Alemana, por Helene Weigel e Bertolt Brecht. O seu obxectivo era desenvolver teorías, tecnoloxías e prácticas teatrais que fundamentasen e sustentasen o chamado “teatro épico” e crear espectáculos a partir dos textos do propio Brecht, ademais de construír un repertorio teatral universal a partir de textos significativos adaptados e recreados polo propio autor, seguindo os seus criterios de socialización e aquel principio de que a copia non é un fin senón un principio e, consecuentemente, unha arte. En 1954 o Berliner abandona o Kammerspiele do Deutsches Theater para instalarse definitivamente no Theater am Schiffbauerdamm, lugar onde vén desenvolvendo de forma ininterrompida o seu traballo. Despois da morte de Brecht, en 1956, dirixiu a compañía a súa muller, mentres entraba nunha etapa na que o obxectivo fundamental era preservar en estado puro o legado escénico do seu fundador, realizaron xiras por Europa e América...
-
-
Relativo ou pertencente a Berlín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Berlín.
-
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. Membro dunha familia de pintores, foi coñecido polo retablo San Francisco e escenas da súa vida, realizado para a igrexa de San Francisco de Pescia (1235). A súa arte representa un bizantinismo evolucionado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano. Fillo de Mario Berlinguer, avogado socialista e militante antifascista. En 1943 afiliouse ao Partido Comunista Italiano (PCI), do que foi membro do comité central (1945), secretario xeral das mocidades comunistas (1949-1956), responsable da sección central de organización (1958), secretario xeral adxunto do partido (1968-1972) e secretario xeral dende 1972. Foi deputado na cámara italiana desde 1968 e, a partir de 1979, tamén no Parlamento Europeo. Foi un impulsor destacado do eurocomunismo, un modelo comunista non soviético que non reclamaba a revolución violenta, senón a través dos votos, propugnou o que se chamou “compromiso histórico” (un goberno de coalición democratacristián, comunista e socialista) e favoreceu co seu pragmatismo o arraigamento social do seu partido. Entre os seus escritos políticos cómpre salientar os seguintes: L’unitá del movimento operario (A unidade do movemento obreiro, 1968), La questione comunista (A cuestión comunista,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Na súa xuventude comezou os estudios de Medicina, pero pronto deixou a universidade polo conservatorio. En 1830 gañou o Premio de Roma e escribiu a cantata Sardanapale, composición inacabada e non publicada, e Symphonie fantastique: épisode de la vie d’un artiste (Sinfonía fantástica: episodio da vida dun artista). Logo dunha estadía en Italia, colaborou como crítico musical en Le Journal des Débats. Entre a súa produción destacan ademais a sinfonía dramática Roméo et Juliette (Romeo e Xulieta, 1839); as oberturas Le Roi Léar (O Rei Lear, 1831) e Le carnaval romain (O carnaval romano, 1844), e a ópera Les Troyens (Os Troianos, 1856-1859). Considerado como o único músico propiamente romántico de Francia e como o creador da instrumentación moderna, influíu decisivamente na música do s XIX en compositores como Richard Strauss, Smetana ou Lisz, e sobre xeracións posteriores, especialmente sobre os músicos...
VER O DETALLE DO TERMO