"Rus" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 386.
-
PERSOEIRO
Rei de Prusia e emperador de Alemaña (1888-1918), fillo e sucesor de Federico III. Obrigou a dimitir ao chanceler O. von Bismarck a causa das desavinzas respecto ao tratamento do movemento obreiro (1890) e tentou distanciar o proletariado do partido socialista cunha política paternalista. Practicou unha política expansionista e colonial baseada no desenvolvemento económico e na industria bélica e dominou os territorios de Kian-Chow (1897) e a parte occidental de Samoa (1889), Togo e Camerún. Proclamou, tamén, a soberanía de Alemaña sobre os territorios de África Oriental (1891) e de África do SO (1892) e ordenou o desembarco en Tánxer (1905) para impedir a penetración francesa naquel territorio. As crises internacionais e as Guerras Balcánicas fixeron difíciles as súas relacións coa Triple Alianza (1882) e a Triple Entente (1907). Despois da crise de Sarajevo (1914), seguro da superioridade alemana, declarou a guerra a Rusia e a Francia. Ao acabar o conflito bélico (1918) foi obrigado a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos que presentan esporas pálidas e un pé fráxil, provisto de cámaras e tubos libres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de dinosauros da orde dos ornitisquios, medían entre 4 e 15 m de lonxitude, 4 m de altura e aproximadamente unhas catro toneladas de peso. As patas traseiras e a cola eran utilizadas para fuxir dos depredadores, aínda que a maior parte do tempo andaban a catro patas. O cranio e as mandíbulas estaban comprimidas dorsiventralmente e recubertas dun pico córneo, semellante ao dun pato. Tiñan sobre 3.000 dentes, dispostos en distintas fileiras. Habitaron durante o Cretáceo Superior. Existen dúbidas de se poboaron os pantanos de América do Norte, alimentándose de plantas acuáticas ou se pola contra eran animais terrestres e se alimentaban de follas duras de árbores; pola presenza de poderosos molares suponse a segunda hipótese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de teleósteos fisóstomos, alongados e comprimidos. Habitan na zona abisal. Engloba as especies johnsonianus e ovenii.
-
VER O DETALLE DO TERMO
arúspice.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Audrey Hepburn, obtivo un Oscar en 1953 por Roman Holiday. Participou en numerosos filmes, dos que destacan, Sabrina (1954), War and Peace (1956), Breakfast at Tiffany’s (1961), My Fair Lady (1964), Two for the Road (1966) ou Always (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes e rizomatosas ou subarbustivas da familia das ranunculáceas. Presenta follas pecioladas, palmadas ou trifoliadas. As flores están illadas ou dispostas en inflorescencias en forma de acio. O froito é un polifolículo. Vexetan solos húmidos, ricos en materia orgánica e semisombreados. Resisten as baixas temperaturas, ata os -15°, e florecen desde o inverno ata a primavera. Engloba arredor de 20 especies distribuídas por Europa e polas rexións mediterráneas ata o Cáucaso. En Galicia é moi común a especie H. foetidus, coñecida como herba das chaveiras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de rock galego que se deu a coñecer polas súas colaboracións no programa da TVG Xabarín Club. Destacan os seus discos A Cuadrilla de Pepa a Loba (1992), Está que te cajas (1995), Erecsiones Munisipales (1999), o directo All right Chicago (gravado na festa da Dorna de Ribeira, 2000) e Recambios Tucho (2001).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagrama que se obtén ao representar as estrelas, mediante puntos, sobre un plano de coordenadas en que o eixe de abscisa indica a temperatura efectiva (ou o tipo espectral ou o índice de cor) da estrela, e o eixe de ordenadas sinala a luminosidade (relativa á do Sol) ou a magnitude absoluta visual da estrela. Segundo as coordenadas, hai o diagrama HR cor-magnitude e o diagrama HR cor-luminosidade; cando as coordenadas son a temperatura efectiva e a magnitude absoluta bolométrica, trátase do diagrama HR teórico. A maioría dos puntos sitúanse nunha banda alongada, a secuencia principal, sobre a que existe unha agrupación correspondente ás estrelas xigantes e unha que inclúe as estrelas superxigantes, e abaixo, a das ananas brancas. Emprégase para estudar as estrelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade exipcia, descendente de Gheb e Nut. Soberano do Ceo, considerábase protector da monarquía. Represéntase como un deus falcón coas as abertas, que ten como ollos o Sol e a Lúa. Por mor da visión dualística do mundo exipcio, asignáronlle como rival o seu irmán Set. Distínguense fundamentalmente dous tipos, Haroeris (Horus o Grande) e Harpócrates (Horus o Neno).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos basidiomicetos da familia das higroporáceas con láminas espesas, espaciadas, de aspecto ceroso e con sombreiro xeralmente viscoso de 3 a 5 cm de diámetro. Habitualmernte crecen sobre colchóns de mofo; algunhas especies asócianse mediante ectomicorrizas con raíces de piñeiros e ameneiros. Algunhas especies son comestibles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos artiodáctilos da familia dos súidos de gran tamaño e similares aos xabarís; os caninos dos machos están moi desenvolvidos e o pelo é longo e de cor negra. Viven en África central.
-
-
Acción e efecto de incrustar ou incrustarse.
-
-
Acción de adornar algunha cousa con pedras, metais ou outros obxectos semellantes, encastados en entalladuras practicadas na superficie. Incrústase o mármore en pedras máis bastas, e os metais preciosos, o marfil, a nácara ou a madeira sobre madeira. Empregouse nas artes aplicadas de todas as épocas.
-
Material incrustado nun obxecto.
-
-
Modo de fosilización dun corpo orgánico vexetal ou animal en contacto cunha substancia mineral calcaria ou silícea.
-
Depósito salino que se forma na superficie dos tubos ou outros recipientes, pola precipitación das sales nos líquidos que conducen ou que conteñen.
-
Depósito dunha capa mineral (calcaria ou silícea) sobre tecido orgánico. Por exemplo, o tecido óseo de vertebrados, as espículas de esponxas, etc.
-
-
-
Facer que un corpo se introduza noutro.
-
Facer unha incrustación.
-
Fixarse algo fortemente nunha superficie.
-
-
-
Acción de introducirse indebidamente nun lugar ou nunha actividade.
-
Acción de introducirse unha estrutura de rocha determinada, en estado de fusión, dentro doutra xa formada. O proceso de intrusión orixínase no interior da codia terrestre.
-
Acción de facer uso das funcións correspondentes a unha dignidade ou xurisdición propios doutra persoa ou de exercer unha profesión sen o título que habilite para ese exercicio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exercicio dunha profesión, dun cargo ou actividade sen estar unha persoa cualificada oficialmente ou sen ter o permiso necesario.
-
-
Que entrou por intrusión.
-
Aplícase ás rochas ígneas que aparecen entre outras tamén ígneas, metamórficas ou sedimentarias e que proveñen dun magma que se consolidou sen aflorar á superficie.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen se introduce sen dereito nunha actividade ou nun lugar, ou sen que lle corresponda pola súa condición.
-
PERSOEIRO
Gran príncipe de Moscova (1533-1547) e tsar de Rusia (1547-1584), fillo e sucesor de Basilio III. A súa política estivo ligada á expansión no exterior e á centralización do poder estatal no interior. Reformou a administración das provincias, revisou o código legal ruso e constituíu un exército permanente. Estendeu os seus dominios ata o Volga e abriu o camiño cara á colonización de Siberia. Unha segunda fase do seu reinado caracterizouse pola persecución dos boiardos (aristocracia feudal) e o establecemento dun goberno ditatorial, apoiado na súa garda persoal (opričnina). Potenciou o desenvolvemento da cultura rusa e foi un bo estratega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Rusia (1682-1696), fillo de Aleixo I. O seu reinado foi nominal e a súa irmá Sofía detentou efectivamente o poder, ata que foi derrocada por Pedro I (1689). Conservou o título de tsar ata a súa morte.
VER O DETALLE DO TERMO