"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto estadounidense. Deseñou edificios de veciños e industriais, equipamentos sociais e museos. Algunhas das súas obras máis destacables foron o Hartford Seminary de Connecticut e o Museu d’Art Contemporani de Barcelona. Recibiu o Premio Pritzker de Arquitectura (1984) e a medalla de ouro do American Institute of Architects.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e historiador. Socio numerario fundador do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, tesoureiro e membro numerario da Real Academia Galega, foi vicepresidente do Padroado da Biblioteca do Real Consulado da Coruña. Investigou a invasión inglesa de 1719 e as reais fábricas en Galicia. Escribiu La emigración gallega intrapeninsular en el siglo XVIII (1960), Documentos para la historia de las reales fábricas de Sargadelos e Escritos e autores na Galicia da Ilustración (1982). Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Sociedad Geográfica de España. Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio e a Medalla Castelao (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Conselleiro de Estado, catedrático emérito da Universidade da Coruña, foi secretario xeral técnico da Presidencia do Goberno (1969-1973) e conselleiro do Reino (1977). Foi presidente do Instituto Nacional de Reforma e Desenvolvemento Agrario (1976-1977), e do Banco de Crédito Agrícola (1978-1981), fundador e secretario do Partido Galego Independente e deputado pola UCD (1977-1982). Foi o primeiro reitor da Universidade da Coruña (1990-2003) e vicepresidente da Conferencia de Rectores de Universidades Españolas. Colaborou na redacción da Constitución de 1978, como autor da disposición transitoria segunda sobre as nacionalidades históricas, e na do Estatuto de Autonomía de Galicia. Publicou El mutualismo laboral: un estudo jurídico (1963), La distinción entre norma y acto administrativo (1967), La cláusula de progreso de los servicios públicos (1968), Escritos sobre la transición política española (1979), El Estatuto gallego. Por fin unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista. En 1922 emigrou a Bos Aires onde foi o secretario da Organización Republicana Nacionalista Autónoma Galega, que se converteu na delegación do Partido Galeguista en Arxentina. Participou na fundación do xornal España Republicana e tivo unha columna chamada Rataplán, onde asinaba co pseudónimo Tatarí. Foi un activo participante das Irmandades Galegas. Participou na creación de Galeuzca, no Congreso da Emigración Galega (Bos Aires, 1956) e foi cofundador e presidente do Patronato da Cultura Galega (1968). Recibiu a Medalla Castelao (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lugo. Construída en estilo románico rural durante a segunda metade do s XII, foi reformada nos ss XVII e XVIII. Ten planta rectangular, con muros de cantería de granito e ábsida cuberta con bóvedas de canón e cuarto de esfera. Destaca a súa torre-campanario de dobre corpo, cuberta con cúpula en forma de esfera, os canzorros dos muros no exterior e o cruceiro da entrada, realizado en cantería. A fachada principal, con portada arquitrabada e frontón historiado cunha imaxe do Apóstolo Santiago, reformouse durante o Barroco (comezos s XVII). No interior destacan os retablos barrocos e as esculturas de Santiago Peregrino, san Xosé, san Pedro e da Inmaculada. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Indoeuropeísta francés. Discípulo de Michel Bréal e Ferdinand de Saussure, escribiu obras sobre o grego e o latín, ademais doutras de divulgación, pero destaca, sobre todo, pola súa contribución ás linguas eslavas e ao armenio. Aplicou amplamente o concepto saussuriano da sincronía (Grammaire de la langue polonaise, 1921) e insistiu no carácter social do feito linguístico. Da súa produción destacan Altarmenisches elementarbuch (1913), Les langues dans l Europe nouvelle (1918) e Le slave commun (1924)..

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pedagogo. Profesor de educación ambiental da Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Filosofía e Ciencias da Educación. Foi presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental, e publicou, entre outras obras, Novas metodologias em Educação (1995), Habilidades básicas da poboación. Alfabetización funcional en Galicia (1997), Educación Ambiental nos Espacios Naturais Galegos (1999) e Educación Ambiental y desarrollo humano (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro cisterciense situado en Meira. A súa fundación, en 995, atribuíuse a Álvaro Rodríguez e á súa dona, Sancha Fernández, condes de Sarria. Desde o s XI a comunidade relixiosa, ata entón dirixida por un monxe de nome Xeraldo, adoptou a regra beneditina e recibiu importantes doazóns, como as de Afonso VII e Fernando II. En 1515 o mosteiro uniuse á Congregación de Castela, baixo a que viviu períodos de grande esplendor, especialmente ao redor de 1600, cando se abriu na súas dependencias un centro de estudios de filosofía. A este período sucedeu a decadencia do conxunto, agravada pola Guerra da Independencia e materializada coa expulsión dos monxes do mosteiro en 1835, froito da política desamortizadora de Mendizábal. A igrexa monacal, construída arredor de 1142 baixo a dirección de Domingo Ibáñez, consagrouse en 1258. Seguiu o esquema típico das construcións cistercienses, onde destacan a simplicidade nas formas e o predominio da horizontalidade e da austeridade decorativa. Construída...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Couso e Córcores (Avión). O seu cumio acada os 580 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é máis grande. OBS: Non se pode utilizar co significado de ‘máis idade’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e entallador. Traballou baixo o mecenado do arcebispo Antonio de Monroy na reconstrución do pazo arcebispal de Santiago de Compostela e na capela do Espírito Santo da catedral compostelá, para a que realizou os retablos maior e o colateral de San Sebastián, e os moldes para a reixa da porta de entrada da balaustrada e para a escaleira do coro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Meis. Destacan os relevos incrustados nun dos muros laterais, que foron aproveitados de frisos tardogóticos e nos que están representadas a figura de Santiago a cabalo e escenas da vida de Xesús Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa estadounidense. Colaboradora free lance da axencia Magnum desde 1976, viaxou por India, Chile, Nicaragua e El Salvador, e o seu traballo en América Central apareceu publicado na prensa mundial. Ademais de codirixir dous documentais en 1986 e 1991, publicou os libros Carnival Strippers (1976), Nicaragua (1981), Kurdistan: in the Shadow of History (1997) e Pandora’s Box (2002). Expuxo en Chicago, Londres e París, e recibiu a Medalla de Ouro Robert Capa (1979), a Leica Award for Excellence (1982) e o Hasselblad Award (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escultor francés. Cultivou o tema histórico e de xénero, de factura minuciosa e de pequeno formato, que impuxo como moda. En 1834 deuse a coñecer coa obra Le visite chez le bourgmestre. Pintou a epopea napoleónica en Campagne de France, 1814 (1864) e destaca Le siège de Paris (1870). Foi o primeiro pintor galardoado coa Légion d’Honneur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Guangdong, China, situada na ribeira N do río Mei, afluente do río Han (132.156 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e dramaturgo. Foi o autor dos dramas históricos Carskaja nevesta (A promesa do tsar, 1849) e Pskovitjanka (A moza de Pskov, 1860), que serviron de base ás óperas de Rimskij-Korsakov do mesmo nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico dominicano. Foi vigairo xeral de Sardeña (1566), onde fundou novos conventos e introduciu a reforma tridentina. Escribiu varias obras piadosas en castelán, como Coloquio devoto de la cofradía del Santo Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor colombiano. Formouse na Universidad Pontificia Bolivariana e colaborou no xornal El Sol. Creador, xunto con Gonzalo Restrepo e Jaime Sanín, do grupo La Tertulia, houbo de exiliarse por motivos políticos (1948-1957). Da súa extensa produción destacan La tierra éramos nosotros (1945), El día señalado (1964, Premio Nadal 1963), Las muertes ajenas (1979), La casa de las dos palmas (1988, Premio Rómulo Gallegos 1989) e Soledumbres (1990). Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidad Nacional de Colombia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘negro’.

    VER O DETALLE DO TERMO