"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Liñaxe natural de Padrón. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Bustelo, Busto e Bustos. As súas armas levan, en campo de azul, un prado de sinople con bois pacendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte dos contrafortes orientais da serra de Queixa, situado no límite entre as parroquias de Chaguazoso (concello de Vilariño de Conso) e Cernado (concello de Manzaneda). O seu cumio acada os 1.353 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariante do vals, de ritmo lento, tamén denominado vals boston. É orixinario dos EE UU (1870), pero comezou a popularizarse a partir de 1920. Bailábase coas mans nas cadeiras da parella.

    2. Xogo de cartas de orixe norteamericana inventado a finais do s XVIII, durante o cerco a Boston. Xógase entre catro xogadores e con dúas barallas de cincuenta e dous naipes, a primeira delas repártese integramente e a segunda serve para establecer os trunfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Massachusetts, EE UU, á beira da desembocadura dos ríos Charles e Mystic no Océano Atlántico pola baía de Massachusetts (558.394 h [1996]). Ao seu redor medrou unha área metropolitana conurbada, Boston-Salem, que multiplica por dez a súa poboación (5.563.475 h [1996]). O núcleo fundacional da cidade estaba situado nunha península da baía de Massachusetts. O crecemento demográfico levouna a espallarse por outras penínsulas, comunicadas por pontes: formáronse así ao O os barrios residenciais do West End e Back Bay, ao tempo que se incorporaban ao núcleo urbano diversos municipios limítrofes: Charleston ao N, South Boston ao S, East Boston ao NL e Brighton, Dorchester, Hyde Park, Roxbury e West Roxbury ao N, onde tamén se edificaron novas cidades satélite (Chelsea, Revere, Everett e Malden) co obxectivo de afastar do centro os sectores industriais. Por este motivo as instalacións portuarias desprazáronse onda elas. A área metropolitana inclúe ademais diversas cidades e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do Condado de Lincolnshire, no L de Inglaterra, Reino Unido (26.425 h [1981]). Situada á beira do río Witham, preto da súa desembocadura na baía de The Wash, é un centro administrativo e comercial dunha próspera comarca agrícola. Os romanos estableceron no lugar un castrum (campamento). No s XIII era o porto máis importante de Inglaterra, despois do de Londres; sen embargo, os aluvións depositados polo río fórono cegando ata impedir a navegación. No s XIX dragouse a canle e construíronse peiraos, obras que permiten o tránsito de buques de ata 400 toneladas de rexistro bruto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Boston.

    2. Natural ou habitante de Boston.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Coleóptero da familia dos bostríquidos.

    2. Familia de insectos da orde dos coleópteros integrada por individuos xilófagos, de corpo cilíndrico e recuberto de fortes tegumentos de coloración escura e con mandíbulas moi potentes. En Europa pódense atopar unhas 20 especies reunidas en 14 xéneros. Son prexudiciais para os bosques; as larvas escavan galerías nos troncos e nas pólas, especialmente de coníferas e árbores froiteiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIMA

    Cima helicoide no que as diversas poliñas non se sitúan todas nun mesmo plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas da familia das rodomeláceas ao que pertence a especie B. scorpioides, de talo enguedellado e irregularmente ramificado, de ata 8 cm de lonxitude, de cor vermella escura e ápices revirados. Está situado no litoral atlántico sobre pedras ou na base de fanerógamas dos esteiros, onde soporta a desecación e cambios de salinidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e produtor de películas de animación. Iniciouse nos estudios de Walter Lantz e de Walt Disney. En 1943 fundou a United Produtions of America (UPA), xeradora dun novo estilo, oposto aos criterios creadores da escola de Disney.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. A súa obra mestra é Life of Samuel Johnson (A vida de Samuel Jonhson, 1791), empregado como modelo de biografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito que tivo lugar no ano 1485 en Bosworth Field (Condado de Leicester, Inglaterra), e que enfrontou a Ricardo III Plantagenet e Enrique Tudor, co que finalizou a guerra das Dúas Rosas. Enrique foi proclamado Rei co nome de Enrique VII, fundando así a dinastía Tudor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entidade da rede que, empregando parámetros de intelixencia artificial, realiza automaticamente unha función en lugar dun humano, como por exemplo indexar páxinas web nun buscador e localizar determinadas palabras dentro dun texto.

    2. Pequeno programa de intelixencia artificial tralo que se encontra cada un dos participantes en xogos de ordenador de múltiples usuarios que se basean en diferentes clases de aplicacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calzado forte de coiro ou doutra materia que cobre o pé ata os tornecelos e ás veces tamén parte da perna.

    2. Calzado que se utiliza nas especialidades deportivas que demandan unha protección especial ou un determinado reforzo para os pés, como os deportes de montaña, os deportes de neve, as actividades subacuáticas e os deportes practicados en campo ou en pista.

    3. Calzado empregado para a equitación, que se leva enriba do pantalón e que cobre gran parte da perna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de coiro pequeno, con forma de pera, utilizado para o viño, cosido por un lado e cun buraquiño moi estreito no extremo, empregado para beber por el directamente, levantándoo cara ao alto e apertándoo coas mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de sementar.

    2. Período anual no que se realiza a sementeira.

    3. Xermolo dos vexetais que orixina novas pólas, follas e flores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que bota coa man a semente na terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de botar unha embarcación.

    2. Momento no que unha embarcación recentemente construída ou reparada entra na auga. A botadura sempre se fai mediante unha acción de escorregamento, xeralmente pola popa, aínda que en ocasións poida facerse pola proa ou polo costado. A botadura é o único xeito de poñer unha embarcación na auga, salvo que se efectúe por medio dun guindastre especial para tal efecto.

    3. Período extraordinario para a sementeira dun froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ara de madeira cunha mecha no extremo para prender lume a distancia nas pezas de artillería.

    VER O DETALLE DO TERMO