"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e inventor italiano. Estudou enxeñaría mecánica en Florencia, e en 1830 viaxou a Cuba, onde descubriu que a voz podía viaxar mediante pulos eléctricos a través dun cable; posteriormente, en 1850 viaxou a Nova York para tratar de desenvolver esta tecnoloxía. En 1860 conseguiu conectar a súa oficina co dormitorio da súa muller. En 1871 intentou patentar o invento pero non puido por carecer de cartos, e posteriormente mantivo unha loita xudicial con Graham Bell, que o patentou en 1876. En 2002 foille recoñecido o seu mérito como inventor do teléfono. Entre outros obxectos, tamén inventou filtros para depurar a auga e ideou novas técnicas para dourar marcos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. De nome Jean Chopinel, foi un poeta satírico, atacou o clero e as mulleres, e opúxose ao espírito do amor cortés. Escribiu a segunda parte do Roman de la Rose, coñecido por transgredir os tópicos literarios da época, e traduciu diversas obras, como De consolatione philosophiae de Boecio. Numerosos manuscritos atribúenlle unha obra satírica titulada Testament.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor belga. Formouse en Bruxelas co seu irmán Jean-Baptiste Meunier e o tamén gravador, Luigi Calamatta, e traballou co escultor Charles-Auguste Fraikin. Tras expoñer a escultura La guirlande, orientouse cara á pintura e foi discípulo de Navez e amigo de Charles de Groux. Pintou obras de temática relixiosa e histórica. En Sevilla copiou o Descendimiento de Pieter de Kempeneer e pintou escenas populares. En 1855 volveu cultivar a escultura e centrouse en temas de obreiros e mineiros, como Le marteleur (1886). O seu estudo de Bruxelas é o Musée Meunier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e matemático francés. Colaborou con Lavoisier nos célebres experimentos que deron lugar á descomposición da auga en osíxeno e hidróxeno e a súa posterior síntese. Continuou as investigacións matemáticas de Monge. Nun estudo que fixo sobre a curvatura das superficies inclúese o teorema que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta herbácea bianual, de ata 2 m de altura, que presenta talo estriado, follas inferiores pecioladas e de segmentos lanceolados, e flores de cor branca ou rosada dispostas en umbelas axilares ou terminais. Florece entre xuño e setembro en prados e beiras de camiños. OBS: Tamén se denomina dente de león.

    2. 1 tarrelo.

    3. Inflamación da terceira falanxe dos dedos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa covarde que se asusta por todo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a México ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de México.

    3. Arte que se desenvolveu en México. Os principais restos da civilización olmeca atópanse na cidade de La Venta, onde destaca a pirámide, e as monumentais cabezas de pedra e outras figuras humanas e de animais. En Teotihuacán destacan as pirámides do Sol e da Luna e o templo de Quetzalcóatl. Da época azteca destaca a cidade de Tenochtitlán, o santuario rupestre de Malinalco, os relevos que decoran os templos e as representacións escultóricas dos deuses. No s XVI os gobernantes e os relixiosos chegados para evanxelizar os indíxenas, erixiron, en estilo renacentista, os primeiros conventos como o de Cholula de Rivadabia e Tula; catedrais como a de Puebla, Mérida e Guadalupe; e edificios civís, dos que destacan o palacio do goberno en Tlaxcala, a fachada da residencia gobernamental en Mérida e o palacio de Cortés en Cuernavaca. No ámbito da pintura destaca a obra mural do mosteiro de San Agustín de Acolman. No s XVII o barroco de tradición hispánica uniuse ao exuberante gusto local e deu como...

    4. Arte cinematográfica desenvolvida en México. O introdutor do cine no país foi o enxeñeiro Salvador Toscano Barragán, que en 1896 creou a primeira sala de exhibición. Coa chegada do son, o cine mexicano situouse á cabeza da produción hispanoamericana, que entrou na súa “época de ouro” (1935-1955). En 1946 o cine mexicano deuse a coñecer internacionalmente co premio obtido no festival de Cannes por María Candelaria, de Emilio Fernández. Esta etapa de florecemento xerou os nomes de Mario Moreno Cantinflas, María Félix, Jorge Negrete ou Pedro Infante. As décadas de 1950 e 1960 foron de crise, que se intentou resolver coa promoción de realizadores novos, mediante o Concurso de Cine Experimental de Largometraje (1965). Durante este período o sector máis importante do cine mexicano estivo constituído por realizadores españois, como Luis Buñuel (Los olvidados, 1950; El ángel exterminador, 1962; Simón del desierto, 1965), Luis Alcoriza (Los jóvenes,...

    5. Literatura elaborada en México, principalmente en castelán, que adoita dividirse en tres etapas. A primeira, denominada época colonial, ten un carácter esencialmente castelán, representada por J. Ruiz de Alarcón; J. Inés de la Cruz, a autora máis destacada do barroco mexicano; J. J. Fernández de Lizarri; L. Alamán e J. Díaz Coverrubias, aínda que hai características autóctonas en autores como Fernando de Alva Ixtilxóchitil (1568-1648), autor da Historia chichimeca (1648); Bernardo de Balbuena, que publicou Grandeza mexicana (1604); e Carlos de Sigüenza, que escribiu Triunfo parténico. A principios do s XIX comezaron a florecer as ideas independentistas e apareceron as primeiras obras de investigación, como a Biblioteca hispano-americana septentrional, de José M. Beristain. Na segunda etapa (1850-1910), na época romántica, floreceu a novela costumista, xénero en que destacaron Manuel Payno, Luis G. Inclán e Vicente Riva. Por outra banda, cómpre salientar o labor dos prosistas románticos...

    6. Arte musical cultivada en México. Os conquistadores españois atoparon alí unha música autóctona viva e brillante. A capela da catedral de México tiña unha actividade intensa na segunda metade do s XVI. Coa independencia xurdiu un grupo de músicos como Aniceto Ortega (1823-1875), Melesio Morales (1838-1908) ou Felipe Villanueva (1862-1893). Máis tarde destacaron Julián Carrillo (1875-1965) e Manuel M. Ponce (1886-1948), que se aproveitaron da creación do Conservatorio Nacional (1877). A música mexicana converteuse na primeira escola americana grazas a Silvestre Revueltas (1899-1940) e Carlos Chávez (1899-1978). Na música lixeira destacou o bo facer de Agustín Lara (1897-1970). A música folclórica estaba xa moi influída pola hispánica e apareceu a orquestra mariachi, con cantantes chamados tamén mariachis,e as cancións populares mexicanas fixéronse célebres grazas a Jorge Negrete e Pedro Infante. Nos últimos anos do s XX apareceron unha serie de músicos e grupos que triunfaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Serie de altiplanos elevados do centro de México que ao N constitúen a continuación das grandes planicies de EE UU. Situado na divisoria das Sierras Madres mexicanas o clima é fresco e seco. Cunha altitude media de 1.500 m distínguense dúas partes, o altiplano setentrional ao N e o altiplano de Anahuac ao S.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Coñecido como Giacomo Meyerbeer, recibiu a influencia de Rossini e foi o creador da denominada grande ópera francesa. Triunfou con L’esule di Granata (1821) e Il crociato de Egitto (1824), e tamén son obras súas as óperas Les huguenots (1836), Le prophète (1849) e Le pardon de Ploërmel (1859).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor suízo. A súa obra literaria, escrita en alemán, manifesta ambición artística e aristocratismo cultural. En 1864 publicou anonimamente as súas primeiras vinte composicións. Da súa produción destacan Georg Jenatsch (1876), Der Heilige (O santo, 1879), Die Hochzeit des Mönchs (O casamento dos monxes, 1884) e Die Versuchung des Pescara (A tentación de Pescara, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Naturalizado estadounidense, a súa obra é de marcado estilo romántico. Realizou óperas ademais de música de cámara e diversas composicións orquestrais. Da súa produción destacan The Barrier (1950), Esther (1957), Port Town (1960), Godfather Death (1961) e Die Doppelgängerin (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Vilasantar. Pertenceu ao antigo mosteiro beneditino do mesmo nome, que fundara o abade Reterico sobre os restos aquitectónicos doutro, chamado mosteiro de Mosontio. En 870 doouse ao Rei Afonso III e no s X reedificouno san Pedro de Mezonzo. En 995 pasou a depender de Santa María de Sobrado e no s XV cesou a súa actividade. A igrexa, de estilo románico, ten planta basilical con tres naves, conserva capiteis dos ss VI e VII, as bóvedas non se remataron e presenta cuberta de madeira a dúas augas na nave central. A cabeceira destaca pola súa ornamentación ao exterior, coas tres capelas da ábsida a diferentes alturas. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na Mezquita. Este templo pode corresponderse coa antiga capela do pazo de San Martiño, pola existencia de dous escudos de armas que loce na fachada. Ten unha soa nave e no interior destaca o retablo neoclásico de X. A. Ferreiro. A fachada, tamén neoclásica, acolle a porta flanqueada por columnas acaroadas baixo tímpano. O campanario, austero nas formas, compón o terceiro corpo da fachada construído en cantaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada na Merca. Construíuse en 1210, pero hai noticia doutro templo anterior, baixo a mesma advocación, vinculado ao mosteiro de Celanova. O estilo é románico de transición ao gótico. Ten unha nave e planta lonxitudinal con contrafortes que sobresaen en planta, a ábsida é semicircular con arco triunfal apuntado sobre semicolumnas, e na fachada destaca a porta rematada polas arquivoltas lixeiramente apuntadas e o gran tímpano centrado por unha cruz latina. No segundo corpo ábrense dúas ventás superpostas e remátase nun piñón cun Agnus Dei. Ao lado dereito está acaroada unha torre. Destacan os canzorros nos beirados, os capiteis da portada principal e a decoración das portas laterais. Foi declarada Ben de Interese Cultural (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. oz feminina de rexistro intermedio entre a de soprano e a de contralto.

    2. Cantante que ten esta voz. OBS: A grafía <zz> pronúnciase [s].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Participou nas campañas de Marrocos e en 1932 converteuse en xeneral. Cando comezou a Guerra Civil Española (1936-1939), uniuse ao bando republicano. Foi nomeado presidente da Junta de Defensa de Madrid (novembro de 1936), xefe dos exércitos do centro (febreiro de 1937) e da zona centro-sur (abril de 1938). Aceptou a presidencia do Consejo Nacional de Defensa despois do golpe de S. Casado e tras o remate da contenda tivo que exiliarse a México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emitir o gato o seu son característico. Na tradición oral recóllense ditos como: “Gato que moito miaña, poucos ratos caza”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • oz propia do gato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que miaña moito.

    VER O DETALLE DO TERMO