"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento asinado en outubro de 1930 por representantes do Nacionalismo, do Republicanismo e do Agrarismo galegos nunha xuntanza celebrada no pazo de Barrantes, en Ribadumia. Tiñan como finalidade fixar unha serie de obxectivos comúns como a liquidación do caciquismo e do centralismo, a consecución da autonomía plena de Galicia e a consolidación dun réxime político que emanase da soberanía popular; tamén pretendía a cooficialidade do galego e do castelán, a galeguización do ensino e a liberalización da terra e do labrego. Entre os asinantes figuraban Castelao, Otero Pedrayo, Casares Quiroga, Portela Valladares, Basilio Álvarez e Peña Novo, entre outros persoeiros.
-
PERSOEIRO
Médico. Foi un dos iniciadores da escola oftalmolóxica moderna en España. Fundou un dispensario no Hospital de la Santa Creu (1879) e foi o primeiro catedrático de Oftalmoloxía da facultade de Medicina de Barcelona (1914). Entre os seus traballos cómpre mencionar os dedicados á histopatoloxía ocular.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en San Martiño da Torre (Páramo). Foi derrubada no ano 1865. Tratábase dunha edificación de planta rectangular con tres alturas. Tan só se manteñen en pé parte dos muros e dos cimentos. Actualmente se conserva un casarío que leva o seu nome. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en Santiago de Gaioso (Outeiro de Rei). Actualmente é unha casa de labranza pero conserva na fachada brasóns do s XVIII dos Castro e dos Vaamonde.
-
GALICIA
Artista plástico. Licenciado en Pintura pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, pertence á primeira xeración de artistas galegos formados academicamente en Galicia. A súa obra conecta coas manifestacións máis vangardistas, traballa coa manipulación de imaxes por ordenador pero cunha sensibilidade de raizame poética e de índole romántica. Realizou exposicións individuais e participou noutras colectivas. A súa actividade abrangue tamén a teoría artística, coa publicación de artigos e textos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Editor e empresario gráfico. Emigrado ao Uruguai, traballou na librería Real y Prado -naqueles anos a máis prestixiosa de Montevideo- ata que en 1871 fundou a Librería Nacional. Pouco despois editaba libros de recoñecidos intelectuais uruguaios como Bauza, Blixén, Cervantes, Jiménez de Aréchaga e Magariños, entre outros moitos. Foi o momento no que incorporou obradoiros de impresión ás oficinas da editorial, encargándose el mesmo da produción completa dos libros. Foi tamén administrador da Revista del Plata (1882) e director do Banco de la República. Promoveu a famosa ‘Tertulia de Barreiro’, na que participaron coñecidos políticos, poetas, científicos e xornalistas da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e dourador de retablos. De orixe compostelá traballou no retablo maior da capela de santa Catalina, na Catedral de Tui.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten ou se forma facilmente barro.
-
Que é unha terra de boa calidade para mesturar con auga e facer barro.
-
Que é un terreo con terra de boa calidade para facer barro.
-
Que ten unha cor semellante ao barro.
-
-
GALICIA
Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto. Foi profesor de Facenda Pública nas universidades de Deusto e Complutense de Madrid. Accedeu ao corpo de inspectores fiscais (1954) e foi vicesecretario (1956) e secretario xeral técnico (1962) do Ministerio de Facenda. Ocupou a dirección do Instituto de Estudios Fiscales (1960-1965) e a presidencia da Compañía Telefónica Nacional de España (1965-1973). Ministro de Facenda con Carrero Blanco (1973), foi nomeado por Carlos Arias Navarro vicepresidente segundo do goberno (1974), cargos dos que dimitiu ese mesmo ano tras o cesamento de Pío Cabanillas. Foi presidente da Universidad Pontificia de Comillas, fundador do Instituto de Estudios Financieros e dos Cuadernos Bibliográficos de Hacienda Pública, presidente de Aluminios de Galicia (ALUGASA) e de Sema-Metra Ibérica, conselleiro da CTNE ata 1983 e do Banco Hispano Americano. Escribiu Notas de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega, oriúnda de Portugal. Segundo algúns investigadores procede dos arredores de Barra de Viana, topónimo que collerían como apelido os seus descendentes. Emparentaron cos marqueses de Montevelo, cos duques de Gandía, cos condes de Lemos, etc. Pasaron a América, asentándose en Cuba, Venezuela e Perú. As súas armas levan, escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, con dous bastóns de goles; a segunda partición, en campo de prata, cun cabaleiro ben armado levando un martelo de ferro na súa man destra e un escudo embrazado na sinistra; bordo de prata con cinco escudiños de azul, cargado cada un de cinco besantes de prata postos en aspa, representación das quinas de Portugal. Outros traen escudo de prata, sementado de armiños de sable.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico brasileiro establecido nos EE UU. Viviu o cine dende moi novo por mor da profesión dos seus pais, os produtores Luis Carlos e Lucy Barreto. Aos dezasete anos comezou realizando dúas curtametraxes en 35 mm A bolsa e a vida (1971) e A emboscada (1972). En 1976 ofreceu ao cine brasileiro un dos filmes máis importantes dos últimos tempos Dona Flor e seus maridos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Primeira muller que acadou o título de adiantada; probablemente de orixe galega. En Perú casou co adiantado Álvaro de Mendaña (1586), quen morreu a consecuencia dunhas febres. Desta maneira Isabel de Barreto converteuse, por herdanza, en adiantada e almirante dos arquipélagos oceánicos. Nun principio non tivo grandes problemas para o goberno das illas, mais o axustizamento de Jauriqui, un cacique local, a mans dos colonos motivou a hostilidade dos nativos. A situación tornouse moi inestable e Isabel Barreto optou por levar áncoras cos seus subordinados cara a Manila (1596). Nesta cidade casou co tamén galego Fernando de Castro, fillo do gobernador das Filipinas, co que embarcou de volta ao Perú (1597).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro dúplice, situado en Barreda, concello de Pereiro de Aguiar. Foi fundado polo abade Senior antes do ano 842, data na que se documenta unha doazón a este mosteiro. No ano 941, a petición de san Rosendo, o Rei Ramiro II fixo entrega a Celanova de todas as igrexas construídas polo abade Senior, entre as que se atopaba a de Santa María de Barreto.
-
PERSOEIRO
Político e militar boliviano. Nomeado vicepresidente da República por Víctor Paz Estenssoro (1962), participou no seu derrocamento (1964), e co xeneral Ovando dirixiu a xunta militar que asumiu o poder. Á fronte do Movemento Nacionalista Revolucionario acadou a Presidencia en 1966. Durante o seu mandato o exército reprimiu a loita guerrilleira e a axitación estudiantil. Morreu en 1969 nun accidente de aviación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Impresor que traballaba en Vigo a principios do século XX. Estableceu a súa imprenta na rúa do Príncipe, no número 43 da cidade olívica.
-
PERSOEIRO
Soprano. Estudiou violín, piano e canto na Escola Municipal de Barcelona e perfeccionou a súa técnica en Milán. Debutou en 1898 no Teatro Lírico de Barcelona coa ópera A Sonámbula. En 1907 abandonou os escenarios ata que reapareceu no Metropolitan Opera House de Nova York (1916). Foi profesora da Radio Municipal de Bos Aires.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Traballou en Santiago de Compostela. En 1796 fixo os dous colaterais da igrexa de Santa María dos Anxos (Mahía) e, en 1796, o altar da igrexa conventual de San Paio de Antealtares e o retablo do convento franciscano de Herbón (Padrón), así como un púlpito similar ao de Santiago de Compostela, no mesmo convento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político guatemalteco. Colaborou con Granados no derrocamento do réxime do presidente Cerna (1871) e ocupou a presidencia entre 1873-1885. Baixo a súa presidencia inaugurouse o alumeado eléctrico e a primeira liña férrea. Pretendeu reconstituír a Federación Centroamericana e, ao non contar con apoios, pretendeu impoñela pola forza. Morreu cando intentaba invadir El Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, poeta e dramaturgo. Estudiou Maxisterio en Santiago de Compostela e, posteriormente, licenciouse en Belas Artes pola Escola Superior de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1957). Foi catedrático de Debuxo e Expresión Plástica na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB da Coruña (1962-1972). Membro correspondente da Real Academia Galega da Lingua (26.3.1980). Discípulo de Bello Piñeiro, parte dunha tendencia realista cara a unha pintura expresionista ao beber da obra Van Gogh ou Rouault, entre outros. Froito deste achegamento, é o reflexo na súa pintura da dor humana e a soidade en obras como El aparecido (1952) ou Autorretrato (1960). Na primeira metade da década dos sesenta, a súa obra acadou un maior formato e dinamismo con ritmos circulares e con alusións a temas e personaxes literarios e mitolóxicos (Diógenes, 1965; Prometeo encadenado 1965?), para logo iniciar un proceso de composición que o levou a traballar simultaneamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e poeta. Exerceu a súa actividade no semanario O Novo Galiciano e nalgúns xornais de carácter local. A súa obra aparece recollida no volume Ventureiras (1909). Tamén se lle atribúe a obra Fabas e Castañas.
VER O DETALLE DO TERMO