"Adá" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2197.
-
PERSOEIRO
Político exipcio. Militar de carreira, foi antibritánico declarado e un dos oficiais libres que colaborou no derrocamento do Rei Fārūq I (1952). Presidiu a Asemblea Nacional (1961-1968), foi vicepresidente da república (1969) e, á morte de Nasser (1970), foi elixido presidente. Reelixido en 1976, deu unha nova orientación á política exterior exipcia, decantándose por EE UU e iniciando conversas de paz con Israel. En 1981 ordenou a persecución dos islámicos radicais, que o asasinaron nun desfile militar. Recibiu, compartido con Mena ḥ em Begin, o Premio Nobel da Paz pola firma dos Acordos de Camp David (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Templo expiatorio situado en Barcelona. Iniciado pola Associació Josefina, o proxecto oficial fíxoo Francesc de P. Del Villar pero en 1883 fíxose cargo da obra Antoni Gaudí, que optou por modificar o proxecto primario sen facer un de novo. Proxectou un templo de planta basilical con 5 naves e un cruceiro de 3 naves cun ciborio de 170 m de altura, e tres fachadas: a do Nacemento (declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 2005), a da Gloria, a principal, e a da Paixón, cada unha con 4 campanarios. Antes da morte de Gaudí construíronse a ábsida e a fachada do Nacemento. Durante a Guerra Civil Española queimáronse a cripta, o taller de Gaudí e as maquetas que este realizara de todo o conxunto. En 1940 comezou a restauración da cripta e a reconstrución das maquetas e a obra reiniciouse en 1954 coa fachada da Paixón. Desde entón continuouse coa construción das naves e do cruceiro. A obra de Gaudí varía dunha libre e imaxinativa interpretación do neogótico, ao modernismo da fachada do...
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada na península do Barbanza entre a do Castro e a praia Caaveiro, na parroquia de Noal (Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado entre a parroquia de Santo André de Logares (A Fonsagrada) e Asturias. O seu cumio acada os 828 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflitos desencadeados pola anfitionía de Delfos para defender os dereitos do santuario da cidade. Serviron para dar saída á rivalidade dos tebanos e dos tesalios contra os focenses. Os conflitos provocaron catro guerras entre 595 a C e 336 a C que acabaron coa invasión e o dominio de Grecia por parte de Filipo II de Macedonia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sarabiada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
herba acedeira.
-
GALICIA
Relixioso. Colexial no colexio Mayor de San Bartolomé de Salamanca, foi catedrático de Filosofía, cóengo electoral de Palencia e subdelegado da Santa Cruzada. Publicou Oración genethliaca al feliz nacimiento del deseado príncipe de las Españas el serenísimo señor Luís el primero (1708).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista italiano. Coñecido como Salimbene de Parma, ingresou nos franciscanos en Fano (1238) e fuxiu de Parma durante o asedio de Federico II (1247), cara a Lyon, onde entrou en contacto co xoaquinismo dos espirituais. Das diversas crónicas que escribiu, só se conserva Cronicón, que constitúe unha das fontes históricas máis importantes do s XIII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asiria (1813? - 1781 a C) Malia que non era asirio, conseguiu facerse o amo do país, que converteu na maior potencia do Próximo e Medio Oriente. Despois de someter a Alta Mesopotamia, conquistou Māri e estendeuse ata ao territorio de Ešnunna e o dos guti e turukkian.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Asiria (823 - 810 a C), fillo de Salmanasar III. Emprendeu campañas contra o país de Nairi, e o altiplano iraniano. Casado coa babilonia Semíramis, estableceu o dominio asirio sobre o territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao pé da serra de Guadarrama e regado polo río Guadalix (6.521 h [2001]). Centro industrial e residencial, destacan as augas medicinais da Fuente de Pilacón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa situada no municipio de Gradelfes, na provincia de León, unha das máis representativas da arte mozárabe. Construída no s X, pertenceu a un antigo mosteiro. Ten planta basilical, con tres naves e tres ábsidas con planta de ferradura, e unha nave no transepto. Ten un pórtico lateral formado por doce arcos de ferradura, con columnas e capiteis doutros edificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ENSEADAS
Espazo natural de 2.700 ha situado no fondo da ría de Vigo limitado polo estreito de Rande. Nel está situada a illa de San Simón e desembocan os ríos Alvendosa, Ponte Nova e Verdugo. Baña as costas dos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. O espazo intermareal forma parte da Rede Natural 2000 desde 2001. Está formado por superficies de lama e areas cubertas por pradarías de algas e uceiras. Faunisticamente destaca a poboación de anátidas e a presenza de limícolas durante os pasos migratorios.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Eclesiástico. Formouse na Universidad de Alcalá, en Sigüenza e Valladolid. Foi bispo de Ourense (1578-1587) e arcebispo de Santiago de Compostela (1587-1602). Na sé compostelá fundou a residencia das Orfas, escolas de ensino primario, unha cátedra de teoloxía moral no colexio dos xesuítas e un colexio de teoloxía. Realizou diversas obras na cidade como a urbanización da praza do Paraíso (hoxe praza da Acibechería). Ao redor de 1600 reorganizou o Tribunal da Inquisición. Por mor da invasión de F. Drake, escondeu as reliquias da catedral compostelá nun lugar que non foi atopado ata 1879.
VER O DETALLE DO TERMO