"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Político de Viveiro. Foi alcalde en 1867 e xefe do partido conservador durante os primeiros anos da Restauración. Foi deputado nas cortes (1876-1881). Recibiu a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de todas as pezas que están debaixo da columna entre esta e o chan: escocia, pedestal ou peaña, plinto, toro e zócolo.

      2. Parte inferior continua dunha construción ou dunha parte dun edificio.

      3. Muro baixo que serve de soporte común a un grupo de columnas.

      4. Soporte dunha arca, dunha escultura, etc.

    1. Substrato litolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trala morte do xeneral Francisco Franco, Xefe do Estado, o 20 de novembro de 1975, e diante da perspectiva dunha posible ruptura constitucional do réxime que encarnaba, o Consello de Forzas Políticas Galegas -integrado polo Partido Galego Social-Demócrata, o Partido Socialista Galego e a Unión do Povo Galego- acordou plasmar nun documento os puntos mínimos irrenunciables para a súa participación no proceso de reforma. O Consello aprobou o 7 de abril de 1976 as Bases Constitucionais para a participación da Nación Galega nun Pacto Federal e de Goberno Provisorio Galego e o Proiecto de Medidas Económicas para un Programa de Goberno Provisório Galego. A UPG preparou en abril de 1976 unha edición dos documentos co obxectivo de someter o seu contido á máis ampla discusión. O Proiecto pretendía trazar un esquema xeral dos principios e obxectivos que deberían presidir e orientar, respectivamente, a concepción dunha política de desenvolvemento para Galicia e, máis en concreto,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á clase dos basidiomicetos.

    2. Fungo pertencente á clase dos basidiomicetos.

    3. Clase de fungos caracterizada pola formación de basidiosporas, actualmente substituída por tres clases: fragmobasidiomicetos, homobasidiomicetos e teliomicetos, englobadas baixo a subdivisión basidiomicotina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo pazo de Basille, situado na parroquia de Pousada (Baralla). Tivo diversos propietarios, entre eles o conde de Lemos e marqués de Sarria, e o mosteiro de Santa María de Penamaior (1159). A torre de tres plantas está feita con cachotería de lousa e con cantería nos ángulos. De planta cadrada, ten a capela nun ángulo do patio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Hampshire, Inglaterra, Reino Unido, situada ao SO de Londres (67.447 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia de certas plantas ao brote das xemas próximas á base.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Canle que separa Tasmania de Australia, limitado ao L polas illas King e Hunter, e ao O polo arquipélago das illas Furneaux. Foi descuberto en 1798 por George Bass.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de capela da Catedral de Tui. Desenvolveu o seu labor entre os anos 1769 e 1790, aínda que xa era organista da catedral cando accedeu ao maxisterio. Consérvanse 25 composicións saídas da súa man, a maior parte a catro ou cinco voces e orquestra, que manteñen un estilo barroco a pesar de que o tránsito ao Clasicismo se verificaba no seu período compositivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. A súa familia exiliouse a Francia e a Arxentina, onde se formou e iniciou a súa actividade artística. Ao seu regreso realizou a decoración da cripta de Aránzazu (1954). Cultivou a escultura, influído por Oteiza. A súa obra, realizada con materiais diversos, está arraigada coa estética tradicional vasca. Traballou tamén no campo do deseño, da teoría e do cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada en san Mamede de Mañente (Pantón). Ten planta circular e conserva restos das murallas. Contén brasóns dos Noguerol, Sarmiento, Codórniga, Lousada, Taboada, Gaioso, Saco e Correa. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provisión de alimentos, armas ou municións, en especial para o exército ou para un lugar sitiado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. As do pau de naipes chamado bastos.

    2. Calquera dos naipes do pau de bastos.

    3. Un dos catro paos da baralla española que se caracterizan por representar en cada un dos seus naipes unha ou varias figuras de paos amodo de clavas ou mazas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Santiago de Compostela. As súas armas levan, en campo de goles, varios bastóns amontoados. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Del Basto e Bastoado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está moi apertado xunto a outros elementos dun grupo ou conxunto.

    2. Que presenta as partes ou os elementos que o forman moi xuntos.

    3. Que carece dunha elevada calidade ou que está pouco elaborado.

    4. Que ten pouco coidado ou delicadeza no seu comportamento ou na súa linguaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ara de madeira, de bambú, etc, xeralmente con puño, para levar na man e apoiarse ao camiñar.

    2. Caxato que se utiliza como insignia de mando ou autoridade.

    3. Instrumento alongado e manexable, de formas diversas, empregado para practicar algúns deportes como o golf ou o esquí.

    4. Un dos dous tipos de células receptoras visuais situadas na retina dos vertebrados que conteñen un pigmento fotosensible, a rodopsina. Son altamente sensibles pero na maioría das especies están restrinxidos á visión acromática. A súa estrutura celular comprende dúas partes principais conectadas mediante un cilio: o segmento externo, de forma cilíndrica, que posúe uns 1.000 discos de membrana, e o segmento interno, que contén os orgánulos celulares típicos e un corpo sináptico cheo de vesículas con neurotransmisores.

      1. Representación dun bastón ordinario.

      2. Peza diminuída equivalente a unha cotiza reducida á metade da súa largura.

      3. bastón de Esculapio

        Verga encaixada a unha serpe que ten a cabeza á dereita.

      4. bastón flordelisado

        Representación dun bastón que ten o extremo superior rematado en flor de lis.

    5. Os exipcios e os mesopotámicos consideraban o bastón como un dos máis importantes símbolos de autoridade e honor. Os mesopotámicos utilizaron unha cana artisticamente labrada que presentaba como adorno unha flor, unha froita ou figuras emblemáticas no extremo superior. Entre os gregos, as súas formas diversificáronse de xeito que se rexistra o chamado bastón muleta, que se adoitaba apoiar no sobrazo nos longos períodos de tempo en pé; bastón alto, o que vai ata o nivel do ombreiro, da cabeza ou incluso máis longo; sytala, o empregado polos dorios, etc. En Roma, os cónsules presentábanse ante o senado precedidos polos litores, portados polos fasces ‘feixes de bastóns’ que eran símbolo de autoridade. O seu uso quedou relegado ata o último terzo da Idade Media como obxecto de adorno ou luxo. Entre os séculos XIII e XV empregáronse unha variedade de bastóns luxosos elaborados en ouro, prata ou marfil e recubertos de coiro. Posteriormente, no s XVIII,...

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe abondosa en terras de Rianxo e na Pobra do Caramiñal. Entroncaron cos Martelo e con outras ilustres familias galegas. As súas armas levan, en campo de ouro, un brazo vestido, movente do flanco destro, empuñando unha maza ou bastón de goles, en posición vertical. Outra variante ostenta, en campo de ouro, tres mazas ou bastóns de goles entrecruzados, colocados dous en aspa e un verticalmente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado cun bastón.

    VER O DETALLE DO TERMO