"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • Texto en prosa que pretende informar sobre as circunstancias e os motivos polos que un trobador escribiu un determinado poema, e sobre os feitos históricos e personaxes que alí están aludidos. As razós conservadas manteñen unha unidade de estilo, de composición e de lingua, o que fai pensar nun traballo de compilación e arranxo suxeito a formulismos de escola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que obra ou pensa conforme á razón.

    2. Que resulta aceptable, xusto ou convinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de razoar.

    2. Que se basea ou fundamenta en razóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen razoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de razoar.

    2. Conxunto de proposicións ou ideas que serven para demostrar, xustificar ou explicar unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aducir as razóns que explican ou xustifican unha cousa.

    2. Facer uso da razón.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facultade de razoar, de discorrer pola intelixencia. Entendida xeralmente como sinónimo de intelecto, Immanuel Kant entendeuna como a facultade de coñecemento superior que, mediante as ideas, ou os principios, unifica en último termo todo o que se coñece polo entendemento.

      2. Cada un dos diferentes usos que se fai da razón ou cada unha das diferentes maneiras como se entende que esta facultade pode ser exercida. A razón analítica refírese á comprensión máis tradicional do uso da razón, en contraposición á razón dialéctica , que expresa o exercicio dialéctico desta facultade. Distínguese tamén entre razón pura , que é a razón que se refire aos principios a priori do coñecemento, e razón práctica , é dicir, a que se refire aos principios a priori da acción humana. O problema dos diferentes usos da razón preséntase tamén na cuestión das relacións que existen entre fe e razón, relixión e ciencia ou teoloxía e filosofía.

      3. Fundamento, sentido, xustificación última e racional de todas e cada unha das cousas da realidade total. Expresión do intento de reducir o universo a unha unidade coherente e intelixible, a proclama dunha razón do mundo está xa no inicio mesmo da filosofía occidental, aínda que esta razón se denominou de formas diversas (como logos, noüs ou idea), e pasou ao mundo cristián como unha proclama do divino. Coa progresiva secularización que conlevou a modernidade, a afirmación da razón fíxose máis explícita.

      4. culto da razón

        Actitude, a miúdo filosófica, pola que se afirma a primacía e autosuficiencia da razón humana. Permanecen excluídas, ou polo menos invalidadas, todas as outras maneiras de enfrontar a realidade que non sexan estritamente racionais, e incluso racionalistas, ou todas aquelas manifestacións do real que non se deixan explicar pola soa razón.

      5. principio de razón suficiente

        Principio polo que algo non se dá ou non chega a ser sen unha razón para que se dea ou chegue a ser, ou sen unha razón que explique o feito que se dea ou que chegue a ser. Coñecido desde tempos antigos, foi enunciado de forma clara por G. W. Leibniz: “Ningún feito pode ser verdadeiro ou existente e ningún enunciado pode ser verdadeiro, se non se dá unha razón suficiente para que sexa así e non doutro xeito”. Relacionado co principio de causalidade e incluso co de non contradición, este principio inclúe diversos aspectos: un lóxico-gnoseolóxico, outro ontolóxico, e un psicolóxico ou psicognoseolóxico.

    1. Acerto ou certeza no que se di ou se fai.

    2. Argumento válido ou xusto para dicir ou facer unha cousa.

    3. Cousa que determina unha acción ou a existencia de algo.

    4. Información ou explicación dunha cousa.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado na Pobra do Caramiñal a partir do 30 de abril de 1916. Cesou o 25 de marzo de 1917 (nº44). Subtitulado “Semanario crítico. Órgano del Partido Obrero” e de contido anticaciquil, estivo baixo a dirección do militante socialista Antonio Ferreiro, delegado da Sociedad Marítima La Naval na Ría de Arousa e fundador de numerosos colectivos obreiros e agrarios na bisbarra. Baixo o lema “La crítica purifica el ambiente de la verdad mal traída. Todos para uno, uno para todos. La Unión es fuerza”, incluíu información política e colaboracións literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Madrid a partir do 10 de novembro de 1998. Subtitulado “Diario Independente de información general” naceu como un proxecto persoal do ex director de ABC, Luís María Ansón. Integrado no Grupo Zeta e dirixido por Joaquín Vila, é un diario de carácter nacional que aspira a competir cos diarios de maior tiraxe. De tendencia conservadora e monárquica, defensor da unidade nacional fronte aos nacionalismos, distinguiuse do ABC polo seu estilo sensacionalista con grandes fotos e chamativos titulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Vigo a partir de 1889. Cesou non antes de 1894. Subtitulado “Semanario defensor del catolicismo”, foi dirixido por Amador Montenegro. Editouse nos obradoiros da Editorial Galaica e foi un firme defensor do catolicismo, das cuestións agrarias e dos problemas do campesiñado galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor eslovaco. É autor de numerosos libros de poesía, marcados por un profundo acento de patriotismo eslovaco, que reflectiu en Hoj zem drhahá (Oh, terra estimada, 1919) e Kamen na medzi (A pedra da fronteira, 1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incursión armada que se fai nun territorio inimigo para roubar ou destruír.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aberturas ou fendas no casco do cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Pazos (Ponteceso). Foi unha antiga casa de labranza e ten planta en forma de L, aínda que se lle engadiu outro corpo perpendicular. As fachadas sufriron varias modificacións e conserva unha solaina de cantaría. Na fachada principal ten anacos de cantaría da fábrica primitiva e destaca un perpiaño situado sobre un lintel, que data a edificación en 1643.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Cabanelas (O Carballiño). Á obra orixinal do s XVI engadíuselle outras edificacións. Ten planta cadrada con cuberta a dúas augas. No exterior ten unha escaleira que leva ata unha solaina sostida por columnas rematadas en zapatas decoradas cos escudos dos Losada e Ribadeneira. Conta cunha capela nas proximidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Reboreda (Redondela). É obra de finais do s XVII con reformas posteriores. Ten dúas partes diferenciadas, con acceso por dous portóns da fachada principal. A unha delas accédese a través do pórtico onde se sitúa a escaleira e conta cun patio rectangular con decoracións na balaustrada e nos capiteis. Nesta parte hai unha torre que foi reformada. A outra zona conserva a súa estrutura orixinal. A través do portalón accédese a un patio desde o que se sube á planta principal polo patín. A casa comunícase por un pasadizo coa igrexa parroquial. Os escudos, situados sobre os portóns, aluden aos Troncoso, Lira, Mondragón e Soutomaior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Paleo (Carral). Trátase dunha construción en forma de L cunha torre de planta cadrada e ameada nun dos lados. Construíuse en cahotaría agás os esquinais, ocos e cornixas, realizados en cantaría. Está amurallada e rodeada de xardíns. Destaca o escudo con cimeira e dividido en catro cuarteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mesía. Erixido en diversas etapas, ten planta rectangular e foi realizado con cachotaría de granito agás os ocos, que son de cantaría. O escudo de armas alude aos Varela, Mosquera e quizais aos Parga. Ten hórreo, pombal e cortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Poutomillos (Lugo). Ten planta rectangular e foi realizado en cachotaría, reforzada nos ocos e nas esquinas. Foi residencia de verán do bispo de Lugo Caietano Gil Taboada. Ten un soportal acaroado que dá entrada ao xardín traseiro. Nas súas proximidades sitúase unha capela. Conta con dous escudos, un situado na parte central da fachada principal e outro de maior tamaño que alude aos Seixas e aos Aguiar.

    VER O DETALLE DO TERMO