"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
-
Relativo ou pertencente aos mercedarios ou á súa orde.
-
Membro da orde da Mercé.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Verín. A orixe da orde mercedaria que nela se alberga, remóntase ao s XV en Monterrei, lugar onde permaneceron os relixiosos ata que se tiveron que trasladar a Verín a principios do s XVII. A igrexa, do s XVIII, presenta torre barroca con balaustrada no segundo corpo e remate en bóveda de media laranxa. A fachada, sinxela, ten porta de medio punto flanqueada por columnas anexadas e o escudo da orde sobre a clave do arco, ademais de pináculos e frontón triangular partido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
mercé.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena enseada da ribeira dereita da ría de Arousa, comprendida entre as puntas da Mercede e Toxal, na parroquia de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal).
-
PUNTA
Punta da marxe dereita da ría de Arousa, na parroquia de Posmarcos (A Pobra do Caramiñal).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sarria. Fundouse, segundo a tradición, por dous monxes italianos a principios do s XIII, co fin de atender os peregrinos que se dirixían a Santiago de Compostela. O Papa Pío V en 1568 concedeulles a oficialidade, pero baixo a regra agostiña. Abandonaron o lugar coa exclaustración de 1835, e retornaron en 1896. O edificio ten planta rectangular que alberga un claustro e dous patios laterais. A primeira edificación, a capela de San Lourenzo, é de estilo románico-gótico. No s XVI realizáronse reformas, pero foi no s XVIII cando experimentou a maior transformación en estilo barroco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Posmarcos (A Pobra do Caramiñal). A construción orixinal está en ruínas, pero conserva en bo estado as paredes e a capela adxunta, que foi restaurada. Construído en cachotaría e cantaría, ten planta rectangular e, ademais da capela, presenta outras dependencias anexas e unha fonte de cantaría nas proximidades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Tortoreos (As Neves). De planta rectangular, conta con dous andares e un semisoto realizados en cachotaría con cantaría nos extremos. Na fachada principal presenta os escudos dos Araúxo e Suárez de Puga. Conserva a capela exenta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Ulla en Pidre (Palas de Rei). Trátase dunha ponte de orixe medieval de cantaría, con dous vans, un formado por arco de medio punto, e o outro por un arco oxival. Sitúase na estrada entre Palas de Rei e Antas de Ulla.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo feminino Mercé.
-
PUNTA
Punta do litoral cantábrico situada entre as da Ola de Soprano e Os Castelos, na parroquia de Suegos (O Vicedo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que traballa nunha mercería.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos mercenarios.
-
Que ou quen traballa ou actúa movido por intereses económicos.
-
Soldado dunha tropa que serve a un goberno estranxeiro por unha certa paga. O uso de tropas mercenarias estaba moi difundido na Antigüidade entre os fenicios, os persas e, nun menor grao, entre os gregos. O primeiro estado que se serviu a grande escala dos mercenarios foi Cartago. Tamén Roma contratou mercenarios sobre todo a partir de Mario, quen puxo os alicerces dun exército profesional romano. Na Idade Media, sobre todo a partir da Guerra dos Cen Anos, a importancia dos mercenarios aumentou considerablemente e naceron as grandes compañías. No s XV, os lansquenetes alemáns e os mercenarios suízos adquiriron tanta reputación que serviron de base aos famosos terzos casteláns na Guerra de Holanda. A partir da Revolución Francesa e ao longo do s XIX, este tipo de exército foi substituído en Europa por exércitos nacionais.
-
-
mercedario.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tenda en que se venden obxectos para a costura e roupa miúda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratamento do algodón a base de solucións alcalinas, que consiste en impregnar o tecido ou o fiado de algodón, previamente gaseado e descruzado, cunha solución de sosa cáustica a 25-35°C. Foi descuberto en 1844 polo químico inglés John Mercer (1791-1866) e produce, principalmente, unha inflamación que fai desaparecer a característica forma chá da sección transversal da fibra, que se converte en circular. Tamén produce unha redución da longura da fibra, ao tempo que se obtén máis brillo, que lembra o da seda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina ou tren de máquinas que se emprega para mercerizar os tecidos ou fiados de algodón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha mercerización.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Especializado en series de televisión e documentais, filmou a súa primeira longametraxe, titulada Se necesita chico, en 1963. Posteriormente rodou La cabina (1973), premiada cun Emmy; La guerra de papá (1977), Espérame en el cielo (1987) e Planta 4ª (2003), pola que obtivo o premio á mellor dirección no Festival de Montréal. Para televisión dirixiu as series Verano azul (1978), Turno de oficio (1986), Farmacia de guardia (1990) e Manolito gafotas (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo feminino Mercé.
-
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘tenda’.
-
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘ferraxaría’.
-