"lla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2798.
-
VER O DETALLE DO TERMO
parvada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen manifesta pouca intelixencia ou pouca agudeza ou enxeño.
-
ILLAS
Illa situada no Pacífico, a máis oriental de Polinesia (162,5 km2; 2.770 h [1992]). É unha dependencia do estado de Chile desde 1888. Ocupada, probablemente, nos ss X e XIII, polo lendario Hotu-Matua, foi descuberta en 1686 polo pirata inglés Edward Davis, e bautizada polo neerlandés Roggeveen o día de Pascua de 1722. A poboación autóctona pertence ao grupo polinesio, pero a causa do illamento xeográfico desenvolveron unha forma peculiar de civilización. Destacan as máis de 300 esculturas antropomórficas de enormes proporcións que formaban parte dos ahu (‘santuarios’) ata a metade do s XIX. O Parque Nacional de Rapa Nui foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Nome común con que se coñece algunhas aves da familia dos fasiánidos, de entre 18 e 23 cm de lonxitude e de interese cinexético, como son os individuos pertencentes aos xéneros Coturnix, Colinus e Callipepla.
-
Ave duns 23 cm de lonxitude, de plumaxe parda agrisada no dorso. Os machos teñen a cabeza de cor parda no curuto, branca por riba do ollo e negra por debaixo, ao igual ca o pescozo, e o peito azulado. A femia é de menor tamaño e case toda parda. Ambos teñen na cabeza unha pluma negra que sobresae cara a diante. De orixe norteamericana, foi introducida en Galicia como especie cinexética.
-
Ave de 18 cm de lonxitude, de plumaxe acastañada con riscos, co ventre máis pálido, cunha mancha branca e moura na gorxa dos machos, ás aguzadas e cola curta. O seu voo é baixo e moi curto. Habita nos pastos, cultivos, etc, ata os 1.500 m de latitude, e aliméntase de sementes, caracois, vermes, etc. En España é fundamentalmente estival, ao igual que en Galicia, aínda que nalgunhas zonas está presente todo o ano. Considérase unha especie protexida e ten o status de vulnerable.
-
Ave de 23 cm, de corpo robusto, cun peteiro moi forte e con forma de serra nos bordos cortantes das mandíbulas. É parda, pero máis clara polo ventre e cunha lista ocular negra rodeada de dúas listas brancas; a femia é igual ca o macho pero en vez de manchas brancas ten manchas de cor crema. De orixe americana, tamén foi introducida como especie cinexética en Galicia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias cocos gramnegativas da familia das pasteureláceas, inmóbiles, de forma alongada ou elipsoide, anaerobias facultativas, parasitos obrigados dos animais e patóxenos para o home (P. pestis é o axente causante da peste bubónica) e para os animais (P. multocida ataca os bóvidos, os porcos e as ovellas e provoca nos paxaros o cólera aviario).
-
-
Porción individual de pequenas dimensións en que se presentan determinadas substancias.
-
comprimido.
-
Peza metálica recuberta nunha das súas caras dunha camada de material sinterizado de alto coeficiente de frición, que, en pares e enfrontadas entre elas, constitúen a parte móbil da pinza dun freo de disco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de moluscos, da familia dos patélidos, que presentan a cuncha rugosa e cónica, co ápice algo desviado do centro cara adiante. Aliméntanse de algas e viven no nivel intermareal, fortemente adheridas ás rochas, en puntos fixos dos que só marchan pola noite en busca de alimento, regresando despois ao mesmo punto exacto mediante un sistema de orientación. A especie máis común en Galicia é a lapa, P. vulgata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porción de barba que se deixa crecer nos lados da cara, desde as tempas cara a abaixo.
-
-
-
Grupo de soldados de número reducido que se destaca do groso das tropas en misión de recoñecemento, seguridade, vixilancia ou enlace.
-
Grupo reducido de barcos ou avións que fan servizo nunha costa ou nunha determinada zona de mar para a defensa contra ataques submariños ou aéreos, ou para observacións meteorolóxicas.
-
-
Servizo que presta unha patrulla.
-
Grupo reducido de persoas que se organizan para realizar unha determinada cousa.
-
-
-
Rondar unha patrulla.
-
Ir en patrulla por un lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate entre os exércitos de Carlos V e de Francisco I de Francia en Pavia (Lombardia) a noite do 23 ao 24 de febreiro de 1525 durante a guerra polo predominio europeo. O exército de Francisco I asediou en outubro de 1524 a cidade, defendida por unha gornición imperial; mentres, o exército imperial comandado polo marqués de Pescara e por Charles de Lannoy uniuse co condestable de Borbón e iniciou o ataque o 24 de febreiro. A pesar da inicial febleza da cabalaría do marqués de Pescara, a situación foi salvada polos arcabuceiros e despois pola irrupción dos homes da gornición. O rei francés foi feito prisioneiro e levado a Madrid, onde despois do Tratado de Madrid (1526) foi liberado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o Regato da Fábrica (Lobios). Datada no s XIX, trátase dun pontillón alintelado de lousas graníticas sobre piares con tallamar arredondado. Conta con seis vans. Está situada no camiño de Portela a Fondevila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2apear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ataque súbito da aviación e da frota xaponesa o 7 de decembro de 1941 sobre a base naval estadounidense homónima, situada na illa de Oahu (Hawaii). Pretendía destruír as forzas navais estadounidense no Océano Pacífico, pero só se conseguiron algunhas perdas graves, pero non decisivas. Este ataque provocou a entrada de EE UU na Segunda Guerra Mundial.
-
MONTES
Monte situado entre as parroquias de Montemaior (A Laracha) e Rodís (Cerceda). O seu cumio acada os 552 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada entre a de Saldoiro e a enseada do Xunco, na parroquia de Noicela (Carballo).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr de probable orixe galega. O toponimo do apelido pode facer referencia ao seu lugar de orixe ou máis ben ao sitio onde desenvolveu a súa actividade, entre 1257 e 1275, xa que existen documentos (1265) dunha doazón que recibiu do Rei Afonso X da repartición de Jerez de la Frontera arredor de 1268, datas que coinciden coa súa produción poética. Segundo outras fontes, pode corresponder cun clérigo da zona de Betanzos, en referencia á documentación de 1260, 1261 e 1275, que despois foi cóengo da catedral de Oviedo, segundo datos dos anos 1288 e 1289, e que fixo testamento como cóengo en Salamanca, en 1302. Polas referencias dos seus textos, sábese que estivo na corte do Rei Afonso X e que mantivo contacto cos trobadores Johan Baveca, Johan Vasquiz de Talaveira e Vasco Perez Pardal, tal e como reflicten as súas tenzóns, e sábese tamén que participou no ciclo de escarnios dedicados a Maria Balteira. Da súa abondosa obra consérvanse un total de 36 composicións, divididas en catro cantigas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Salceda de Caselas. Ten forma de U con dous andares, que se comunican por unha escaleira cunha solaina con balaustrada. Destaca a porta de entrada ao predio, flanqueada por dous cubos, con cruces sobre remates semiesféricos, e o escudo de armas dos Correa. Nos arredores conta cun hórreo e unha capela de planta rectangular.
-
ILLAS
Grupo de illas do Mediterráneo, situadas entre Sicilia e Tunisia, na provincia de Agrigento, Italia (28 km2; 5.510 h [1991]). As máis importantes son Lampedusa e Linosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Pel curtida dun animal.
-
Recipiente feito coa pel cosida dun animal.
-