"Alvar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 336.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto finlandés. Pertenceu á terceira xeración de arquitectos modernos, que tentou independizarse dos dogmas do funcionalismo. Sen teorizar, achegou modestia (Pavillón de Finlandia na Exposición de París, 1936), tecnoloxía (biblioteca de Viipuri, 1927-1935), atención ao home (sanatorio de Paimio, Turku e Pori, 1932) e detalles. A súa arquitectura branca durou ata o 1939. No período vermello (uso do ladrillo) traballou na reconstrución, en obras como o edificio para dormitorio no MIT (Massachusetts Institute of Technology) de Cambridge, EE UU (1949), a casa da cidade de Säynätsalo, Keski-Suomi (1950-1952), o Centro de Cultura de Helsinqui (1955-1958) ou o estadio de Otaniemi (1954). No ano 1953 iniciou un segundo período branco que representa a súa casa de campo en Muuratsalo e a Maison Carrée, preto de París (1956-1958). Acadou sona...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e tradutor. Coñécense as súas edicións: Infierno e Iluminaciones, de Arthur Rimbaud, Alcoholes, de Guillaume Apollinaire e La heredad de las palabras, de Claude Esteban. Como poeta, ten publicado: Umbral del centinela, La piel iluminada, Identidades e Diez motivos para un obsequio. Como narrador publicou: Las aventuras de Nunnavut, la niña esquimal: El nacimiento de Nunnavut, Un día de caza, El caribú enamorado. Traduciu tamén biografías de Carson McCullers, Dylan Thomas, Artemisia Gentileschi e Cesária Évora, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote, sobriño do Arcebispo de Santiago Sebastián Malvar. Identificouse ideoloxicamente co absolutismo, fronte ao carácter liberal do seu irmán Manuel, tamén sacerdote. Favorecido pola axuda do seu tío, acadará beneficios e cargos no cabido compostelán ata ser nomeado deán (1797). A defensa dos seus ideais absolutistas valeulle, ademais do enfrontamento ideolóxico co seu irmán, o encarceramento e o desterro ás Islas Canarias (1821) ao se iniciar o Trienio Liberal. Pola contra, acadaría recoñecemento dentro do estamento eclesiástico conservador compostelán, concedéndoselle a Orde de Cabalería de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote liberal moi activo na loita contra os franceses durante a Guerra de Independencia. Iniciou a súa carreira eclesiástica estudiando en Salamanca e Oviedo para volver a Galicia (1789) como párroco de Carreira (Ribeira). Pouco máis tarde foi nomeado cóengo do Cabido Compostelán, onde desenvolveu diversos cargos pastorais e administrativos. A súa vinculación ás ideas liberais valeulle o desterro a Valladolid en 1803 por orde do Arcebispo Múzquiz. En 1809 regresou a Galicia como representante da Suprema Xunta co obxectivo de recrutar tropas para se enfrontar ao invasor exército francés, participando na reconquista de Vigo e na posterior defensa dos ideas políticos emanados das Cortes de Cádiz de 1812. Non obstante , a volta do absolutismo de Fernando VII significará unha nova caída en desgracia: o cabido de Santiago embargou as súas posesións e foi detido e encarcerado no convento franciscano de Herbón (Padrón) desde 1814 ata 1820. A súa liberación durante o Trienio Liberal permitiralle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote. Fixo carreira eclesiástica dentro do Cabido de Santiago grazas aos favores do seu tío, o Arcebispo Sebastián Malvar. A súa amizade primeiro con Pedro de Floridablanca e despois co conde de Aranda permitiralle introducirse e acadar diversos cargos e beneficios na Corte de Madrid. Entre 1792 e 1794 exerceu como Secretario de Estado e Secretario de Despacho de Gracia e Xustiza. Trala caída de Godoy ten que exiliarse algún tempo en Francia. Despois do seu regreso a Galicia é detido e encarcerado no castelo de Santo Antón (A Coruña) acusado de organizar un levantamento contra as Cortes e como sospeitoso de actividades contra a Xunta do Reino de Galicia. Desde a cadea escribiu, sendo publicada máis tarde, Copia de las respuestas y contestaciones que han dado los fiscales de S.M. en la Real Audiencia de Galicia, sobre la causa formada por el Real Acuerdo, al Excmo. Sr. D. Pedro Acuña y otras personas eclesiásticas y seculares del mismo Reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    A única fonte de información que ofrece algúns datos sobre este autor, é a rúbrica atributiva e explicativa, que precede á única cantiga da súa autoría: “A° Gomez, jograr de Sarria, fez esta cantiga a Martim Moxa”. Segundo esta rúbrica sería un xograr natural de Sarria, que estivo relacionado con Martín Moxa. A ausencia de documentos que proporcionen referencias sobre a súa cronoloxía e sobre as relacións mantidas cos medios cortesáns, obrigou os investigadores a recorrer á súa relación con Martín Moxa. Así pois, Afonso Gomez probablemente desenvolveu a súa actividade poética na Corte castelá de Afonso X, na segunda metade do s XIII, concretamente na década 1270-1280. Se se teñen en conta as alusións que o autor fai na súa cantiga á vellez de Martín Moxa, este xograr podería estar aínda activo no derradeiro cuarto do s XIII ou incluso a comezos do século seguinte. Tanto nos cancioneiros onde se copiou a composición “a mia alma se perca”, (Cancioneiro da Biblioteca Nacional e Cancioneiro...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe   oriúnda dos arredores de Bembibre, no Bierzo. Este apelido composto formouse ao entroncaren os Álvarez coa antiga caste dos Aguado. As súas armas levan, en campo de sinople, tres bandas de ouro; bordo cargado de dez pezas: cinco de goles, cunha aspa de ouro e cinco de prata, cun armiño de sable. Por divisa, reza esta lenda: “Soy un perro que royó un hueso, y royéndolo, recibo reposo. Tiempo vendrá, si no es venido, que morderé a quien me ha mordido”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Abandonou o Partido Republicano Radical e creou, xunto con M. Domingo, o Partido Radical Socialista (1929). Foi Ministro do Goberno Provisional da República (1931) e do goberno de Azaña. Elixido Presidente do Tribunal de Garantías Constitucionais, demitiu pola represión dos feitos de outubro de 1934. Foi embaixador en París (1936) e presidiu o Goberno da República no exilio (1945-1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e político. Chanceler de Castela e Cardeal en Aviñón, nomeado por Clemente Vl (1350). Inocencio Vl encomendoulle a pacificación e reconquista dos Estados Pontificios de Italia. A súa misión consistía en recuperar o patrimonio de San Pedro, caído nunha situación anárquica baixo o dominio de diversos señores italianos. Convocou un Parlamento Xeral en Fano, onde se aprobaron as célebres Constitucións Exidianas, vixentes nos Estados Pontificios ata finais de 1816. O Papa proclamouno “pai e salvador da Igrexa” e encargoulle a Penitenciaría Apostólica (1357-1358). No ano 1360 incorporou definitivamente Boloña aos Estados Pontificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Historia Económica na Universidade da Coruña e investigador no Institute of Latin American Historical Research da Universidade de Londres. Ten investigado sobre a historia de Galicia, a industrialización e consumo do tabaco e a economía das Antillas e Filipinas baixo o Imperio Español. Entre as súas obras destacan Industrialización y conflitos sociales en la Galicia del Antigo Régimen, 1750-1830 (1976), Comercio colonial y crisis del Antigo Régimen en Galicia, 1778-1818 (1986), Os intercambios entre Galicia e América Latina. Economía e Historia (1993), La modernización de la industria del tabaco en España, 1800-1935 (1993) e As tecedeiras do fume. Historia da fábrica de tabacos da Coruña (1998). Colaborou en diversos medios como a revista do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses ou Grial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e metalúrxico. Viviu nas Indias e foi párroco de varios lugares do Perú; alí realizou investigacións sobre o beneficio dos minerais, e, sobre todo, o estudo do amalgamamento en quente, denominado de cazo. O seu escrito Arte de los metales (Madrid, 1640), traducido ao francés, inglés e alemán, codifica e sistematiza os seus coñecementos sobre as propiedades benéficas do ouro e da prata e importantes avances sobre a descomposición dos sulfuros de prata mediante o mercurio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Publicou en Santiago Pronósticos y observaciones astrológicas perpetuas de Thomas José Moult, astrólogo y filósofo, traducidas del francés al español por Francisco Alonso y Álvarez. Que tendrán su principio en el año 1773 y seguirán hasta el de 2376, y después siguiendo los números solares (como se explicarán) hasta el fin de los siglos (1768). O volume reeditouse na Coruña en 1812.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado do Estado. Afeccionado aos estudios históricos e filosóficos, publicou na revista Nós os traballos titulados “O monopolio do comercio do diñeiro” e “Un punto de vista do nacionalismo”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e dialectólogo. Publicou, entre outros libros e estudios, El dialecto aragonés (1953), Estudios y ensayos de literatura contemporánea (1971) e Teoría lingüística de las regiones (1975). Foi membro da Real Academia Española de la Lengua Española (1974), da que foi director (1989-1992).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Sobriño e antigo vasalo do Cid, marchou de Castela cando este foi exiliado (1081). Retornou ao servizo de Afonso VI (1085), participando na conquista de Toledo, cidade da que lle foi confiado o goberno e a defensa. Morreu en Segovia mentres defendía os dereitos de dona Urraca fronte ao seu marido Afonso I de Aragón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paisaxe vexetal de apariencia xérica, propia de Öland e doutras illas bálticas, onde predominan portes raquíticos e follas reducidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Licenciado pola Universidade Complutense, realizou a súa tese de doutoramento baixo a dirección de Martín de Riquer en Barcelona. É Catedrático de Historia das Literaturas Románicas Medievais na Universidade de Alcalá de Henares, despois de ter desempeñado o mesmo cargo nas Universidades de Murcia (1982-1984) e na Central de Barcelona (1985). En calidade de profesor visitante foi invitado polas universidades de Durham, Bolonia, Cagliari ou a Michigan State University, mantendo unha actividade continua como Catedrático de Filoloxía Iberorrománica coa Universidade de Basilea (Suíza). Membro de diversas sociedades científicas (Arthurian Society, Société Rencesvals, Sociedad Española de Literatura Comparada -na actualidade, o seu presidente-, Asociación de Cervantistas, Asociación Hispánica de Literatura Medieval), tamén forma parte do Comité Editorial de revistas ou series bibliográficas tan prestixiosas como a Revista de Filología Española, Voz y Letra, Pluteus, Anuario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga liñaxe que remonta as súas raíces aos tempos de don Paio e, concretamente, a certos cabaleiros godos de sangue real que o axudaron nas súas primeiras loitas contra os mouros. Hai quen atribúe a súa orixe a un cabaleiro francés que veu a España para visitar a tumba do Apóstolo Santiago e que despois quedou en terras de Trasmiera para servir a Deus na loita contra os mouros. As primitivas casas desata estirpe asentáronse en Santander, dende onde sairían diversas ramas que se estableceron noutras rexións de España e América. En Galicia aparecen emparentados, xa desde antano, con antigas e poderosas familias como os Sobrado. Dos Alvarado galegos, unha liña estableceuse na parroquia de Pombeiro (actual concello de Ferreira de Pantón). Os de América proceden na súa maioría dos de Extremadura; entre eles, destaca Pedro de Alvarado, natural de Badajoz e conquistador de México. Outros cabaleiros desta liñaxe ingresaron nas Ordes de Santiago e Calatrava. As súas armas levan,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Periodista, crítico teatral e integrante do equipo de redacción da revista Posío (1940), pois participou na fundación desta revista e no xornal La Hoja del Lunes. A partir de 1943 ingresou no corpo técnico-administrativo da Deputación Provincial de Ourense e en 1950 foi nomeado delegado de Faro de Vigo. En 1968 incorpourase a La Región, onde foi redactor xefe e dirixiu as seccións de crítica de arte e teatro. É un dos máis importantes animadores da vida teatral na vila de Ourense onde promoveu agrupacións como o Teatro de Cámara y Ensaio, o Teatro Juvenil de Ourense ou a Agrupación Teatral Valle-Inclán, nos que dirixiu espectáculos en castelán a partir de textos de Yukio Mishima, Jean Cocteau, Eugene O’Neill, Antón Chéjov, Valle-Inclán, Jean Anouilh ou en galego, a propósito do Hamlet de Álvaro Cunqueiro. Responsable da organización de diversas campañas de teatro e de cursos e seminarios de formación que contribuirán á consolidación dunha xeración de...

    VER O DETALLE DO TERMO