"Amil" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 182.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Campo de mámoas situado na parroquia de Xillar (Outeiro de Rei). Debido á presenza de antas nas que a cámara é de planta poligonal e polas características do enxoval achado no seu interior pertence ao apoxeo do Megalitismo.
-
-
-
Raspar os ladrillos, baldosas ou azulexos para igualalos.
-
Construír unha parede con cachotes de ladrillo.
-
Figurar con pinturas fiadas de ladrillos nunha parede ou construción.
-
-
Trazar ou marcar liñas rectas paralelas por medio do gramil.
-
-
PERSOEIRO
Erudito local e membro de honra do Padroado Rosalía de Castro en 1947. Dedicado profesionalmente ao seu oficio de barbeiro, destacou pola súa paixón cara á escritora padronesa. Desta afección viría a designación de o viúvo de Rosalía coa que era coñecido popularmente. Participou de forma activa na recollida de vocabulario castelán-galego promovida polo padre Crespo. Publicou biografías de padroneses ilustres como Alonso de la Peña ou Xosé María Vidal Cepeda.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
GALICIA
Capitán Xeneral do Exército e Ministro da Gobernación. En 1907 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Participou na campaña de Marrocos e recibiu a Medalla ao Merito Militar Individual. Permaneceu na Academia Militar de Zaragoza na época en que estivo dirixida por Francisco Franco Bahamonde ata que foi pechada polo Goberno da República. Durante a Revolución de Asturias do 1934 asumiu o mando do Cuartel de Santa Clara, obtendo a proposta de ascenso a Tenente Coronel e o mando do Batallón de Flandes en Gasteiz. Ao estoupar a Guerra Civil, sumouse ás tropas sublevadas en África e chegou a ocupar o territorio de Araba. O Xeneral Franco encomendoulle o mando da 4ª Brigada de Navarra e tras participar en todas as frontes do Norte e na de Madrid viu confirmado o ascenso a Coronel. Despois interveu na Batalla de Brunete e continuou a campaña de Santander, Asturias e Aragón. Tomou Chert, feito que habería dividir a España republicana en dúas, valéndolle o ascenso a Xeneral de Brigada. Participou...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizou estudios de Dereito e exerceu a súa carreira con notable éxito. Foi Director do Boletín Judicial de Galicia no que publicou algúns artigos. Pertenceu á Real Academia da Historia e colaborou na Historia de España de Lafuente. Escribiu obras relacionadas co dereito e a historia como Cuestión interesante sobre mejoras por razón de casamiento sin entrega de bienes (1861), Causa criminal contra don Ángel Casas (1869), Cuestión dinástica (1869) e Cuestión dinástica. Derecho del Sr. Duque de Madrid a la Corona de España, demostrado por la historia y las leyes. Colección de artículos del periódico católico-monárquico “La Paz” de Lugo contestando al alfonsino “El Eco de Galicia” (1873). Como poeta aparece o seu nome no Álbum de la Caridad, aínda que non se recolle ningunha composición súa.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino e feminino de recente introdución que ten unha orixe toponímica. Como outros nomes derivados de lugares de veneración á Virxe (por exemplo, Montserrat, Lurdes, Fátima, Guadalupe, Franqueira), Amil vén da devoción á Nosa Señora dos Milagres da Amil, en Moraña, onde ten o seu santuario. Malia proceder dun nome de home xermánico, Alamiro (composto de alls ‘todo, moi’ e mirus ‘famoso, sonado’), Amil emprégase sobre todo como nome feminino quizais por derivar da Virxe da Amil (neste lugar aínda se di “A Amil”). Como topónimo Amil ten orixe patronímica e significa ‘terra de Alamiro’.
-
PERSOEIRO
Sindicalista. Vencellado dende moi novo á CNT, Amil tivo unha intervención sinalada no movemento libertario tanto en Galicia como no resto do Estado. Carpinteiro de profesión, asesor dos sindicatos da súa cidade natal no primeiro bienio republicano e, así mesmo, membro da FAI, pasou a residir na Coruña pouco antes da folga xeral convocada o 8 de Nadal de 1933 en todo o territorio español pola CNT, e na que participou activamente. Encadeado días despois, os malos tratos recibidos non fixeron máis que aumentar o seu prestixio entre os seus camaradas, de tal xeito que, ata o 18 de xullo de 1936, formou parte en máis dunha ocasión do Comité da CRG. Cando comezou a guerra, reapareceu en Madrid; alí ocupou o secretariado da Federación Nacional del Transporte, así como diversos postos de responsabilidade no Exército da Rexión Centro e no Comité Nacional da CNT. Nos últimos días da contenda, atopámolo no Comité de Defensa da Rexión Centro que vai destituír o goberno Negrín, para asumir logo as...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cineasta. Iniciou a súa relación co cine a finais dos anos sesenta ao se integrar no grupo Imaxe. En 1982 comezou a traballar en VídeoTrama en diversas funcións técnicas. Traballou tamén para Vídeo Voz dende mediados dos oitenta, realizando diversos programas culturais para a TVG. É profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña. A súa primeira longametraxe titúlase Blanca Madison.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario de estilo neoclásico situado na parroquia de San Mamede da Amil, en Moraña, onde se celebra unha sonada romaría. A orixe desta devoción popular remóntase ao seculo XVIII cando un arrieiro morañés, Sebastián de Castor, véndose na obriga diaria de ter que carrexar auga dende un regacho afastado da súa casa, solicitoulle á Virxe poder atopar unha fonte perenne. Segundo a tradición, a axuda divina non se fixo esperar e o arrieiro deu efectivamente cunha cachoeira na súa horta -que se chamaría fonte da Eira Vella- e puido mesmo construír un muíño nela. Como agradecemento, o campesiño mandoulle a un veciño canteiro que esculpise un altorrelevo coa inscrición “Nuestra Señora de los Milagros 1778” que colocou enriba da fonte. O milagre espallouse rapidamente polos arredores de xeito que pouco a pouco empezou a acudir xente de todas partes que deixaban esmolas para a creación dunha ermida onde se venerase a imaxe da Virxe. Así, no castro da Chan construíuse primeiramente unha capeliña...
-
-
Da natureza do amidón, que contén amidón.
-
En sentido estricto, amidón dos vexetais e, en particular, o das sementes dos cereais (trigo, cebada, arroz e millo, entre outros), a fécula de patata, a tapioca e o arrowroot. En sentido amplo pódense incluír en ocasións, as dextrinas, que en certos vexetais coexisten co amidón, e o glucóxeno dos organismos animais e dos fungos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima que hidroliza enlaces a-1-4-glicosídicos. A a-amilasa [a-1-4-glicano-4-glicanohidrolasa] hidroliza os enlaces a-1-4-glicosídicos dos polisacáridos que conteñen tres ou máis restos de glicosa unidos en configuración a-1-4, transformándoos en dextrina e despois en maltosa. A b-amilasa [a-1-4-glicano-maltohidrolasa] provoca a hidrólise dos enlaces a-1-4-glicosídicos nos polisacáridos, de xeito que libera moléculas de maltosa sucesivamente; inicia a súa acción polos extremos redutores das cadeas. Produce b-maltosa por inversión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento da cantidade de amilasas nos ouriños. Prodúcese en doenzas do páncreas, sobre todo na pancreatite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente da forma púnica Himelqarth ‘amigo do Melqar, deus da cidade fenicia de Tiro’ que chegou a nós a través do latín Hamilcar. Un personaxe histórico que levou este nome foi o xefe cartaxinés Amílcar Barca (s III a C), que loitou contra os romanos polo control do Mediterráneo, das costas da Península Ibérica e África do Norte. Non hai ningún santo con este nome. Outra variante gráfica deste nome é Hamílcar.
-
PERSOEIRO
Xeneral cartaxinés, pai do célebre Aníbal (ou Haníbal). Participou na Primeira Guerra Púnica e dirixiu a represión dos mercenarios que se sublevaron contra Cartago. Levou a cabo a conquista do sector meridional da Península Ibérica que foi organizada por Cartago co fin de compensar a perda de Sicilia. Fundou a base de Akra Leuké. Morreu durante o asedio á cidade de Eliké, tradicionalmente identificada con Elx a mans do xefe íbero Orisón. Foi substituído polo seu xenro Asdrúbal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico trivial, a eliminar, das olefinas en C5 e especialmente do 2-metilo-2-buteno.
-
-
Relativo ou pertencente aos grupos amilo.
-
Nome trivial dos alcois isómeros de fórmula C 5 H 11 OH e das súas mesturas que se ofertan a nivel comercial. Existen 8 alcois amílicos, sen contar os isómeros ópticos. Os principais produtos comerciais constituídos por mesturas de alcois amílicos son o alcol amílico primario, o alcol amílico de fermentación e tamén o pentanol.
-
Mestura de 3-metil-1-butanol e 2-metil-1-butanol, obtida a partir da rectificación do aceite de fusel. Ten un cheiro desagradable. Emprégase sobre todo como disolvente para a preparación de ésteres amílicos, para a síntese de produtos farmacéuticos e como xelatinizante de explosivos.
-
Mestura disolvente comercial de alcois amílicos primarios que contén, aproximadamente, 60% de 1-pentanol, 35% de 2-metil-1-butanol e 5% de 3-metil-1-butanol. Utilízase como disolvente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome trivial dos diversos grupos alquilos, de fórmula C5H11. Adoita designar produtos industriais constituídos por mesturas de isómeros.
-
-
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘amidón’.
-
Forma prefixada da palabra amilo, utilizada nalgúns produtos farmacéuticos.
-